O departamento municipal de Servizos Sociais anunciou
hoxe a apertura dun prazo extraordinario de inscrición para cubrir as 10 prazas que
quedaron vacantes nos Campamentos do Mar, que este ano se desenvolverán no
Campamento Xuvenil A Devesa, en Ribadeo, do 26 de agosto ao 4 de setembro.
A edil Amalia Goldar explicou hoxe que aínda se permitirá a novos campistas anotarse
entre o luns 28 de xullo e o 4 de agosto. As prazas están reservadas para asistentes de
entre 8 e 16 anos.
Para os participantes que están censados no Concello da Estrada, a administración local
subvenciona directamente o 50% do custe xeral da praza, de xeito que os campistas
estradenses pagarán 120 euros no canto dos 240 que terán que pagar os asistentes que
non estean empadroados. Sobre a contía xa reducida haberá bonificacións engadidas.
Deste xeito, familias numerosas e monoparentais pagarán 84 euros. No primeiro caso, o
terceiro irmán tería praza gratuíta cando participen os tres na actividade. Tamén hai
bonificacións por irmán: o primeiro pagaría 120 euros e o segundo, 84.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse obrigatoriamente a través da sede
electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal) ou, no seu
defecto, no Rexistro Xeral ou dependencias de Servizos Sociais, en horario de 09.00 a
14.00.
O CONCELLO ABRE UN NOVO PRAZO PARA CUBRIR DEZ PRAZASVACANTES NA CONVOCATORIA DOS CAMPAMENTOS DO MAR
MÁIS DE 300 CIDADÁNS SOLICITAN CITA PARA DNI OU PASAPORTE NAUNIDADE MÓBIL DA ESTRADA DURANTE O SEU PRIMEIRO TRIMESTRE
A Policía Local xestiona as citas, que están xa esgotadas ata setembro.
Nese mes visitará a capital estradense os mércores 10 e 24.
Antes o servizo implicaba que os cidadáns acudiran dúas veces para
obter a súa documentación. Agora abondan apenas 10 minutos.
Os desprazamentos do VIDOC da Policía Nacional permiten, ademais, a
obtención do pasaporte sen moverse do municipio.
Transcorrido un trimestre dende que A Estrada estreou
a unidade móbil para a tramitación do Documento Nacional de Identidade (DNI) e do
pasaporte, o servizo está xa plenamente instaurado entre a cidadanía, que segue tendo
na Policía Local o seu referente para a xestión das citas. Trala estrea do Vehículo Integral
de Documentación (VIDOC) que a Policía Nacional traslada dúas ou tres veces ao mes ata
a capital estradense, foron máis de 300 as persoas que solicitaron facer uso dun recurso
que chegou para reducir distancias e tempos de espera.
A boa acollida que tivo este servizo deu como resultado que nestes momentos xa non
haxa disponibilidade para o mes de agosto. A Policía Local está xa dando citas para
setembro, mensualidade na que esta unidade móbil visitará A Estrada os mércores 10 e
24. Para o primeiro destes días xa só hai 11 dos 30 ocos dispoñibles.
O vehículo instalouse esta mañá na Praza da Constitución e volverá facelo na xornada de
mañá, despois de estar tamén o mércores 9. Deste xeito, en xullo houbo tres días de
servizo, igual que en xuño. En agosto ten escalas programadas para os días 6 e 27.
Cada vez que a unidade visita a vila emítense uns 30 carnés. Con anterioridade á súa
posta en marcha, o servizo trasladábase ata A Estrada catro veces por mes, se ben dous
destes días eran para a realización dos trámites de renovación ou expedición e os outros
dous para efectuar a recollida. Isto comportaba que os cidadáns tiveran que acudir dúas
veces para recibir a súa documentación. Agora, en apenas 10 minutos teñen o DNI nas
súas mans ou o pasaporte, un documento que ata o pasado mes de abril esixía aos
estradenses un traslado ata Santiago, Lalín ou Vilagarcía de Arousa, os puntos de
expedición máis próximos ao municipio.
“Foi un avance moi grande, que aporta rapidez e proximidade nun trámite obrigatorio e
necesario para os cidadáns”, sinalou o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, que
hoxe foi informado polo xefe da Policía Local, Javier García, da boa marcha que está
tendo o servizo. No transcurso desta conversa púxose o acento en que as solicitudes se
viron neste último trimestre sensiblemente incrementada con respecto ao sistema
anterior de expedición. “Está funcionando ben e con demanda”, resumiu García.
Os interesados en obter unha cita para esta unidade móbil teñen que poñerse en
contacto coa Policía Local, ben de xeito presencial (nas súas oficinas da Praza da Feira, en
horario de 09.00 a 14.00) ou ben a través do teléfono 986 570 898. No momento da
petición de cita é preciso aportar nome, teléfono e número de DNI. Cómpre indicar que
nestes momentos os tempos de agarda sitúanse en mes e medio.
Doutros concellos
Ademais de dar servizo aos veciños do Concello da Estrada, este VIDOC da Policía
Nacional que se traslada ata o municipio está sendo empregado para acurtar os
desprazamentos de concellos limítrofes. Así, entre os seus usuarios figuran cidadáns de
Forcarei, Cuntis ou Silleda, entre outros.
Aínda que acostuma a emprazarse na Praza da Constitución dous mércores ao mes,
coincidindo con xornada feiral, a certa flexibilidade que acompaña o servizo permite que
poida adaptarse en función da demanda, tanto na Estrada como nos outros concellos da
provincia nos que presta servizo
RASTREXAN A REDE DA TRAÍDA ESTRADENSE NA PROCURA DE FUGASE ENGANCHES IRREGULARES QUE EXPLIQUEN O ELEVADO CONSUMO
Dende a fin de semana do San Paio van localizadas catro fugas grandes
e oito máis pequenas, pero aínda se perden 400 metros cúbicos de auga
ao día.
Un grupo de traballadores municipais e outro grupo externo levan xa
inspeccionado preto do 60% do casco urbano.
En dúas semanas puideron recuperarse 1.500 m3 de agua que
escapaban por diferentes incidencias na rede.
O consumo habitual é de 4.000 metros cúbicos diarios, que chegaron a
picos de 5.200 nos últimos días.
O Concello pide un consumo responsable aos cidadáns, mantendo como
obxectivo principal evitar que a ETAP se vexa superada e cheguen a
producirse cortes no subministro aos fogares.
Todo comezou na fin de semana das festas patronais de
San Paio. A detección de consumos de auga máis elevados do habitual na rede de
abastecemento da capital estradense fixo saltar as alertas. Aínda que nun primeiro
momento se pensou nas celebracións, a hipótese non tardou en desbotarse e arrancou a
complexa busca de fugas por toda a labiríntica rede da traída municipal. O edil delegado
de Servizos Municipais, Óscar Durán, confirmou este mediodía que o rastrexo continúa,
logo de que xa dese como resultado a localización de catro fugas grandes e outras oito
máis pequenas, así como a detección de enganches irregulares que non pasan nin polo
contador ni polo correspondente padrón fiscal.
O consumo habitual de agua no casco urbano da Estrada sitúase nos 4.000 metros
cúbicos por xornada. Dende a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Parada
advertiuse que o consumo chegaba xa aos 4.500 e 4.800 metros cúbicos en xornadas
sucesivas, acadando a pasada semana os 5.200.
Xa dende os primeiros avisos comezaron a buscarse incidencias na condución.
Localizouse unha fuga de 700 m3
a carón da base do servizo municipal Emerxencias A
Estrada, en Toedo. Aínda que en tan só 12 horas se recuperaron nos depósitos 500 m3
, os
consumos elevados persistiron.
Dous equipos
Óscar Durán explicou que un equipo de traballadores municipais, respaldado por outro
equipo externo de operarios comenzaron un rastrexo intensivo na traída estradense,
conseguindo atopar os puntos polos que se estaban perdendo 1.100 m3
a través de
fugas, roturas e enganches ilegais. Explicou o concelleiro que estes últimos están sendo
precintados, para seguidamente apuntar que arestora xa se inspeccionou preto do 60%
das conducións no casco urbano.
As catro fugas meirandes explican, cada unha, perdas de entre 200 e 300 m3
. As
pequenas móvense, pola súa parte, entre os 15 e os 40 m3
. A última fuga localizada foi
este mediodía, na Avenida Benito Vigo. Durán apuntou que, aínda así, “continúan
marchando 400 metros cúbicos de auga”. “Temos que saber por onde”, engadiu.
Consumo responsable
O concelleiro aproveitou a ocasión para pedir aos veciños un consumo de auga “máis
responsable se cabe”. Sinalou que a ETAP está funcionando “a pleno rendemento e sen
descanso” e puxo o acento na importancia de evitar que a instalación se vexa superada e
que se ocasionen cortes no subministro de auga aos fogares.
Durán explicou que os traballos de detección fanse especialmente aproveitando o
horario nocturno, levantando tapas de rexistro, pechando chaves e combinando a
observación directa coa atención experimentada aos sons que emite a rede en cada
punto. “Recuperamos un millón e medio de litros de agua ao día en dúas semanas”,
sinalou .
A ESTRADA LEVARÁ A ÓPERA Á RÚA DA MAN DO TEATRO REAL DEMADRID, CUNHA RETRANSMISIÓN EN DIRECTO O VENRES 19 DE XULLO
O Concello súmase ás entidades que contarán cunha retransmisión en
directo de “A Traviata”, de Verdi, dende a capital madrileña.
Poderá seguirse, de xeito totalmente gratuíto, a través da pantalla
instalada na Porta do Sol.
– A concelleira estradense de Cultura, Lucía Seoane,
presentou esta mañá unha iniciativa que o Concello impulsa da man do Teatro Real de
Madrid para sacar a ópera á rúa. Deste xeito, os cidadáns poderán gozar o vindeiro
venres, 19 de xullo, dunha das óperas máis populares da historia, “A Traviata”, de
Giuseppe Verdi. Será a través dunha retransmisión en directo dende o teatro madrileño,
arrancando a función ás 21.00 horas.
O Teatro Real cumpre 10 anos xa levando a ópera á rúa a través de grandes
retransmisións en directo, creando un programa sen fronteiras que fai que a ópera sexa
accesible para todos os cidadáns. A entidade facilitará o sinal de forma gratuíta a
concellos e institucións culturais que, como o da Estrada, solicitaron participar deste
programa. O Concello terá que poñer o espazo e os medios necesarios para que poida
visualizarse a representación.
Seoane puxo o acento en que será “unha oportunidade única para que o público poida
gozar da beleza da ópera, dende o Teatro Real de Madrid pero case sen movernos da
nosa casa”, apuntou. Sinalou que “A Traviata” de Verdi é unha das óperas máis queridas
polo público, “unha obra intensa, romántica e tráxica” baseada na novela “A dama das
camelias”, de Alejandro Dumas.
A ópera relata a apaixoada historia de amor, no París do século XIX entre a cortesá
Violetta Valèry e o nobre Alfredo Germont, unha parella cuxa felicidade se ve ameazada
pola hipócrita sociedade burguesa da época. Esta emblemática peza contén unha música
poderosa e emotiva que chega directa ao corazón, con momentos inesquecibles para a
cultura popular como as arias “Sempre libera”, “Addio do passato” ou o fermosísimo
brinde “Libiamo ne´lieti calici”.
A POLICÍA LOCAL AVISA DO PECHE, ESTE SÁBADO, DOSESTACIONAMENTOS DA CARBALLEIRA DA FEIRA E ESQUINA DE 25 DEXULLO
– A Policía Local da Estrada lanzou hoxe un aviso para que
a cidadanía estea informada de que, con motivo da celebración do San Cristovo este
sábado, 12 de xullo, a área de estacionamento público da Carballeira da Feira e a que fai
esquina coa Rúa 25 de Xullo estarán cortadas ao tráfico. Non se poderá parar nin aparcar
nestes recintos dende as 08.00 horas do sábado.
Este anuncio público complementouse xa coa instalación, na zona afectada, de vallas nas
que se incorpora este mesmo aviso.
De igual xeito, dende o corpo municipal infórmase tamén de que a parada de autobús e
dúas zonas de carga e descarga da Avenida Benito Vigo próximas á Praza da Constitución
quedarán reservadas dende o sábado, ás 08.00 horas, para os vehículos da TVG
vencellados á gravación dun programa.
ACLARACIÓNS DO ALCALDE SOBRE A PUBLICACIÓN REALIZADA POLOPSOE NAS SÚAS REDES SOCIAIS
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, quixo saír ao
paso das declaracións e acusacións vertidas polo PSOE local este mediodía no seu perfil
en redes sociais nas que, a xuízo do xefe do executivo estradense, busca facerse eco
dunha publicación “terxiversada e tendenciosa” para prexudicar a imaxe do mandatario
e do propio Concello.
O PSOE citou a publicación feita por un blog e un diario dixital no que se alude á visita do
alcalde estradense a uns viñedos no rural do municipio logo dunha recepción realizada,
no mes de abril, a un conselleiro da embaixada rusa en España. Esta recepción foi feita a
petición de empresarios que están realizando investimentos en terras estradenses e da
man doutro empresario local.
“Estas persoas hai tempo que levan facendo investimentos no Concello da Estrada.
Pediron unha recepción aquí e dende o Concello non se fixo ningún tipo de veto pola
nacionalidade das persoas que se achegan a esta institución”, explicou Louzao, que
engadiu que a visita viña a través dun empresario local. “Non se lle vimos ningún tipo de
problema a esa recepción, na que se incluíu a persoal da Garda Civil e da Policía Local”,
relatou o mandatario. Sinalou que nesa recepción, que foi publicada polos medios de
comunicación, foi convocado a visitar as plantacións de vides en 20 hectáreas de terreo,
principalmente concentradas nas parroquias de Paradela, Santeles e San Miguel de
Castro.
“Foi unha visita como moitas que facemos, convidados a instalacións de empresas que
queren que coñezamos, como representantes do Concello, o que fan e os avances que
teñen aquí”, argumentou Gonzalo Louzao.
O alcalde asegurou que en ningún momento se fixo inauguración algunha nesa
propiedade privada e que a súa presenza no viñedo non tivo máis obxecto que o de
responder á invitación de coñecer o investimento que se está realizando en terras
estradenses.
“Aquí hai un investimento a raíz da venta e explotación de 20 hectáreas de terreo e eu
como alcalde fixen unha visita para ver como se expandiron esas implantacións. Fago
moitas visitas como esta porque os empresarios queren que coñeza de primeira man os
impulsos que recibe o noso municipio, e neste caso foi unha plantación de vide”, incidiu.
O MUSEO DO POBO ESTRADENSE ESTARÁ EN OBRAS DURANTE OSMESES DE XULLO E AGOSTO PARA AVANZAR NA SÚA REAPERTURA
• O Concello destina a estas actuacións, necesarias para poder abrir as
instalacións tras moitos anos de peche, 50.000 euros.
• Limpeza de fachada, conservación da carpintería exterior de madeira,
pintado, melloras eléctricas e actuacións no patio, entre as intervencións
programadas.
• Despois destes traballos adxudicarase a creación do discurso expositivo.
O OooMuseo do Pobo Estradense, que leva o nome de
Manuel Reimóndez Portela, afronta un verán de obras. O alcalde, Gonzalo Louzao Dono,
avanzou hoxe que as instalacións pasarán os meses de xullo e agosto acollendo as
actuacións programadas para avanzar, de xeito decidido, cara a súa reapertura.
O mandatario explicou que se reservaron 50.000 euros para efectuar unha limpeza da
fachada; a conservación da carpintería exterior de madeira; o pintado do interior;
mellora da instalación eléctrica; mellora da seguridade e tamén intervención no patio
interior do edificio do antigo matadoiro municipal para que se integre no discurso
museístico.
Estas obras chegan despois de que nos últimos meses se estivera realizando nestas
instalacións municipais a retirada de diverso material que non era susceptible de
someterse ao proceso de catalogación e ordenamento de fondos que se realizará tras a
execución das reformas agora previstas. “Unha vez rematadas estas obras,
adxudicaremos a construción do discurso expositivo, que estará centrado na historia da
Estrada, nas tradicións estradenses e na Estrada dos séculos XIX e XX”, detallou hoxe
Louzao Dono.
O Museo do Pobo Estradense trasladouse ó edificio que ocupa actualmente no ano
1996, na sede do antigo Matadoiro Municipal. Nos últimos anos o inmoble foi obxecto
dunha actuación de mellora estrutural e de renovación da cuberta. Agora,co obxecto de
proceder á apertura do museo ao público, xurde a necesidade de realización dalgunhas
actuacións menores tanto no interior como no exterior do inmoble para garantir o
óptimo estado de conservación da obra e que estas instalacións volvan a abrir as súas
portas.
O alcalde lembrou que o seu goberno trasladou hai meses o seu desexo de dar o impulso
definitivo á reapertura do Museo Reimóndez Portela para que se converta “nun dos
nosos grandes emblemas culturais”.
Catalogación
Co procedemento de reapertura en marcha faise preciso un proceso de selección e
depuración do material dispoñible no centro, froito das moitas doazóns que o Museo do
Pobo Estradense foi recibindo nos seus anos de historia, con materiais de ampla
diversidade. Deste xeito, ábrese un tempo para a catalogación e ordenación dos fondos
de cara a distribuílos para a súa exhibición.
É difícil calcular o número de pezas que figuran no haber do museo estradense, se ben a
última estimación barallada pola dirección apunta a que pode estar por encima das
2.000. Entre elas figuran moitas pezas etnográficas (algunhas vencelladas ao traballo do
liño, á labranza ou á tornaría), arqueolóxicas, pictóricas ou fotográficas. Contan as
instalacións con cadros de Laxeiro, Colmeiro, Castelao, Miguel Docampo, Xesús Muras,
Fragoso, Ángel Lemos de los Reyes, Morales, Ramiro Cimadevila, Jano Sanmartín, Susana
Pazo Maside, Santiago Tato, José María Barreiro ou Daniel Cifuentes. No fondo
fotográfico existen negativos de Ovidio Piso ou Celestino Fuentes, entre outros.
Súmanse ao legado que poderá exporse maquetas a escala da antiga e desaparecida
igrexa ou o Cruceiro da Estrada











































