Luis López Bueno tachou como “pouco coherente” a
presenza de López Campos e Amalia Goldar na visita que fixo a Conselleira
de Política Social ao Concello da Estrada o pasado mércores. Para o
socialista, que membros do PP local acompañaran á Conselleira é “pouco
coherente” porque “son os mesmos concelleiros que votan en contra das
iniciativas para traer novos servizos sociais ao Concello”.
Bueno destacou que hai escasas tres semanas o PP votou en contra de
solicitarlle á Consellería de Política Social a posta en marcha dun Punto de
Encontro Familiar na Estrada, proposta que partía do Grupo Municipal
Socialista “como todas as propostas para a área de Benestar Social”.
Nese sentido, o líder da oposición lamentou que o PP intente apropiarse do
traballo que está desenvolvendo a iniciativa privada na Estrada a través de
empresas e asociacións. López Bueno entende a visita “en clave electoral”
porque nos últimos anos “non se aumentou o apoio institucional e o
económico subiu o estritamente necesario” ás asociacións e empresas que
xestionan os servizos sociais do Concello. Destacou que os servizos de
Espazo Concilia, Atención Temperá, Escola Infantil, SAF e Centro de día “fan
un traballo impresionante cos escasos recursos que reciben do Concello e da
Xunta”, e opina que “se máis tiveran, máis traballo farían”.
Tamén considera que as visitas do pasado mércores estaban destinadas a
“apropiarse” do traballo que realiza a iniciativa privada no ámbito dos
servizos sociais, e recorda que esa iniciativa privada “é a que está asumindo
a xestión e a prestación dos Servizos Sociais no lugar do Concello e a
Concelleira de Benestar Social”.
López Bueno tamén lamentou que o alcalde “claudicara” ante a Xunta de
Galicia a propósito dunha nova residencia pública na Estrada. O líder
socialista esixirá no vindeiro pleno que o PP “inicie as xestións para
conseguila” e deixe de ser “cómplice” do modelo privatizador da Xunta. O
socialista apuntou a que “a residencia pública actual quedou moi escasa de
prazas, a nova residencia privada estará chea en poucas semanas, e A
Estrada merece máis prazas en residencias públicas”.
Considera que a posición da Estrada como cabeceira de comarca e preto de
Compostela, a demanda actual e o aumento que virá nos vindeiros anos fan
posible que coexistan dúas residencias públicas e unha privada que terían
cubertas todas as prazas. López Bueno asegurou que “está no tellado do PP.
LÓPEZ BUENO CONSIDERA “POUCO COHERENTE” A PRESENZA DE
MEMBROS DO PP LOCAL NA VISITA DA CONSELLEIRA DE POLÍTICA
SOCIAL
CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA CEIP O FOXO
Os nenos e nenas do Ceip O Foxo festexan o día de Rosalía con Lingúa de signos, en Francés en Galego con recitación de poemas da escritora Galega.
Búscate na Galeria:
DÍA DE ROSALÍA EN A ESTRADA
O Concello de A Estrada coma cada ano ven de presentar na noite de onte o vídeo de Rosalía no teatro Principal, nun acto no que alumnos de todos os colexios da vila participaron nun recital rosaliano. A homenaxe espallouse ademáis polos centros educativos da vila, onde durante a mañá se sucederon actos culturais e lúdicos en homenaxe á poeta galega na conmemoración do seu nacemento. No CEIP de Figueiroa, o cantautor Manoele de Felisa ofreceu un concerto no que mesturou os poemas musicados de Rosalía con outros do repertorio propio. Os rapaces escoitaron con coñecemento de causa o poema Nascín cando as plantas nascen, que xa traballaran nas aulas. O colexio Pérez Viondi recibiu a visita da escritora Rosalía Morlán no marco da actividade Dende Trazo ata Padrón coas Rosalías.
recibiu a visita da escritora Rosalía Morlán no marco da actividade Dende Trazo ata Padrón coas Rosalías. A autora, que será a madriña da XI Festa das Palabras, achegou aos nenos ao universo da poesía e fíxolles unha chea de agasallos cargados de significado, como unha árbore feita de follas cunha morea de palabras ou un peixe, un galo e un lagarto para os pequenos de Infantil. Mentres, no CEIP de Oca cantouse a coro No bico un cantar e no do Foxo houbo performance, rap rosaliano e recitado do poema Pra Habana en cinco linguas: galego, castelán, inglés, francés e linguaxe de signos. No IES Antón Losada a celebración foi con teatro. Oito alumnas da aula de teatro Avelaíñas, dirixida por Fran Campos, puxeron en escea a adaptación teatral de dous poemas da homenaxeada.
A CONCELLEIROA AMALIA GOLDAR VISITA O TALLER DE ARTETERAPIA
O día 21 deste mes comezou a impartirse a actividade de arteterapia, actividade dirixida a persoas con discapacidade intelectual que organiza o Concello da Estrada durante este ano 2022. Esta actividade impartirase dende este mes de febreiro ata decembro os luns, mércores e venres en horario de 16.00 h a 19.00 h. Unha actividade que é totalmente de balde para os usuarios.
O taller desenvólvese nas instalacións de Galega das Artes, asociación encargada de desenvolver esta actividade, que consiste en facer diversos traballos de carácter artístico e educacional en moi diversas materias como lenzo, madeira, cristal, cerámica, teas etc. O que se busca é a integración e participación dos usuarios e a realización de traballos que favorezan a súa autonomía e a súa capacidade motora.
Na tarde de hoxe a concelleira Amalia Goldar visitou as intalacións e os seus usuarios.
FABIOLA GARCÍA VISITA A FUTURA RESIDENCIA PARA PERSOAS MAIORES DA ESTRADA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do alcalde da Estrada, José López, visitou a futura residencia que se poñerá en marcha no municipio pontevedrés e que está a construír Geriolveira.
A XUNTA IMPULSA PROGRAMAS DE COIDADO SOCIOSANITARIO NA ESTRADA A TRAVÉS DE APACAF PARA ATENDER A 33 PERSOAS CON TEA
- O delegado territorial, Luis López, e a xerente da área sanitaria de Santiago e O Barbanza, Eloína Núñez, acompañados polo alcalde da Estrada, José López, visitaron esta mañá as instalacións da entidade na Braña, onde se desenvolveron estas actividades grazas a unha achega de máis de 11.000€ do Sergas
- O Goberno galego vai resolver nas vindeiras semanas a convocatoria 2022 desta orde de axudas para atención sociosanitaria a cargo das entidades sen ánimo de lucro, que este ano incrementou o orzamento nun 40% ata alcanzar os 250.000€
- Apacaf dispón dun servizo de residencia con 17 prazas para persoas con Trastorno do Espectro Autista neste centro da parroquia de Berres e este ano volverá a recibir 336.000€ para o seu financiamento global pola Consellería de Política Social
A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), está a impulsar programas de coidado sociosanitario no Concello da Estrada a través da Asociación de Pais de Persoas con Trastornos de Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar (Apacaf) para atender a 33 persoas con TEA.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola xerente da área sanitaria de Santiago e O Barbanza, Eloína Núñez, e do alcalde da Estrada, José López, visitou esta mañá as instalacións desta entidade na Braña para coñecer o funcionamento do programa e informar de que a orde de axudas para o desenvolvemento destas iniciativas por parte das entidades sen ánimo de lucro correspondente ao presente ano se resolverá nas vindeiras semanas.
“É fundamental que a atención de certas patoloxías dispoña dun labor de apoio social que vaia máis alá dos centros sanitarios, polo que dende a Xunta queremos seguir colaborando co potente tecido asociativo que hai en Galicia neste eido, xa que contribúe moito a mellorar a calidade de vida, a integración e a inclusión destas persoas, tal e como está a facer Apacaf na Estrada e Moraña”, sinalou o representante autonómico.
A convocatoria dos programas de atención sociosanitaria para asociacións, realizada pola Consellería de Sanidade, incrementou o seu orzamento para este ano nun 40% ata alcanzar os 250.000 euros, co que se pretende aumentar a cifra de 18 entidades beneficiarias que os desenvolveron o pasado exercicio. Ademais, tamén medra a contía máxima das achegas, que pasa de 12.000 a 16.000 euros.
Ao abeiro desta liña de axudas, poderán impulsarse accións de apoio psicolóxico, estimulación cognitiva, integración sensorial, rehabilitación de fisioterapia para pacientes con TEA e tratamentos para persoas con trastornos de conduta alimentaria, enfermidades raras, alzhéimer, ELA, enfermidades neurodexenerativas e parálise cerebral ou dano cerebral adquirido.
Programa cognitivo no rural
A asociación Apacaf, que dispón de senllos centros en Berres (A Estrada) e A Penagrande (Moraña), desenvolveu durante o pasado exercicio unha nova edición do programa de rehabilitación cognitiva no rural para persoas con autismo, en marcha dende o ano 2019, grazas a unha achega de máis de 11.000 euros ao abeiro desta orde.
A entidade atendeu a 33 persoas con TEA durante 43 semanas, a razón de seis xornadas por semana, ata alcanzar as 1.032 horas de actividades centradas na capacidade educativa, as habilidades cognitivas, a mellora da súa autonomía, o fomento da comunicación e da interacción social, o reforzo da capacidade simbólica e da conduta imaxinativa, a ampliación de intereses e actividades e o aumento da calidade de vida.
4,3 millóns en 14 anos
Por outra banda, a Consellería de Política Social vén de confirmar a concesión, para este ano, dunha nova partida, de 336.000 euros, para o financiamento íntegro e global das 17 prazas en servizo de residencia que ofrece Apacaf para persoas con TEA no seu centro da Braña, emprazado na parroquia estradense de Berres.
A entidade que preside María José Ferradáns creou esta residencia en 2005, doce anos despois da súa constitución, e nos últimos 14 exercicios recibíu 4,3 millóns de euros da Xunta de Galicia en réxime de concerto destas prazas para que poidan atender diariamente e mellorar a calidade de vida de case unha vintena de persoas con TEA e das súas familias a través de servizos especializados.
“O traballo de inclusión e integración de Apacaf a prol das persoas con autismo e das súas familias é digno de eloxio e moi sacrificado e por iso é unha satisfacción anunciar que este ano poderá seguir sostendo a súa residencia co apoio económico da Xunta e desenvolvendo outras actividades coas axudas do 0,7% do IRPF”, explicou o delegado territorial. Apacaf, xunto con outras entidades vencelladas ao TEA, recibíu o pasado ano 140.000 euros para diversos programas e 18.500 euros para a adquisición dun vehículo.
O festival O Son dos Arrieiros opta a catro
candidaturas nos Iberian Music Awards
Tras o reconto dos votos realizados telemáticamente, O Son dos
Arrieiros compite cos mellores festivais da Península Ibérica para
alzarse coas categorías de mellor festival mellor novo festival mellor festival en interior mellor fotografía de festival.
Tras o éxito da súa primeira edición, O Son dos Arrieiros, programado no concello
da Estrada, foi quen de abrirse oco entre os dez finalistas de cada categoría dos
Iberian Music Awards que se celebrarán o vindeiro 26 de marzo en Lisboa.
Compite nos apartados de mellor festival mellor novo festival mellor
festival en interior mellor fotografía de festival
O resultado darase a coñecer o 22 de marzo. As candidaturas están agora
sometidas a debate dun xurado profesional formado por recoñecidos profesionais
do sector da península.
Os Iberia Music Awards outórganse aos mellores festivais, artistas, patrocinadores
e medios de comunicación de toda a Península Ibérica, grazas aos votos do
público e dun xurado oficial.
Inclúense no marco do Talkfest, un congreso que ten por obxectivo ser o punto de
encontro de profesionais do sector para reflexionar mediante un conxunto de
conferencias e relatorios, sobre o estado da industria musical, tanto a nivel
nacional como internacional que se celebrará durante o mes de marzo en Lisboa.
O Son dos Arreiros 2021 tivo lugar o 29 e 30 de outubro na Estrada. A
organización confirma que haberá unha segunda edición, cun plantexamento
innovador que se presentará nas próximas semanas.




































































