A ESTRADA DA VIDA

O ser humano posúe certa debilidade, ou grande flebeza, polo recoñecemento dos seus semellantes, ese agarimo manifestase de variadas formas. Porén, non hai nada que supere ese agasallo que sorprende tanto que somos incapaces de imaxinalo.

A Estrada da Vida, unha auténtica dádiva que non vai deixar indiferente a ninguén, seguro brincara coa sorpresa deses maxíns de intensidade soñadora e fantasiosa.

Unha obra que abrolla dun fresco pentagrama poético, impregnado de profunda e intensa admiración pola vida e a nai natura, suxestivas composicións para ser musicadas e interpretadas baixo o coruscar de fuxidíos luceiros do amencer.

Manoele de Felisa e Xosé Luna, logran neste traballo conxunto unha inseparable dualidade, forman un binomio ideal do que gurgulla unha insaciable fontela de acordes excelsos e universais con mérito de ondas.

A voz de Manoele acada o máis íntimo, agarimosa emerxe enraizada na mesma terra, nas cousiñas sinxelas e cotiás. O resultado é unha acompasada sonoridade que consegue mergullarnos nunha entropía de sensacións no Aquén, mentres entre brancas sabas feiticeiras nos leva ata o Alén.

O mellor agasallo… esta obra dual de Manoele de Felisa e Xosé Luna, unha alfaia rítmica, para escoitar e gozar dunha fantasía que consegue unha auréola de soños e realidades estimulantes de ilusións que visualizan un pórtico de felicidade. Sons profundos de poemas interpretados pola voz única e sofisticada que repenica identidade ennobrecendo a orixinalidade dun poetizar arraigado á vida.

Vitalidade na intensidade e na fermosura das letras de cada un dos poemas, suxestivos brincan e gozan inmersos na interpretación; luzada, ronsel, belida, pereiriños, pandeirada, fuxidíos, oasis, amorodo, música, amor, aperta, terra…

Terra que acolle neste disco o traballo de dous grandes, magníficos anfitrións para todos eses amigos e amigas que colaboraron nesta Estrada da vida, para facer deste disco anovador e diverso un referente único para amar música, vida, terra e fala de noso.

A ocasión ben o merece, o próximo 11 de maio é a primeira grande oportunidade para arroupar a tan excelsos arquitectos de soños. A cita coa Estrada da vida é ás 21 horas no Teatro Principal da Estrada.

O venres no Teatro Principal da Estrada, deixemos que cante o merlo da vida e gocemos coa poética que abrolla dende o máis íntimo de Xosé Luna e, adquire na voz de Manoele de Felisa ese dogma duns acordes formando o halo estelar desa Estrada da vida, que nos engaiolara a todos e mesmo auguro que será aditiva.

Saúdos ilicinos

Xosé Manuel Lobato

Publicado en Portada | Deja un comentario

O IV Trofeo Berenguela-Concello da Estrada disputarse o día 20

O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, Novas tecnoloxías e participación Cidadá, comunica que o próximo día 20 de maio celebrarase o IV Trofeo Berenguela-Concello da Estrada de patinaxe, no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro (A Estrada), con entrada gratuíta.

 

O encargado de organizar o devandito evento será o C. P Berenguela, en colaboración co Concello da Estrada. Este Trofeo reunirá a un total de 11 colexios:

– Colexio Público Ramón Cabanillas

– Colexio Divino Mestre – CEIP Vite 1

-CEIP Pío XII – CEIP López Ferreiro

-Colexio Público de Figueroa

-CEIP Cabada Vázquez – Concello A Estrada

-CEIP Pérez Viondi

– Casa do Neno -Colexio San Pelayo Emma

-Escolas Club

 

Ademais pola mañá, tamén terá lugar unha competición de individual interna do club organizador, que contará con patinadores desde os 7 ata os 13 anos. Contaremos con preto de 130 nenos e nenas que serán os protagonistas deste evento.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Espazo Concilia A Estrada celebra o sábado unha xornada de portas abertas

O Espazo Concilia A Estrada será unha realidade o día 14. Antes desta data, este sábado, día 12, celebrarase unha xornada de portas abertas a partir das 17.00 horas con diversas actividades. Aínda quedan prazas libres e os interesados poderán anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello.

 

O sábado as familias poderán coñecer as instalacións da ludoteca, sitas no Novo Mercado, e coñecer como será o funcionamento do servizo, así como poderán ver os materiais, xoguetes e poder resolver calquera dúbida.

 

 As portas abrirase de 17.00 horas  a 19.00 horas e asistirá algún representante do Concello. Ademais, ás 17.30 horas os asistentes poderán desfrutar dun contacontos e a partir das 18.15 horas, dun taller de globoflexia e de  pintacaras para todos os nenos e nenas.

 

Este servizo municipal de conciliación nace como un espazo dedicado ao ocio dos máis pequenos, dirixido a rapaces de 3 a 12 anos, que ten como finalidade que os cativos se divirtan ao mesmo tempo que aprenden. Sempre estarán guiados e acompañados por un equipo de profesionais con gran experiencia no traballo coa infancia. Ademais, de por suposto, permitirlle aos pais a conciliación laboral e familiar.

 

O día 14 arrancará o servizo e o horario será de luns a venres de 15.30 a 20.30 horas e os sábados de 08.30 a 13.30 horas. Mentres, nos períodos non lectivos será de 09.00 a 14.00 horas. Neste espazo haberá un sinfín de actividades e servizos: aula de apoio e reforzo escolar, espazo infantil, obradoiros de manualidades, talleres de cociña e de educación para a saúde, educación emocional e en valores a través do xogo, campamentos de verán e de Nadal; saídas, excursións e xogos ao aire libre, xincanas e dinámicas de equipos, actividades predeportivas, psicomotricidade e baile; teatro con titirinenos e titirinenas, celebración de días especiais, actividades interxeracionais, sala de titorías e atención psicopedagóxica especializada, apoio individualizado ás familias, charlas, conferencias e formación para as familias, sesións de coaching educativo e familiar tanto para nenos como para as familias, festas e animacións, entre outros. Ademais, os sábados haberá diversas actividades sorpresas, segundo a época do ano.

 

Prazas libres

 

O Concello adxudicou o novo servizo de conciliación da vida familiar e laboral á Acode S.L por un importe de 45.500 euros. Ofértanse un total de 45 prazas e aínda quedan algunhas dispoñibles. Os interesados deben inscribirse no departamento de Servizos Socias, sito na planta baixa do Consistorio.

 

Poden anotarse por día ou por mes completo. Haberá diversos descontos para familias e tamén  posibilidade de coller bonos con prezos como seis euros por un ou 25 euros por cinco. 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xoán Carlos García Porral presenta mañá no MOME o seu libro O último caseiro

O escritor lalinense Xoán Carlos García Porral estará mañá, día 9, na Estrada para presentar a súa última obra, O último caseiro. O acto terá lugar no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) ás 20.30 horas.

 

O evento estará presentado por Luís Ferro e o autor estará acompañado polo alcalde da Estrada, José López, polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo narrador Celso Fernández Sanmartín, que é o prologuista do libro.

 

O último caseiro, publicada por Edicións Fervenza, é unha obra ambientada no medio rural na que, a través de pequenos relatos, conta o devir dun caseiro desde que era pequeno ata a súa vellez.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación dos libros “CAN VALENTÍN” e “ EN BRANCO E NEGRO”

O vindeiro venres día 11 de maio, coa proximidade das Letras Galegas, presentaremos, as 20:00h, no Museo do Moble e da Madeira de A Estrada (MOME) dous libros.

 

O evento estará presentado por Pablo García “Chichas”, acompañado polo escritor Pere Tobaruela.

 

O libro “CAN VALENTÍN”, no que se recollen as cartas de amor gañadoras da primeira edición do concurso do ano 2017, que leva o mesmo nome. Con este libro poderemos gizar das cartas manuscritas, coa foto do/a seu/súa autor/a, e o texto transcrito. Un xeito divertido de achegarse á visión que teñen os rapaces e rapazas dos diferentes tipos de amor e de como cultivan a escrita en galego.

 

E o libro “EN BRANCO E NEGRO”, do autor Pere Tobaruela. Neste libro editado por Baia Edicións o autor catalán afincado en Rois volta á novela de adultos e adopta a personalidade de Sara Martí, a protagonista, unha xornalista que se nega a aceptar a realidade tal como é. Así o manifesta nos seus artigos de opinión en Coses Nostres. A través de vivencias propias e alleas, Sara vai tecendo unha historia salpicada de recordos amargos: o exterminio nazi, unha violación, a guerra dos Balcáns, o asasinato dun ser querido, as represalias do réxime ditatorial na Guinea Ecuatorial despois da súa independencia, o desacougo dun amor frustrado… Mais non todo é negro na vida de Sara.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Máis de 35 hostaleiros participarán nas citas gastronómicas da XLV Festa do Salmón

O Concello da Estrada está a piques de pechar Aprogramación da XLV Festa do Salmón, que celebrará o seu día grande o vindeiro domingo 20
de maio, e que xa ten confirmada unha masiva presenza do sector da hostalaría e da
restauración locais, xa que máis de 35 establecementos ofrecerán as súas creacións en torno
ao “rei do río” nas citas gastronómicas deste certame: a ruta de tapas e a degustación popular.
O programa no que está a traballar o goberno estradense mantén “unha liña continuista”,
segundo explicou o concelleiro de Cultura, Juan Constenla, que avoga por consolidar “un
formato que funciona, xa que converte á Estrada no epicentro gastronómico de Galicia durante
o mes de maio e atrae a milleiros de persoas ao municipio para gozar da natureza e dos coutos
de pesca e da gastronomía en torno ao salmón”.
Deste xeito, o Concurso Internacional de Pesca do Salmón, organizado pola Sociedade
Deportiva Río Ulla e que celebrará a súa 42ª edición coas 52 prazas cubertas a vindeira fin de
semana, a ruta de tapas, a lectura do pregón coa entrega dos Salmóns de Ouro e a citada
degustación popular serán os catro eixos centrais da cita gastronómica, que tamén contará con
múltiples actividades infantís, culturais, deportivas e musicais para todos os públicos e cunha
nova edición do obradoiro de montaxe de moscas, que se prolongará durante dúas xornadas.
Tras o arranque das actividades coa competición deportiva nos coutos estradenses, chegará a
ruta de tapas entre os días 16 e 19 de maio, aproveitando a festividade intermedia das Letras
Galegas, coa participación de 26 establecementos. Xa no día grande, terá lugar a lectura do
pregón e a entrega dos Salmóns de Ouro, cuxas identidades serán dadas a coñecer polos
membros do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) durante a presentación oficial da festa.
Ademais, a degustación popular manterá o mesmo esquema exitoso do ano anterior no Novo
Mercado e na súa contorna coas creación culinarias de once establecementos. Tamén se lle dá
continuidade ao prezo de 4 euros por cada bandexa, que contén dous pinchos.
nota de prensa

Deste xeito, o Concello da Estrada copará as nove xornadas centrais do mes de maio, con
dúas fins de semana, coa XLV Festa do Salmón e todas as súas actividades, o que atraerá a
milleiros de visitantes ao municipio. “Agardamos que os nosos veciños e xente de toda Galicia
se acheguen á Estrada e gozar da natureza e a pesca e tamén que ateiguen durante todo o
ano, pero especialmente nestas datas sinaladas, os nosos restaurantes e locais de hostalaría
para saborear unhas receitas únicas de salmón”, detallou Constenla, que indicou que todos os
detalles do programa e o cartel promocional desta Festa de Interese Turístico de Galicia
coñeceranse durante a presentación oficial da vindeira semana.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A pérgola da Alameda será reubicada noutro espazo

O alcalde da Estrada, José López, comunicou esta mañá que a pérgola da Alameda será retirada e reubicada noutro espazo, aínda que non se determinou en cal. Esta decisión tomouse porque non encadra no novo proxecto de ampliación e reformas dos xardíns municipais e mantela distorsionaría a continuidade visual do Consistorio e do palco da música.

 

Por outro lado, na xunta de goberno, celebrada este mediodía, tal e como apuntou López e Ismael Pena, concelleiro de Deportes, aprobouse a adxudicación do contrato do servizo Campus Deportivo para o 2018. Recaeu na empresa Servicios Integrais de Formación (SIF), que  xa estaba ofrecendo este servizo ata agora, por un importe de 23.386, 19 con IVE incluído.

 

O funcionamento e o servizo, incluídos os custes, do Campus Deportivo non mudarán, agás que non se terá en conta a orde de inscrición coa finalidade de que ninguén quede fóra. Todos os anos ofertábanse 300 prazas entre xullo e agosto.

 

Tamén na xunta de goberno aprobouse a concesión dunha subvención nominativa por valor de 15.000 euros á Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE) e outra de 5.000 euros á Asociación Comarcal de Empresarios de A Estrada (ACE).

Publicado en Portada | Deja un comentario