A empresa Axuda Servizos gaña o IV Premio Honorífico ao Labor das Mulleres da Estrada

8marzo O xurado valora os 23 anos de traxectoria na Axuda no Fogar e a xeración de emprego feminino, con case medio cento de traballadoras

 O galardón entregarase nun acto público o vindeiro venres 11 de marzo ás 20.30 horas no Museo do Moble e da Madeira (MOME)

A empresa Axuda Servizos, adicada a prestacións de carácter socioasistencial e, especialmente, á asistencia domiciliaria e a atención a persoas dependentes, foi elixida como gañadora da cuarta edición do Premio Honorífico ao Labor das Mulleres do Concello da Estrada. O xurado, na súa xuntanza do pasado luns, valorou os seus 23 anos de traxectoria, a xeración de emprego, principalmente feminino, con preto de medio cento de traballadoras, e a súa implicación na sociedade estradense.

O galardón, convocado polo Centro de Información á Muller (CIM) da Estrada, integrado na Concellería de Benestar Social e Igualdade, entregarase nun acto público que terá lugar o vindeiro venres 11 de marzo dende as 20.30 horas no Museo do Moble e da Madeira da
Estrada (MOME). Deste xeito, Axuda Servizos toma o testemuño de María Zamar, de
Panadería Cervela; de María Martínez Otero, fundadora da empresa de mobles que leva e o seu nome; e da cooperativa agraria Gandeiras de Vea, que foron as gañadoras das tres
primeiras edicións do certame.

Con este premio, xa consolidado dentro dos actos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello da Estrada pretende visibilizar o esforzo das mulleres a Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O Concello organiza un club de lectura durante o mes de marzo

Cartel Programacion Primavera 2016 contLendo cos 5 sentidos, así se chama o Club de lectura da Casa das Letras da Estrada que organiza o Departamento de Cultura.

Este mes de marzo o Departamento de Cultura do Concello da Estrada poñerá en funcionamento na Casa das Letras un club de lectura con tres grupos, un grupo de lectura infantil de 8 a 12 anos, un xuvenil de 13 a 15 e un de adultos de 16 en adiante, que estará coordinado pola escritora estridente María Neves Soutelo.

O club de lectura está programado en 18 sesións de duración variable entre 1 e 2 horas, en que se traballará de forma amena e dinámica cos títulos propostos asociados aos 5 sentidos da percepción humana, fío motor das xornadas e obradoiros relacionados a cada obra.

Cada libro traballarase en 3 sesións cun total de 5 horas. Para estimular unha maior implicación na actividade, doutarase a cada participante do seu propio caderno de lectura, facilitado na sesión introductoria do Club.

O número mínimo de participantes será de 10 cun máximo de 20 nos grupos juvenil e adulto e 15 no grupo infantil.

Os obradoiros mencionados serán impartidos por profesionais de cada sector, entre eles: fotografía, repostería creativa, aromaterápia, terapias manuais ou apreciación musical.

Folleto de inscrición

As prazas están limitadas e xestionanse dende o Departamento de Cultura.

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Desfile do concurso de disfraces de A Estrada

Deixámosvos aquí unhas imaxes do desfile do concurso de disfraces do pasado sábado 20 en A Estrada. Noutra entrada publicaremos a entrega de premios.

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Programación de Primavera no Teatro Principal

iria01Toda esta programación poderase consultar na app gratuíta para dispositivos móbiles tanto con soporte IOS como Android así como tamén na páxina web do Concello

MARZO

DÍA E HORA: VENRES 4 (21.00 h)
EVENTO: “PLAY. HISTORIA DE MESTRE E PUPILO” (Bandullo Azul)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Comedia (+5)
DURACIÓN: 55 min
PREZO ENTRADA: 5,00 €
SINOPSE: Maestro, unha vella gloria dos escenarios, leva toda unha vida viaxando por todo o mundo co seu espectáculo, Play. Nesta ocasión recala en Galicia co seu teatriño, pero non vén só. Decidiu hai un tempo que hai que irse retirando e por iso acolleu na súa escangallada caravana un aprendiz, Pupilo, para que sexa o seu sucesor. Entre os dous xurdirán varios conflitos, porque, aínda que Maestro quere deixalo, non quere que o seu espectáculo mude. Pola súa banda, Pupilo, dunha xeración distinta, quere facer cousas anovadoras, máis acordes cos tempos. Os desencontros converterán cada función nunha amálgama de problemas que terán que resolver para que o espectáculo continúe. Trátase daquela dunha tola e delirante comedia ambientada no trapalleiro e perralleiro escenario que Ficha artística acompañou a Maestro durante tantos anos.

Escudo.novoDÍA E HORA: SÁBADO 5 (12.30 h)
EVENTO: “LUPPO” (Baobab Teatro)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Comedia (+4)
DURACIÓN: 50 min
PREZO ENTRADA: 3,00 €
SINOPSE: Luppo gañou o premio ao Mellor Espectáculo Infantil na XVIII Feira de
Teatro de Castela e León 2015, para a que foi seleccionado de entre máis de mil
propostas. Trátase dun conto marabilloso que fala de sentimentos e emocións, do ciclo
da vida, do apego coas persoas, da relación cos nosos veciños, da importancia das
historias que construímos… O protagonista é un home maior que vive só e todos os
días ás 12 prende o seu gramófono para escoitar a mesma canción de ópera. Ten un
amigo, Tulún, un neno de 5 anos que todos os días ás 12 vai visitalo e levarlle pan, leite
e o xornal. Luppo cóntalle historias fascinantes da súa vida e segredos que agocha no
seu gramó- fono. Un día Tulún chega a casa de Luppo e este non está…

DÍA E HORA: VENRES 11 (21.00 h)
EVENTO: RETROUSO EN CONCERTO. PRESENTACIÓN DO DISCO “DOUS”
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Concerto de música tradicional e folk (Todos os públicos) Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Acrofam, concellería de educación e os IES locais organizan talleres contra o bullying

2016-02-23 13.14.21Esta semana comezarán uns talleres para concienciar ao alumnado contra as consecuencias do acoso escolar «bullying». As sesións están dirixidas aos alumnos de terceiro de secundaria do IES Nº1 e do IES García Barros.

Así no lo presentaron Kim Llobet, presidenta da Asociación para o crecemento e orientación familiar (Acrofam), a concelleira de educación, Amalia Goldar, Manuel Valcárcel, director do IES Nº1 e Pilar Meijome, orientadora no IES García Barros.

Kim destaca a importancia da información sobre o acoso escolar para a súa identificación e denuncia por parte de víctimas e entorno familiar e educativo. A maioría dos acosadores non son conscientes do dano que fan e cando se lle pregunta por qué, non saben porque realizan ese acoso ou calificano de bromas, comenta a presidenta de ACROFRAM.

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O 94% das firmas presentes na Feira de Oportunidades, antigüidades, artesanía e salón do vehículos de ocasión, son de procedencia autonómica

cartel_1_salon_vehiculo_ocasion• O 73% das firmas presentes, proceden da provincia de Pontevedra, seguida por A Coruña cun 18%. Lugo e Ourense, soio aportan en conxunto o 3%. O 6% restante proceden da península Ibérica e Portugal.

• A mostra contará con exposición e venda de mobiliario, tapicería, relax, calzado, textil, artesanía, menaxe, antigüidades e vehículos de ocasión e seminovos, etc…

• Os visitantes contarán con catro pavillóns, con mais de 7.600 m2 de espazo expositivo. A entrada de visitantes ao recinto será gratuíta e entre os asistentes sortearánse catro vales de compra por importe de cincuenta euros cada un.

O próximo día once de marzo, o recinto estradense, inaugurará o calendario feiral 2016, coa celebración do seu primeiro certame: 6ª Feira de Oportunidades do Comercio, 49ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 1º Salón do Vehículo de Ocasión . Será o venres ás catro da tarde, cando o recinto abra as súas portas ao público, tendo lugar a inauguración oficial a posteriori.

Este primeiro certame, irrumpe no calendario feiral estradense cun cheo absoluto de catro dos seus pavillóns, mais de 7.600 m2 de superficie expositiva. A Comunidad Autónoma de Galicia, aporta o 93,65% das firmas presentes, destacando sobremaneira a provincia de
Pontevedra co 73%, seguida de A Coruña co 18%. Lugo e Ourense, tan soio aportan en Sigue leyendo →

Publicado en Feiras, Portada | Deja un comentario

El CD San Paio A Estrada Reale Seguros participa por tercera vez consecutiva en el Campeonato de España de Campo a Través por Clubes en Madrid

12717300_537506029749853_5066738994394813899_nEl CD San Paio A Estrada Reale Seguros participará por tercera vez consecutiva en el Campeonato de España de Campo a Través por Clubes, a celebrar hoy, en el Hipódromo de la Zarzuela, Madrid.

El equipo promesa, clasificado para este campeonato de España, tras lograr el tercer puesto en el campeonato Gallego de Campo a través disputado hace escasas fechas en Rivadavia, viaja con la ilusión de intentar realizar un buen papel dentro de la competición Nacional donde se darán cita los mejores equipos de nuestro país, aunque son conscientes de que los últimos acontecimientos lastran mucho el potencial del equipo. El CD San Paio A Estrada Reale Seguros acude con bajas sensibles, Luis Miguel Velasquez causa baja por una infección vírica que arrastra desde su participación en un Triatlón disputado en Cuba, la semana pasada, en los juegos iberoamericanos. Uxío Fernández Hermo también causa baja por estar en estos momentos en USA cursando sus estudios y al igual que Adrián Iglesias Penido que también es baja por motivos físicos.

Por lo tanto representarán al club los atletas Alberto Reboredo Durán, Adrián Picallo Mato, Alejandro Hermelo y David Montenegro, atleta este cuya especialidad son las pruebas de velocidad en pista y que se suma a la causa por tener licencia nacional en vigor, Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario