Este venres Tequexetéldere celebrará o seu XXV aniversario

simon kike tequeENTRADAS AGOTADAS

Este venres 4 de Novembro a agrupación Tequexetéldere celebrará o seu XXV aniversario ás 21:00 horas no Teatro Principial.

Para conmemorar os 25 anos desta agrupación realizarán unha gala de música e baile no Teatro Principal. Ademais de Tequexetéldere participará a Banda Cultural de A Estrada. A banda estreará no noso concello a obertura composta por Simón Couceiro e que leva o mesmo nome que a agrupación de baile tradicional.

Así nos presentou Kike Vázquez, representante de Tequexetéldere, acompañado co compositor Simón Couceiro.

A día de hoxe Tequexetéldere conta con prácticamente os mesmo compoñentes que nos Sigue leyendo →

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Degustacións e obradoiro infantil este sábado no Novo Mercado

06Menús para o fin de semana con Pilar Porto, cociñeira de La Bombilla, degustación e obradoiro infantil de repostería creativa e cupcakes a cabo de Pablo Rivadulla da Casa do Pan serán as dúas actividades do programa de outono no Novo Mercado de A Estrada para este sábado 28 de novembro. 

Dando continuidade ao programa de actividades de outono no Novo Mercado estradense, comezará ás 10,30 h Merco e Cociño con Pilar Porto, cociñeira do restaurante La Bombilla, no que os asistentes poderán acompañala polo mercado na compra de produtos que ela despois cociñará. O menú nesta ocasión será arroz con verduras e solombo de porco con salsa de mazá. Tras a preparación haberá degustación dos pratos para todos os participantes.

Simultáneamente, os máis pequenos da casa poderán participar no Obradoiro Infantil de repostería creativa  e cupcakes a cargo de Pablo Rivadulla da Casa do Pan. Os pequenos cociñeiros aprenderán técnicas para decorar os cupcakes e crear os seus propios doces.

Xa están ocupadas todas as prazas do obradoiro infantil pero aínda está aberta a inscrición para participar no Merco e Cociño.

Lembramos que estas actividades que están tendo boa acollida, están deseñadas dende as concellerías de Promoción Económica e Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira coa finalidade de dinamizar a praza estradense.

Publicado en Educación e Sociedade, Empresas e Comercio, Portada | Deja un comentario

Carmen Adán presenta a candidatura de Nós e demanda a necesidade da Variante

IMG_4419

Este xoves Carmen Adán e Alberte Lamazares achegáronse ata A Estrada para presentar Nós-Candidatura Galega en representación pola provincia de Pontevedra.

Na praza do concello acompañados de Xosé Magariños, Susana Camba e Tino Regueira mostraron a súa preocupación polas necesidades do noso concello, como a necesidade da Variante para restar tráfico ao centro da vila.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Os actores Xabier Deive e Luís Iglesia chegan ‘Filosolfando’ ao Teatro Principal da Estrada este venres

2015-11-27 16.47.12A comedia producida por Boneca Lareta, na que se reflexiona sobre o lado menos sensato da existencia, represéntase este venres ás 21.00 horas.

Logo da exitosa ‘Sede de Mal’, con máis de dez mil espectadores ata a data, ‘Filosolfando’ está conquistando o público de vilas e cidades e situou á compañía tamén na senda das grandes programacións, tras o seu paso pola renovada Mostra de Teatro de Cee e a súa presenza no FIOT de Carballo. 

Os actores Xabier Deive e Luís Iglesia chegan este venres ao Teatro Principal da Estrada con Filosolfando, a última produción de Boneca Lareta, dirixida por Diego Rey e distribuída por Culturactiva SCG. É a continuación natural, talvez a evolución necesaria, da anterior montaxe da produtora, a exitosa Sede de Mal. O recoñecemento acadado entre público e crítica situou a compañía tamén na senda das grandes programacións, logo de estrearse na renovada Mostra de Teatro de Cee e o seu paso polo FIOT de Carballo, referencia fundamental das artes escénicas galegas. A montaxe está conquistando ao público de vilas e cidades e este venres 27 será representada no Teatro Principal da Estrada ás 21:00 horas.

Se en Sede de Mal os dous intérpretes reflexionaban sobre o lado escuro da vida, agora as cordas soan arredor do lado menos sensato desa mesma vida de claroscuros. Iglesia e Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

A Asociación Cultural Vagalumes fai unha lembranza de Olimpio Arca Caldas polo cabodano do seu falecemento

IMG_4123Este 25 de novembro cumpriuse o primeiro cabodano do pasamento de Olimpio Arca Caldas. Esta data tráenos a memoria colectiva vila que el recuperou ademais da persoa e a súa relación de amizade e veciñanza. Desde a Asociación Cultural “Vagalumes” apreciamos o importante labor que deixou a toda a sociedade estradense en canto a defensa e promoción da lingua e cultura galega en xeral e particularmente a súa implicación coa nosa vila e a nosa comarca no estudo do seu patrimonio natural, histórico, cultural e humano.

Nos soportais do concello os integrantes da Asociación Cultural Vagalumes, Clara Iglesias, David Otero e Tino Regueira, explicáronnos en que consiste a súa proposta e os actos que este ano ían a celebrar na memoria de Olimpio Arca.

Son moitas as facetas que cultivou este egrexio estradense, e desde a Asociación Cultural “Vagalumes” quixeramos lembrar e dar continuidade a todas elas, especialmente Sigue leyendo →

Publicado en Portada | Deja un comentario

Chegou o Venres Meigo!!

cartel establecementos

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

A Estrada opta a conseguir 5 millóns de euros dos fondos FEDER

IMG_3968

A Estrada presentarase á convocatoria dos fondos FEDER dentro das Estratexias de Desenrolo Urbano Sostible e Integrado. Estes fondos financian o 80% das actuacións subvencionadas ata un tope de 5 millóns de euros na categoría do noso concello.

Así no lo contou o alcalde, José López, acompañado dos concelleiros Juan Constenla, Alberto Blanco e Amalia Goldar.

Dende o concello fan un chamamento a todos os veciños e veciñas para que participen nunha enquisa, que están a realizar no concello, con ideas de actuacións a desenrolar nos vindeiros 5 anos. Para complementar o cuestionario deberase marcar o campo de actuación (Reforzar o coidado do medio ambiente, Mellorar os servizos públicos a través Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario