Presentación Festas San Paio 2026

 

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e o concelleiro Óscar Durán acompañaron este mediodía aos integrantes da comisión de festas San Paio 2026, que fixeron a súa presentación no palco de música da alameda municipal.

O equipo está formado por Iván Lorenzo, Puri Areán, José Luis Terceiro, Ana Cerqueiro, José Ramón Blanco e Silvia García.

O alcalde aplaudiu o se “paso adiante” e o sacrificio do seu tempo para organizar unhas festas para todos os estradenses, ao tempo que aproveitou para agradecer profundamente o traballo feito pola comisión presidida por Manuel Gañete neste 2025.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O ALCALDE SUPERVISA AS OBRAS QUE PERMITEN AMPLIAR A ZONAVERDE NA CARBALLEIRA MUNICIPAL COA RETIRADA DE ESPAZOASFALTADO

 Os traballos están a piques de quedar rematados e eliminaron unha
antiga área asfaltada na década dos 90 que se adentraba no recinto,
gañando 300 metros cadrados de superficie para a zona verde.
 Dous paseos construídos en xabre cruzan a superficie, que tamén se
someteu a unha importante roza e limpeza.
 Esta actuación foi financiada con fondos do Plan de Compensación
Ambiental para o ano 2025.

Tras varias semanas de obras, o alcalde da Estrada,
Gonzalo Louzao Dono, visitou estes días a Carballeira Municipal -emprazada na Zona
Deportiva, a carón do recito que ocupan a Academia Galega de Seguridade Pública
(Agasp) e o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE)-112 Galicia- para
coñecer de primeira man o avance dos traballos que se veñen realizando neste recinto
natural, nun intento por gañar espazo para a zona verde a través da eliminación de
superficies asfaltadas.
O rexedor acudiu acompañado polo arquitecto técnico municipal, Daniel Órrea, e polo
responsable da empresa adxudicataria destas obras, valorando sobre o terreo as
intervencións que os usuarios xa poden atopar materializadas.
De feito, aproveitando as agradables condicións meteorolóxicas de días atrás, foron
moitos os estradenses que xa quixeron achegarse ata esta área de esparexemento para
gozar da sombra dos carballos centenarios e aproveitar o entorno para a práctica
deportiva. Nel puideron atopar os novos camiños realizados, así como a supresión da
superficie de asfalto que ata o de agora había na entrada principal do recinto.
Neste senso, cómpre lembrar que a intervención programada estivo centrada na
eliminación dunha antiga zona asfaltada, en beneficio da zona verde. A actuación
supuxo a retirada do aglomerado asfáltico que invadía a zona da carballeira e que foi
realizado na década dos 90, de xeito que os vehículos xa non poderán acceder ao paseo.

Demoleuse e retirouse o pavimento existente nunha superficie de algo máis de 300
metros cadrados.
Ademais, aproveitouse a ocasión para efectuar unha roza e limpeza da totalidade da
superficie. A obra ampliouse coa formación de paseos con xabre-cemento, por seren
este un material de fácil integración e para o que se estima una durabilidade axeitada.
Son dous paseos que cruzan a Carballeira e teñen un ancho de 1,5 metros.
“Dende hai anos ata esta área recreativa podía chegarse a través dunha vía pavimentada
en asfalto que remataba por adentrarse na propia carballeira. Agora, con esta
intervención, é a zona verde a que sae ampliada e mellorada, incrementando o espazo
natural posto a disposición da cidadanía para gozar do aire libre e dun fermoso paraxe a
escasa distancia dos institutos e moi próximo ao casco urbano”, sinalou Louzao Dono. O
rexedor estradense subliñou que este é un proxecto que buscou a posta en valor da
Carballeira Municipal, coa intención de que os cidadáns poidan chegar en mellores
condicións ata este espazo para gozar do seu tempo de ocio e descanso.
Esta actuación na Carballeira Municipal foi financiada con fondos do Plan de
Compensación Ambiental para o ano 2025.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Comité Organizador do 11º Congreso do PP da Estrada proclama como válida a candidatura do alcalde Gonzalo Louzao como único aspirante á presidencia local

  • O equipo rector do proceso congresual, presidido por Juan Constenla, recibíu a documentación do rexedor e, tras o seu exame, determinou que cumpre cos requisitos de militancia, estatutarios e avais
  • O COC vén de convocar unha campaña electoral interna, previa ao cónclave do 19 de outubro, que se prolongará durante dez días para que explique o seu proxecto á militancia

O Comité Organizador do Congreso (COC) do PP da Estrada vén de proclamar como válida a candidatura de Gonzalo Louzao Dono, actual alcalde do municipio, como único aspirante á presidencia do partido no 11º cónclave local da formación, fixado para o domingo 19 de outubro.

O equipo rector do proceso congresual, presidido polo ex secretario xeral Juan Constenla, recibíu a documentación de mans do propio Gonzalo Louzao e, tras o seu exame nunha reunión mantida na sede do partido na Estrada, determinou, segundo a acta de proclamación, “que reúne os requisitos previstos sobre antigüidade de militancia, pago de cotas e demais obrigas estatutarias e que presentou os avais requeridos”, que eran un mínimo de 60 en base ao recollido no regulamento deste proceso.

Deste xeito, Gonzalo Louzao pasa a ser oficialmente candidato á presidencia do PP da Estrada e poderá comezar, tras o ditaminado polo COC, unha campaña electoral interna de presentación do seu proxecto e de contacto coa militancia que se prolongará durante dez días.

Posteriormente, o xa candidato a suceder nesta responsabilidade orgánica ao actual conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e ex alcalde, José López, que dirixíu o partido durante os últimos quince anos, deberá presentar formalmente aos demais integrantes da futura xunta local do PP de Estrada, conformada por unha vintena de persoas e que tamén terá que ser validada e proclamada polo comité organizador antes da celebración do congreso.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Rueda subliña o compromiso da Xunta coa modernización da Xustiza coa inauguración do novo edificio xudicial na Estrada

Trátase da primeira sede xudicial en Galicia concibido baixo os máis avanzados estándares de sustentabilidade á que se destinaron 3,3 M€

Enmárcase na estratexia global da Administración galega para a mellora das infraestruturas xudiciais en Galicia, que supón un investimento de máis de 165 millóns de euros entre 2014 e 2026

Salienta que a Xunta tamén traballa para mellorar as comunicacións con esta localidade e poñerá en servizo un novo tramo da autovía Santiago-A Estrada “antes de finais de ano”

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración oficial do novo edificio xudicial da Estrada, unha infraestrutura que culmina anos de traballo e que responde ao compromiso do Goberno galego coa modernización da Administración da Xustiza e coa mellora dos servizos públicos prestados á cidadanía. “O noso obxectivo é habilitar edificios dignos para os que traballan neles e os que veñen como administrados da Xustiza”, indicou tras asegurar que o da Estrada “é un edificio para o futuro que permitirá traballar con comodidade, modernidade e transparencia”.

A nova sede xudicial permite reunir nun único inmoble os dous xulgados de Primeira Instancia e Instrución que ata agora estaban dispersos en diferentes locais, resultando nun único Tribunal de Instancia con dúas seccións. O edificio, sito no núcleo de servizos de A Baiuca, conta con case 1.600m2 nunha planta única e con todas as instalacións necesarias para albergar con comodidade as dependencias referidas, ademais doutros espazos para Fiscalía, Rexistro Civil ou sala de atención á vítima. En total, dará servizo a milleiros de cidadáns da Estrada e a súa contorna e acollerá un cadro de 18 profesionais.

A Xunta destinou preto de 3,3 millóns de euros a este proxecto, que sufriu atrasos debido á crise internacional de materiais derivada da invasión de Ucraína. Trátase do primeiro edificio xudicial en Galicia concibido baixo os máis avanzados estándares de sustentabilidade, con elementos como unha cuberta vexetal, sete patios interiores con luz natural e un deseño que cumpre os requisitos europeos de edificios de consumo case nulo esixibles antes de 2030.

O presidente enmarcou esta actuación na estratexia global da Xunta para a mellora de infraestruturas xudiciais en Galicia, que supón un investimento de máis de 165 millóns de euros entre 2014 e 2026. Neste período inclúense proxectos como a Cidade da Xustiza en Vigo – “que é todo un referente en España”, salientou o presidente, os novos edificios xudiciais de Pontevedra e Ourense ou a rehabilitación da Fábrica de Tabacos na Coruña, así como case 500 obras menores en 53 edificios xudiciais galegos desde 2009.

Autovía Santiago- A Estrada

Por último, Rueda salientou que a posta en marcha do novo edificio xudicial complementarase cunha mellora nas comunicacións na comarca da Estrada. “Agardamos poñer en servizo antes de final de ano o tramo da autovía Santiago- A Estrada do que xa están rematando as obras e iniciar o último e definitivo”, indicou.

GALERÍA :

Publicado en Portada | Deja un comentario

GONZALO LOUZAO RECIBE AO PRESIDENTE DO CENTRO GALICIA DEBOS AIRES, O ESTRADENSE JOSÉ MARÍA VILA ALÉN

 Natural da parroquia de Vinseiro, visita o consistorio acompañado pola
súa dona e o politicólogo Víctor Vázquez Portomeñe.
 “A Estrada ten 51 parroquias pero, visitando aos estradenses afincados
no país arxentino, temos que dicir que son 52 as parroquias que nos
representan. Aínda que estean moi lonxe están moi preto das nosas
tradicións, da nosa cultura e do noso concello”, sinala o alcalde.
 Vila Alén: “Cando veño á Estrada cargo as pilas e marcho coa batería
plena. É para min unha renovación para continuar o camiño de poñer a
Galicia no máis alto”.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, recibiu este
mediodía no seu despacho ao presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila
Alén, natural da parroquia de Vinseiro. Acompañando a este representante da colectividade
estradense en Arxentina e á súa dona estivo o coñecido politicólogo Víctor Vázquez
Portomeñe.
O rexedor local referiuse ao Centro Galicia de Bos Aires como “un referente da
colectividade, a cultura e o idioma galego; da importancia que ten Galicia nesta quinta
provincia”. Foi el mesmo quen se encargou de sinalar que Vila Alén está estes días realizando
xestións na comunidade e “non quixo deixar pasar a ocasión de visitar a súa terra”. “Nacido
en Frende, na parroquia de Vinseiro, marchou sendo moi novo pero sempre que pode vén
visitar Galicia e traballar para que á colectividade galega en Arxentina nunca lle falte nada;
para mirar pola colectividade estradense e visitar aquí aos seus veciños”, dixo Louzao Dono.
“A Estrada ten 51 parroquias pero visitando aos estradenses afincados no país arxentino
temos que dicir que son 52 as parroquias que nos representan. Aínda que estean moi lonxe
están moi preto das nosas tradicións, da nosa cultura e do noso concello”, engadiu o alcalde.
“Estou moi honrado de estar aquí no Concello da Estrada, cun alcalde tan novo e eficiente”,
comezou José María Vila. “Cando veño á Estrada cargo as pilas e marcho coa batería plena. É
para min unha renovación para continuar o camiño de poñer a Galicia no máis alto”,
declarou. “Temos que asumir con naturalidade e orgullo que Galicia non se entende sen a
emigración. Hai datos identitarios da Galicia de hoxe que non se entenderían sen a

emigración, dende o himno ou a bandeira, ata o Sempre en Galiza de Castelao ou a mesma
Rianxeira”, sinalou.“Galicia é moito máis que o territorio. As catro provincias a nós
énchennos de orgullo, pero sentimos que a Galicia verdadeira é a Galicia universal, que nos
comprende a todos”, engadiu.
José María Vila Alén quixo trasladar a súa felicidade e orgullo ao visitar o Concello da
Estrada. “Estou feliz de estar nesta casa, que é a miña casa dende que nacín. A primeira vez
que abrín os ollos, a primeira vez que dixen algo ou me choraron os ollos foi na Estrada. É a
miña orixe e aquí estou orgulloso e feliz”, manifestou.
“É un pracer estar na Estrada”, comezou, pola súa parte, Portomeñe. Asegurou sentir “gran
alegría” ao atopar a Gonzalo Louzao sentado na que el definiu como “a mesa dos
tormentos”. “Porque é onde hai que escoitar aos veciños”, explicou. “Sei que o fas porque es
un alcalde eficaz, amable e atento, un alcalde para moito tempo, espero e desexo”, díxolle
ao rexedor. Concluíu lembrando o forte lazo que o une ao municipio estradense, no que foi
Salmón de Ouro e pregoeiro da Festa do Salmón.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA ACTIVA CON 20 USUARIOS O PROGRAMA “ADESTRA A TÚASAÚDE” PARA MELLORAR O BENESTAR DE MAIORES DE 60 ANOS

 Os participantes foron derivados dende o centro de saúde estradense e xa
están realizando os test de condición física nas instalación deportivas
que xestiona a empresa local Auga VA.
 A asistencia é gratuíta para os pacientes, que recibirán adestramento e
seguimento individualizado durante nove meses.

Persoa sedentaria e maior de 60 anos. Este é, de
partida, o perfil dos usuarios adheridos ao programa “Adestra a túa saúde”, unha iniciativa
impulsada pola Consellería de Sanidade e a Fundación Deporte Galego que se puxo en
marcha este mércores, grazas á implicación e sinerxías entre o Concello da Estrada, o Centro
de Saúde e a firma Auga VA, xestora das instalacións deportivas da piscina climatizada. O
plan conta con 20 usuarios inscritos, que recibirán unha atención e seguimento periódicos e
personalizados ata xuño de 2026.
“Adestra a túa saúde” arrancou en cada un destes 20 casos cunha cita no servicio estradense
de Atención Primaria, na que se avaliou o seu estado de saúde e a súa capacidade física. Con
este punto de partida, realízase unha programación das actividades deportivas máis
axustadas a cada caso.
Este programa ten como finalidade fomentar a actividade saudable diaria adaptada ás
necesidades individuais de cada persoa, co obxectivo último de previr e/ou mellorar as súas
enfermidades, prolongar a esperanza de vida e previr a dependencia. Deste xeito, a iniciativa
promove a recomendación de exercicio físico desde o ámbito sanitario e o seguimento deste
dende o ámbito comunitario. Como queda avanzado, vai dirixido principalmente ás persoas
maiores de 60 anos, sedentarias ou con factores de risco cardiovascular, pretendendo
contribuír á mellora da saúde, o benestar e a calidade de vida.
Nas instalacións da piscina climatizada continuou hoxe a realización dos test de condición
física por parte do persoal especializado. Cómpre sinalar que a participación neste programa
ten un carácter completamente gratuíto para o usuario. O emprego dunha aplicación
específica permite a planificación das distintas actividades, monitorizar ás persoas usuarias
e emitir informes de seguimento.

“Adestra a túa saúde” atopa fundamentos en informes como o emitido en 2009 pola
Organización Mundial da Saúde (OMS), no que se considera a inactividade física como unha
pandemia global, o cuarto factor en orde de importancia causante de mortes e o sexto en
carga de enfermidade. Sinálase que as persoas que realizan actividade física de forma
regular presentan unha redución do 24% en consumo de medicamentos en relación coa
poboación non activa.

Publicado en Portada | Deja un comentario

GONZALO LOUZAO PRESENTA A SÚA CANDIDATURA PARA PRESIDIRO PP DA ESTRADA DUPLICANDO O NÚMERO DE AVAIS NECESARIOS

“Espero que no Congreso do día 19 de outubro os afiliados validen a continuidade
dun proxecto político moi beneficioso para A Estrada e dun equipo renovado e con
gañas e ideas para seguir mellorando o noso concello”, asegura

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, formalizou
onte a presentación da súa candidatura para presidir o Partido Popular da Estrada coa
entrega ao presidente da Comisión Organizadora do Congreso (COC), Juan Constenla, de
máis do dobre dos avais necesarios.
Gonzalo Louzao agradeceulle a todos os afiliados e afiliadas que na última semana lle
manifestaron o seu apoio para liderar a nova etapa do partido e augurou que “todo parece
indicar que non haberá máis candidaturas”, aspecto que deberá confirmar mañá a COC.
“Espero que no Congreso do día 19 de outubro os afiliados validen a continuidade dun
proxecto político moi beneficioso para A Estrada e dun equipo renovado e con gañas e ideas
para seguir mellorando o noso concello”, declarou Gonzalo Louzao.
Neste senso, precisou que segue a traballar para conformar un equipo “o máis parecido
posible á sociedade estradense”. “A executiva que espero conformar debe ser un espello
da realidade social da Estrada”, remarcou.

Publicado en Portada | Deja un comentario