O Viveiro de Empresas da Estrada acollerá mañá entre as 19:00 e as 21:00
horas un taller gratuíto, dirixido aos autónomos e pequenas empresas, baixo o
título “Crea e deseña a identidade da túa empresa desde cero”.
Esta proposta enmarcase dentro da iniciativa SmartPeme da Deputación de
Pontevedra, que presta os seus servizos en horario de mañá e de tarde no
Viveiro de Empresas cada primeiro e último mércores de mes.
O taller centrarase en ensinar aos asistentes as características a resaltar
á hora de reforzar e definir a identidade de marca das súas empresas para
convertelas en algo recoñecible para todo o mundo. Para acudir ao evento é
preciso preinscribirse por medio do número de teléfono 886202020, a través da páxina web
www.smartpeme.es ou no enderezo electrónico info.smartpeme@depo.es.
Durante a xornada, técnicos cualificados en materia TIC prestarán un
servizo de información e asesoramento presencial e personalizado sobre as
Tecnoloxías da Información e a Comunicación e as Novas Tecnoloxías aos destinatarios
do servizo, autónomos e micropemes (priorizando naquelas que ocupan a cinco ou
menos traballadores cun volume de negocios anual inferior a 2 millóns de
euros).
Os residuos pertencentes á obra da Alameda
da Estrada están acopiados, non integrados no que será o chan do novo terreo,
asegurou hoxe o alcalde da localidade, José López Campos, momentos antes de que
o técnico da Xunta de Galicia encargado da inspección confirmase que resulta
evidente que os escombros se emprazaron nese lugar para favorecer o paso dos
camións.
A administración autonómica, despois da acusación
de neglixencia sobre o tratamento dos residuos xerados na obra, enviou un
técnico que a priori viu todo correcto nun lugar onde “evidentemente hai
residuos” que se emprazaron coa “clara finalidade” de favorecer o paso dos
camións na obra, ditaminou.
Seguidamente concluíu que todo está claro
e perfectamente documentado, polo que mañá, despois dunha nova visita,
elaborará unha acta na que reflectirá esa valoración dunha maneira sinxela a
fin de evitar dobres lecturas, e afirmou tamén que seguirá o avance da
actuación para garantir que os residuos sexan tratados de forma axeitada.
Por outra banda, o rexedor local explicou
que eses residuos poden estar almacenados en calquera lugar da obra ata que
chegue o momento da integración na mesma,o que non quere dicir que se vaian a
integrar no estado actual. Haberá que valorizar os residuos e rexeitar os non
valorizables, que serán enviados a unha planta de tratamento.
O obxectivo era facer unha obra cun
impacto medioambiental o máis baixo posible, na que os materiais se manteñen
acopiados dentro do propio terreo para evitar así que os camións teñan que
viaxar con eles da Alameda á planta e de volta aquí e reducir así a pegada de
carbono. Por ese motivo se optou por traer unha máquina portátil e realizar o
traballo de valorización para o que a empresa adxudicataria conta coa
homologación, aclarou López.
A chegada de esa máquina está programada
para que se instale o 5 de febreiro e permaneza no terreo ata o día 8, para os
que se pediron os permisos necesarios con anterioridade, cumprindo
escrupulosamente coa normativa, subliñou, polo que este tipo de acusacións
desmerecen unha actuación responsable.
Xosé Magariños: “O tempo de López acabouse, os veciños e veciñas xa tomaron boa nota de que este goberno do PP non funciona e de que hai que abrir un tempo novo con ideas claras para este concello
O alcalde da Estrada non dubidou de empregar unha vez máis as redes sociais para contestar a última campaña do BNG, Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, “a campaña retranqueira ideada polo BNG non lle sentou ben, porque puxo en evidencia os necesidades e prioridades da vila e do rural dun xeito que vai máis alá da denuncia reiteradas que podemos facer a través do medios de comunicación”. “Mais a intención desta campaña é deixar patente que máis alá da Alameda os veciños e veciñas da Estrada teñen problemas,” engadiu, “algúns dos cales vimos arrastrando desde hai anos, como é o da traída da vila, que racha cada dous por tres”.
“É evidente que levar unha escavadora de verdade polo rural para arranxar estes problemas ten a súa complexidade”, afirmou Magariños, “especialmente se iso pensa facelo en só catro meses que son os que faltan para as Municipais de maio”. “Se o alcalde traballara polos veciños e veciñas os últimos catro anos, buscando fondos, xestionando, agora non lle virían as presas”, indicou.
“Xa estamos en tempo de desconto, López é como estudantes que estudan a noite anterior ao exame pensando que así aproban o exame”, explicou Xosé Magariños, “isto en política como nos estudos non funciona, os veciños e veciñas xa tomaron boa nota de que este goberno do PP non funciona e de que hai que abrir un tempo novo con ideas claras para este concello”.
Nesta mañá o Estradense Óscar Exposito visitou o Ceip O Foxo para impartir un curso de poda para os nenos e nenas, acompañados tamén polos mestres e membros da Ampa.
Segundo informou hoxe a empresa que presta os
servizos eléctricos, o vindeiro día 27 de xaneiro realizaranse traballos de mantemento
da rede que provocarán cortes do subministro en diferentes puntos, entre os que
se inclúen Soutiño e Vixín, entre as 8:00 e as 15:00 horas.
Os principais lugares afectados serán o polígono
industrial de Soutiño, Vixín, a calle Toedo, a travesía Soutiño e Santa Baia. A
empresa eléctrica facilitou o número de teléfono 900333999 no que aclarará
dúbidas ás persoas que o precisen.
O conselleiro de Sanidade visita as obras de construción do novo centro de saúde da Estrada nas que a Xunta vai investir preto de 4 millóns de eurosE
As obras, que marchan a bo ritmo, teñen un prazo estimado de execución de 17 meses
O conselleiro de Sanidade visita as obras de construción do novo centro de saúde da Estrada nas que a Xunta vai investir preto de 4 millóns de euros1 de 2
O conselleiro de Sanidade visita as obras de construción do novo centro de saúde da Estrada nas que a Xunta vai investir preto de 4 millóns de euros2 de 2
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou hoxe as obras de construción do novo centro de saúde da Estrada, que estase a construír nunha parcela de 4.262 metros cadrados cedida gratuitamente polo concello. O futuro centro de saúde, no que a Xunta vai investir preto de 4 millóns de euros, permitirá tanto aos profesionais como aos pacientes dispor dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades. Na actualidade, neste concello aténdese a unha poboación de preto de 21.000 tarxetas sanitarias, das que ao redor de 2.300 corresponden a poboación pediátrica.
O edificio da Estrada contará con tres andares ademais dun soto. O acceso principal realizarase a través dunha praza exterior e tamén haberá un lugar para o acceso das ambulancias baixo teito. No baixo andar estará a recepción e administración, cun gran vestíbulo que distribúe a área pediátrica cara un lado, con tres consultas de pediatría e dúas consultas de enfermería pediátrica. Ao outro lado do vestíbulo estará a área de apoio ao diagnóstico, que conta con sala de toma de mostras, sala de radioloxía e sala de ecografía; e a continuación a área de urxencias (PAC), na que haberá dúas consultas de medicina e dúas de enfermería, ademais de dúas salas de reanimación e observación.
No primeiro andar estará a área de medicina, con once consultas de medicina xeral e outras dez consultas de enfermería; ademais de consulta de farmacia, despacho do traballador social, salas polivalentes e a zona de persoal.
No segundo andar situarase a área da muller, que terá dúas consultas de matrona. O centro terá así mesmo neste andar outras consultas como odontoloxía e hixienista dental, unha área de fisioterapia e rehabilitación con catro consultas, e unha área de saúde mental con dúas consultas de psiquiatría e dúas consultas de traballador social.
As obras, que marchan a bo ritmo, teñen un prazo estimado de execución de 17 meses.
Despois da reunión
celebrada esta mañá entre o Concello da Estrada e a empresa encargada da obra
de reforma da Alameda, Copcisa, o alcalde, José López Campos, informou de que
pronto comezarán os traballos de recheo, pavimentación e implantación dos
servizos de iluminación e rego da zona.
Ademais, explicou
que a pila de escombros do que anteriormente foi o pavimento da Praza da
Constitución será triturada para o seu posterior emprego no recheo dos novos
pavimentos. Unha medida concibida con anterioridade que confire á actuación o
status de obra de residuos cero.
Unha vez instaladas
as canalizacións para dotar de servizos a zona comezarán os traballos de
pavimentación, que se realizarán dende a Praza da Constitución cara a Rúa
Castelao, de xeito que a praza sexa o primeiro lugar que se abra ao público
unha vez estea acondicionada novamente.
López manifestou a súa
ilusión porque a praza se converta nun lugar que teña vida propia e que forme
unha parte importante da vida dos veciños e veciñas do concello
Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies
Configurar cookies
Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.
Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.
Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.
Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.