O RECINTO ESTRADENSE ULTIMA DETALLES ORGANIZATIVOS
DO PRIMEIRO CERTAME FEIRAL 2022.

 

Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, 04/03/2022
• o recinto feiral estradense, abrirá as
público o vindeiro día once ás catro da tarde.
• Mais de medio cento de firmas presentes na mostra e
pavillóns. 11.0
• O 91% dos expositores son de procedencia galega. O
comercio local e a provincia de Ponteved
respaldan maioritariamente a mostra.
• A presentación do certame aos medios de comunicación
terá lugar o vindeiro día dez de marzo, ás once horas.
Asistirán a ambas mostras mais de medio centenar de firmas, das
cales o 91% son galegas,
provincia de Pontevedra aporta o 61% das firmas participantes,
seguida pola de A Coruña, cun 24%. O restante 15% dos
participantes veñen das provincias de Ourense, Lugo, resto da
península e Portugal.
Na Feira de Oportunidades do Comercio, estarán presentes un total
de vintesete firmas:
Zapatería, Artest, Aurora Sport, Carlin,
A Estrada, Change Cash, Confort Hogar, Creando con Miriam,
D´ercy, Foxomotor, Gloss Moda,
Sport, L´Atelier de Cuca, Los Pies de Nala, Lunia A Estrada,
María Guzmán Moda, Ondas do Mar, Paula Fernández,
Svarowski, Tiko Doco, Tupperware, Talleres y Grúas Louzao e
Zapatería Vaema.
O RECINTO ESTRADENSE ULTIMA DETALLES ORGANIZATIVOS
DO PRIMEIRO CERTAME FEIRAL 2022.
Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, 04/03/2022
o recinto feiral estradense, abrirá as suas portas ao
público o vindeiro día once ás catro da tarde.
Mais de medio cento de firmas presentes na mostra e
000 m2 de espazo expositivo.
O 91% dos expositores son de procedencia galega. O
comercio local e a provincia de Pontevedra, en particular,
respaldan maioritariamente a mostra.
A presentación do certame aos medios de comunicación
terá lugar o vindeiro día dez de marzo, ás once horas.
Asistirán a ambas mostras mais de medio centenar de firmas, das
cales o 91% son galegas, destacando a participación local. A
provincia de Pontevedra aporta o 61% das firmas participantes,
seguida pola de A Coruña, cun 24%. O restante 15% dos
participantes veñen das provincias de Ourense, Lugo, resto da
península e Portugal.
rtunidades do Comercio, estarán presentes un total
firmas: A Tenda de Fraber, ACOE, Andaina
Zapatería, Artest, Aurora Sport, Carlin, Byana,
A Estrada, Change Cash, Confort Hogar, Creando con Miriam,
D´ercy, Foxomotor, Gloss Moda, Irmáns Picaño, JCV Motor
Sport, L´Atelier de Cuca, Los Pies de Nala, Lunia A Estrada,
María Guzmán Moda, Ondas do Mar, Paula Fernández,
Svarowski, Tiko Doco, Tupperware, Talleres y Grúas Louzao e
Zapatería Vaema.
O RECINTO ESTRADENSE ULTIMA DETALLES ORGANIZATIVOS
Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, 04/03/2022
suas portas ao
Mais de medio cento de firmas presentes na mostra e catro
O 91% dos expositores son de procedencia galega. O
ra, en particular,
A presentación do certame aos medios de comunicación
terá lugar o vindeiro día dez de marzo, ás once horas.
Asistirán a ambas mostras mais de medio centenar de firmas, das
destacando a participación local. A
provincia de Pontevedra aporta o 61% das firmas participantes,
seguida pola de A Coruña, cun 24%. O restante 15% dos
participantes veñen das provincias de Ourense, Lugo, resto da
rtunidades do Comercio, estarán presentes un total
A Tenda de Fraber, ACOE, Andaina
Byana, Centro Óptico
A Estrada, Change Cash, Confort Hogar, Creando con Miriam,
Irmáns Picaño, JCV Motor
Sport, L´Atelier de Cuca, Los Pies de Nala, Lunia A Estrada,
María Guzmán Moda, Ondas do Mar, Paula Fernández,
Svarowski, Tiko Doco, Tupperware, Talleres y Grúas Louzao e
A Feira de Antigüidades e Artesanía, conta cun total de vintecinco
firmas: A Tenda de Salo, Ana Amaral, Antigüidades Urbano,
Antonio Pérez, Bule Bule, Carmen Rey, Eduardo Alonso, El
Arca de Noé, El Granero Azúl, Elena Rodríguez, Forever Chelo,
Galeón, Hugo Junquera, Imperivm antigüidades, Jaime da
Costa Melo, Javier González, José da Silva, La Sal de la Tierra,
Luis Cabalar, Maria Luz Puima, Manuel Otero, María Alonso,
Susana Martín, Taller Mirakulum e Viodivinitys.
A 10ª Feira de Oportunidades do Comerc
pavillón cinco e contará con firmas expositoras de roupa, calzado,
óptica, xoguetería, papelería, encaixe, artesanía, complementos,
vehículos de ocasión, etc…
Pola súa banda a Feira de Antigüidades e Artesania estará ubicada
no pavillón seis, cunha ampla representación de anticuarios
procedentes na súa meirande parte de Galicia.
A presentación do certame aos medios de comunicación terá lugar o
vindeiro xoves, dez de marzo, ás once horas,
Exposicións e Congresos da Est
Colaboran con este certame a Xunta de Galicia, a Deputación
Provincial de Pontevedra, o Concello da Estrada e a Asociación de
Comerciantes da Estrada.
O recinto feiral abrirá o venres once dende as dezaseis as vinte
horas. O sábado e domingo, dende

A Feira de Antigüidades e Artesanía, conta cun total de vintecinco
A Tenda de Salo, Ana Amaral, Antigüidades Urbano,
Antonio Pérez, Bule Bule, Carmen Rey, Eduardo Alonso, El
Arca de Noé, El Granero Azúl, Elena Rodríguez, Forever Chelo,
Junquera, Imperivm antigüidades, Jaime da
Costa Melo, Javier González, José da Silva, La Sal de la Tierra,
Luis Cabalar, Maria Luz Puima, Manuel Otero, María Alonso,
Susana Martín, Taller Mirakulum e Viodivinitys.
A 10ª Feira de Oportunidades do Comercio estará ubicada no
pavillón cinco e contará con firmas expositoras de roupa, calzado,
óptica, xoguetería, papelería, encaixe, artesanía, complementos,
vehículos de ocasión, etc…
Pola súa banda a Feira de Antigüidades e Artesania estará ubicada
lón seis, cunha ampla representación de anticuarios
procedentes na súa meirande parte de Galicia.
A presentación do certame aos medios de comunicación terá lugar o
vindeiro xoves, dez de marzo, ás once horas, na
Exposicións e Congresos da Estrada.
con este certame a Xunta de Galicia, a Deputación
Provincial de Pontevedra, o Concello da Estrada e a Asociación de
Comerciantes da Estrada.
O recinto feiral abrirá o venres once dende as dezaseis as vinte
horas. O sábado e domingo, dende as once as vinte horas.
A Feira de Antigüidades e Artesanía, conta cun total de vintecinco
A Tenda de Salo, Ana Amaral, Antigüidades Urbano,
Antonio Pérez, Bule Bule, Carmen Rey, Eduardo Alonso, El
Arca de Noé, El Granero Azúl, Elena Rodríguez, Forever Chelo,
Junquera, Imperivm antigüidades, Jaime da
Costa Melo, Javier González, José da Silva, La Sal de la Tierra,
Luis Cabalar, Maria Luz Puima, Manuel Otero, María Alonso,
io estará ubicada no
pavillón cinco e contará con firmas expositoras de roupa, calzado,
óptica, xoguetería, papelería, encaixe, artesanía, complementos,
Pola súa banda a Feira de Antigüidades e Artesania estará ubicada
lón seis, cunha ampla representación de anticuarios
A presentación do certame aos medios de comunicación terá lugar o
na Fundación de

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Casa das Letras inaugurará mañá a mostra ‘Mulleres Valentes’, de Rosa de Cabana

 
A Casa das Letras da Estrada inaugurará mañá, ás 20.30 horas, a mostra de debuxo ‘Mulleres Valentes’, da artista Rosa de Cabana, que se exporá ata o día 18 dentro dos actos que o departamento de Cultura e o de Igualdade organizan con motivo do Día Internacional da Muller, o próximo martes 8 de marzo.
«Agardo que este venres toda a veciñanza se achegue á Casa das Letras para apoiar e gozar dunha exposición que máis alá do seu valor conceptual, é tamén de gran valor técnico e artístico. Un tesouro, ou mellor dito 52 tesouros debuxados pola man dunha autora sensible e comprometida coa súa realidade social», indicou a edil de Igualdade estradense, Amalia Goldar, que xunto coa artista presentou onte esta mostra, que se poderá visitar, pola semana, de 9.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.30 horas, e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.
Así, Goldar dirixiuse á artista para dicirlle que «só quero felicitala por este fenomenal traballo e dicir que é moi necesario de cara a acadarmos unha igualdade plena en termos de xénero, significar a relevancia que moitas mulleres, coñecidas ou anónimas, teñen na nosa sociedade».
Por outra banda, a edil estradense anunciou que o próximo martes entregarase o Premio al Labor da Muller Traballadora da Estrada.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O RECREO CULTURAL ESTREA ESTE XOVES O SEU PROGRAMA “MARZO, CON M DE MULLER”

-Entre outras actividades, inclúe un ciclo de ponencias e coloquios con Noni Araújo, Rosa de Cabanas, Laura Filloy e A Banda da Loba

-Porá o acento na figura de dúas mulleres da Estrada con nome propio pero á sombra do seu home e do seu irmán: Virxinia Pereira e Avelina Valladares

 

 O Recreo Cultural da Estrada aposta este ano por introducir por vez primeira de xeito decidido a celebración do Día da Muller na súa oferta de actividades. A través de distintas convocatorias, esta sociedade estradense desenvolverá o programa “Marzo, con M de Muller” ao longo do vindeiro mes de marzo.

Partindo do feito que é esta unha entidade que reúne a máis de 400 familias da Estrada, a directiva que preside Iago González Beceiro quere significar o papel fundamental da muller en distintos ámbitos, nomeadamente, nos eidos laborais e culturais, poñendo o acento na importancia de promover unha educación igualitaria e de corresponsabilidade no seo dunha sociedade tan numerosa coma esta.

“Marzo, con M de Muller” centra a súa primeira aposta, á que se irán sumando outras actividades das que se dará conta en próximas datas, nun ciclo de conferencias e coloquios que arrancarán xa este xoves, 3 de marzo. Será da man da profesora e fundadora da Asociación de Amas de Casa e Consumidores da Estrada, Noni Araújo. O Recreo Cultural quixo que sexa ela a encargada de dar a coñecer o perfil doutra veciña da Estrada, principalmente coñecida pola súa condición de muller de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Araújo trasladará múltiples notas da personalidade e da importancia de Virxinia Pereira, muller á que A Estrada ten adicada unha rúa e que continúa sendo, aínda a día de hoxe, unha gran descoñecida para o común da veciñanza.

Ademais de compartir as súas vivenzas con Virxinia Pereira, logo da amizade que as uniu nos últimos anos de vida da muller que acompañou a Castelao nos moitos avatares da súa vida -incluindo a dor do exilio-, Noni Araújo relatará para tódolos asistentes unha experiencia que tamén lle toucou vivir en primeira persoa e con papel protagonista: o traslado dos restos mortais de Virxinia Pereira e do seu fillo con Castelao para descansar por sempre xuntos no cemiterio parroquial de Figueiroa, na Estrada.

Este primeiro coloquio do programa “Marzo, con M de Muller”, celebrarase este xoves ás 19.00 horas. Será o primeiro dun total de catro ponencias coas que se quere presentar o labor de mulleres estradenses con nome propio. Despois de Noni Araújo -mestra de moitas xeracións de estradenses- e Virxinia Pereira, o venres 11 de marzo, ás 20.00 horas, tomará o relevo a ilustradora e deseñadora Rosa Herraiz, coñecida profesionalmente como Rosa de Cabanas. Natural da parroquia estradense de Ouzande, Rosa de Cabanas é, sen xénero de dúbidas, a autora da imaxe que está detrás da convocatoria cultural do Concello da Estrada, xa que os carteis promocionais de multitude de eventos organizados no ámbito municipal xorden do seu maxín. Súas son tamén aplaudidas ilustracións de mulleres como Rosalía de Castro, Virxinia Pereira, Xela Arias, Concepción Arenal, Ania Miranda, Emilia Pardo Bazán, Ana Kiro, Maruxa Mallo e un longo etcétera. A partires desta colección xorde Mulleres Valentes, un calendario que estes días se convertirá en exposición na Estrada e que recolle as moitas ilustracións coas que Rosa Herraiz lembra a pegada de mulleres que, dun xeito ou doutro, merecen o seu propio capítulo na loita pola reivindicación dos dereitos da muller e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

O 18 de marzo será o turno da xornalista Laura Filloy Martínez. Natural da parroquia estradense de Cereixo e afincada en Vigo, Laura traballa na publicación especializada en divulgación científica en lingua galega GCiencia. Autora de distintos estudos no eido feminista, esta xornalista asina tamén un dos poucos traballos publicados sobre a figura da tamén estradense Avelina Valladares Núñez, a quen ela bautiza co nome da “muller sen rostro”. Nesta ponencia dará a coñecer a importancia desta estradense, para moitos totalmente ignorada, da que a historia se encargou de nomear sempre seguida da súa condición de irmá de Marcial Valladares. A chamada Cantora da Ulla é tamén a primieira muller que publicou opinión en prensa escrita, unha cuestión que abordará Filloy na súa comparecencia.

Finalmente, o venres 25 de marzo serán as integrantes do grupo musical A Banda da Loba as que poñan o broche de ouro para estas sesións. A formación está integrada por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo no que se mesturan temas de pop, folk, blues e outros de corte máis tradicional. A muller está moi presente nas súas letras, integradas en traballos como Fábrica de luz, Bailando as Rúas e Hasme ír. Entre as súas integrantes figuran Andrea e Marcela Porto, que se unen neste proxecto musical a Xiana Lastra, Estela Rodríguez e Inés Mirás. En 2021 o grupo foi galardoado cun dos Premios Martín Códax.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA DESTINA 715.000€ AOS OITO CONCELLOS DE DEZA E TABEIRÓS-MONTES PARA A MELLORA DE CAMIÑOS AO ABEIRO DO PLAN MARCO

  • O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución nunha visita de supervisión ás obras realizadas coa anterior convocatoria na vía municipal Santo André de Vea-Frades do municipio estradense xunto ao alcalde, José López
  • O Concello da Estrada destinou integramente os 107.872 euros do Plan Marco do ano anterior a esta actuación e está a piques de iniciar unha mellora viaria en Rubín con 48.180 euros do Plan de Infraestruturas Rurais, tamén outorgado pola Consellería do Medio Rural
  • “A Xunta prevé inxectar máis de 700.000€ nestas bisbarras para a mellora das súas pistas municipais de uso agrícola, o que é moi importante para facilitar a mobilidade interna e a destinada a estas tarefas do campo, e ademais este ano a partida increméntase de xeito considerable nunha media dun 30% con respecto a 2021”, sinalou o representante autonómico

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, vai destinar unha achega de 714.512 euros aos oito concellos das bisbarras de Deza e Tabeirós-Terra de Montes ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución para as comarcas nunha visita á Estrada, onde supervisou as obras realizadas coa anterior convocatoria na compaña do xefe territorial do Medio Rural, Antonio Crespo, do alcalde, José López, e doutros representantes municipais, aos que confirmou que a dotación deste programa para o seu concello increméntase este ano en case 33.000 euros.

“A Xunta prevé inxectar máis de 700.000 euros nestas bisbarras do interior norte da provincia para a mellora das súas pistas municipais de uso agrícola, algo que é fundamental para axudarlles a facilitar a súa mobilidade interna e tamén a destinada a estas tarefas do campo. Ademais, a aposta pola colaboración cos concellos refórzase aínda máis, xa que a partida increméntase de xeito considerable nunha media dun 30% con respecto a 2021”, sinalou o representante autonómico.

En concreto, a resolución da Consellería do Medio Rural outorga 140.362 euros ao Concello da Estrada, 114.679 euros a Lalín, 94.932 euros a Silleda, 82.985 euros a Rodeiro, 82.165 euros a Agolada, 78.183 euros a Forcarei, 68.099 euros a Vila de Cruces e 53.107 euros a Dozón.

Visita á estrada Santo André-Rubín

Na súa visita ao municipio estradense, o delegado territorial acudiu a supervisar, tras achegarse ata a Casa do Concello, a mellora integral da estrada municipal entre Santo André de Vea e Frades, que foi executada coa achega íntegra de 107.872 euros do Plan Marco 2021-2022. Esta actuación consistiu na renovación do firme nos 2.930 metros de lonxitude desta vía, que se atopaba deteriorada pola antigüidade da capa asfáltica, a carga de tráfico e os efectos da meteoroloxía. Así mesmo, tamén se procedeu á elevación das arquetas e pozos de rexistro e á dotación de sinalización para reforzar a seguridade viaria.

Ademais, o Concello da Estrada tamén está a piques de iniciar, posiblemente neste mes de marzo, unha mellora de camiños en Rubín que conta cun financiamento de 48.180 euros do Plan de Infraestruturas Rurais, tamén outorgado pola Consellería do Medio Rural. Este departamento autonómico concedeu, nos últimos cinco anos, achegas por 1.076.514 euros ao Concello da Estrada ao abeiro dos plans Marco e PIR para a mellora de pistas municipais, o que permitiu actuar en máis dunha vintena de vías municipais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN CULTURAL 75 ANIVERSARIO TEATRO PRINCIPAL

O día da presentación cultural sempre é un día especial para nós. Máxime, nun ano coma este, no que o noso querido Teatro Principal cumpre o seu 75 aniversario. Inaugurado un 29 de xuño de 1947, este Teatro  foi, tanto na súa función coma sala cinematográfica, coma na función de recinto escénico; o epicentro da vida cultural da Estrada. E é a nosa intención que siga a ser ese lugar onde a nosa veciñanza soñe, se emocione e goce dos mellores eventos culturais de dentro e fóra de Galicia. Este ano con maior motivo matiza o concelleiro de cultura Juán Constenla.

 

Deste xeito, toda a programación cultural do ano 2022 presentarase baixo o epígrafe 75 ANIVERSARIO TEATRO PRINCIPAL para render homenaxe a esta casa pola que teñen pasado tantas xeracións de estradenses e figuras coma Estrellita Castro, Lolita Sevilla, Antonio Machín, Andrés Pajares e un longo etcétera. Podedes ver ás miñas costas a imaxe gráfica deste aniversario, deseñada pola ilustradora estradense ROSA DE CABANAS, unha imaxe que tenta apertar o pasado e o presente deste espazo tan importante para a nosa vila.

 

Para celebrar esta homenaxe ao Teatro Principal quixemos salientar un pouco máis o carácter cultural da nosa programación, intentando que o público poida tamén converterse en protagonista activo da programación. É unha relación de eventos tamén diversa en canto a formatos, estilos e públicos. A idea é que todo o mundo atope nela algo de interese. Eventos top á altura dunha efemérede tan importante coma esta.

 

Neste senso, incorporamos un novo ciclo á nosa programación á que demos en chamar PARLADOIROS. Nel, persoeiros relevantes da cultura e da sociedade galega charlarán co público nun ton informal e divertido a través dun formato entrevista salferido con  continuas sorpresas para os convidados.

Este ciclo iniciarase este vindeiro 18 de marzo coa presenza do artista e presentador ROBERTO VILAR. A continuación serán os politólogos ANTÓN LOSADA e MIGUEL ANXO BASTOS (estes dous veñen xuntos) e GUADI GALEGO e XOSÉ TOURIÑÁN os que pechen este ciclo. Despois pasarémosvos un dossier coas datas todas. Serán eventos de entrada gratuíta. A entrada para o primeiro deles, o de Roberto Vilar poderá retirarse a partir do vindeiro luns día 7.

 

En relación a estes parladoiros, contamos tamén cunha sección dedicada a autoras e autores literarios. De aquí ao verán, pasarán polo Teatro Principal a poeta premio Nacional ALBA CID, o poeta tamén premio nacional de literatura infantil ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, o novelista FRANCISCO CASTRO e a novelista ARANTZA PORTABALES. Unha nómina de auténtico luxo. A idea é que sexan charlas literarias onde o público poida dialogar tamén cos propios convidados.

 

Á marxe deste ciclo de encontros con persoeiros relevantes, contamos cunha programa teatral de gran nivel. Como nota máis salientable, dicir que con motivo do 75 aniversario do TEATRO, a compañía máis importante de Galicia: O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO estará no Teatro Principal na primeira fin de semana de xuño coa peza Ás oito da tarde cando morren as nais.

É unha deferencia e unha homenaxe que esta institución pública lle quere facer ao Teatro da nosa vila con motivo do seu aniversario.

 

No apartado monólogos temos pechada xa a presenza este vindeiro sábado de Miguel Ángel Rodríguez EL SEVILLA, o  actor, escritor e cantante de Mojinos Escocíos, evento para o que aínda quedan algunhas entradas.

 

Unha semana máis tarde visitará este teatro o cómico RAFA MAZA, o actor oscense que está a triunfar na sala Alfil de Madrid co seu personaxe de Fabiolo. Ante o éxito que tivo o ano pasado na nosa vila e o feito de que só puideron velo 50 persoas por mor da crise sanitaria, volvemos a traer este espectáculo, que garante gargalladas cada 10 segundos. Un dos mellores espectáculos cómicos do ano en España.

 

No apartado do teatro infantil, estrearemos o ciclo Colorín Colorado este próximo sábado cun espectáculo multipremiado de XAMPATITO PATO, que se titula Só. Tamén un concerto da Banda das Apertas de MAGÍN BLANCO e o espectáculo Aibo da compañía Eléctrica. Como gran evento familiar, contaremos co musical da BELLA Y LA BESTIA da compañía valenciana Eventime, un musical de gran formato avalado por un grande éxito de crítica e público.

 

En canto ao apartado teatral para adultos, a carteleira conta con espectáculos de auténtico luxo. O mes de marzo aterrará no Teatro unha das mellores compañías europeas, a compañía Atalaya de Sevila cunha adaptación da CELESTINA.

O venres día 1 de abril, os moitos devotos da compañía YLLANA na Estrada, poderán asistir ao espectáculo Primitals, un especctáculo que xunta música coral e humor a esgalla.

 

O venres 22 de abril será a compañía ourensá Sarabela Teatro a que poña en escena a obra de Manolo Rivas A LINGUA DAS BOLBORETAS, unha das obras máis premiadas en Galicia.

 

Tamén contaremos co gran éxito do teatro galego deste último ano, a superprodución de Chévere NEVERMORE. E pechará o mes de maio outro dos grandes éxitos do teatro galego destes últimos anos, a obra OS NENOS DA VARÍOLA da compañía Pérez e Fernández.

 

O apartado local tamén terá presenza na programación coa presentación da banda Lucía Azurmendi Grupo, o festival de Acordeóns organizado polos Lóstregos, e as actuacións da Banda Municipal e da Coral Polifónica.

 

Quería tamén comentarvos que o departamento de Cultura incluirán na programación tres exposicións para os próximos meses cun marcado acento local. Este venres inaugurarase a da ilustradora Rosa de Cabanas, titulada Mulleres Valentes e que será presentada este mércores nunha rolda de prensa. No mes de abril e da man da Editorial Galaxia presentaremos outra centrada na vida e obra de Manuel García Barros que percorrerá os colexios e IES estradenses nos próximos meses e en maio será o pintor Manuel Fragoso o que inaugure a súa nova colección de cadros titulada Soños rotos.

 

Estas e máis cousas que tedes debulladas no dossier que vos adxuntamos serán as que artellen unha primavera chea de talento, diversión e entretemento. Todos os que queiran ver máis polo miúdo toda a programación poderán vela na web do Concello ou na nosa APP de Cultura a partir de xa.

 

A partir  do vindeiro luns, poderanse comezar a recoller xa as entradas para os distintos eventos, entradas que este ano irán tematizadas co cartel e o logo deste 75 aniversario do Teatro Principal que terá a súa propia celebración pasadas as festas do San Paio. Eventos que presentaremos xa entrado o mes de xuño.

 

Lembrar que tanto a AGADIC como a Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Política Lingüística colaboran na posta en marcha dunha programación que agardemos, estea a altura da celebración e das demandas da nosa veciñanza.

 

Así que animo desde aquí a todos os veciños a participar dela, orgullosos dun Teatro que seguirá a ser ese lugar de encontro coa cultura, ese fogar das musas onde os soños de público e artistas se fagan realidade.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

GALERÍA FOTOGRÁFICA DA GALA DO ENTROIDO EN A ESTRADA

GALERÍA FOTOGRÁFICA DA GALA DO ENTROIDO EN A ESTRADA BÚSCATE:

Publicado en Portada | Deja un comentario

Urxe unha solución ao cruce da PO-2016 que vai a Guimarei, Cereixo e Vinseiro

A raia continua que nestes días debuxou o Ministerio de Transportes desde a Baiuca á rotonda das Colonias deixa aínda máis complicado o acceso á PO-2016.

Segundo explicou a concelleira do BNG, Susana Camba, «non cuestionamos a necesidade de pintar a raia continua nese tramo, xa que as circunstancias coa instalación do Lidl así o recomendan, mais esa raia continua faille a vida moi complicada aos veciños e veciñas de Guimarei, Cereixo e Vinseiro, coller esa estrada se van das Colonias á vila pola PO-640». «A complicación dese acceso xa existía antes», explica a concelleira nacionalista, «mais á altura da Lennon había raia descontinua e moitos veciños e veciñas xiraban nese tramo, pero agora xa non se pode».

«En reiteradas ocasións instamos ao alcalde a mellorar ese acceso», afirma Susana Camba, «mais logo duns tímidos intentos coa Deputación, nada máis se soubo e pasou o que sempre pasa cando o alcalde non fai nada por solucionar os problemas dos veciños e veciñas: complícanse!».

«Por iso volvemos a instar ao alcalde a aportar unha solución a ese cruce», engade a concelleira do BNG, «non pode ficar de brazos cruzados, mentres os veciños e veciñas sofren as consecuencias da súa pasividade». «É urxente que pete nas portas do Ministerio e da Deputación para que poñan enriba da mesa unha solución, os veciños e veciñas non poden seguir agardando por máis tempo», afirma.
 
«Por outra parte», indica a concelleira do BNG, Susana Camba, «estamos unha vez máis ante unha proba da falta de planificación do goberno do PP; fanse proxectos sen ter en conta as afeccións posibeis ao tráfico, a mesma situación que se está a dar coas obras na praza da feira e na rúa principal; o PP provocou unha situación polo que a veciñanza da vila que viva nas rúas Fernando conde, Gradín, Cañoteira, etc que queiran ir cara a PO 2016 teranse que desprazar cara a outra punta da vila para poder tomar este vial. O exemplo do desgoberno do PP».
Publicado en Portada | Deja un comentario