O goberno local levará mañá ao pleno o aumento do límite
de gasto das obras de asfaltados rurais para o 2023

o O proxecto, inicialmente previsto para acometer con fondos propios, será
financiado polo Plan Concellos e actuará nas parroquias de Arnois e Oca cun
orzamento de 435.000 euros
o O alcalde explica que “a intención do goberno local é liberar eses 435.000 euros
para levar a cabo as obras de mellora do campo de fútbol de Vea con fondos do
Concello”, ante a imposibilidade de realizalas con fondos da Deputación ao carecer
da titularidade do terreo

O goberno local do Concello da Estrada ten previsto
aprobar fóra da orde do día no pleno ordinario que se celebrará mañá un aumento do
límite de gasto para o ano 2023 da obra “Pavimentación de vías rurais no Concello da
Estrada”, que será financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
cun orzamento de 435.000 euros.
Estes traballos prevén un investimento de 60.708 euros durante este ano e de 374.620
euros para o 2023, e consistirán na limpeza de cunetas e mais no asfaltado dos viais dos
seguintes lugares das parroquias de Arnois e de Oca: As Neves, A Veiga, A Carballeira, A
Granxa, A Quenlla, A Reiga, O Carballal, Moimenta, A Grela, Igrexa e Os Besteiros.
Inicialmente, o Concello tiña previsto financiar este proxecto con fondos propios, dentro
da partida de 800.000 euros procedentes do crédito extraordinario adicados a acometer
as tarefas de asfaltado no rural. O alcalde, José López, subliñou que “o investimento do
goberno local na mellora das vías rurais será o mesmo, 800.000 euros, o único que muda
agora é que parte desa cantidade será financiada con cargo ao Plan Concellos”.
“A intención do goberno local é liberar eses 435.000 euros para poder levar a cabo as
obras de mellora do campo de fútbol de A Nogueira, comprometidas coa veciñanza de
Vea”, explicou o alcalde. Estas actuacións, que inclúen a dotación do campo de céspede
sintético, a creación dun sistema de regadío e unha mellora da súa iluminación, estaban
contempladas nun primeiro momento dentro do Plan Concellos 2022-2023, pero “foi
imposible», xa que a Deputación “esixiu nas súas bases que o terreo sobre o que se tiña

previsto actuar fose propiedade do Concello ou fose cedido polos veciños de maneira
indefinida”, explicou López.
O rexedor local asegurou que o seguinte paso será a aprobación do cambio de destino
do préstamo extraordinario, co obxectivo de que 435.000 euros de fondos propios do
Concellos sexan adicados agora ás actuacións de mellora no campo de fútbol de Vea.
“Temos un compromiso firme con este proxecto e faremos todo o posible para que se
poidan licitar as súas obras canto antes”, subliñou o alcalde.

Publicado en Portada | Deja un comentario

É hora de tomar medidas para garantir o futuro da Torre de Guimarei

Hai un ano, a nosa concelleira, Susana Camba, interpelaba no pleno ao alcalde sobre a grave situación de deterioro da Torre de Guimarei. Naquel entón, o alcalde indicou que falara coa familia propietaria e que se comprometeran a encargar un informe de situación a unha empresa especializada, así como das actuacións precisas para frear o deterioro deste ben patrimonial.

«Pasou un ano en nada se fixo», afirma a concelleira nacionalista, Susana Camba, «e a situación deste ben BIC é cada día peor». «Neste sentido, desde o BNG instamos ao alcalde a tomar medidas contra a familia propietaria deste ben patrimonial de todos os veciños e veciñas da Estrada», engade a concelleira nacionalista.

«Ter en propiedade un elemento BIC non só é un privilexio, senón tamén unha responsabilidade e non pode ser que pasen os días sen que nada se faga por consolidar a Torre, «afirma», «ao contrario, coa irresponsabilidade da familia propietaria e coa pasividade do alcalde, o único que se consolida é o deterioro deste ben patrimonial».

A concelleira nacionalista insta ao alcalde a actuar, «é hora de tomar medidas, legais, administrativas… as que sexa preciso para garantir a estabilidade e o futuro deste ben patrimonial de todos os veciños e veciñas».

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello abrirá mañá o prazo para inscribirse
nas clases de musicoterapia para maiores

O Concello da Estrada manterá aberto dende mañá e
ata o vindeiro 9 de setembro o prazo de inscrición no terceiro trimestre da actividade de
musicoterapia para maiores, que se desenvolverá no Novo Mercado dende o 20 de
setembro ata o 20 de decembro.
A actividade celebrarase os martes e ofrecerá 60 prazas en total, divididas en vintenas en
cada unha das seguintes quendas: de 16.15 a 17.00 horas; de 17.15 a 18.00 horas; e de
18.15 a 19.00 horas.
Aquelas persoas que desexen beneficiarse desta actividade deberán estar empadroadas
na Estrada e ser maiores de 60 anos de idade. No caso de presentar unha discapacidade
igual ou superior ao 33%, abondará con estar empadroado/a no municipio.
O prezo da inscrición será de 15 euros. Os/as interesados/as poderán presentar as súas
solicitudes de xeito presencial, no Departamento de Servizos Sociais do Concello en
horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada. As
solicitudes serán revisadas respectando a súa orde de presentación no Rexistro Xeral do
Concello.
Na páxina web do Concello da Estrada haberá un modelo de solicitude a disposición da
veciñanza que deberá presentarse cuberto e ir acompañado, se é o caso, do certificado
de discapacidade

Publicado en Portada | Deja un comentario

O goberno local completa a renovación do
alumeamento público en 25 parroquias estradenses

O goberno local vén de rematar os traballos de
renovación do alumeamento público en 25 parroquias estradenses grazas á instalación
de máis de 8.000 luminarias LED.
Concretamente, no que vai de ano xa se executaron prácticamente a totalidade dos
traballos nas parroquias de Ouzande, A Somoza, Tabeirós, Nigoi, Arca, Souto, Codeseda,
Guimerei, Lagartóns, Callobre, Cereixo, Vinseiro, Parada, Rivela, Liripio, Sabucedo, San
Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Remesar, Agar, Rubín, Lamas, Pardemarín,
Olives e Curantes.
O alcalde da Estrada, José López, asegurou que os traballos “avanzan a moi bo ritmo, coa
metade do proxecto prácticamente executada”, o que permitirá cumprir coas previsións
do goberno local e finalizar estas actuacións antes do remate deste ano.
Na actualidade, as actuacións atópanse na cuarta fase e só quedarían dúas por executar.
Dentro da cuarta fase estase a cambiar o alumeamento das parroquias de Berres, Riobó
e Arnois e, ao mesmo tempo, esatase a comezar coa instalación das novas luminarias nas
igrexas. Dende que comezaron os traballos, ademáis das máis de 8.000 luminarias LED
instaladas, que permitirán reducir o consumo enerxético ata un 70%, mudáronse 900
postes de madeira e colocáronse un centenar de cadros eléctricos.
O proxecto, que supón un investimento de 6,5 millóns de euros, prevé a instalación de
12.500 puntos de luz en total e permitirá restablecer luminarias que foran eliminadas no
seu día en zonas do rural pouco iluminadas, unha vez remate o cambio das luminarias xa
existentes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello remata as obras de asfaltado en oito
lugares de Curantes logo de investir 115.000 euros

O edil de Medio Rural, Juan Constenla, supervisou esta mañá o remate dos traballos de pavimentación dos viais na parroquia de Curantes, que
supuxeron un investimento de 114.757 euros por parte do Concello da Estrada.
As actuacións, executadas pola empresa Movimientos de Áridos y Construcciones Arosa
S.L., foron financiadas a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e
consistiron na limpeza de cunetas e na mellora do firme dos viais dos seguintes lugares
da parroquia: A Barreira, Cortes, Igrexa, Campo da Festa, A Nogueira, As Pereiras e
Curantes Vello.
Continuando coas melloras no rural, arestora está previsto que comecen o antes posible
os traballos de mellora do firme na vía de titularidade municipal que une as parroquias
de San Tomé de Ancorados, Remesar e Loimil, adxudicados á firma Construcciones y
Obras Taboada Ramos S.L.U por un importe de 152.697,77 euros

Publicado en Portada | Deja un comentario

Amalia Goldar visita os nenos a súa saída dende o Concello Estradense ata Porto Do Son para desfrutar do campamento de verán

52 nenos/as estradenses xa están de camiño a Porto do Son para participar no Campamento no Mar 2022, que se desenvolverá no campamento xuvenil “Virxe de Loreto” ata o 4 de setembro. 🚍 Esta mañá, a edil de Benestar Social, Amalia Goldar, despediuse dos menores antes de coller o autobús.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello adicará 75.000 euros a renovar a
ambulancia municipal do seu Servizo de Emerxencias

2. O alcalde da Estrada, José López, anunciou esta mañá
que o Concello ten previsto adicar 75.000 euros á substitución da actual ambulancia
municipal do Servizo de Emerxencias da Estrada por outra nova.
“A Estrada é un dos poucos municipios de Galicia que dispón dunha segunda ambulancia,
financiada completamente polo Concello, que axuda a salvar vidas reducindo
significativamente o tempo de resposta e chegando a unha maior cantidade de xente”,
explicou o alcalde, e engadiu que “o compromiso do goberno local é seguir mantendo un
servizo básico e fundamental para a veciñanza”.
Este segundo vehículo enmárcase dentro do convenio de colaboración en vigor entre o
Concello e o 061, que garante a asistencia sanitaria a través da ambulancia municipal
cando a do 061 está ocupada. Segundo os datos do Servizo de Emerxencias da Estrada, a
ambulancia municipal -mercada en decembro do 2013- realizou un total de 1.278
intervencións durante o 2021.
A compra da nova ambulancia sairá a licitación nas vindeiras semanas, cun orzamento de
75.000 euros divididos en dous lotes: o primeiro deles adicarase a mercar a furgoneta e
o segundo incluirá o seu acondicionamento para convertela nunha ambulancia. Unha vez
licitados ambos lotes, o novo vehículo deberá estar operativo antes do mes de agosto do
vindeiro ano.

Publicado en Portada | Deja un comentario