Este sábado A Estrada recibe aos veteranos do Real Madrid

MADRID 1(2)A Peña Madridista estradense consígueo que este sábado 24 de outubro ás 12 horas, o Club de fútbol de veteranos do Real Madrid se desprace ata o novo estadio de fútbol a disputar un encontro contra unha selección de veteranos locais. O patrocinador principal do encontro será Helvetia que proporcinará as camisetas aos estradenses.

Así no lo contaron o concelleiro de deportes, Ismael Pena, e un dos seleccionadores do combinado local, Víctor Manuel Lorenzo Lomba, nunha reportaxe elaborada en conxunto con Nós TV.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Esta tarde o MOME acollerá unha charla de podoloxía

María CarbajosaLa podóloga María Carbajosa ofrece esta tarde una conferencia en el Mome de A Estrada para concienciar a los ciudadanos sobre la necesidad de cuidar sus pies

“Mantener un buen cuidado de los pies en la tercera edad mejora considerablemente la calidad de vida”

Forma parte de la campaña Pie Saludable y las actividades programadas por el Colexio de Podólogos de Galicia para festejar el próximo sábado-24 el Día de la Podología

Con motivo del Día de la Podología y de la Semana del Pie Saludable, el Colexio de Podólogos de Galicia celebrará una charla informativa el próximo miércoles, día 21, en el Museo do Moble e da Madeira (MOME) de A Estrada (avda. Benito Vigo, 92, bajo) sobre los cuidados generales del pie y la evolución de la profesión. El vocal del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, presentará la conferencia que impartirá la podóloga estradense María Carbajosa a partir de las 19:30 horas. El proyecto Pie Saludable, patrocinado por el Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos, es una campaña de concienciación a nivel nacional sobre la necesidad de tener unos pies saludables.

Así como la gente visita periódicamente al odontólogo y al oftalmólogo, el Colexio de Podólogos de Galicia pretende transmitir a los ciudadanos la importancia de tener los pies Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

A presidenta da Deputación reuníuse co alcalde para coñecer as necesidades do concello

image3mFai uns días a nova Presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, visitou o noso concello para coñecer de primeira man as necesidades máis urxentes que lle trasladou o rexedor, José López.

Silva trasladou ao alcalde o seu compromiso de dar a Estrada a relevancia que lle corresponde pola categoría do concello.

O alcalde solicitou a presidenta o arranxo de varios viais, buscar unha solución para a mellora da recollida do lixo, apoio para o viveiro de empresas, becas para rapaces sen experiencia laboral e axudas para asociacións, entre outras actuacións.

image4m

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O secretario xeral do Medio Rural ratificou o apoio da súa consellería á asociación ADIVUPAR

image2mO secretario xeral do Medio Rural, Tomás Fernández Couto, mantivo a pasada semana unha reunión cos productores de oliveiras do proxecto CERNES da asociación ADIVUPAR, na que explicou as labores de seguimento que se están a realizar por parte da consellería para o peche de este proxecto, na que asegurou que a pesar de que este finalice aquí, a consellería seguirá prestando o apoio necesario para poder facer que esta «semente» teña continuidade ata acadar unhas superficies de producción que resulten interesantes e rendibles economicamente, para elo puxo como exemplo ás sociedades de fomento forestal (SOFOR), nas que varios propietarios particulares colindantes se unen para acadar superficies que abaraten os custos e aumenten os rendimentos, recoñeceo que ao ser o CERNES un proxecto piloto, e Sigue leyendo →

Publicado en Agrogandeiros, Asociacións, Portada | Deja un comentario

O novo obradoiro de emprego acondicionará a Casa da Música

vlcsnap-2015-10-02-18h28m17s102A pasada semana A Estrada comezou un novo obradoiro de emprego no que mozos e mozas formaranse no oficio da albanelería. Durante este tempo porán en práctica estes novos coñecementos reformando o edificio de usos múltiples para convertelo na futura Casa da Música.

Na nosa nova colaboración coa canle local Nós TV realizamos unha pequena reportaxe na que falamos con Juan Constenla, Tenente de Alcalde, Ignacio Taboada, director do obradoiro, e cun alumno para saber algo máis sobre as finalidades deste obradoiro.

Poden ver o vídeo premendo sobre a imaxe principal ou no seguinte enlace:

http://www.nostv.tv/index.php/video/108/obradoiro-de-emprego-na-estrada/

 

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

Oficios tradicionais, cantigas, coplas e lendas este venres no MOME

PolafiaAEstrada20151009 (1)Mostra de cultura popular estradense con oficios (o liño), cantigas, coplas do antroido, lendas, ditos e contos populares. Entrada libre e gratuíta.

Mañá VENRES 9 de outubro ás 20:00 h. no MOME (Museo da Madeira e o Móbel)

Este acto estará organizado pola Asociación Cultural “Vagalumes” e Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG (As. de Escritoras e Escritores en Lingua Galega).

Neste acto contaremos coa colaboración da Asociación Cultural “ *Tamparrantán*” de Santo André de Vea que levan anos traballado na recollida e difusión da cultura popular do noso Concello. Ademais estará presente a tradición do entroido da Ulla e da literatura oral do noso rural.

Publicado en Asociacións, Cultura, Portada | Deja un comentario

O PSOE considera que "a Feira do Moble semella camiñar sen timón"

PSOE eduardo dono belenO Alcalde debe asumir a súa responsabilidade por permitir que a fundación camiñe sen dirección dende fai máis dun ano.

A Feria do Moble 2015 evidenciou que dende fai un ano a fundación discorre sen dirección. As tensións e discrepancias creadas trala feira de 2014 non aportaron ningunha mellora ao sector, se non todo o contrario. A crise interna creada entón baixo o pretexto de abaratar custos e atraer a máis expositores locais a Feira só escondía tras de si loitas de poder.

En 2015 a presenza de expositores caeu a cifras inimaxinables, contando con tan só 6 empresas locais de fabricación ou venda de mobles, a presenza de publico sufriu unha merma evidente e non se facilitaron nin datos económicos do evento, nin volume de negocio ou asistencia. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario