O IV Ciclo da USC ‘Camiños de coñecemento e experiencia’ chega en outubro á Estrada

Está dirixido aos maiores de 50 anos e busca revalorizar o patrimonio da zona

O Vicerreitorado de Formación e Innovación Educativa e o Programa Universitario de Maiores da Universidade de Santiago de Compostela achegará en outubro o IV Ciclo da USC, baixo o título Camiños de coñecemento e experiencia: comarca de Tabeirós, á Estrada, que se dividirá en tres seminarios de distintas temáticas. Democratizar o coñecemento. Ese é o obxectivo desta iniciativa que se estende por varios concellos galegos. Está dirixida a persoas de máis de 50 anos das comarcas da contorna de Compostela e da súa zona de influencia que por diferentes motivos non poden asistir ás clases do programa de formación para maiores nas instalacións universitarias. Ademais, a acción formativa, de poucos días de duración, busca revalorizar o patrimonio, concienciar sobre a presenza da ciencia no día a día e recoñecer o valor das disciplinas artísticas coas emocións e coas vivencias.O primeiro seminario fai referencia á historia da cultura de Galicia no patrimonio da súa comarca: A Galicia dos antergos que  estará composto por unha sesión teórica e outra práctica que incluirá un roteiro por un dos bens do patrimonio da comarca, O Pazo de Oca. Estará impartido por Rubén Castro Redondo, profesor da Facultade de Historia da USC. Trataranse os seguintes temas:O concepto, cronoloxía,caracterización e problemas da cultura castrexa.Xacementos máis significativos do período castrexo galego.Ferramentas e utilidades na rede sobre os castros da contorna.A parte teórica terá lugar no Museo do Moble e da Madeira (MOME) o día 17 de outubro de 17.00 a 18.30 horas e a práctica será, á mesma hora, o día 18.O segundo seminario ten como finalidade o mundo artístico, concretamente o musical. A música, que está moi presente na vida cotiá e nos distintos ámbitos, é unha linguaxe diferente coas súas propias normas, que require de coñecementos específicos para o seu uso e dominio. Ademais, a música ten moitas funcións, entre elas a educación. Este segundo seminario leva por título Invitación a un concerto. A sesión teórica terá lugar o día 24 de 17.00 a 18.30 horas no MOME e a práctica será unha audición no Auditorio de Galicia, proporcionando servizo de autobús, pero aínda falta por concretar a data. Prevese que sexa unha audición da Real Filharmonía de GaliciaOs temas que se desenvolverán durante esta parte serán :Emoción, afectividade e música. Como afecta a música ao noso cerebroA construción musical como manifestación cultural artística: a música constrúe cultura e constrúe sociedade. Usos e funcións da música.Periodización da Historia da Música Clásica en Occidente. Etapas e características.Nesta segunda parte do programa intervirán as docentes Silvana Longueira Matos, profesora da Facultade de Ciencias da Educación, e Laura Touriñán Morandeira, profesora da Facultade de Historia da USC.A temática do terceiro e último seminario será Como o cambio climático pode cambiar as nosas vidas. Fragmentarase tamén nunha parte teórica e outra práctica. A primeira será no MOME o día 26 de 17.00 a 18.30 horas. E durante a práctica realizarase unha visita a un espazo natural da zona para coñecer de cerca o seu funcionamento presente e o futuro. Tamén haberá servizo de autobús. A saída está prevista para o día 30, de 17.00 a 18.30 horas.Trataranse:Os  conceptos básicos sobre o clima.O coñecemento de organismos científicos autonómicos, nacionais e internacionais que traballan no cambio climático.E levarase a cabo unha análise das posibles repercusións do cambio climático no sector medioambiental galego.Os docentes serán Xosé Antón Rodríguez Añón, profesor da Facultade de Físicas da USC e Xurxo Proupín Castiñeiras, profesor Titular do Departamento de Física Aplicada da Facultade de Físicas da  USC.Previamente á celebración das sesións teóricas, os asistentes recibirán a presentación en PowerPoint de todo o que se vai tratar en cada unha delas.A actividade está patrocinada pola Consellería de Política Social, pola Deputación de Pontevedra e polo Concello da Estrada. Os interesados en participar neste programa, que é de carácter gratuíto, poden anotarse desde hoxe (día 30) no Departamento de Cultura, segundo andar do Concello da Estrada, en horario matinal, ou a través do teléfono 986 677 748. O prazo de inscrición remata o 11 de outubro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG denuncia as deficiencias na recollida do lixo, tanto na vila como no rural

O BNG fai visibles as dificultades coas que se atopa a veciñanza da Estrada para depositar o seu lixo, tanto na vila como nos núcleos do rural.

Por un lado compróbase que os contedores existentes non son suficientes para o volume de lixo xerado e por outro directamente non existen, como é o caso dos contedores de recollida de plásticos, en moitos lugares.

O BNG insta ó goberno municipal do PP a que faga coa urxencia que require o asunto un estudo que aporte os datos necesarios para arranxar este problema, problema que ademais conleva un impacto social moi negativo, tendo en conta ademais dos problemas de salubridade, o impacto pouco decoroso que pode ter nos visitantes que poidan vir á Estrada neste tempo de verán.

O problema da falla de contedores de plástico nalgúns lugares do rural significa segundo o BNG un argumento antipedagóxico máis cara un medio ambiente xa moi maltratado.

O BNG coida que o goberno do sr. López débelle dar solución a este problema xa.

Por outra parte, o BNG da Estrada insta tamén ao goberno municipal a darlle un lavado aos contedores, xa que coa calor desprenden un cheiro nauseabundo, claramente perceptíbel, por mor das calor do verán.

— 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA EN APOIO ÁS PETICIÓNS DE VECIÑOS E VECIÑAS DA RÚA SAN PAIO

De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e demais normativa de aplicación, o Grupo Municipal Socialista do Concello da Estrada desexa someter á consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Tendo coñecemento do escrito realizado polos veciños e veciñas da Rúa San Paio, avalado por máis de 80 sinaturas, no que se solicita ao Concello da Estrada a retirada da zona de carga de descarga ubicada nesta Rúa, e compartindo o ánimo do escrito sobre a necesidade de reorganizar os espazos de aparcamento sitos na mentada Rúa, o grupo municipal socialista entende necesario dar un paso máis na mellora deste céntrico entorno da nosa vila, así como na equiparación das prestacións e servizos das distintas rúas da vila evitando os agravios comparativos entre veciños e veciñas. Na actualidade a Rúa San Paio é una rúa na que predomina o uso residencial, motivo polo que as necesidades de urbanización variaron ao longo do tempo. Por este motivo resulta necesario adaptar a súa humanización para convertir esta céntrica rúa da vila nun lugar máis habitable, acolledor e respetuoso, favorecendo a convivencia. Mentres outras zonas da Estrada teñen sido arranxadas en varias ocasións, nos últimos anos podemos atopar grandes diferenzas comparativas, esta céntrica rúa parece ter caído no esquecemento do goberno municpal, constituíndose importantes agravios comparativos. Ademais, non debemos esquecer que nos últimos anos o goberno encabezado polo alcalde López Campos deixou sen executar as partidas orzamentarias de fondos municipais destinadas a humanización de mellora de rúas urbanas, limitándose únicamente a xestionar fondos doutras administracións. Polo exposto, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE somete á consideración do Pleno a presente MOCION, e propón a adopción dos seguintes ACORDOS: 1. Acceder á petición dos veciños da Rúa San Paio ao respecto da retirada da área de carga e descarga ubicada nesta rúa, reubicando as zonas de aparcamento e habilitando prazas libres. GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA A ESTRADA 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Cáritas A Estradaxa ten a venda a lotería de Nadal, co número 60.230

 

Cáritas A Estrada xa ten a venda a lotería de Nadal deste ano, coa que colaborao Concello, con el número 60.230. El teniente alcalde, Juan Constenla, presidente de Cáritas José Manuel Vázquez, la educadora Lourdes Tejedor e a administradora, María Victoria Pombo, presentaron anteonte as particiàcións, que teñen un prezo de 5 euros, un sera de donativo. Asimismo os poseedores das participacións entrarán no sorteo dunha aspiradora escoba, o numero que coincida cas catro últimas cifras do sorteoda Once o 22 de Decembro. Este ano poñeranse a venda 30 talonarios, un total de seis mil euro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Aloitafest Sabucedo 2017

Poison Life , Ride the Snake,  Son Bichiños da Conla , The bichos band e outros grupos máis participaron no Aloitafest de Sabucedo.

  
Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada acusa de inacción total á Xunta e ao concello para atallar o andazo da vespa velutina

Xosé Magariños denuncia o pasotismo da ambas administracións e advirte que o vindeiro ano o andazo de velutina pode ser moito máis grave

O BNG da Estrada acusa de inacción total á Xunta e ao concello para atallar a praga da vespa velutina. Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, “son moitos os veciños e veciñas indignados pola falta de iniciativa e de pasotismo de ambas as dúas administracións públicas para facer fronte a unha praga, que está arrasando as colonias de abellas do país así como as froitas que empezan a madurar nesta época”.

“Son moitos os veciños e veciñas”, engadiu o concelleiro do BNG, “que nos comunican que a pesar de que informan ao 012 da presenza das velutinas ninguén se pon en contacto con eles ou se van aos lugares indicados non fan nada por falta de medios por estar os niños en lugares de difícil acceso”. “Non facer nada non é a solución”, afirmou o concelleiro do BNG, “e todo semella que e estratexia do PP é esa, agardar a que chegue o inverno, que é cando hibernan estes vechos, e o vindeiro ano xa se verá”.

O concelleiro nacionalista avisa de que “teñen que tomarse medidas inmediatamente para frear a vespa velutina, que está presente xa en practicamente todas as parroquias do concello, porque senón a vindeira tempada da primavera-verán pode ser peor que esta para as colleitas de froitas, e mesmo expandirse ao casco urbano, feito que xa aconteceu este verán por exemplo na Avenida Fernando Conde”.

Xosé Magariños afirmou que “hai unhas semanas aprobamos por unanimidade unha moción para instar a Xunta a tomar medidas fronte a este andazo, mais á vista está que non é suficiente con enviar un papel a San Caetano, sede da Xunta de Galiza, cómpre que o goberno municipal de López implique ao goberno amigo de Feijóo na resolución deste problema, que se non se atalla será catastrófico para o medioambiente e para o rural do noso país.”

“Neste sentido”, afirmou Magariños, “instamos ao goberno municipal a poñerse as pilas para facerlle fronte á vespa velutina, coordinando as accións de protección civil priorizando aqueles casos máis graves”. 

Por outra parte, o concelleiro do BNG quere deixar claro que “a vespa velutina non é máis perigosa para o ser humano que unha vespa común ou unha abella, agás sexa unha persoa alérxica ás picaduras deste tipo de bechos, e neste sentido non é a nosa intención crear alarma social, pero si concienciar sobre os perigos que supón para o medioambiente a presenza dunha especie invasora como a vespa velutina”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará o 24, 25 e 26 de agosto na Estrada

Una unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase os días 24,25 e 26 ata a Estrada. Como xa é habitual situarase na Praza do Concello. O xoves, día 24, e o venres, día 25, os interesados poderán doar en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Mentres, o sábado 26 a unidade móbil solo estará en horario de mañá de 10.00 a 15.00 horas.

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a tódolos hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas dez unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e para facer fronte ás urxencias.

Dende este organismo agradecen a colaboración altruísta da cidadanía que é vital para acadar as 500 doazóns de sangue que precisan cada día para axudar a centos de enfermos.

Lembrar que a doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan solucionar os seus problemas de saúde e, incluso, salvar a súa vida.

Os homes poden doar un máximo de catro veces ó ano e as mulleres tres deixando pasar entre cada doazón un mínimo de dous meses. Non se pode acudir sen almorzar e despois do xantar hai que agardar dúas horas.

Poderán doar sangue as persoas que teñan unha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e que sexan maiores de idade. Os doantes maiores de 65 anos poderán seguilo facendo sempre que conten co permiso do seu médico de cabeceira.

Publicado en Portada | Deja un comentario