A ESTRADA PRESENTA O SEU PLAN DE SAÚDE LOCAL 2026-2030

 Asinado esta mañá, o documento baséase nunha gobernanza
compartida entre o Servizo de Atención Primaria e o Concello, a través
do Consello Director do Plan de Saúde Local.
 A Estrada consolida con este plan un traballo iniciado hai anos e
reafirma a súa aposta por unha Atención Primaria forte, unha mellor
coordinación cos servizos sociais e unha organización máis eficiente da
atención sanitaria.
 Avanza cara un modelo de saúde máis integrado, que conecte a atención
sanitaria, os servizos sociais e a acción comunitaria, co obxectivo de
ofrecer unha atención máis próxima, máis proactiva e mellor adaptada
ás necesidades reais da poboación.

O Concello da Estrada e o Centro de Saúde
presentaron e rubricaron a primeira hora desta mañá o Plan de Saúde Local 2026-2030, un
documento estratéxico que dá continuidade ao plan anterior e que marca o camiño para
mellorar a saúde da poboación, partindo da realidade social e sanitaria do municipio. No
acto participaron o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, o xefe de Atención Primaria no
servizo estradense, Juan Sánchez Castro, o concelleiro de Sanidade, Óscar Rancaño e a
coordinadora de Enfermería do centro, Maite Matalobos.
Este plan aposta por reforzar a Atención Primaria e avanzar cara un modelo de saúde máis
integrado, que conecte a atención sanitaria, os servizos sociais e a acción comunitaria, co
obxectivo de ofrecer unha atención máis próxima, máis proactiva e mellor adaptada ás
necesidades reais da poboación.
Neste senso, sinálase que a poboación da Estrada non escapa á variable demográfica
xeneralizada do envellecemento poboacional. O índice de envellecemento é de 300, o que
significa que por cada tres persoas maiores de 65 anos hai só unha menor de 16. Ademais,
preto do 7 % da poboación ten máis de 85 anos, o que supón case 1.500 persoas. Este
envellecemento acompáñase dun aumento das enfermidades crónicas, que hoxe
condicionan a maior parte da atención sanitaria.

A esta realidade súmase unha maior presión asistencial e a falta de médicos de familia, un
problema que afecta a todo o sistema sanitario e que obriga a repensar a forma de organizar
a atención.
Ante este escenario, o Plan de Saúde Local baséase nunha gobernanza compartida entre o
Servizo de Atención Primaria e o Concello, a través do Consello Director do Plan de Saúde
Local, que permitirá coordinar mellor as decisións e actuacións.
Iniciativas
Entre as iniciativas comunitarias, destaca a incorporación da Estrada á Rede Española de
Cidades Amigas da Infancia e das Persoas Maiores, así como o proxecto e-GALIAT, orientado
a promover unha alimentación saudable e sostible baseada na dieta atlántica, un modelo
propio de Galicia.
No ámbito sanitario, o Plan recolle medidas para mellorar a asistencia no Punto de Atención
Continuada (PAC), manter a e-consulta avanzada en cardioloxía, impulsar unha e-consulta
neurolóxica para a detección precoz de problemas de memoria e ofrecer unha mellor
atención ás persoas con enfermidades crónicas complexas, tanto en residencias como nos
seus domicilios.
Dentro desta estratexia, o plan presentado hoxe mantén a aposta por modelos de atención
de proximidade e autocuidado, sempre desde a elección informada das persoas usuarias e o
compromiso coa modalidade elixida.
Con este Plan de Saúde Local, A Estrada consolida un traballo iniciado hai anos e reafirma a
súa aposta por unha Atención Primaria forte, unha mellor coordinación cos servizos sociais e
unha organización máis eficiente da atención sanitaria, adaptada aos retos actuais e futuros
da poboación.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Rueda destaca a solidariedade e compromiso das agrupacións de Protección Civil como garantes dunha atención efectiva ás emerxencias

Publicado en Portada | Deja un comentario

LOUZAO PRESENTA A MEDIO AMBIENTE O PROXECTO PARA CREAR ENCOUSO A ÁREA “PASARELA XIRIMBAO”, A CARÓN DO RÍO ULLA

 O alcalde explica que se habilitaría sobre a parcela que o Concello obtivo
tras a concentración parcelaria Val do Vea II, no acceso á famosa ponte
colgante deste coto salmoneiro.
 Esta área de esparexemento require un investimento de 100.000 euros.
 Suporía a creación de sendeiros que garantan a accesibilidade á
estrutura, ademais de instalar mobiliario urbano e novos elementos de
iluminación.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, aproveitou
este xoves a súa reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles,
Vázquez, para pedir a colaboración deste departamento autonómico nun proxecto que o
goberno local ten en carteira. Trátase da construción dunha área de esparexemento á beira
do río Ulla na parroquia estradense de Couso, concretamente no couto de pesca do
Xirimbao. A iniciativa busca aproveitar o potencial turístico que para o municipio brinda a
singular ponte colgante que, sobre as augas do Ulla, conecta os veciños concellos da Estrada
e Teo.
Louzao Dono explicou que o proxecto encaixa esta área recreativa sobre a parcela que o
Concello obtivo neste enclave logo da concentración parcelaria Monte Val do Vea II, situada
xusto no acceso á ponte colgante do Xirimbao dende a ribeira estradense.
De feito, o nome escollido para esta área sería o de “Pararela Xirimbao”. O fin último da
iniciativa é dignificar este espazo e mellorar o seu aproveitamento, poñéndoo ao servizo de
todos os visitantes e usuarios deste afamado coto salmoneiro.
O alcalde lembrou que a iniciativa municipal dá continuidade ao traballo que xa vén
realizando a Xunta neste entorno coas obras de recuperación da propia pasarela, un dos
grandes atractivos turísticos da zona polo feito de combinar a singularidade da
infraestrutura coa beleza da paisaxe fluvial na que se enmarca.
Neste contexto, o rexedor sinalou que os veciños da zona pedían unha área turística na
desembocadura da ponte, como acontece do outro lado do río. “A falta de espazo público foi
remediado no marco desta concentración parcelaria”, observou.

Gonzalo Louzao avanzou que o proxecto ideado polo Concello ten asociado un investimento
de 100.000 euros. A proposta inclúe a reordenación dos espazos e a mellora da
accesibilidade, tendo en conta as limitacións que ocasiona a topografía existente. Así, o plan
sería crear sendeiros con acabado en xabre cemento en cor terra, un paseo accesible cunha
pendente máxima do 6%. O resto adaptaríase á pendente natural dos terreos. Para o caso do
sendeiro accesible construiranse muretas de nivelación, de cachotaría granítica e unha
altura media de un metro.
A intervención completaríase coa dotación de mobiliario urbano acorde e respectuoso con
este espazo natural, nomeadamente mesas e bancos, así como coa instalación de
iluminación para todo o recinto.
O alcalde engadiu a todo isto unha acción de conservación na zona verde, preservando o
arborado actual e contemplando a incorporación dalgún exemplar máis.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO ELABORARÁ O PROXECTO PARA AMPLIAR A EDAR, CON20 ANOS DE ANTIGÜIDADE E AO LÍMITE DA SÚA CAPACIDADE

 O alcalde apunta que se encargará o deseño a unha enxeñería para a
súa posterior remisión a Augas de Galicia.
 Na reunión coa conselleira de Medio Ambiente, os representantes de
Xunta e Concello abordan un convenio de colaboración para financiar a
ampliación e renovación da estación inaugurada en 2005.
 Ademais do crecemento da poboación urbana, a planta de Aguións terá
agora que asumir os efluentes procedentes da ampliación do polígono de
Toedo.

Despois da reunión mantida na tarde do xoves coa
conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles, Vázquez, o alcalde da Estrada,
Gonzalo Louzao, informou hoxe de que o Concello asumirá a elaboración do proxecto para a
ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) emprazada en Aguións, un
equipamento que ten xa 20 anos de antigüidade e que se atopa ao límite da súa capacidade.
O rexedor tivo ocasión de trasladarlle á conselleira que a EDAR estradense está
infradimensionada, non só tendo en conta a poboación urbana actual senón tamén o feito
de que esta depuradora terá que asumir os efluentes procedentes da zona de ampliación do
polígono industrial de Toedo.
“Dada a previsión de incremento do casco urbano e tamén do propio polígono, a EDAR está
infradimensionada e temos que planificar a súa ampliación pensando en mellorar o servizo”,
sintetizou Louzao Dono, que asumiu que este traballo da estación case ao límite da súa
capacidade é unha problemática que se vén arrastrando dende hai anos e que require una
pronta solución.
O mandatario explicou que, no marco deste encontro con Ángeles Vázquez, a conselleira foi
moi receptiva á petición e resolveuse que, logo de que o Concello asuma a redacción do
proxecto a través dunha enxeñería especializada, este será remitido a Augas de Galicia para
avaliación. Gonzalo Louzao sinalou tamén que será o propio proxecto o que axude a poñer
unha cifra ao investimento necesario para ampliar a capacidade da depuradora da Estrada e
para renovar tecnoloxicamente unhas instalacións que foron inauguradas no ano 2005.

Alcalde e conselleira acordaron afrontar a ampliación da EDAR de Aguións no marco dun
convenio de colaboración entre Xunta e Concello, correspondendo a licitación das obras á
administración galega.
Esta cooperación enmárcase no apoio técnico e económico que a Xunta vén prestando aos
concellos para que poidan exercer as súas competencias en materia de saneamento e
abastecemento dun xeito máis eficiente, redundando na calidade do servizo que se presta á
veciñanza. Dende a Consellería de Medio Ambiente precisouse que este apoio de Augas de
Galicia para garantir a prestación dos servizos hidráulicos municipais traducirase nos 12,6
millóns de euros recollidos nos orzamentos de 2026 e repartidos en distintas liñas de
axudas, principalmente dirixidas a entidades locais.
Á reunión coa titular de Medio Ambiente, na que se abordaron outras necesidades e
proxectos, o alcalde estradense acudiu con documentación na que se evidencia que a EDAR
de Aguións leva xa uns anos “ao límite”, xa que foi concibida para uns 10.000 habitantes.
Como queda avanzado, no futuro máis inmediato non só hai que contemplar o feito de que a
poboación urbana xa estea rozando estas cifras, senón a carga que para este equipo suporá
a chegada das augas procedentes da nova fase do principal parque empresarial do Concello
da Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

INSCRICIÓN PARA A PRIMEIRA QUENDA DE PISCINA PARA MAIORES

As clases arrancarán, con seis grupos, o vindeiro 16 de xaneiro.

O Concello da Estrada, a través do seu departamento
de Servizos Sociais, abrirá o vindeiro luns, 15 de decembro, o prazo de inscrición para
participar na primeira quenda da actividade de piscina para maiores. Os interesados
poderán anotarse antes do venres 19.
As solicitudes terán que presentarse no departamento de Servizos Sociais, en horario de
09.00 a 14.00, ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada. Os participantes terán
que estar empadroados no Concello da Estrada e ser maiores de 50 anos. Cómpre sinalar
que o criterio de selección establecerase por número de rexistro de entrada das solicitudes.
A actividade artellarase a través de seis grupos, cun mínimo de sete alumnos por sesión e un
máximo de 12. Os cursos desenvolveranse entre o 16 de xaneiro de 2026 e o 31 de marzo.
No tocante aos horarios, os luns as clases serán de 09.15 a 10.00; de 16.30 a 17.15 e de 19.30
a 20.15. Os mércores haberá sesión de 09.15 a 10.00 e os venres de 09.00 a 09.45 e de 09.45
a 10.30 horas.
A solicitude estará colgada na páxina web municipal (www.aestrada.gal)

Publicado en Portada | Deja un comentario

UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA A PÉ DE RÚA COMEZA ESTE SÁBADO AENTREGAR TARXETAS PARA O USO DOS CONTEDORES DE ORGÁNICA

 Unha carpa na Praza do Mercado ofrecerá aos cidadáns interesados o
kit de benvida como usuarios do quinto colector.
 Os contedores marróns empezan o luns a chegar á capital estradense,
primeiramente como proxecto piloto para os grandes produtores.
 Os cidadáns particulares poderán xa empregar, de xeito voluntario, estes
puntos de depósito.

Unha nova acción informativa permitirá mañá
sábado comezar a sumar cidadáns ao “voluntariado marrón” para a introdución do quinto
colector nas rúas da Estrada, un punto de depósito exclusivamente reservado para residuos
de carácter orgánico. A través desta acción a pé de rúa, que se desenvolverá na carpa da
campaña “Ti tes a Chave” localizada na Praza do Mercado, as persoas e empresas
interesadas poden darse de alta como usuarias dos contedores que empezarán a chegar o
luns á capital estradense e que precisan unha tarxeta para súa apertura.
Todos os veciños que se queiran sumar tan só deben achegarse á carpa (de 10.30 a 13.30
horas) para facilitar os seus datos de contacto e tramitar in situ a súa alta na campaña.
Nese instante recibirán tamén a correspondente tarxeta de apertura e un kit de benvida,
que consta dun cubo aireado, un pack de bolsas compostables e un folleto informativo.
Cómpre aclarar que a que arranca estes días é unha experiencia piloto, a xeito de
sondaxe da incorporación do quinto colector na capital estradense. Nesta fase inicial
chegarán unha decena de colectores, que serán emprazados en proximidades de
grandes e medianos produtores deste tipo de residuos. En todo caso, aqueles cidadáns
que queiran comezar a sumarse a empregar os colectores que pronto serán obrigatorios
poden xa facelo, acudindo a estes puntos de depósito.
Por outro lado, unha empresa especializada continuará visitando porta a porta a grandes
e medianos produtores de orgánica para realizar este trámite de alta na campaña e facer
entrega da tarxeta de apertura máis o kit de benvida.

Publicado en Portada | Deja un comentario

PRESENTACIÓN DO SALÓN MOTOR CLASSIC 2025 E DA71ª FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA

Os concelleiros Manuel Magariños e Óscar Durán asistiron esta mañá, na Fundación de Exposicións e Congresos, á presentación da dobre cita feiral que se celebrará esta fin de semana: o 12º Salón Motor Classic e a 71ª Feira de Antigüidades e Artesanía.

Sábado 13 de decembro e domingo 14.

Serán 5.600 metros cadrados de espazo expositivo, distribuídos en tres pavillóns para albergar preto de 70 firmas expositoras. 40 delas terán venta directa, ás que hai que sumar 28 máis correspondentes a clubes, empresas e particulares que amosarán os seus clásicos.

Mobiliario, artesanía, bisutería, cerámica, ornamentación, numismática, libros, apeiros de labranza, téxtil e un longo etcétera conformarán a consolidada Feira de Antigüidades.

O horario será de 11.00 a 20.00 horas, tanto o sábado como o domingo.

Publicado en Portada | Deja un comentario