O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE COMEZA O SEU CALENDARIO FEIRAL 2022 CUN DOBLE CERTEME DE PROMOCIÓN ECONÓMICA.

Ocasión e seminovos.
• Unha doble mostra que ocupará un total de
pavillón.
• A mostra abrirá as
• Perante a celebración do ce
incentivo para movilizar e atraer ao
• Liquidación de stocks a prezos incluso mais competitivos que en épocas de
rebaixas.
Actualmente, o recinto feiral estradense, atópase inmerso comercializando a
Feira de Oportunidades do
primeiro dos certames do calendario feiral aprobado polo Padroado da Institución
doble certame, ocupará un total de
A meirande parte das firmas
Dentro destas, o comercio local estradense e sector da automoción, ten un peso específico
moi importante. Á presente data e pen
contamos cun total de medio centenar de firmas das cales, unha vintena proceden do
comercio local estradense. Talleres Louzao, Jcv Motor Sport e Foxo Motor, secundan a
mostra, aportando unha gama variada d
Un ano máis, considerouse oportuno celebrar as duas mostras conxuntamente,
facéndoas coincidir no tempo, aínda que,
Así consíguese unha ampla e variada gama de productos,
significativamente a que a mostra sexa moito mais interesante e atractiva para os visitantes .


O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE COMEZA O SEU CALENDARIO FEIRAL 2022 CUN
DOBLE CERTEME DE PROMOCIÓN ECONÓMICA.
Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, 11/02/2022
Inaugurando este calendario 2022, o recinto estradense celebrará
Oportunidades do Comercio e a 62ª Feira de Antigüidades e Artesanía.
Os empresarios locais do sector da automoción, JCV Motor Sport, Foxo Motor
e Talleres Louzao, secundan a mostra do comercio local cos seus vehículos de
Ocasión e seminovos.
le mostra que ocupará un total de 5.400 m2 de espazo expositivo en
as suas portas ao público do 11 ao 13 de marzo
Perante a celebración do certame, sortearánse vales de compra
movilizar e atraer ao público ao recinto feiral.
Liquidación de stocks a prezos incluso mais competitivos que en épocas de
Actualmente, o recinto feiral estradense, atópase inmerso comercializando a
o Comercio e 62ª Feira de Antigüidades
primeiro dos certames do calendario feiral aprobado polo Padroado da Institución
ame, ocupará un total de 5.400 m2 de espazo expositivo.
meirande parte das firmas proceden da Comunidade Autónoma de Galicia
Dentro destas, o comercio local estradense e sector da automoción, ten un peso específico
moi importante. Á presente data e pendente de pechar o proceso de comercialización, xa
contamos cun total de medio centenar de firmas das cales, unha vintena proceden do
comercio local estradense. Talleres Louzao, Jcv Motor Sport e Foxo Motor, secundan a
mostra, aportando unha gama variada de vehículos seminovos e de ocasión.
Un ano máis, considerouse oportuno celebrar as duas mostras conxuntamente,
facéndoas coincidir no tempo, aínda que, os certames seran publicitados por separado.
Así consíguese unha ampla e variada gama de productos,
significativamente a que a mostra sexa moito mais interesante e atractiva para os visitantes .


O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE COMEZA O SEU CALENDARIO FEIRAL 2022 CUN
Inaugurando este calendario 2022, o recinto estradense celebrará a 10ª Feira de
ª Feira de Antigüidades e Artesanía.
JCV Motor Sport, Foxo Motor
cos seus vehículos de
00 m2 de espazo expositivo en
de marzo.
sortearánse vales de compra, ceas, etc…
Liquidación de stocks a prezos incluso mais competitivos que en épocas de
Actualmente, o recinto feiral estradense, atópase inmerso comercializando a 10ª
dades e Artesanía, o
primeiro dos certames do calendario feiral aprobado polo Padroado da Institución . Este
a Comunidade Autónoma de Galicia.
Dentro destas, o comercio local estradense e sector da automoción, ten un peso específico
dente de pechar o proceso de comercialización, xa
contamos cun total de medio centenar de firmas das cales, unha vintena proceden do
comercio local estradense. Talleres Louzao, Jcv Motor Sport e Foxo Motor, secundan a
e vehículos seminovos e de ocasión.
Un ano máis, considerouse oportuno celebrar as duas mostras conxuntamente,
os certames seran publicitados por separado.
Así consíguese unha ampla e variada gama de productos, o que contribúe
significativamente a que a mostra sexa moito mais interesante e atractiva para os visitantes .

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os deputados nacionais esixen bonificacións fiscais para o Xacobeo ata finais de 2023.

 



✅ Esta medida permitiría seguir pontenciando a colaboración público-privada tan necesaria e que tan bos resultados está dando.

✅ Tería unha importante repercusión na recuperación das empresas e autónomos vinculados aos sectores do turismo, da hostalería, da cultura ou do deporte, sectores moi prexudicados pola pandemia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Non é a Lei do Solo, é o PXOM do PP o que impide o tendido aéreo de fibra

Susana Camba: «O alcalde terá que buscar unha solución a este problema que impide levar a fibra a todos os núcleos do rural.»

Ante un problema causado polo propio PP, o alcalde non pode buscar culpábeis fóra, terá que buscar solucións

 

Os medios de comunicación local recollían no día de onte declaracións do Alcalde onde afirmaba que a lei do solo impedía levar a fibra óptica por vía aérea (con postes), obrigando a facelo mediante soterramento. «Isto é radicalmente falso», afirma a concelleira do BNG, Susana Camba. «o problema está no PXOM, que aprobou o PP». «A lei do solo 9/2002, na que se basea o noso planeamento urbanístico recolle textualmente (páxina 34) que «poderá prohibir os tendidos aéreos e prever o soterramento dos existentes»», engade, «e como se pode comprobar non obriga como di o alcalde».

«Porén», explica a concelleira nacionalista, «o plan xeral aprobado polo PP di textualmente (páxina 137) no artigo 133, apartado D, do tomo V, que «nos solos clasificados como Núcleos Urbanos ou Rurais e nos ámbitos de protección de elementos catalogados, será obrigado o soterrado das liñas de telecomunicacións, telefonía e liñas eléctricas de baixa tensión para todas as que se constrúan deica en diante»».

«E non só iso», indica a concelleira do BNG, «senón que engade o seguinte: «as xa existentes que incumpran con este requisito deberán adaptarse preferentemente denantes de transcorridos cinco anos desde que se aprobe o presente PXOM, ben procedendo ao soterrado, ben modificando o seu trazado para cumprir coa esixencia, establecendo os acordos precisos (tanto no aspecto económico, como no de prazos) coa compañía subministradora».»

«É dicir, o alcalde mente e bota balóns fóra, como fai sempre», afirma Susana Camba, «e non só iso, senón que o grave é que o concello da Estrada está a incumprir a súa propia normativa urbanística, porque xa pasaron máis de cinco da aprobación do PXOM e a día de hoxe non se fixo nada para soterrar as liñas de telefonía ou eléctricas».

O alcalde ten que buscar unha solución para levar a fibra a todo o rural

A concelleira nacionalista, Susana Camba, afirma que «ante un problema causado polo propio PP, xa que como vemos a Lei do Solo non obrigaba a ser máis papista que o Papa, o alcalde non pode buscar culpábeis, terá que buscar solucións para levar a fibra a todos aqueles núcleos como Vilancosta, Torreboredo ou Ribeira nos que non hai tendido telefónico anterior».
 
«O que está claro é que o PP aprobou un PXOM para baleirar o rural», indica a concelleira, «a súa pretensión foi e é concentrar a poboación na vila a costa de negarlle servizos ao rural. Sempre apostou por unha política urbanística que prima a expectación pero non o servizo público».

 

«Por outra parte», engade a concelleira, «está ben que o alcalde presuma de que A Estrada Dixital pode prover fibra e telefonía móbil, mais esquécese mencionar que iso acontece grazas á proposta do BNG aprobada no padroado da Fundación Cultural». «No BNG entendiamos que era o paso lóxico para evitar a desaparición dunha entidade, que tivo e ten un papel importante no espallamento do acceso a internet no noso concello, nun contexto de forte competencia con empresas privadas.»
 
PXOM
 
Lei 9/2002

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Algúns puntos de luz do rural volverán a encender


Este luns será o día. O proxecto de reforma de todo o alumeado público da zona rural de Estrada arrancará coas primeiras obras na parroquia de Ouzande. O Concello adxudicou á empresa Tecumi por 6,5 millóns de euros o cambio a LED dos 12.500 puntos de luz das parroquias estradenses e a renovación dos cadros eléctricos. Xa están asinadas as actas de replanteo e comeza a chegar o material, polo que xa está todo preparado para comezar a traballar sobre o terreo. Co cambio a LED, o Concello da Estrada prevé aforrar un 70% no consumo eléctrico, o que dá marxe para acender algúns dos puntos de luz apagados entre 2011 e 2012, dentro dun plan de aforro enerxético que buscaba reducir o forte factura local. Ese plan de aforro que supuxo o apagón de varios centos de farolas custoulle bastantes críticas ao goberno. Non todos entendían esta necesidade como tal e algúns viron desigualdades nos criterios para decidir que puntos se desactivaban e cales seguían acendendo. Agora, coa rebaixa do recibo da luz, o goberno local reconsiderará a iluminación dalgunhas das zonas que quedaran á escuridade. Segundo explicou o alcalde, José López, todos os puntos de luz existentes serán substituídos por outros de baixo consumo, tanto os acesos como os apagados. Despois, realizarase un estudo do mapa de iluminación municipal para decidir cal das farolas ata agora apagadas volverán acenderse. "Coa redución de potencia poderán activarse algúns puntos de luz, sobre todo nos cruces que comunican núcleos", avanza López. "Substituír todas as luces serán substituídas, independentemente de que estean acesas ou apagadas", aclara.
Publicado en Portada | Deja un comentario

BNG propón transformar o antigo Centro de Saúde da Estrada nun Centro de Día

“O envellecemento da poboación do noso concello evidencia a urxente necesidade de garantir prazas públicas suficientes para dar cobertura e un servizo adecuado aos veciños e veciñas da Estrada” sinala a concelleira do BNG, Susana Camba.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, acompañado de Susana Camba, concelleira na Estrada e de Xoan Carlos Villanueva, membro do consello local, fixeron pública hoxe a iniciativa rexistrada na que se exixe ao Goberno do Estado a cesión das instalacións do antigo centro de saúde da Estrada. Para a organización nacionalista, o inmóbel, propiedade do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, atópase sen uso e debería cederse para rehabilitalo e pór en marcha un centro de día por parte da Xunta de Galiza, servizo necesario para o conxunto da veciñanza no municipio.

O edificio, situado na Avenida de Santiago, foi cedido ao SERGAS até finais de 2020 para albergar o Centro de Saúde da Estrada. Na actualidade, o inmóbel, propiedade do Ministerio de Seguridade Social, atópase baleiro e sen un uso  despois de que a Xunta solicitara a desafectación e a reversión e deixara de prestar servizos sanitarios.

“As instalacións deben seguir a empregarse para fins públicos” comeza a súa intervención o deputado nacionalista no Congreso. Néstor Rego sinala que, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, 28% total da poboación estradense ten máis de 65 anos o que supón que máis de 5.000 habitantes poderían gozar dun servizo necesario no concello da Estrada. “A situación do inmóbel é a idónea e goza de boas condicións para convertelo nun centro de día” reforza o deputado do BNG.

A día de hoxe, esta poboación só conta cun pequeno centro de día que dá servizo a tan só 20 persoas usuarias e que, ademais, ten deficiencias importantes por mor dos problemas de construción da nova praza. “Resulta evidente a necesidade de incrementar a oferta, pois as prazas existentes non son suficientes para cubrir a demanda e dar un servizo público, adecuado e de calidade ao conxunto da poboación estradense” indica a concelleira do BNG na Estrada, Susana Camba.

Na súa iniciativa, o BNG reflexa o sentir popular da poboación da Estrada e reclama ao Ministerio que comece as xestións e trámites precisos para efectuar a cesión destas instalacións. “Pór en marcha neste edificio un novo centro de día, por parte da Xunta de Galiza, brindaría á poboación estradense dun servizo necesario con prazas suficientes” subliña o deputado nacionalista.

Alén do máis, cabe destacar que dando un novo uso a estas instalacións “lograríase tamén dinamizar a zona que o rodea, revitalizándoa do punto de vista comercial e hostaleiro”, pois os estabelecementos desta parte da Estrada víronse moi afectados polo traslado do centro de saúde e a consecuente redución do tránsito de persoas.

 
Publicado en Portada | Deja un comentario

O Goberno traballa para ampliar a conectividade a internet nos fogares



A Lei do Solo non permite, nas zonas rurais tradicionais, establecer ningún tipo de conexión ou servizo por vía aérea. Así, no caso da instalación de fibra óptica, a lei obriga, como nos núcleos urbanos, a soterrar as liñas. E esta é a razón pola que tantos veciños do rural galego carecen dun servizo básico como é a conexión a internet, que á súa vez provoca que o despoboamento no rural continúe en aumento. O alcalde da Estrada, José López, tivo coñecemento deste hándicap para os concellos do interior tras unha reunión co responsable nacional de conexión para España de Telefónica, quen lle comunicou ao conselleiro que, por este motivo, das 10.000 conexións que empresa tiña pendente de resolución en todo o país, o 50 por cento deles estaban en Galicia. En canto tivo coñecemento desta circunstancia, José López informou de inmediato á Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta e á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que se reunirán o vindeiro martes para "tratar de buscar unha interpretación normativa que permita resolver esta cuestión". ”, explica o alcalde estradense. E é que coñecer a causa da falta de conectividade en miles de núcleos rurais «é un avance porque xa sabemos onde está o problema». Para López, segundo subliñou, trátase dunha cuestión transcendental, xa que "non ten sentido que esteamos a impedir que os veciños do rural poidan ter un servizo básico como é a conexión a internet", e avoga por "buscar unha alternativa para desbloquear ou problema non só na Estrada, senón en todos os concellos de Galicia». Non obstante, o presidente "popular" informou de que o goberno local está a traballar para aumentar o número de vivendas do municipio que gozan de conectividade a internet, que actualmente se sitúa no 68% do total. Así, co plan que está en marcha, a finais deste ano 2022 contarán co servizo unhas 2.000 vivendas máis e a cifra global chegará ao 78%, cun total de 260 núcleos 'conectados'. López insiste en que hoxe o servizo máis demandado no rural, cando a xente opta por instalarse nel, é a conectividade a internet, polo que “se queremos darlles unha alternativa ao rural, hai que apostar pola fibra”.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG insta ao goberno a retirar das rúas as cabinas de acceso a internet

 

O BNG insta ao goberno do PP a retirar as cabinas de acceso a internet que hai dispersas polas rúas da vila. Segundo explicou a concelleira do BNG, Susana Camba, «estes aparellos non funcionan desde hai anos e agora mesmo son un estorbo para unhas rúas xa saturadas de todo tipo de elementos que interrompen o paso dos veciños e veciñas».

«As cabinas de A Estrada Dixital que non seu día instaláronse para que calquera veciño ou veciña puidese facer calquera consulta na rede, ademais de non funcionar», explica a concelleira nacionalista, «dan unha moi mal imaxe do noso concello, xa que están sucias, en algún caso rotas, e consideramos que cómpre quitalas das rúas».

Susana Camba explicou que non é a primeira vez que traslada esta petición ao goberno, «máis até día de hoxe non fixo nada». «Neste sentido», engade a concelleira, «a nosa representante na Fundación Cultural A Estrada, Clara Iglesias, trasladará ao padroado  esta petición na reunión do vindeiro luns».

Sinal de «ambulatorio» en sentido contrario

«Por outra parte», explica a concelleira do BNG, «tamén instamos ao goberno a quitar o sinal de «ambulatorio» situado á altura do número 1 da Avenida Benito Vigo». «Todo os veciños e veciñas saben onde está o novo centro de saúde», indica Susana Camba, «pero coido que é mellor retiralo para non desorientar ás persoas que non son da Estrada, xa que apunta en dirección contraria, e tamén pola imaxe de concello descoidado que traslada».

«Estás dúas cuestións», engade a concelleira do BNG, «son un claro exemplo da desidia con que o goberno municipal trata os asuntos do día a día do noso concello; o goberno municipal do PP está máis preocupado de obras faraónicas que non son máis que o mero despilfarro dos cartos públicos que das pequenas cousas que facilitan a vida das é dos estradenses.»

Publicado en Portada | Deja un comentario