Instalación das novas marquesinas en A Estrada

Na mañá de onte o Concello Estradense puxo en marcha o instalamento das novas marquesiñas, un «plan renove», estas marquesiñas serán colocadas nas rutas màis utilizadas do noso concello.

O edil Juán Constenla revisou os traballos na mañá de onte, xunto o IES Manuel Garcia Barros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Novo Mercado é para vender produtos de horta local e de calidade, non pode ser un caixón de xastre

Os veciños e veciñas que producen alimentos como os que os consumen deben ser a prioridade do goberno municipal á hora de encher de contido a praza de abastos

Desde a inauguración do Novo Mercado en 2015 este edificio tense convertido para o goberno do PP, mais tamén para outros partidos da oposición, no edificio comodín onde meter de todo, o que demostra que non hai un proxecto claro para este edificio, cuxa reforma tivo un custe de máis de 1.300.000 euros, melloras a parte, que se acometeron posteriormente á inauguración en marzo de 2015.

Temos que recordar, que a parte da praza de abastos, o Novo Mercado acolle o espazo concilia para nenos e nenas, o centro de axuda ás persoas con alzheimer que xestiona AGADEA e proximamente o mini-centro de día ideado polo grupo de goberno.  No BNG non cuestionamos a prestación destes servizos, ao contrario, deberían estar ubicados en espazos acordes ás necesidades de cada un deles, que son moitas, especialmente do centro de día.

Desde o BNG vemos con preocupación que o Novo Mercado se estea a converter nun caixón de xastre de cousas, no comodín do goberno do PP e de parte da oposición, onde ubicar servizos e ocorrencias de todo tipo, deixando á marxe o fundamental: a praza das bastos.

Para o BNG, e sempre o dixemos, a función principal do Novo Mercado é a de ser o punto de referencia principal para a compa-venda de produción de produtos frescos e ecolóxicos. Ten que ser o espazo onde veciños e veciñas poidan mercar e vender de primeira man produción de horta local,  directamente de produtor/a a consumidor/a, sen intermediarios, produtos ecolóxicos, que redunden nunha alimentación san e de calidade. 

Os veciños e veciñas que producen alimentos como os que os consumen deben ser a prioridade do goberno municipal á hora de encher de contido a praza de abastos, que é xusto o contrario que está facendo o PP e parte da oposición. Sermos soberanos á hora de alimentarnos é a clave para, non só para revitalizar o rural e axudar ás persoas que queren vivir de producir alimentos, senón para termos unha alimentación san, de calidade e ecolóxica, producida a poucos quilómetros de distancia, non a miles como é habitual.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Entrega voluntariamente os 4 cans restanes que lle quedaban na súa vivenda de Ribela

Javier Toribio fixo entrega de 4 cans máis na mañá de onte, o propietario dos cans dun ataque a unha muller en Ribela.

A muller atacada polos cans puxo varia demandas acompañada polos veciños de Trabadela, e o Seprona.

A Consellería de Medio Ambiente abriu un expediente cunha sanción para o demandado.

 Tras este episodio, o propietario volveu a poñerse en contacto con Medio Ambiente para comunicarlle a súa intención de entregaros cans restantes que quedarán na súa vivenda. Por eso un  axente de medio rural personouse na mañá de onte na viventa de Javier acompañado pola Policía Local, Guardia Civil, o edil Juan Constenla en representación do Concello e persoal da perrera provincial ca que o concello ten convenio de recollida de animais. Javier Toribio entregou na mañá de onte catro cans tres de raza boxere un mestizo. Según él, na finca só queda un can que non e da súa propiedade e que o largo do día de onte pasarían recoller. 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

ACCIÓNS FORMATIVAS SMARTPEME NA ESTRADA

Este mércores e como cada último mércores do mes, no viveiro de empresas da Estrada desenvolverase o proxecto SmartPeme.

A iniciativa SmartPeme consiste nunha rede de puntos nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidos por asesores cualificados en materia TIC, onde se prestará unservizo de información e asesoramento, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) e as Novas Tecnoloxías.

As persoas destinatarias dos servizos do SmartPeme son os/as autónomos/as e micropemes (priorizando naquelas que ocupan a cinco ou menos traballadores cun volume de negocios anual inferior a 2 millóns de euros) da provincia de Pontevedra.

Este colectivo engloba a máis de 64.000 pequenas empresas e constitúe máis do 92% do tecido empresarial da provincia

Podes achegarte ás nosas instalacións para recibir asesoramento gratuíto e personalizado sobre a implantación das novas tecnoloxías no teu negocioe/ou para resolver calquera dúbida en relación a esta materia.

Desde Emprego A Estrada queremos destacar que para beneficiarte deste servizo non é preciso que sexas da Estrada. 

Alén disto este mércores levarese a cabo a formación: COMERCIALIZA OS TEUS SERVIZOS A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Se desexas participar nesta formación (totalmente gratuíta) podes inscribirte a través do enderezo electrónico info.smartpeme@depo.es ou chamar ao 886 202 020 se o desexas tamén o podes facer directamente a través do departamento de emprego do Concello da Estrada: chámanos ao 986 677 740 ou contactános a través do enderezo electrónico: aedlconcelloestrada@gmail.com

Tes toda a información sobre as accións formativas do proxecto en www.spartpeme.depo.es 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta recoñece a traxectoria de máis dun cento de policías locais de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nun acto de recoñecemento á traxectoria de máis dun cento de policías locais galegos que superaron os 25 anos de servizo.

Á xornada, que se celebrou na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) da Estrada, tamén asistiron o fiscal xefe da audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro; o xefe superior da Policía Nacional de Galicia, Manuel Vázquez; o comisario da Policía Autonómica, Fernando Pico; o xefe da Garda Civil, coronel Jorge González Veiga; os xefes das policías locais da Coruña e Carballo, Roberto Mosquera e José Antonio Brandariz; e o alcalde do concello da Estrada, José López Campos.

Durante o acto, tamén se procedeu á entrega de diplomas aos alumnos e alumnas da 10ª promoción de policías locais, así como se fixo entrega de dúas medallas ao mérito da Policía Local a Carlos Pérez Vázquez, de Ourense; e a Juan Castro Delgado, de Vigo. Ademais, a dona e fillos do policía de Carballo José Luis Garea Vales, falecido en acto de servizo, recibiron unha placa individual ao mérito.

Probas selectivas o 11 de novembro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se fai pública a data para realizar o primeiro exercicio do proceso selectivo unitario para a cobertura de 38 prazas de policía local. As probas terán lugar o próximo 11 de novembro, no recinto feiral de Silleda.

Este ano é a primeira vez que a Academia Galega de Seguridade Pública convoca un proceso unificado para os membros dos corpos de policía local de Galicia. Os concellos que así o desexan poden adherirse voluntariamente a esta iniciativa. Ata agora, teñen asinado o convenio un total de 52 concellos, o que supón o 40% do total de concellos que contan con Policía Local en Galicia.

O proceso para a cobertura de prazas de auxiliares de policía local xa rematou, e a través dela adxudicáronse un total de 109 prazas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Rapa das Bestas comeza a promoción da edición 2019 na Feira de Turismo Ecuestre de Córdoba

 Manolo Cabada, en representación da asociación, fixo a
presentación do certame cando aínda restan oito meses
 A festa, de interese internacional, espertou un gran interese e
establecéronse moitos contactos con touroperadores

 

A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo
vén de comezar esta mañá as labores de promoción nacional da edición 2019 desta
festa de interese turístico internacional, que se celebrará do 5 ao 8 de xullo, coa
primeira presentación desta tradición secular na Feira Internacional de Turismo
Ecuestre de Córdoba.
Manolo Cabada, en representación do colectivo, foi o encargado de facer a
presentación do certame –a primeira pensando na vindeira edición cando aínda restan
máis de oito meses para a cita– e destacou o elevado interese e o asombro espertado
entre os asistentes, principalmente touroperadores de todo o mundo e público en
xeral. “Recibín moitas felicitacións pola espectacularidade e singularidade da Rapa
das Bestas, que chamou moito a atención porque se saia do común nas
presentacións, todas moi boas pero moi parellas, xa que se centraban no turismo
dacabalo”, explicou.
Tras este acto, Cabada comezou co traballo institucional no stand da Rapa das Bestas
e estableceu contactos con moitos touroperadores, especialmente estranxeiros,
interesados en poder ofrecer paquetes turísticos e de experiencias sobre esta festa. A
falla de que conclúa a feira durante estes días e de que se materialicen estas
negociacións, as perspectivas de crecemento da Rapa, sobre todo entre os turistas
norteamericanos e ingleses, son moi boas.
“Aínda que resta moito tempo para a Rapa, somos unha festa moi importante, de
carácter internacional, icónica de Galicia e única no mundo e todo o traballo de
promoción é necesario, porque aparte de dinamizar a nosa aldea e o rural de interior,
tamén serve para transmitir os nosos valores de cariño e coidado das bestas libres e
salvaxes e do medio ambiente”, explicou Cabada.
Finalmente, ao longo da fin de semana tamén se achegarán, en labores de apoio e
para colaborar coa promoción, un par de aloitadores de Sabucedo que levan varios
anos residindo en Andalucía.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xosé Magariños insta ao alcalde a atender con máis dilixencia as peticións veciñais

“Os compromisos do goberno municipal do PP son papel mollado”, afirmou o portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, “iso é o que deben pensar os veciños e veciñas da Estrada que se puxeron en contacto co BNG para explicar que levan meses agardando por diversas obras e xestións comprometidas polo goberno municipal do PP”.

“En concreto”, explicou o concelleiro nacionalista, “o grupo de goberno ten comprometido contenedores do lixo no lugar de Paramá en Santo André de Vea, así como a mellora do vial que une O Pazo con este lugar, que está en moi mal estado, e pola que transitan a diario veciños e veciñas da parroquia”. “Ademais”, engadiu Magariños, “tamén ten pendente acometer o deslinde dun camiño en Ramiráns, en Santo André de Vea, polo que levan clamando os veciños hai xa moitos anos, mais a día de hoxe todo segue igual”.

“A maiores,” indicou o concelleiro nacionalista, “tamén se comprometeu coa asociación Entreaspontes a colocar un contenedor do lixo na praia fluvial de Pontevea; a día de hoxe, o contenedor brilla pola súa ausencia, a pesar de que cada día visitan máis persoas este enclave, especialmente grazas as melloras de rehabilitación feitas pola asociación”.

O concelleiro do BNG indicou que “temos denunciado en reiteradas ocasións o pasotismo do goberno do PP, e estas denuncias que nos achegan estas asociacións e os veciños e veciñas, son unha mostra máis de que este goberno non se merece o salario que cobra do erario público”.

“Instamos ao alcalde a axilizar estas peticións veciñais”, explicou Magariños, “e ser máis áxiles e resolutivos na xestión diaria”. “Os veciños e veciñas merecen un alcalde e un goberno que dea prioridade as pequenas cousas do día a día, de pouco serven as obras faraónicas, se logo a casa está sen barrer”, afirmou o concelleiro nacionalista, “e non é unha frase feita, dicímolo en sentido literal, non hai máis que ver o lixo que hai ciscado pola vila”.

Publicado en Portada | Deja un comentario