Grandes festas en Frades

O pasado fin de semana a parroquia de Frades celebrou as súas festas patronais. Os actos relixiosos que tiveron lugar durante o sábado, domingo e luns foron acompañados por boa música e degustación de mexillóns e porco asado.

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

En Setembro porase en marcha o Viveiro de Empresas

Escudo.novoDende a Concelleria de Promoción Económica comunicase que para a posta en marcha do viveiro de empresas de cara ao mes de setembro é necesario que as persoas interesadas en ocupar un dos postos deste espazo do Edificio Municipal do Novo Mercado pasen polas oficinas do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural de A Estrada ou pola Alcaldia do Concello para cumprimentar un cuestionario e facilitalos seus datos de cara o inicio da organización do viveiro de empresas e á elaboración do regulamento interno de funcionamento.

O que se pretende é definir a mellor maneira de ocupar os dez postos de traballo que hai no viveiro favorecendo un espazo de traballo común e de convivencia e o contacto directo acelerando o desenvolvemento das empresas que sexan beneficiarias.

Con toda a información recabada elaboraranse uns pregos de condicións que se farán públicos e se dará un prazo de presentación aos candidatos solicitantes para logo ser valorados por unha Comisión Técnica e poñer a andar e a rodar este  espazo do Novo Mercado dedicado ao  coworking.

Os emprendedores que teñan interese en ocupar un posto de traballo no Viveiro  deberán pasar polas oficinas da Fundación Cultural, chamar ao teléfono 986570997 ou ben enviar un mail ao enderezo electrónico aedlestrada@gmail.com onde se lles facilitará o dito cuestionario.

Concellería de Promoción Económica de A Estrada

Publicado en Empresas e Comercio, Portada | Deja un comentario

O mellor folk chega esta noite a Couso

IMG_4592E chegou o día, esta noite o campo da festa de Couso acolle o mellor folk no seu vixésimo ano consecutivo. Alvariza, Carlos Blanco, Radio Cos, Fanfarria Taquikardia e Banda das Crechas amenizarán esta noite festiva que servirá de apertura para as festas desta parroquia que continuarán durante o fin de semana.

Deixámosvos aquí a última presentación do festival no Mesón A Vila, un dos seus principais coloboradores, onde os clientes tiveron un anticipo da man do grupo Alvariza.

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

O PSOE oponse a instalación das pistas de atletismo en solo privado

PSOE eduardo dono belenAnte as recentes informacións da intención do Concello de instalar unhas pistas de atletismo nas instalacións do Colexio de Lourdes, o Partido Socialista de A Estrada mostraba a súa desaprobación pola instalación dunhas pistas públicas en solo privado, algo que creen que sería xuridicamente inviable.

Dono cre que este anuncio non deixa de ser unha manobra máis de despiste do goberno local para tranquilizar aos dous equipos de atletismo locais, como xa fixeron ata o de agora coas pistas de padel.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG cre que "a variante da Estrada seguirá no caixón das promesas electorais do PP un ano máis"

BNG1«O PP tómanos o pelo e o alcalde é cómplice desta pantomima»

O Goberno central en mans do Partido Popular presentou o pasado martes os orzamentos do Estado para 2016, en cuxas partidas figura a asignación do Ministerio de Fomento para a Variante da Estrada, que para o vindeiro ano será de 4.300.000 euros.

O BNG da Estrada, a través do seu portavoz municipal, Xosé Magariños, explicou que “esta cifra é claramente insuficiente para construír unha obra que ten un custe total de 46.740.000 euros”. O concelleiro do BNG cualificou esta partida “dun adorno, que ten o mesmo valor que os 2,3 millóns asignados para este ano, que, como podemos observar, non serviron nin para mover unha pedra”.

O concelleiro nacionalista recordou que “foi o alcalde e a propia ministra de Fomento, Ana Pastor, os que anunciaron que se licitaría este ano nun mitin do PP en plena campaña das eleccións municipais, mais unha contestación do Ministerio de Fomento ás deputadas do Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Carta de Alfredo González, presidente da ACOE, a David Pedreira

DavidÉ moi difícil escribir nestes intres, as ideas non existen na miña cabeza e as palabras saen aturuladas. O luns perdemos un gran amigo. Deiteime co llanto na almofada, entre vágoas, frustración, impotencia, dor e  shock. Foron horas moi longas ata que non sei como…………., esperto de mañá cun sorriso na faciana, pensando que todo fora un pesadelo; despois de asearme e comprobar o meu teléfono, todo volveu a ser o pesádelo co que me deitara a noite anterior.

Non podo presumir de coñecernos desde nenos, a nosa amizade comezou hai máis dunha década, cando formamos a dianteira do equipo de veteranos do Berres. Como el enchíase a marcar goles, as veces regalábame algún a min.

E agora formábamos parte, coma se da familia se tratara; da ACOE. Déixanos unha persoa ”con maiúsculas” emprendedora, organizada, idealista (de isto seguro riríase) e por suposto loitadora. Foi un orgullo poder traballar con el na ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, loitou coma ninguén para que isto seguira indo para arriba e vai ser moi difícil continuar con elo sen a súa compaña. Pero os directivos que compartimos esta responsabilidade non o defraudaremos e seguiremos mirando, si cabe máis aínda, coma el habería feito e fixo ata a última reunión.

O meu máis sentido pésame tamén en nome da ACOE, e o club do Deportivo de Berres de Veteranos.

É por último, só dicirche que detrás de ti imos todos….., un por un, e cando me toque a min non pararei hasta toparte e tomar esa caña que deixamos pendente e que me tocaba pagar a min.

D.E.P. Grandísimo compañeiro e mellor amigo.

 

Alfredo González Otero

Presidente da A.C.O.E

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Loito na ACOE polo falecemento dun membro da directiva

CRESPON-NEGROAs oficinas da ACOE permanecerán pechadas durante a xornada deste martes e mañá mércores en sinal de loito polo falecemento de David Pedreira Carracedo, tesoreiro da asociación e empresario estradense.

Este mércores os directivos da asociación de empresarios estradense pecharán tamén os seus comercios durantes o enterro.

A ACOE suspende todas as actividades previstas para o día 8, dentro do programa dos sábados e reanudaránse o 22 de agosto.

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario