A Xunta espera a cesión dos terrenos para rematar a redacción do proxecto do novo Centro de Saúde

02 marcaEste venres representantes do Concello e Xunta de Galicia encabezados polo alcalde, José López, e o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, visitaron o persoal e instalacións do Centro de Saúde de A Estrada.

Membros do persoal aproveitaron a visita para trasladarlle ao Conselleiro as deficiencias do ambulatorio, desperfectos no equipamento, falta de espazo, problemas de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida ou o limitado ascensor, entre outras.

Tras a visita López destacou o equipo humano que forma parte tanto do ambulatorio como dos 3 centros periféricos, recentemente galardoados o igual que en repetidas ocasións nos últimos anos.

O Conselleiro recoñeceu os problemas estruturais do Centro e a urxencia dun novo edificio adecuado as necesidades actuais tanto sanitarias como con accesos axeitados e aparcamento propio. Jesús Vázquez anunciou que xa estaban a traballar no proxecto do novo Centro e urxiu ao alcalde a solucionar canto antes a cesión dun solar axeitado, para poder redactar o proxecto este ano e comezar a construción en 2017.

En canto ao orzamento, o Conselleiro, comunicou que tiñan que esperar a ter o proxecto para saber unha cifra, pero que o mais posible é que o abordaran en dúas partidas en 2017 e 2018, esperando deixar o novo ambulatorio funcionando a finais do 2018.

Publicado en Educación e Sociedade, Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada acollerá este sábado o II Open de Pesca a Mosca sen morte

2016-05-25 13.30.17Este sábado celebrarase a segunda edición do Open de Pesca a Mosca de A Estrada que organiza o club Gallaecia.

O Open contará co máximo de participantes que se permitían, 24 pescadores, entre os que se atopan deportistas importantes nesta modalidade. Destaca a participación do campeón galego de Mosca, Manuel Socastro, de Teo, e o bicampeón mundial, David Arcay, de A Coruña. A metade da participación será local ademais de pescadores de Silleda, Narón, Vedra, Negreira, Monforte, Vigo, A Coruña…

Presentaron a competición Marcos Bergueiro, secretario do Club Gallaecia, e Ismael Pena, concelleiro de deportes.

 

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Jesús Vázquez anuncia que A Estrada contará con novo Centro de Saúde en 2018

05 marcaO Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, visitou hoxe o Centro de Saúde acompañado do alcalde, José López, representantes do ambulatorio estradense e outras autoridades de Xunta e Concello.

Jesús Vázquez aprobeitou a visita para a anunciar a previsión da Xunta de que A Estrada poida contar con un novo Centro de Saúde en 2018, contemplando a inversión en dúas partidas nos presupostos do 2017 e do 2018 respectivamente.

O Conselleiro tamén destacou a importancia do ambulatorio local gañador de varios premios nos últimos anos.

Nas próximas horas completaremos a nova con mais imaxes e o vídeo das declaracións.

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O pasado mércores deu comezo o Obradoiro de Busca de Emprego a través das redes sociais

inauguracon oradoiro 2O pasado mércores, Oscar Durán Concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Industria, inaugurou o OBRADOIRO DE BUSCA DE EMPREGO A TRAVÉS REDES SOCIAIS, no cal están a participar un total de 17 persoas en situación de desemprego e o que se nos quedou pequeno debido a elevada demanda que tivemos de persoas que querían particiar.

O Obradoiro, subvencionado íntegramente polo Concello da Estrada, terá nha duración de 20 horas lectivas e abordará de xeito integral o proceso da busca de traballo, dende a correcta elaboración dun curriculum e a carta de presentación ata a creación da marca persoal e o desenvolvemento a través dos portais de emprego como ferramenta clave actualmente para acadar a inserción laboral. Alén disto, prestará unha especial atención ao fomento do autoemprego como alternativa ao desemprego e como oportunidade laboral.

Este Obradoiro ten unha importante novidade e é que se realiza en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, dado que no mesmo participan dúas persoas con esta discapacidade, veciñas de A Estrada. A formación é totalmente accesible gracias á presencia do Intérprete de Lingua de Signos facilitado pola FAXPG coa financiación da Fundación ONCE.

Óscar Durán, en nome do Concello manifestoulles á propia Federación o total compromiso Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

O BNG demanda mais espazo de aparcamento público

BNG1Os aparcadoiros públicos non poden depender da boa vontade dalgúns veciños e veciñas

Desde o BNG instamos ao goberno do PP a buscar alternativas

As catas que se están a facer no aparcadoiro público da Avenida de América para unha futura urbanización prenden todas as alarmas da necesidade que ten A Estrada de aparcadoiros públicos en superficie que non dependan das cesións puntuais dos veciños e
veciñas.

Todos os aparcadoiros públicos que están a utilizar os veciños e veciñas están en terreos privados, e como no caso citado, pende a ameaza de ficar sen prazas da aparcadoiro nun dos sitios máis necesitados e máis concorridos polos veciños e veciñas da Estrada, especialmente do rural, pola súa céntrica situación e pola súa proximidade ao ambulatorio. Non hai máis ir calquera día pola mañá, os días de feira ou os sábados para decatármonos do imprescindíbel que é o aparcadoiro da Avenida de América.

O BNG insta ao alcalde de crear prazas de aparcadoiro público gratuítas e en superficie dispersas por todo o casco, como retiradamente temos demandado. A Estrada é unha vila Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Hoxe preséntase o libro – dvd "Peregrinaxes, viaxando con Manuel María"

Presentación dvd Manuel Maria CARTELDentro das actividades do mes das letras galegas a Asociación Cultural “Vagalumes” da Estrada continúa coa súa homenaxe ao escritor a quen se lle dedica este ano esta conmemoración.

O venres 27 preséntase o libro-dvd “Peregrinaxes, viaxando con Manuel María” coa proxección deste vídeo e o realizado durante o acto que tivo lugar o 7 de maio pola nosa vila no que se recitou a Manuel María en diferentes espazos comerciais e de encontro da Estrada.

O acto celebrarase ás 21:00 na sala de exposicións de Abanca.

O vídeo “Peregrinaxes, viaxando con Manuel María” é un proxecto do escritor Lois Diéguez, compañeiro de viaxe e de militancia poética do escritor da Terra Chá. A través desta proxección teremos ocasión de ilustrar os poemas que Manuel María ten dedicado a lugares emblemáticos da súa identidade tanto desde o punto de vista das raíces vitais e culturais das que provén como das experiencias que lle achegou os diferentes lugares que visitou.

Asociación Cultural Vagalumes da Estrada

Publicado en Asociacións, Cultura, Portada | Deja un comentario

O candidato socialista á Xunta, Xoaquín Leiceaga, presentou as súas propostas na sede local

No marco do proceso de elección do candidato socialista á Xunta de Galicia, o candidato ás primarias do PSdeG-PSOE, Xoaquín Leiceaga, reuniuse o pasado sábado con socialistas estradenses para presentar as súas propostas.

IMG-20160522-WA0002 IMG-20160522-WA0000

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario