La Xunta destina más de 6M€ a 17 obras en centros educativos de la comarca de Deza-Tabeirós este 2022

El conselleiro de Cultura, Educación, FP y Universidades, Román Rodríguez, anunció hoy que la Xunta de Galicia destina este año 2022 más de 6 M€ a una quincena de obras en centros educativos de la comarca de Deza-Tabeirós. Lo hizo en el marco de una visita a los trabajos que la Xunta de Galicia acaba de acometer para mejorar la carpintería exterior y parte de las luminarias del colegio CEIP Cabada Vázquez de A Estrada.

 

Durante la visita al centro, el responsable autonómico de Educación destacó que el objetivo de estas intervenciones es continuar “la renovación de los edificios del sistema educativo gallego al amparo del Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para seguir adaptándolos a las necesidades del siglo XXI”.

 

En este sentido, Román Rodríguez explicó que una de las prioridades del plan es mejorar la eficiencia energética de los colegios e institutos. “De hecho, del total de 191 M€ de este plan, el 40% está destinado a actuaciones de sostenibilidad y eficiencia energética”, afirmó antes de precisar que se trata de una aportación de 77,5 M€. Asimismo, recordó que la Xunta lleva invertidos más de 112 M€ desde 2017 en obras de eficiencia energética en los centros educativos, lo que supone un ahorro energético medio del 45%, tanto en kwh/m2 como en emisiones de CO2.

 

En el caso concreto del colegio Cabada Vázquez la actuación tuvo por objetivo renovar la carpintería exterior del centro, buscando una mejora de la eficiencia energética, seguridad y confort de los actuales cerramientos. También se realizaron cambios en la iluminación de la planta primera, sustituyendo las luminarias actuales por paneles LED, incluyendo el relevo del falso techo de la misma planta. El presupuesto de la intervención consigue casi los 150.000€.

 

En el ayuntamiento de A Estrada, además de esta actuación, actualmente la Administración autonómica también trabaja en distintas fases en el colegio CEIP de Figueiroa y en los institutos IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, IES Manuel García Barros e IES Nº1.

 

En el resto de la comarca se está actuando en los institutos IES Cotobade de Cerdedo-Cotobade, IES Chano Piñeiro de Forcarei, IES Ramón María Aller de Lalín e IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda y en los colegios CEIP Xesús Golmar y CEIP Xoaquín Loriga de Lalín y CEIP Nuestra Señora das Dores y CEIP de Soutelo de Montes, de Forcarei.

 

Además, está previsto licitar nuevas intervenciones en los próximos meses en el colegio de Dozón, y en el colegio CEIP Ramón de Valenzuela de Silleda.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada remata as obras de mellora
no Teatro Principal logo de investir 45.000 euros

O Concello da Estrada vén de finalizar as obras de
mellora no Teatro Principal, cun investimento de 45.000 euros procedentes do Plan
Concellos da Deputación de Pontevedra.
Os traballos, adxudicados á firma Tecesa Acústica Visual S.L., consistiron na
modernización do equipamento de son e iluminación do Teatro Principal, así como na
construción dun vestíbulo previo á zona de butacas.
Entre as actuacións que se levaron a cabo atópanse as seguintes: a instalación dunha
nova consola de mesturas e unha consola de control de luces; a colocación de dous
altavoces; a instalación de 14 novos focos; un novo elevador para levar a cabo traballos
de iluminación do escenario; e a construción dun peche de madeira de carballo para
dotar ao espazo dunha cámara escura anterior á zona de butacas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA VAI INVESTIR 427.000€ PARA REMATAR AS OBRAS DAS CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS DE NIGOI-ARCA, CODESEDA E MONTE VAL DO VEA, NO CONCELLO DA ESTRADA

  • O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, mantivo unha reunión informativa co alcalde, José López, para informar deste investimento, que permitirá finalizar tres procesos que roldan as 2.000 hectáreas e benefician a 2.005 propietarios
  • O Goberno galego unificou as obras pendentes destes tres procedementos nun só proxecto para axilizar o remate dos traballos para a posterior emisión dos títulos de propiedade e agarda comezar as obras neste mes de setembro co obxectivo de rematalas no prazo dun ano
  • En Arca-Nigoi procederase á mellora de camiños executados, acondicionamento de predios, condución de pluviais, peches, ensanches, saneos e colocación de marcos, mentres que en Codeseda retiraranse cordóns de terra, construiranse ramplas de acceso e prepararanse camiños
  • No sector II da zona de Monte de Val do Vea acometeranse entradas en 125 predios, procederase á apertura de catro camiños e replantearanse 150 marcos

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vai investir 427.000 euros en diversas obras para rematar a configuración física dos procedementos de concentración parcelaria de Arca-Nigoi, Codeseda e Monte Val do Vea-sector II, todos eles emprazados no Concello da Estrada.

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou deste investimento, solicitado polo Concello, nunha visita ao municipio xunto ao alcalde, José López, o xefe territorial do Medio Rural, Antonio Crespo, e responsables técnicos deste proxecto, que rolda conxuntamente as 2.000 hectáreas distribuídas inicialmente en 26.000 predios e que beneficia a 2.005 propietarios.

 

Estas tres zonas de concentración parcelaria, as únicas activas no municipio estradense, xa están na fase final de acordo dende que se procedera á toma de posesión provisional dos novos predios. Neste tempo, estase a traballar nas últimas modificacións e na revisión gráfica e alfanumérica para a adecuación á Lei Hipotecaria co obxectivo de outorgarlle firmeza e poder rematalas coa emisión dos títulos definitivos de propiedade.

 

Sen embargo, hai obras e amolloamentos pendentes de execución que son imprescindibles para a declaración de firmeza do acordo, polo que a Consellería do Medio Rural decidiu unificar estes traballos pendentes nun só proxecto para poder axilizar o remate dos mesmos coa redución da tramitación. O Goberno galego estima que estas obras comezarán de xeito inminente no vindeiro mes de setembro e estarán rematadas nun prazo dun ano.

Na zona de Arca-Nigoi vanse acometer algunhas melloras nos camiños executados e no acondicionamento dalguns predios, prepararanse dúas pistas con firme en formigón, actuarase na recollida e condución de pluviais e no peche de predios, realizarase algún ensanche e saneos mediante drenaxes e colocaranse 100 marcos.

 

Respecto á parcelaria de Codeseda, retiraranse cordóns de terras procedentes da apertura de camiños, construiranse ramplas de acceso en 212 parcelas, reformaranse alguns camiños existentes e dotaranse de capa de rodaxe con tripla rega asfáltica e formigonados en zonas con forte pendente e instalaranse 175 marcos.

 

Finalmente, a concentración de Monte Val do Vea-sector II rematarase coa execución de entradas a 125 predios con afección de patrimonio cultural, acometerase a apertura de catro camiños secundarios e procederase ao replanteo de 150 marcos de amolloamento.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O lixo amoréase no rural

O lixo dos veciños e veciñas do rural de parroquias tan distantes como Santo André de Vea ou Moreira amoréase desde hai unha semana, mentres o goberno municipal do PP segue de vacacións. Os problemas da recollida do lixo, en especial no rural, é un problema crónico que o PP non foi quen de solucionar.

Ao contrario, o goberno do PP parece empeñado en demostrar que a recollida do lixo non funciona para xustificar a súa privatización, un dos obxectivos do Alcalde neste mandato.

Desde o BNG da Estrada esixímoslle unha vez máis que se poña as pilas e realice unha mellora na recollida do lixo, en especial no rural para evitar imaxes de contedores saturados e bolsas de lixo ao seu carón porque xa non collen.

Por outra parte, reiteramos a nosa oposición á privatización da recollida do lixo, que planea o alcalde da Estrada. Cremos que o noso concello ten a capacidade para xestionar directamente este servizo, fíxose sempre así e non hai razón obxectiva para que se privatice; de feito, a pesar de que en reiteradas ocasión denunciamos problemas na recollida do lixo, débese única e exclusivamente a mala xestión e iso ten solución doada: cambiar os responsábeis políticos correspondentes.
Publicado en Portada | Deja un comentario

López destaca o “éxito absoluto” do Mercado de
Verán 2022 e celebra o seu retorno no comercio local

O alcalde da Estrada pon en valor o traballo de ACOE e dos comercios participantes
para lograr un “extraordinario resultado”, posible grazas á subvención
extraordinaria de 135.000 euros aportada polo goberno loca

O alcalde da Estrada, José López, celebrou esta mañá o
“éxito absoluto” do Mercado de Verán 2022, organizado pola Asociación de
Comerciantes da Estrada (ACOE) coa colaboración do Concello, que celebrou a súa
terceira edición durante os días 19, 20 e 21 de agosto.
Esta iniciativa é posible grazas á subvención extraordinaria que vén aportando o goberno
local á asociación de comerciantes por terceiro ano consecutivo dende o comezo da
pandemia, este ano cunha contía de 135.000 euros adicada a financiar campañas que
fomenten o consumo de proximidade en diferentes épocas do ano como o verán, a “volta
ao cole” ou o Nadal.
O rexedor local quixo felicitar a ACOE e aos 22 comercios locais participantes polo
“extraordinario resultado”. “É unha fórmula que está funcionando con moito éxito, proba
disto é que durante a fin de semana A Estrada estaba totalmente chea de xente, moita
dela visitantes que acudiron ao noso municipio dende diferentes puntos de Galicia”,
asegurou López.
“Nunha das fins de semana máis complicadas do ano en canto a vendas, na que a xente
adoita preferir desprazarse cara a costa, conseguimos un retorno moi positivo tanto no
propio mercado como nas rúas do casco urbano recentemente humanizadas”, engadiu o
alcalde.
Logo de manter conversacións coa asociación de comerciantes, López tamén constatou
a boa acollida entre a veciñanza e os visitantes doutras iniciativas que presentou esta
edición do Mercado de Verán como o parque infantil, a cafetería ou a degustación de
produtos de 11 produtores locais. “Esta é a liña, temos que seguir apostando por
iniciativas coma esta que axuden a dinamizar a economía local e apoien tanto a
comerciantes como a produtores da nosa comarca”, asegurou o alcalde.

Publicado en Portada | Deja un comentario

56 familias estradenses optan ás axudas municipais á
escolarización para o curso 2022/2023

O Departamento de Servizos Sociais, que dirixe Amalia
Goldar, vén de recibir en prazo un total de 56 solicitudes para beneficiarse das axudas
municipais á escolarización para o vindeiro curso escolar 2022/2023, dirixidas a familias
con dificultades socioeconómicas.
Estas subvencións, financiadas con fondos propios do Concello da Estrada, contan cun
orzamento de 23.000 euros, o que supón un incremento de 3.000 euros con respecto á
anterior convocatoria. Do total, 7.000 euros están adicados á adquisición de libros de
texto e material escolar para o segundo ciclo de Educación Infantil; e 16.000 euros
empréganse para o pagamento do comedor escolar para nenos/as do segundo ciclo de
Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.
Unha vez estudadas as solicitudes, o Departamento de Servizos Sociais elaborará unha
listaxe de admitidosseguindo a baremación establecida conforme aos seguintes factores:
a situación económica dos proxenitores; a situación socio-familiar; e a avaliación da
necesidade de conciliación laboral e familiar. Dependendo da puntuación obtida, cada
familia poderá beneficiarse dunha axuda que subvencionará dende o 30% ata o 100% do
gasto total.
“Os pagos realizaranse en catro prazos, evitando deste xeito agardar ata o remate do
curso escolar para outorgar toda a subvención, co obxectivo de que as familias teñan que
adiantar a menor cantidade de cartos posible e non lles supoña un esforzo económico
importante”, explicou Goldar. Na anterior convocatoria beneficiáronse desta iniciativa
municipal 51 familias da Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

III Edición do Mercado de Verán

O presidente de ACOE, Alfredo González, o tenente de alcalde, Juan Constenla, o edil de Comercio, Óscar Durán, e a concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar, inauguraron esta Mañá a terceira edición do Mercado de Verán, que se prolongará durante toda a fin de semana. O evento está organizado por ACOE grazas á subvención extraordinaria que lle vén dando o Concello dende o comezo da pandemia para apoiar ao comercio local. Logo, Constenla e Durán visitaron os 22 postos participantes.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario