A Estrada empregará como paradas de autobús algunhas das zonas amarelas da N-640

A proposta do goberno local da Estrada recibiu hoxe o visto bo de Fomento para empregar as zonas amarelas pintadas recentemente para a protección dos pasos de peóns como paradas de autobús, segundo informou hoxe o alcalde da localidade, José López Campos.

Debido ao debate xerado polo pintado destas zonas e a perda de prazas de aparcamento que provocou, o goberno local propuxo esta medida que foi aceptada por Fomento e que implicará a retirada dos bolardos instalados para que o autobús poda facer as súas paradas para recollida de viaxeiros e evitar deste xeito emprazala ao outro lado do paso de peóns provocando a perda de máis espazo para estacionar.

As paradas de autobús serán debidamente sinalizadas, tanto con elementos de sinalización vertical como horizontal e o estacionamento para outro tipo de vehículos nas zonas pintadas en zigzag seguirá estando prohibido no resto dos casos. Ademais instalaranse as marquesiñas nas respectivas paradas unha vez que sexa adxudicado o contrato.

Un par de marquesiñas se instalarán na Avenida de Benito Vigo coa Rúa Álvarez Insua; unha en cada parada no seu respectivo sentido da marcha. Tamén se pretende habilitar máis zonas de carga e descarga como a que existe fronte ao Concello na zona do edificio do rexistro da propiedade, na Baiuca e nas inmediacións do Bar Estación.

Nesta última área tamén se pretende retirar os bolardos instalados, xa que quedan prazas de aparcamento inhabilitadas que non dificultan a visibilidade dos peóns que cruzan polos pasos. Nesa área os vehículos estacionan en batería e unha vez posicionados non invaden a zona delimitada con pintura amarela que prohibe o estacionamento, polo que, mentres non rebasen o trazado en zigzag, poderían estacionar.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Alcalde Estradense firma o convenio para o Torneo de Tenis de Mesa Zonal

 

Esta mañá o Alcalde Estradense José López firmaba co presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, o convenio polo que acollerase no noso Concello o Torneo Zonal de Tenis de Mesa 2018, qué se celebrará do vindeiro 31 de Outubro o 4 de Novembro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

“ VIII MEMORIAL MANUEL BERGUEIRO”

                                         “ VIII MEMORIAL MANUEL BERGUEIRO”

 

 


CERORIESGO E REALE SEGUROS, organizan o Domingo día 14 de Outubro de 2018 a partir das:
11:00 horas, en colaboración ca Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación
Cidadá do Concello da Estrada, Club Deportivo San Paio, CAI A Estrada e Atletismo A Estrada
o “VIII Memorial Manuel Bergueiro”. Esta proba é a segunda carreira puntuable para o VI
Circuito “Corre A Estrada Corre”.
REGULAMENTO
1.- PARTICIPANTES:
A proba estará baixo a supervisión e control de EmeSports. Poderán participar atletas federados e
non federados; Establecense as clasificacións según as idades que se detallan a continuación:
2.- CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2013 e posteriores.
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2011 e 2012.
BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
CADETE: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002.
JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1996, 1997 e 1998.
SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1984 e 1995.
VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1974 e 1983.
VETERÁN/A B: Atletas nados/as entre 1964 e 1973
VETERÁN/A C: Atletas nados/as no ano 1963 e anteriores.
3.- PERCORRIDOS:
O percorrido da carreira absoluta seguirá un circuito de 3.200 metros aproximadamente, que na
proba absoluta terá un total de 9.600 metros. O resto das probas faranse en dous circuitos de 800
metros e de 500 metros.
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX
11:00 h CADETE
XUVENIL/JUNIOR
PROMESA
SENIOR e VETERÁN
3.200 m (1 volta ó circuito C)
6.400 m (2 voltas ó circuito C)
9.600 m (3 voltas ó circuito C).
12:20 h INFANTIL 1.600 m (2 voltas ó circuito B).
12:40 h ALEVÍN 800 m (1 volta circuito B)
12:50 h PREBENXAMÍN 500 m (1 volta circuito A)
BENXAMÍN
13:00 h PITUFOS 100 m
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS
Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración
dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico o longo do percorrido ademáis de
servicio de ambulancia.
Circuito A (Prebenxamín e benxamín):
Circuito B (Alevin e Infantil):
Circuito C (Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Veterán):
4.- INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o xoves día 11 de Outubro de 2018 as 23:59 horas
na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina, seguir as i
nstruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o xoves día 11 de Outubro de 2018 as 23:59 horas
na web www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da inscrición
requeridos.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se aceptarán
inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes no formulario de
inscrición online.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030
ou no correo deporte s @aestrada.es
O PREZO da inscrición será o seguinte:
1. ADULTOS (xuvenil e superiores): 4,00 €
2. CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sen tódolos datos
obrigatorios solicitados no formulario de inscrición.
5.- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba na Praza da Constitución, diante do Concello da Estrada, a partir das
9:00h.
CONTROL CON CHIP: As probas dende Xuvenil ata Veterans C estarán controladas a través dun
CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse
na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA
PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS
CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO, habilitaranse caixas para
recollelos.
* DESCUALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as
establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio dos
xuices da FGA que farán a supervisión técnica da proba. Todas as reclamacións deberán ser
dirixidas a organización da proba que as valorará cos xuices da FGA con prazo máximo de 30
minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
6.- TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS:
 CATEGORIA ABSOLUTA:
Trofeo os tres primerios clasificados de cada categoría feminina e masculino.
Trofeo e premio para ós 7 primeiros/as corredores/as en cruzar a linea de meta na
proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
Proba Masculina Proba feminina
1º. Trofeo + 250€. 1º. Trofeo + 250€.
2º. Trofeo + 200€. 2º. Trofeo + 200€.
3º. Trofeo + 150€. 3º. Trofeo + 150€.
4º Trofeo + 125€. 4º. Trofeo + 125€.
5º. Trofeo + 100€. 5º. Trofeo + 100€.
6º. Trofeo + 75€. 6º. Trofeo + 75€.
7º. Trofeo + 50€. 7º. Trofeo + 50€.
 CATEGORÍAS ESCOLARES:
Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina dende
BENXAMÍN ata VETERANS.
Medallas para todos os participantes da categoría PITUFOS (ata fin de existencias).
– So se poderá optar a trofeo na categoría que corresponda o participante segundo a
súa idade e na que figure inscrito en tempo e forma.
– Os premios non son acumulativos. Serán as clasificacións por categorías a pàrtir do
4º clasificado absoluto.
– Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto
escolar como absoluto ata esgotar existencias.
7.- OUTRAS CONSIDERACIÓN REGULAMENTARIAS.
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente a organización da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non
previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor. A
participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non
exime do seu obrigado cumprimento.
Haberá habilitado vestiarios no pavillón municipal Coto Ferreiro. O horario de apertura será a
partir das 10:00 ata as 14:00 horas.
Poderán consultar os resultados oficiais das probas nas web:
 www.emesports.es

Publicado en Portada | Deja un comentario

Luís Villares e Mar Blanco, comparecen diante do Pac A Estrada

En Marea pide en A Estrada que se amplien os orzamentos de Sanidade para incrementar o persoal nos servizos e evitar casos como o do PAC estradense
 
✂️Luís Villares e Mar Blanco, de Movete A Estrada, explicaron que a morte dun paciente por falta de atención no PAC ten como orixe a política de recortes do PP na Xunta.
 
🔔O Voceiro de En Marea reclamou a creación dunha comisión parlamentaria para investigar o sucedido.
 
👩‍⚕️Luís Villares propuxo que a Xunta amplíe o orzamento de Sanidade para que todos os servizos teñan unha dotación de persoal suficiente
Publicado en Portada | Deja un comentario

Fernando Redondo gaña o XXIII Premio Manuel Reimóndez Portela cun artigo sobre o cine galego

• O premio, dotado con 1.000 euros, unha talla e un diploma acreditativo,
entregarase durante a 32ª Feira do Moble de Galicia, concretamente o
venres 21 de setembro ás 19.00 horas

 

O xurado do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela
acordou na reunión celebrada esta tarde na sede da Fundación de Exposicións e
Congresos da Estrada outorgar o galardón desta vixésimo terceira edición a Fernando
Redondo Neira polo artigo «Derivas e encrucilladas do novo cinema galego», publicado
na revista Tempos Novos.
O xurado, que agradeceu a presentación dunha vintena de traballos e destacou a
calidade dos mesmos, valorou do artigo gañador «a impecable redacción e
plantexamento, sendo preciso e concreto, ben informado e moi documentado». Nesta
ocasión, a deliberación correou a cargo do concelleiro de Cultura da Estrada, Juan
Constenla, como presidente do xurado, Victoria Reimóndez Sanmartín, Evaristo Mato
Oliveira, Enrique Otero Fernández e Juan Andrés Fernández Castro, exercendo como
secretario con voz pero sen voto José Manuel Bouzas Blanco.
O premio, que está dotado con 1.000 euros, unha talla conmemorativa e un diploma
acreditativo, entregarase no transcurso da 32ª Feira do Moble de Galicia,
concretamente o venres 21 de setembro ás 19.00 horas. O acto, que presidirá o
alcalde da Estrada, José López, e que contará coa presenza de persoeiros do ámbito
cultural de Galicia, estará precedido dunha ofrenda floral a cargo do Coro Parroquial
de San Miguel de Castro e será presentado pola profesora de Literatura Galega na
Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do Diccionario de Literatura
Galega publicado pola Editorial Galaxia, Dolores Vilavedra Fernández.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Abre o prazo de inscrición para apuntarse á piscina para maiores

Mañá, 13 de setembro, abre o prazo de inscrición para apuntarse á terceira quenda de piscina para maiores no concello da Estrada. Este prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 21 de setembro.

Para poder inscribirse é preciso ter máis de 50 anos, estar empadroado no Concello da Estrada e achegar unha fotocopia do DNI , sempre e cando non se presentara nas quendas anteriores e, de ser o caso, o certificado de discapacidade no departamento de Servizos Sociais, no Rexistro Xeral, ambos en horario de 9:00 a 14:00, ou na Sede Electrónica do Concello.

Os interesados en realizar a actividade, cuxo prezo é de 20 euros, poden adquirir o impreso de solicitude nos departamentos antes citados ou  descargala dende a páxina web do Concello.

A terceira quenda comezará o 1 de outubro e se estenderá ata o próximo 28 de decembro. Aquelas persoas que se inscriban poderán realizar a actividade unha vez por semana en sesións de 45 minutos dispoñibles en distintos horarios.

Poderán elixir entre o luns de 9:45 a 10:30 horas, o mércores de 9:45 a 10:30 ou de 20:00 a 20:45 horas e o venres, entre acudir de 9:00 a 9:45 ou de 9:45 a 10:30 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Fundación Cultural A Estrada impartirá dous cursos para desempregados

A Fundación Cultural A Estrada impartirá dúas especialidades formativas AFD para desempregados que foron concedidas hoxe pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que se impartirán nos exercicios de 2018 e 2019.

As persoas participantes na especialidade formativa en actividades de venda, que terá unha duración de 608 horas, serán seleccionadas durante o mes de setembro para comezar a formación entre finais de outubro e principios de novembro e terán que acreditar un certificado de profesionalidade ou competencias clave, ambas de nivel 2, ou ben o título que acredita haber superado a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

O curso de operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais prevé o seu comezo para principios de febreiro de 2019, non ten requisitos de acceso e contará cunha duración de 448 horas.

Ambos cursos, cosufragados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, son presenciais, se impartirán en horario de 9:00 a 14:00 horas e as prazas estarán limitadas a 15 alumnos por curso.

Estas accións formativas están dirixidas ás persoas desempregadas da zona, que se deberán anotar na Oficina de Emprego da localidade como persoas interesadas en realizar o curso no que estean interesados e a superación de calquera deles suporá a obtención dun certificado de profesionalidade que acredite as capacidades dos participantes.

Publicado en Portada | Deja un comentario