Luis López fai balance do mes de xullo en Rías Baixas: líder en estadía media en Galicia e aumento de case un 6% no total de turistas estranxeiros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, avanza que o destino turístico Rías Baixas rexistrou neste mes de xullo un incremento de arredor do 6 % tanto no total de visitantes como de turistas estranxeiros, uns datos que consolidan á provincia como destino líder de Galicia cunha estadía media dos visitantes no territorio de 2,47 días. Unhas cifras adiantadas polo mandatario provincial na presentación da nova imaxe da Oficina de Turismo Rías Baixas da Estrada, que vén de renovar o seu certificado Q de Calidade. “Isto demostra que as Rías Baixas son unha potencia turística. Son datos dos que estamos tremendamente orgullosos e que nos animan a seguir traballando tendo clara a importancia da sustentabilidade, a desestacionalización e a descentralización”, afirmou o presidente López nun acto no que estivo acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, a directora provincial desta área, Romina Fernández, e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao.

 

O destino Rías Baixas recibiu no mes de xullo, segundo datos contrastados co INE, o 37,45 % dos turistas que chegaron a Galicia. O 74,24 % deles son visitantes nacionais, mentres que o 25,76 % restante proceden doutros países. En total, foron 61.321 visitantes estranxeiros os que chegaron á provincia no pasado mes de xullo, o que supón un incremento do 5,67 % con respecto ao mesmo período do ano anterior neste segmento. “SeguImos o camiño da descentralizacion, porque é a chave do éxito nun territorio ligado á natureza e ao patrimonio”, subliñou o dirixente provincial. Con respecto á ocupación, a provincia rexistrou un aumento do 1 % con respecto ao ano pasado para situarse no 60,48 % sendo Sanxenxo (70,01%), O Grove (65,72%) e Pontevedra (62,87%) os concellos líderes.

 

Aposta polo interior

Con motivo da celebración deste acto nun concello do interior da provincia como é A Estrada, Luis López salientou o éxito da campaña de promoción do destino Rías Baixas “Cando Volves?” na que “por primeira vez todo o protagonismo recae no interior da provincia, porque as Rías Baixas están conformadas por 61 concellos, non é algo reservado só para a franxa atlántica, polo que seguimos convidando a todo o mundo a que se achegue ás Rías Baixas, aos 61 concellos, porque os 365 días do ano temos experiencias para desfrutar”, defendeu o presidente. No mesmo sentido se pronunciou o rexedor estradense ao recoñecer “a sensibilidade da Deputacion de Pontevedra para promocionar as Rías Baixas con todo o que ten que ver co interior da provincia”, sinalou Louzao.

 

Por outro lado, o presidente da Deputación puxo tamén en valor o esforzo que a Administración provincial está a facer por mellorar o servizo na rede de Oficina de Turismo Rías Baixas. Para ofrecer un servizo da máxima calidade, o goberno provincial vén de resolver a concesión das axudas a estas oficinas, que este ano repartiu un total de 260.000€, 30.000€ máis que no 2024, entre 29 establecementos, que recibiron entre 6.300 e 14.000€ cada un. Uns investimentos que permiten que oficinas coma a da Estrada melloren a súa imaxe, ofrezan unha mellor atención e renoven certificados como o Q de Calidade, co que contan xa 8 oficinas da Rede Rías Baixas.

 

“Queremos que calquera visitante que veña as oficinas de Turismo Rías Baixas atope unha información clara, concisa e unificada e que reciban a información que veñen buscar con eses parámetros de máxima calidade” afirmou Luis López, que quixo tamén agradecer o traballo de todos os profesionais, desde o da deputada Nava Castro ata o de todos os traballadores da rede de Oficinas de Turismo Rías Baixas, porque “se falamos do éxito deste destino, boa parte é atribuíble ás persoas que traballan nas oficinas de Turismo Rías Baixas”, concluíu o presidente Luis López.

 

Mes de agosto

A falta de pechar o mes de agosto, desde a Deputación de Pontevedra avánzase que o número de visitantes que se achegaron á sede de Turismo Rías Baixas do Palacete das Mendoza ata o día 21 de agosto foi de 5.300 visitantes. Mentres que o castelo de Soutomaior foi visitado por 3.831 persoas e o de Sobroso, por 1.059. Así mesmo, completaron algunha das variantes do Camiño de Santiago que transcorre pola provincia un total de 17.312 peregrinos, o que supón un aumento do 6 % con respecto ao ano anterior e que consolida ao Camiño Portugués (9.247 peregrinos) e o Camiño Portugués pola Costa (7.036 peregrinos) como as rutas favoritas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Deputación mobilizará esta semana preto de 250 veciños de 5 concellos da provincia coas saídas do programa +Convivencia

As persoas participantes visitarán enclaves da provincia como a Praia da Lanzada ou as illas de Tambo e Ons, practicarán kaiak na Illa de Arousa e coñecerán a tradicional Festa da Malla en Lalín

A Deputación de Pontevedra continúa esta semana as saídas programadas ao abeiro do programa provincial +Convivencia con novas actividades que mobilizarán un total de 244 persoas chegadas desde os concellos de Mos, Pontevedra, Redondela, O Rosal e Soutomaior. A máis multitudinaria será a excursión da veciñanza do Rosal, coa mobilización de 56 persoas este domingo 24 de agosto a través da súa Agrupación Musical e que se achegarán á Praia da Lanzada (O Grove).

 

As actividades comezan o sábado 23 de agosto coa visita á Illa de Tambo por parte de 53 veciños da  Asociación Cidadelle de Redondela. Ademais, 51 nais e pais do CEIP San Miguel de Marcón de Pontevedra realizarán unha ruta en kaiak pola Illa de Arousa, e 30 socios do Son dos Cantares de Mos coñecerán a tradicional Festa da Malla en Doade, Lalín. As saídas complétanse o domingo 25 de agosto coa viaxe á Illa de Ons de 54 mulleres da Asociación Anduriña de Arcade (Soutomaior).

 

+Convivencia, cun orzamento de 275.000 euros (un 25% máis que na primeira edición), está a permitir que 229 entidades sen fins de lucro coñezan o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. A Deputación oferta un amplo catálogo de actividades relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, relixiosa ou popular, co Camiño de Santiago ou cos museos, entre moitas outras. Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPA da provincia.

 

A Deputación concede a cada entidade unha axuda de ata 1.200 euros (o ano pasado as axudas máximas eran de mil euros) para que poidan xestionar e deseñar con total autonomía a súa actividade, favorecendo a contratación de empresas do tecido máis próximo e estimulando a economía local. Ademais, o número mínimo de persoas participantes en cada excursión é de 30, ou 20 no caso daquelas viaxes ou actividades nas que sexa necesario contratar autobuses e participen persoas con mobilidade reducida que precisen unha cadeira de rodas ou outras axudas técnicas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O DELEGADO DA XUNTA REÚNESE COS ALCALDES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA REFORZAR A COORDINACIÓN FRONTE AOS INCENDIOS FORESTAIS

  • Agustín Reguera destacou a prioridade absoluta de protexer ás persoas e ás vivendas ante a situación excepcional que vive Galicia
  • A Xunta despregou o maior dispositivo da súa historia, con máis de 000 profesionais e 32 medios aéreos, e solicita a máxima colaboración dos concellos

.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, acompañado polo xefe do servizo de Prevención de Incendios Forestais, Manuel Francisco Gutiérrez, reuniuse hoxe cos representantes municipais da provincia para reforzar a coordinación fronte á elevada actividade incendiaria que está a rexistrar Galicia durante este mes de agosto.

Na xuntanza, Reguera lembrou que “estamos ante unha situación excepcional, que obriga a dar prioridade absoluta á defensa das persoas e das vivendas naqueles lugares onde os incendios están a avanzar con especial violencia”.

Así mesmo, o delegado lembrou que, pese a que ata agora “na provincia de Pontevedra conseguimos controlar os lumes ocasionados e non se está a vivir unha situación tan complicada como a que se vive noutras provincias, é importante manter activa a coordinación e as vías de contacto para poder facer fronte ás posibles ameazas que se presenten nas próximas semanas”.

Pola súa banda, o xefe do servizo de Prevención de Incendios Forestais explicou que desde o 1 de agosto rexistráronse 492 incendios en Galicia, uns 370 máis que no mesmo período do ano pasado. Só na xornada do domingo chegaron a declararse preto de 30 novos lumes en toda a comunidade, a maiores dos que xa estaban activos.

Para facer fronte a esta situación, a Xunta despregou o maior operativo da súa historia, composto por máis de 3.000 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, aos que se suman máis de 200 bombeiros, GES e Protección Civil, 343 efectivos de brigadas municipais, 380 motobombas, 36 buldócer, 10 batracios e 32 medios aéreos, ademais de persoal da Policía Autonómica, da UME e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Chamamento á colaboración dos concellos

Durante a reunión, a Xunta solicitou aos alcaldes que extremen a vixilancia en zonas de especial sensibilidade, como áreas de interface urbano-forestal, espazos protexidos ou lugares con elevada carga vexetal. Tamén se lles pediu que revisen o estado das faixas secundarias e que informen aos veciños da importancia de manter estes espazos libres de biomasa.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA APOSTA POR UNHA RECOLLIDA MÁIS EFICIENTE CONREORGANIZACIÓN E UN NOVO MODELO DE CONTEDORES AMARELOS

 As unidades do casco urbano pasarán dos actuais 800 litros a novos
elementos cunha capacidade de 1.800 e 3.200, pensados para a recollida
con carga lateral.
 A reorganización das illas da vila comezará a mediados de agosto.
 Estímase que uns 150 contedores retirados e en bo estado pasarán a
reforzar a recollida de envases lixeiros no ámbito rural.
 A Estrada supera a media galega de reciclaxe de envases de plástico,
latas e bricks, situándose no 24% e con uns 450.000 quilos deste residuo
recollidos no último ano

O Concello da Estrada porá en marcha a mediados do
mes de agosto unha substitución dos contedores amarelos, destinados a envases lixeiros
(de plástico, latas ou bricks), por un novo modelo de maior capacidade e adaptado para
a carga lateral. A medida busca incrementar a eficiencia na recollida selectiva deste tipo
de residuos e suporá unha reorganización dos diferentes puntos existentes para estes
depósitos no casco urbano.
O novo modelo suporá pasar dos 800 litros de capacidade que ofrecen os contedores
actuais a unidades de 1.800 e 3.200 litros. Contando con este incremento, o número de
puntos de depósito por rúa será revisado e reorganizado, procurando unha optimización
do espazo e unha recollida máis eficiente.
Neste senso, os camións que se empregarán para descargar o contido destes contedores
amarelos xa non terán que ser de carga traseira, que fai máis complexa a mobilización
das unidades de depósito e esixe que o condutor estea acompañado por unha ou dúas
persoas para efectuar a recollida. Cos vehículos de carga lateral, o camión pode situarse
en paralelo ao colector, activando de xeito automatizado o mecanismo de carga e
baleirado a través do dispositivo que incorporan. Isto fai que a recollida precise menos
operarios.
O edil de Servizos Municipais, Óscar Durán, indicou que estes cambios motivarán que
algúns dos contedores amarelos agora distribuídos polas rúas da Estrada desaparezan e
outros se reagrupen, unha vez se teñan incorporadas as unidades que duplican ou

triplican a capacidade actual. Os elementos que se retirarán e que se atopen en bo
estado empregaranse para reforzar a recollida de envases lixeiros no ámbito rural,
estimando que se poidan sumar a estes depósitos selectivos uns 150 colectores.
Durán aproveitou hoxe a ocasión para recoñecer e aplaudir publicamente os datos que
vén de aportar a empresa Ecoembes, encargada da xestión dos residuos depositados no
contedor amarelo. Segundo apuntou o concelleiro, A Estrada sitúase por encima da
media galega, cunha marca do 24%.
Incremento anual
Profundando nestes datos, sinalou o edil que no último ano os estradenses depositaron
nestes colectores 450.000 quilos de envases lixeiros e que cada exercicio vén
incrementando esta recollida selectiva entre un 10 e un 15%.
Por outro lado, dende este departamento municipal tamén se avanza que se
aumentarán os contedores de vidro, incorporando ao parque de iglús verdes outras 15
unidades.
As illas de recollida serán tamén reorganizadas no momento no que se incorpore, de
cara a o vindeiro outono, o quinto colector, destinado aos residuos orgánicos

Publicado en Portada | Deja un comentario

LOUZAO VISITA NAS PISCINAS MUNICIPAIS AOS PARTICIPANTES DASEGUNDA QUENDA DO CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, visitou esta
mañá aos participantes na segunda quenda do Campus Deportivo de Verán. O rexedor
vestiu a camiseta deste programa de conciliación da vida laboral e familiar, aproveitando
o momento de actividade nas piscinas municipais.
Os campistas veñen facendo uso das instalacións acuáticas dende o inicio do campus, se
ben os que asistiron nesta quincena tiveron ocasión de estrear o vaso grande, logo da
súa reforma integral. Aínda así, os rapaces son distribuídos por grupos de idade entre os
tres vasos do complexo deportivo.
O Campus Deportivo de Verán, impulsado con gran acollida cada ano pola Concellería de
Deportes, atende este ano un total de 883 solicitudes. Evidentemente, moitas delas
teñen detrás campistas que repiten a experiencia en diferentes quendas. Na que finaliza
mañá despídense 272 matriculados, reservando o último día para visitar a praia fluvial.
En agosto a afluencia baixa a 183 inscritos na primeira quincena e outros 152, na
segunda.

Publicado en Portada | Deja un comentario

FIN DE CURSO PARA OS ALUMNOS ESTRADENSES DE ARTETERAPIA

 A esta actividade gratuíta asisten unha quincena de persoas con
discapacidade intelectual.
 Son tres sesións por semana, de tres horas de duración cada unha.

A concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar,
participou na tarde do mércores nas actividades de fin de curso dos alumnos de
Arteterapia, unha iniciativa na que participan unha quincena de veciños da Estrada con
discapacidade intelectual e na que se empregan as artes plásticas para mellorar saúde e
benestar.
Estes obradoiros teñen un carácter totalmente gratuíto para os participantes e
desenvólvense ao longo de todo o ano, cunha única paréntese no mes de agosto. O
alumnado acode tres días á semana, a razón de tres horas por xornada (de 16.00 a
19.00). Co respaldo de Asociación Galega das Artes, empregan a expresión pictórica
sobre múltiples soportes.
As persoas asistentes levan para as súas casas todos os traballos realizados. “É unha
actividade que funciona moi ben e na que os asistentes se senten moi cómodos, tanto
que cando remata o curso xa temos peticións de que volva comezar”, apuntou Goldar.
Indicou a concelleira que estas aulas retornarán xa no mes de setembro. Este mércores
todos os asistentes tiveron ocasión de amosarlle os seus traballos máis recentes e tamén
de compartir unha merenda.

Publicado en Portada | Deja un comentario

PAZO DE OCA, SENDEIRISMO E GASTRONOMÍA, ENTRE OS RECURSOSCON MÁIS DEMANDA NAS OFICINAS DE TURISMO DA ESTRADA

 O servizo de información recibe aos visitantes da tempada estival no
punto da Casa das Letras e ao pé do alcumado ‘Versalles Galego’.
 Entre aqueles que xa escolleron A Estrada combínanse ao 50% os
turistas aloxados no municipio e os que están de paso.
 A gran maioría dos turistas chega procedente doutras comunidades
autónomas, caso de Andalucía, Madrid, País Vasco ou Cataluña.

Pazo de Oca, rutas para a práctica de sendeirismo e
gastronomía ocupan os postos altos da lista de recursos que máis demanda están tendo
no primeiro mes da tempada alta de verán entre os usuarios que se achegan ás oficinas
de turismo abertas no Concello da Estrada. Un destes puntos de información turística
está localizado na Casa das Letras, moi próximo ao consistorio, e outro ao pé do
alcumado como Versalles Galego.
Dende estas dependencias agárdase ver sensiblemente incrementada estes días a
afluencia de visitantes, contando coa ponte do 25 de xullo e o arranque do mes de
agosto, no que o número de turistas acostuma a elevarse. Entre aqueles que xa
escolleron A Estrada para gozar dalgúns dos seus días de vacacións, combínanse ao 50%
os turistas que están aloxados no municipio -moitos deles en establecementos de
turismo rural- e aqueles que están de paso.
Ata o de agora, o denominador común entre os usuarios destes puntos informativos é a
súa procedencia de fóra da comunidade galega, con presenza de turistas chegados de
rexións como Andalucía, Madrid, Cataluña ou País Vasco. No tocante ao rango de idade,
vai principalmente dos 40 aos 75 anos, sendo o máis habitual os turistas que chegan ata
estas terras en grupos de amigos ou familias sen nenos pequenos.
Como queda avanzado, o Pazo de Oca é unha das xoias indiscutibles entre os recursos
turísticos locais. Algúns visitantes chegan coa idea de descubrir o seu interior -aberto
dende hai anos tamén á realización de percorridos- e outros fano atraídos pola sona dos
seus amplos e impoñentes xardíns.
Tamén Sabucedo, aínda pasada a fin de semana na que se celebra a Rapa das Bestas,
chama moito a atención. Aqueles que se achegan ata esta parroquia da Estrada teñen a

opción de coñecer o curro do Campo do Medio e o curro vello, a carón da igrexa
parroquial, gozando tamén de propostas como a Ruta dos Muíños de Vesacarballa ou, xa
para camiñantes máis entregados, a que leva aos petróglifos.
Os atractivos naturais son tamén unha referencia obrigada para os visitantes. Moitos
queren combinalos cun pouco de actividade física, de xeito que empregan as oficinas de
turismo locais para interesarse pola práctica do sendeirismo na contorna.
E non podía faltar a gastronomía. Entre as consultas que se canalizan nestes puntos
informativos está tamén a de onde comer salmón, prato protagonista da cociña
estradense, ou polbo á feira.
De igual xeito, ata este servizo tamén se achegan particulares da Estrada que buscan
material divulgativo sobre os encantos turísticos do municipio para poder ofrecerllo aos
seus clientes e visitas.
As dúas oficinas de turismo do Concello estradense están funcionando con arranxo ao
seguinte horario: os luns é día de peche; de mates a venres funcionan de 10.30 a 14.00 e
de 16.00 a 19.00; os sábados de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 e os domingos de 10.30
a 13.30 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario