A Ruta BTT do Salmón será o 19 de maio e terá un recorrido de 40 quilómetros

O día 19 de maio, coincidindo na fin de semana da festa do salmón, disputarase a XXII BTT Ruta do Salmón organizada pola Peña Ciclista Bikestrada en colaboración co Concello da Estrada. A actividade, que non ten carácter competitivo, conta cun percorrido de 40 quilómetros. Esta é unha ruta con moita tradición, ademais de ser unha das máis antigas de Galicia, e está pensada para desfrutar da paisaxe. Esta mañá Abelardo Dubert, secretario de Bikestrada, en compañía do concelleiro de Deportes, Ismael Pena, deu todos os detalles da mesma.

 

A competición arrancará pola tarde a iso das 16.30 horas desde a zona deportiva. E constará de tres  quilómetros polo caso urbano e a meta situarase na zona debaixo da Praza da Feira.  Así o percorrido habitual é con saída desde a praia fluvial cara Moreira, Barbude e Paradela, cruzando o río en Ximonde para regresar por Santeles, Cora e Toedo. Sen embargo, si hai un cambio tal e como apunta Dubert “o circuíto vai ser en esencia exactamente o mesmo que o ano pasado, pasando polos sitios habituais, agás a posibilidade de pasar ao outro lado do río que este ano temos que prescindir deste tramo”.

 

Outra das novidades é que desta volta non haberá outra alternativa máis curta. “Esa ruta non é especialmente esixente, polo que é apta para practicamente  á totalidade de xente que teña un mínimo de rodaxe, e isto permite que se poida participar en familia, incluso asisten rapaces”, indica o secretario de Bikestrada.

 

 

Para despedir a andaina “un empresario con sona na Estrada, que é Codesido, prestouse a proporcionar unha serie de produtos da súa especialidade, como  chourizos, que xunto con cervexa e empanadas servirá a modo de trofeo para todos, desde o primeiro, dos do medios e dos últimos en chegar, polo que teremos unha degustación”, sinala Dubert.

 

A inscrición deberá facerse a través do enderezo web www.bikestrada.com O ano pasado anotáronse ao redor de 250 persoas. E calcúlase que sobre as 20.00 horas todos rematen o traxecto porque o tempo para completala ruta é moi particular, porque aquí os minutos non importan, senón o que máis lles interesa aos participantes é desfrutar da zona. “Agardamos que se anote moita xente. A verdade é que é unha ruta preciosa, que eu fixen o ano pasado, e serve para desfrutar do río e da paisaxe”, comenta o concelleiro de Deportes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O paro segue baixando na Estrada e foron 35 persoas as que acadaron un emprego no mes de abril

O departamento de Emprego municipal, correspondente á Concellería de Promoción Económica liderada por Óscar Durán,  fai un balance moi positivo dos últimos datos referentes ao paro rexistrado na Estrada. A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de publicar as últimas estatísticas referentes aos datos do paro na Estrada para o mes de abril, os cales indican novamente unha tendencia á baixa no que ao número de persoas en situación de desemprego se refire. Son 35 as que durante este último mes acadaron un emprego na Estrada situando a cifra total de persoas desempregadas en 1316.

 

Deste xeito, consolídase a tendencia baixista en relación ao resto do ano ( xa no mes de febreiro e marzo se produciron sendas baixadas con 38 e 45 persoas menos en situación de desemprego respectivamente). “Obviamente queda moito traballo por facer para reducir a taxa de desemprego, se ben, desde a administración local somos conscientes de que cabe centrar todas aquelas políticas activas de emprego na consecución desde obxectivo”, sinala Durán. 

 

Desde o concello da Estrada púxose en marcha o ano pasado un portal de emprego o cal se actualiza diariamente ofertando diferentes formacións, tanto impulsadas polo propio Concello como publicitando formación doutros organismos para favorecer deste xeito, a cualificación profesional das persoas desempregadas e facilitarlles á súa inserción no mercado laboral.

 

“Así escoitando as demandas que os nosos veciños e veciñas nos achegaron organizamos o pasado mes unha formación de acompañante de transporte e comedor escolar e xa estamos traballando na convocatoria dunha nova edición; así como noutra dun curso de prevención de riscos laborais, requisito imprescindible cada vez máis para inserirse no mercado de traballo”, indica o concelleiro.

 

 

Préstase unha especial atención desde o portal ás ofertas de emprego. Diariamente os técnicos deste departamento realizan un rastreo de tódalas ofertas de traballo que se anuncian noutros portais referentes á Estrada e aos municipios da nosa contorna. Cómpre destacar a excepcional situación xeográfica da Estrada para achegarse a diferentes concellos relativamente próximos e poder traballar alí.

 

Cabe subliñar que cada vez son máis as empresas que se poñen en contacto directamente co departamento de Emprego para achegar as súas ofertas de traballo e mesmo para que sexa o propio departamento o que realice os filtros de selección de persoal. “É moi útil este servizo xa que a administración local é precisamente a que se atopa máis cerca dos nosos veciños e veciñas e polo tanto, é coñecedora en primeira man do perfil dos nosos desempregados”, comenta o edil.

 

O portal de emprego ten unha media de 729 visitas diarias e a páxina de Facebook asociada á mesma ten un alcance semanal de máis de 17.669 persoas cun total de 5.711 seguidores. Así mesmo, o departamento de emprego municipal atende a unha media de 15 persoas semanais prestando asesoramento en materia de orientación laboral, realización de currículos, inscrición en portais de emprego e procesos de selección administrativos, así como simulación de entrevistas de traballo a fin de que as persoas acudan aos procesos de selección con máis seguridade. Tamén se facilita información referente á alta e creación de empresas, axudas e subvencións e todo o referente ao emprendemento.

 

Pola súa parte, o departamento de orientación laboral adscrito a emprego e que traballa en sintonía co Servizo Público de Emprego de Galicia atende a unha media de catro persoas desempregadas diarias.  “O emprendemento é un dos piares fundamentais de xeración de emprego na Estrada e é por esa razón que se ven de modificar o noso portal de emprego destacando precisamente esta categoría profesional”.

 

Así, desde a semana pasada o portal conta cun apartado específico adicado integramente aos emprendendores no que se pode atopar toda a información referente ás diferentes axudas e subvencións para este colectivo, tanto da Xunta de Galicia, do Estado, da Unión Europea e do propio Concello da Estrada. Facilítase o acceso á lexislación de interese así como á outros organismos de apoio ao emprendemento. Destacando o apartado contratos administrativos no que se achega ás empresas de forma puntual as ofertas de contratación das subministracións.

 

“É polo tanto moito o traballo que hai detrás do departamento, e son boas novas as que as últimas estatísticas nos veñen de deixar, sen restar importancia á necesidade de seguir traballando para conseguir que cada vez sexan menos os estradenses en situación de desemprego”, conclúe Durán.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación do libro ‘O feminismo, imprescindible para construír outra Europa’, este sábado na Estrada

A Sala Abanca da Estrada (Rúa Calvo Sotelo) acollerá este sábado, 5 de maio, a presentación do libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa” coordinado pola eurodeputada Lídia Senra. No acto público, que dará comezo ás 19:00 horas, intervirán ademais da propia europarlamentaria, a concelleira do Movemento Veciñal Estradense (MÓVETE) Mar Blanco Casais, e Eva Bastón Martínez, integrante do Grupo de Traballo en Igualdade Fiadeiras do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

Continúa deste xeito a rolda de presentacións do libro que a eurodeputada está a facer por varias localidades galegas. Así, despois de que a mediados de abril tivera lugar a presentación en Chantada, e a semana pasada en Vigo, este sábado será a quenda da Estrada e a vindeira semana, concretamente o venres 11 de maio, presentarase tamén no Ateneo Ferrolán ás 19:30 horas. 

Senra pretende con estes actos dar a coñecer a publicación, que se distribúe ademais de xeito gratuito, e poñer a énfase no debate para lograr acabar co patriarcado que a día de hoxe continúa a imperar na sociedade, na xustiza e tamén nas organizacións políticas e sindicais. A eurodeputada critica “como se inventan todo tipo de argucias para castigar ás mulleres e seguir provocando dor e sufrimento e como esas argucias son aplicadas, en demasiadas ocasións, pola xustiza sen ningún tipo de base”. Así, chama a rebelarse contra o nesgo machista na xustiza e tamén a reflexionar sobre a necesidade de combater as resistencias que sigue habendo nas organizacións para que as mulleres feministas teñan voz. 

Ademais da versión impresa, que conta cunha tirada inicial de 1.500 exemplares, o libro está dispoñible tamén en aberto na súa versión dixital na propia web de Lídia Senra. A publicación recolle textos de mulleres que participaron na xornada organizada por Senra en novembro do 2016 en Ourense co mesmo título que o libro e na visita realizada ao Parlamento Europeo en novembro do 2015 para participar na xornada “O nesgo machista na aplicación das políticas: o caso da Xustiza”. Así, na primeira parte recóllense artigos da feminista e profesora da Universidade de Valladolid Alicia H. Puleo, sobre o ecofeminismo; da brasileira doutoranda en socioloxía Eliane de Moura Martins, sobre o feminismo popular para facerlle fronte á colonialidade, ao capitalismo depredador e a todas as formas de machismos; de Fiadeiras, o Grupo de Traballo en Igualdade do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), sobre a acción social desde o feminismo e a súa experiencia de traballo; das membros de Anova Ourense Nerea Conde e Tania Bouzo, sobre participación política e liderado feminino; da deputada Paula Verao, sobre a loita contra a precariedade e pobreza laboral feminina; e da Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, Rosa Álvarez, sobre como os micromachismos cimentan o patriarcado.

Na segunda parte do libro, recóllense artigos da eurodeputada do GUE/NGL Ángela Vallina, sobre a figura da Síndrome de Alienación Parental (SAP) como reforzo do heteropatriarcado nas sociedades europeas; da concelleira de Marea de Vigo Marga López Barreiro, sobre o nesgo machista na xustiza; da psicóloga clínica forense e experta en vitimoloxía e violencia de xénero Sonia Vaccaro, sobre a utilización do SAP como unha forma de violencia machista máis; da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, sobre as dificultades da violencia machista nos procesos xudiciais; de Estrela Gómez Viñas, coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), sobre por que se debe incluír a cuestión dos dereitos da infancia no debate sobre o nesgo de xénero presente nas institucións; da coordinadora da Área de Mulleres do Sindicato Labrego Galego (SLG), Ana Eiras, sobre a realidade das mulleres labregas; e de Rosa Álvarez novamente, desta vez cunha ollada desde a psicoloxía á violencia contras as mulleres para unha abordaxe integral do problema.

 
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada xa foi dada de alta na Plataforma de Contratación do Estado

                         O luns cerrará o pliego do proxecto de reforma e ampliación da alameda

 

 

O goberno local celebrou esta mañá outra reunión para finalizar o pliego da reforma e ampliación da alameda. Será o primeiro pliego que sacarán coa nova Lei de Contratos do Sector Público, sendo A Estrada unha das primeiras administracións que liciten unha obra coa nova lei.

 

“Isto implica que teñamos que elaborar un pliego desde cero e é un proceso complexo e levan traballando nisto un mes e hoxe foi a última reunión para finalizar todos os aspectos, na que estiveron presentes Secretaría,  Intervención e técnicos municipais”, indica o alcalde, José López. Están elaborando un pliego tipo que permitirá licitar case todas as obras usando este mesmo modelo, adaptándose a cada actuación. Tamén, crearán un pliego específico para a contratación de servizos.

 

O rexedor indica que coa nova lei cambiaron os rangos de licitación e desde 80.000 euros a dous millóns de euros hai que seguir o mesmo procedemento. O alcalde considera que este pliego estea cerrado o luns e ese mesmo día, ás 20.30 horas, celebrarán unha comisión informativa de Urbanismo para explicarlles de primeira man o proxecto aos grupos da oposición. E tras un período de análise e debate, o rexedor cre que o proxecto se licitará este mesmo mes.

 

Por outra banda, López comunicou que “hoxe déronos de alta, que era un dos condicionantes que tiñamos, na Plataforma de Contratos do Estado, porque unha das cuestións que establece a Lei de Contratos é que non vai haber publicacións de licitacións nos boletíns e nos diarios oficiais, senón que a partir de agora toda publicación será telemática”. Este procedemento está sendo moi demandado por todas as administracións.

 

Todo o proxecto da ampliación e reforma dos xardíns municipais xa se pode consultar na páxina web da Edusi http://aess2020.gal/

 

O proceso de adxudicación tardará sobre un mes e o prazo estimado de execución da obra é de seis meses polo que estará rematada a principios de ano.

 

 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

FEIRA DO LIBRO 2018 A ESTRADA

                                          Participan as librarías Faro, Marxe, Durán e Pintaletras

 

A Feira do Libro da Estrada terá lugar os días 4 e 5 de maio. “Chega a primavera e con ela a nosa benquerida Feira do Libro, unha feira que en anos anteriores se viu prexudicada por mor da chuvia, pero que este ano agardamos poder celebrar sen ningún tipo de contratempo”, indicou o concelleiro de Cultura, Juan Constenla, que esta mañá presentou o evento en compañía de Loli Durán, da librería Durán, e de Mavi Picallo, da librería Faro.

 

Un ano máis as distintas casetas e librarías presentes veranse acompañadas por un amplo abano de actividades que abranguen dende obradoiros e música tradicional, ata o novo circo, pasando polo teatro ou a danza. Nesta ocasión as librarías participantes serán a Libraría Faro, Marxe, Durán e Pintaletras.

 

“Tamén como xa é tradicional, contaremos coa colaboración da Cruz Vermella. As primeiras 300 compras de libros veranse agasalladas cun litro de leite”, apuntou Constenla.

 

PROGRAMA

 

 

            Venres 4 de maio

12:00 h.- Apertura da feira

17:00 h.- Actuación das escolas de Tequexetéldere

17:30 h.- Obradoiros de monicreques que culler de pau do mundo da lectura

18:00 h.- Sin Medidas de Jano Costas, Espectáculo de Novocirco.

19:00 h.- O galo Quirico de Títeres Seisdedos

21:00 h.- Bicos con Lingua de Talía Teatro, no Teatro Principal (DE PAGO, 5,00€). As entradas poden adquirirse a partir da próxima semana no departamento de Cultura do Concello, segundo andar, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

 

            Sábado 5 de maio

12:30 h.- O Lobo e a Lúa de Baobab Teatro, no Teatro Principal (DE PAGO, 3,00€) Poden adquirirse a partir da próxima semana no departamento de Cultura do Concello, segundo andar, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

17:30 h.- Pan con Chocolate (CONTACONTOS)

18:00 h.- Obradoiros de colgadores para portas «Non molestar, estou lendo»

18:30 h.- Paco Nogueiras en concerto con Radio Bule Bule

19:30 h.- Actuación de Traspediante (espectáculo de danza de rúa)

 

Tal e como indicaron as dúas libreiras hoxe presentes, igual que sempre, haberán descontos do 10% en libros de temáticas do máis variadas e achegarán á feira os libros de novidade, sendo unhas xornadas, na que cada ano, a xente se anima máis a mercar. E aínda que a apertura o venres é ás 12.00 horas,  o sábado os stands estarán abertos xa desde as 11.00 horas ata a noite.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ESTRADA

 

 

 

 

                                                                                 PROGRAMA

 

 

PAQUITA Y NIEVES                       P.D.     (estrea)                                   Rafael Talens Pelló

 

EL TAMBOR DE GRANADEROS             Obertura                                 R. chapí

 

APPALACHIAN       OVERTURE                                                             James Barnes

 

PORTRAIT OF A CITY                                (estrea)                                   Philip Sparke

  1. Skyline
  2. In Autumn

            III. Downtown

 

BASQUE RHAPSODY                    Rapsodia                                            Melvin Shelton

 

LA PRIMITIVA                                 P.D.                                                    Jeff  Penders

 

 

Notas ao programa

 

Paquita y Nieves:

 

Pasodobre de concerto composto polo mestre cullerense Rafael Talens Pelló ( 1933-2012). Este pasocobre está dedicado a súa esposa, agora viuva Dna Nieves Cerveró e a Paquita amiga da familia. É un dos pasodobres máis coñecidos pola sua sonoridade.

 

El Tambor de Granaderos:

 

Zarzuela nun acto e tres cuadros, con música de Ruerto Chapí e libreto de Emilio Sánchez Pastor. Foi estreada no Teatro Eslava de Madrid o 16 de novembro de 1896. A obra resultou un gran éxito na súa estrea. Esta Zarzuela recrea un día antes da fuxida de España do Rey X. Bonaparte e a historia de amor entre Gaspar, condenado a morte por ser fiel aos Borbóns, e Luz a súa amada, orfa a cargo dun tutor que quere apoderarse da súia fortuna polo que quere metela a monxa. Nesta oacsión a Banda Municipal interpreta a Obertura da Zarzuela.

 

Appalachian Overture:

 

A Obertura dos Apalaches está baseada en técnicas e melodías tradicionais de cancións populares. A súa forma musical está estructurada en ABA. A melodía da sección A recrea os sons “fiddlin” dunha celebración popular americana temprana, mentras que a sección B básase na canción tradicional “Shaker”. Unha benvida obra musical para a literatura de concertos, dentro do campo  de xóvenes Bandas de concertos.

 

 

 

 

 

Portrait of a city:

 

Londres, unha cidade vibrante chea de vitalidad e espíritu, é a esencia deste traballo musical de tres movementos para Banda de Música. Como Londinense, Sparke retansmite en cada movemento algúns dos elementos máis queridos e fascinantes da cidade. Skyline ofrece motivos angulares e unha multitude de ideas que coinciden moi ben coa cidade. Como contraste, In Autumn evoca a quitude dun parque nunha mañán de outono temprano na que prevalece unha sensación de calma. O tercer movemento, Downtown, atrapa musicalmente unha parteda vida nouturna da cidade a través de temas vivaces e un entusiasmo implacable. En xeral, con máis de 15 minutos de duración, esta é unha experiencia musical variada que vale a pena disfrutar.

 

Basque Rhapsody:

 

A terra dos vascos chamada Euskadi encóntrase nas escarpadas montañas, con colinas e valles verdes no norte de España. É unha comunidade salpicada de pequenos pobos de casas blancas ( caseríos). Despois da fanfarria de apertura basada no tema popular “Boga-Boga” que é unha canción tradicional de mariñeiros vascos hai unha transición que nos introduce “Jaiko abestia”, que significa canción festiva. A negra con puntillo é unha figura favorable a música vasca, utilizando tanto a medida binaria como a ternaria. A continuación aparece o lirismo con “Agur Jaunak”, outra melodía tradicional. Esta melodía dalle paso a danza que emula aos Txistu, que será interpretada por frautas. A Obra acaba cunha danza final de gran brillantez.

 

La Primitiva:

 

Pasodobre do concerto composto no ano 1987 polo compositor holandés Jeff Penders. Este compositor comenzou os seus estudios musicales no ano 1949. Na súa traxectoria como compositor, escribiu para  “ Metropole Orchestre” orquetra de “Malando”, “Capela Real Militar”, “Banda da Marina da Armada Real”, etc. Viviu durante moito tempo en Valencia donde coñeceu a Ferrer Ferrán e donde compuso este pasodobre “La Primitiva”. En Abril de 2015 faleceu en Maastrich a idade de 86 anos.

 

Neste concerto, ademais de estrear novo repertorio como é costume na nosa agrupación, facemos visible parte do repertorio que se vai a interpretar ao longo da temporada de verán.

 

                                                                                                       Dtor: Javier Comesaña

Publicado en Portada | Deja un comentario

A comisión de festas da Estrada sortea unha estadía durante o mes de xullo nun piso de Sanxenxo

                                     Comezará o luns co petitorio para cinco días de festexos

 

 

A algo máis dun mes para a celebración das festas patronais da Estrada, a comisión encargada da súa organización xa traballa arreo e ten a programación cerrada. Este mediodía deu a coñecer aos seus integrantes e tamén adiantou algúns detalles. Así, encabezada por Gonzalo Louzao, que repite o cargo de presidente, está formada polo edil de Eventos e Mercados, Nemesio Rey, e por Isidro Pernas e José Luís Terceiro. Serán do 23 ao 27 de xuño e haberá música e actividades para todos os gustos e idades.

 

Os festexos, que terán un custe duns 150.000 ou160.000 euros, arrancarán o día 23 coa celebración de San Xoan no parking da Avenida de América no que se farán os lumeiros e a sardiñada e haberá un concerto. As verbenas estarán amenizadas por orquestras para todos os gustos “e imos recuperar os concertos e haberá tres de diferentes estilos e punteiros, todos gratuítos”, adianta Gonzalo Louzao. Tamén, como novidade, están programadas actividades infantís “que funcionan noutros concellos e que aquí nunca se fixeron”. Ademais, tocará unha banda de música de renome, as mellores orquestras en verbena e os concertos serán o sábado, o domingo e o luns e todos os días haberá agrupacións estradenses.

 

Para poder recadar para o seu financiamento a comisión está elaborando o tradicional libro de publicidade e a partir do luns, dúas voluntarias comenzarán co petitorio polas casas e durante as tardes. “Tamén se instalará na Praza da Farola a caseta para quen o desexe poidan facer alí as súas achegas, pero xa anunciaremos cando se poña”, indica Louzao. Estas achegas poderán realizarse os mércores e os sábados e previsiblemente estará dispoñible en dúas semanas.

 

A gran novidade deste ano é que a comisión sorteará un alugueiro dun mes, do mes de xullo deste mesmo ano, nun piso en Sanxenxo (Pontevedra). O sorteo farase o día 24 de xuño no palco da orquestra Combo Dominicano. As rifas terán un prezo dun euro, pero por cada euro que os particulares e negocios acheguen para a festa, incluídos as persoas que aporten tamén para o libro de publicidade, recibirán a mesma cifra de rifas como agasallo. Estas poderanse mercar directamente aos membros da comisión e en diversos locais, tanto do casco urbano, como das parroquias. A comisión fixo un total de 200 mil rifas e non será necesario estar presente no sorteo. “Sacarase un número mediante un sistema de bombo e publicarase nos medios de comunicación”, explica o presidente da comisión.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario