A ACOE prepara un Venres Meigo

IMG_4073Este venres a ACOE prepara unha nova campaña «Venres Meigo» que contará coa participación de 60 locais con un 20% de desconto ou superior.

Los locais que terán o desconto en horario comercial estarán distinguidos por unha escoba no exterior así como un cartel que indique o desconto que realizan.

O prato forte da xornada será un concurso que realizará un usuario da tarxeta «aestradaPlus» que se escollerá por sorteo. O participante disporá dun tempo para recorrer 12 tendas, que se elixiran tamén por sorteo intres antes do comezo do concurso, e gastar 500 euros exactos. Os comercios elixidos sairán dos 60 participantes no Venres Meigo e estarán repartidos en 3 zonas, dos que sairán 4 de cada zona para completar as 12 tendas. Antes de comezar avisarase as tendas para que dean preferencia de atención ao participante ao ter límite de tempo para as compras.

O concurso comezará ás 17:30 horas dando a saída as actividades organizadas pola Asociación de comerciantes para a tarde. Ás 19:30 partirá un desfile con 100 Meigas dende Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Premio as mellores gandeirías da comarca

_DSC6562Esta semana a conselleria de Medio Rural, Ángeles Vázquez, desprazouse ata A Estrada para premiar as 10 gandeirías máis  productivas da comarca, según o Control Leiteiro de Africor. No acto estivo acompañada dos alcaldes de A Estrada e Forcarei, a concelleira, Anxos Pais e José Rodriguez, en representación de Africor.

Finalmente compartiron un xantar de confraternidade.

Na valoración entraron un total de 80 gandeirías de máis de 17 vacas en dúas categorías, máis de 50 vacas e 50 ou menos. Sigue leyendo →

Publicado en Agrogandeiros, Portada | Deja un comentario

O IES Nº1 realizou varias actividades nesta semana contra a violencia de xénero

2015 violencia de xenero  (20)O IES Nº 1, ao longo desta semana, estanse a desenvolver unha serie de actividades encamiñadas a concienciar o noso alumnado da gravidade da violencia de xénero, que conclúe o 25 de novembro cunha concentración  na que participamos os tres IES da Estrada.

O noso Centro deseñou unha pegatina, que se reparte entre toda a comunidade educativa, como sinal identificativo da nosa protesta contra esa lacra.

Por outra banda, recóllense as noticias que, nos últimos meses, deixan patente o incremento deste grave problema social, e que se expoñen  nun panel situado na entrada do centro.

2015 violencia de xenero  (11)Ademais, co lema “Nin unha morta máis, nin unha muller menos”, montamos unha exposición de zapatos vermellos que denuncian todas as mortas que van no 2015.

Así mesmo, rendemos unha homenaxe a cada muller asasinada neste ano, deixando constancia do nome, idade, data e lugar en que se cometeu o crime.

Na Biblioteca armouse unha mesa con todo o material do que se dispón arredor deste tema. Por outra parte, o alumnado esta a realizar traballos diversos, tales como carteis, relatos..que  se colgan no blog do do centro.

IES Nº1

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Os nenos do Foxo etiquetan de bos desexos en galego os agasallos deste Nadal

_MG_3792Por terceiro ano consecutivo o CEIP o Foxo realizou as etiquetas da campaña «Bicos a Moreas» en colaboración coa ACOE e ACE.

Estas etiquetas serán repartidas polos comercios asociados a ACOE para acompañar os agasallos deste Nadal. En total son 15.000 etiquetas en 97 deseños diferentes con mensaxes como Quérote un mundo, Bicos a Moreas, Es un Sol….

Esta inicativa foi moi ben acollida dende o comezo polo comercio local e polos clientes que cada vez máis preguntan por elas para os seus agasallos.

Ademais Fran Penas en representación da ACOE aproveitou a ocasión para entregarlles aos alumnos do Foxo as cartas da asociación para os Reis Magos. Todas as que sexan entregadas nas oficinas da ACOE entrarán nun sorteo, no cal o gañador ou gañadora será obsequiado cos agasallos que figuren na carta.

Publicado en Asociacións, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Tequexetéldere volve achegar o baile tradicional galego aos institutos

Tequexetéldere institutosA agrupación estradense Tequexetéldere está a realizar clases de baile nos institutos locais, IES Antón Losada, IES García Barros e IES Nº1, para achegar aos xóvenes o baile tradicional galego.

Esta iniciativa que naceu hai xa catro anos ampliouse tamén durante o mes de outubro aos centros públicos da vila, Figueroa e Pérez Viondi.

Na imaxe alumnos do Antón Losada no comezo das clases co monitor Eduardo Rial.

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

A Estrada Futsal completa o seu plantel co fichaxe de Edu

Edu A Estrada FutsalA Estrada Futsal completou a seu plantel para esta tempada coa incorporación de Edu, xogador seguido moi de preto dende hai tempo pola directiva estradense como garantía de futuro do deporte local.

Con tan só 20 anos e procedente do Lalín FC decidiuse polo Futsal declinando ofertas economicamente mellores, converténdose nun máis desta gran familia do fútbol sala estradense.

Así no lo presentaba a directiva do club

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Casa da Música, unha garantía para o futuro do conservatorio

Casa da musica lopezEste mes os alumnos do cuarto obradoiro de emprego consecutivo que consegue A Estrada comezaron os traballos para converter o edificio do multiusos na Casa da Música.

As obras comezaron pola primeira planta do edificio onde estaba aloxada a antiga biblioteca. Esta reforma poderá garantir a continuidade do conservatorio ao dotalo de novos espazos demandados pola Inspección da Consellería.

Ademais das reformas do edificio tamén se realizará polo propio obradoiro de emprego unha praza exterior unha vez se traslade o equipo de Emerxencias as súas novas instalacións en Toedo. Así no lo explicaba o alcalde, José López, tras a supervisión dos traballos acompañado do Primeiro Tenente de alcalde, Juan Constenla, e o director do obradoiro, Ignacio Taboada.

Este obradoiro de albanelería trátase do primeiro dirixido para menores de 25. Os 15 alumnos formaranse grazas aos 131.000€ aportados polo Plan de Garantía Xuvenil durante 6 meses.

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario