Irmandinhos organiza un Memorial na honra de Gema Calvo

Futbol Praia FemininoDespois de acadar a victoria maculina e a segunda praza feminina da segunda edición do Torneo de Fútbol Gaélico praia. Hoxe Martes día 4 comezan os adestramentos masculinos, abertos a todo o mundo, do Irmandinhos A Estrada as 20:15h no campo de Figueiroa, A Estrada.

A segunda edicion do Torneo de Fútbol Gaélico Praia contou coa participación de  doce equipos masculinos e seis femininos. O clube estradense concurreu con tres escadras masculinas e  unha feminina. A escadra formada por Javi, Kana, Juve, Panzu, Durillas e Lupo foi o campión da categoría masculina. Pola banda feminina a alineación formada por  Athe, Rita, Afri, Paula, Eva, Sarai e Andrea caeron na final diante dun combinado das Fillas de Breogan da Coruña. Ambas escadras estaban adestradas por Yupe.

Estes resultados indican o bó estado de forma có que comezan os xogadoes e xogadoras estradenses esta nova tempada chea de novos retos, ilusións e moitos eventos.

O vindeiro sabado 22 de agosto vaise a celebrar o “I Memorial Gema Calvo” as 18:30h no campo de Figueiroa, na honra a xogadora Irmandinha Gema Calvo Villaverde que Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O BNG en contra da construción das pistas de atletismo nas instalacións dun colexio privado

BNG2As infraestruturas deportivas teñen que construírse en terreos públicos para que estean ao alcance de todas e todos

No día de hoxe o goberno municipal do PP anunciou nos medios de comunicación local a intención de construír unhas pistas de atletismo nas instalacións do colexio privado de Lourdes.

No BNG coñecemos perfectamente a necesidade que hai dunhas instalacións deste tipo na Estrada. De feito, o noso concelleiro, Xosé Magariños, denunciou en reiteradas ocasións o abandono das pistas que aínda hai hoxe na vila, as do estadio da Baiuca, que proximamente serán destruídas para dar paso a outro tipo de infraestruturas.

Por outra parte, tamén somos conscientes da demanda existente de instalacións para a práctica de atletismo, un deporte que goza de enorme popularidade, porque está ao alcance de todo o mundo. En numerosas ocasión o noso concelleiro demandou tamén o arranxo das pistas da Baiuca, que pola súa proximidade ao casco urbano tiñan unha situación ideal para a práctica deste deporte. Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Política, Portada | Deja un comentario

Atletismo A Estrada participou nas carreiras nocturnas de Santiago e Marín

11843989_10207152570003243_1980941659_nEstuvo este sábado presente el club en Santiago y en Marín, en ambos lugares se disputaban dos carreras en horario nocturno; en Santiago sería la «Ruta da Prata Angrois» perteneciente al circuito CorreSan y que se componía de un circuito de 5,2 km, mientras que en Marín el +10 Marín Manuel Rosales, que serían algo más de 10 km.

Los resultados más destacados llegarían a las orillas de la ría de Pontevedra, en Marín se subirían nuestras féminas hasta en tres ocasiones al podium.

1ro lo haría Carolina Rivadulla en la categoría Infantil como 2da en una distancia de 1km, luego se subiría Clara Rivadulla en la categoría Cadete como 3ra en la misma distancia de 1km, y la última en apoderarse de un puesto en el cajón del podium sería Isabel Saez que completaría los más de 10 km de la carrera absoluta como 3ra. Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O PSOE denuncia abandono na recollida de lixo no rural

A grelaContenedores rotos, lixo no chan por falta de medios e fortes cheiros. 

O servizo de recollida de lixo no rural é un claro exemplo do abandono ao que o goberno do alcalde López Campos ten sometido ás parroquias. Contedores rotos, e insuficientes nalgúns casos, aos que non se lle practica ningún tipo de limpeza nin reparación e nos que en ocasións non se recolle o lixo en semanas, amoreándose as bolsas no chan e acabando a basura ciscada.

Preocupación polo rural cero, ese é o resumo da actuación do alcalde López Campos nas parroquias. A situación con respecto á recollida de lixo é un máis dos claros exemplos de abandono dos veciños do rural por parte lo goberno local. “Contenedores que desaparecen ou se retiran baixo o pretexto de arranxalos e non os voltan repoñer nunca, desperfectos moi notables en bó número deles e fortes cheiros por falta de limpeza son constantes no día a día da recollida de lixo no rural”, comentou a portavoz socialista.

A inversión realizada nos últimos 4 anos na mellora deste servizo municipal no rural foi Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Javier Otero convoca un concurso de composición para piano de obras do folclore tradicional galego

_VIC2990 O certame «Galician Folk Songs» repartirá 1.000 euros en premios e rematará coa gravación do segundo disco do pianista estradense, integrado unicamente por composicións galegas

O pianista estradense Javier Otero Neira vén de anunciar, en colaboración co selo Landra Music, a convocatoria do primeiro Concurso de Composición para Piano GALICIAN FOLK SONGS, co que pretende «estimular a creatividade dos novos compositores e enriquecer o patrimonio musical galego con obras do folclore tradicional baseadas en melodías populares».

Neste certame poden participar compositores/as de calquera idade e nacionalidade que presenten obras escritas para piano que teñan como temática o folclore galego, empregando melodías populares como o Alalá, a Muiñeira, a Foliada e a Alborada ou ben cancións tradicionais.

A duración das obras non poderá ser superior a 6 minutos nin inferior a 4 e todas elas deberán ser orixinais e inéditas. Segundo consta nas bases do concurso, que poden Sigue leyendo →

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Ditame favorable ao recurso plantexado polos socialistas contra o acordo de reparto de representación na Fundación Cultural

psoe 03Respaldo unánime á moción socialista de apoio ás reivindicacións dos traballadores locais de correos e a realización dunha comunicación ao efecto ao Grupo Correos 

A comisión de organización e asuntos xerais ditaminou favorablemente o recurso de alzada plantexado polo grupo municipal socialista contra o acordo plenario de distribución da representación na Fundación Cultural da Estrada. O pleno do mes de agosto resolverá definitivamente o citado recurso.

A representación na Fundación Cultural está regulada polos Estatutos da entidade, que recollen literalmente:

Art. 10.

… En representación do Concello de A Estrada:

A)   Presidente: O alcalde

B)   Vocais: Sete vocais de libre designación, polos grupos políticos integrantes da Corporación, respetando a súa proporcionalidade no Pleno

 

A proposta do PP, -aprobada cos votos a favor de Móvete e o BNG e os votos en contra do PSdeG-PSOE-, non respecta a proporcionalidade demandada nos Estatutos, ese foi o motivo polo que os socialistas presentamos o recurso.  Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG insta ao concello a arranxar a beirarrúa á altura da discoteca Lennon

IMG-20150730-WA0001O mal estado da beirarrúa custoulle a unha muller 35 puntos de sutura nun xeonllo pasado sábado logo de tropezar neste tramo da avenida Benito VigoXosé Magariños: “as chapuzas do PP teñen elevado custe persoal”

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, insta ao alcalde da Estrada “a mellorar un tramo das beirarrúas da avenida Benito Vigo, á altura da Lennon, que hai uns días custoulle a unha muller 35 puntos de sutura nun xeonllo logo de tropezar na chapuza feita polo concello para reconstruír os estragos producidos pola rotura do sumidoiro o inverno pasado, cousa que denunciamos no seu día.”

“O alcalde da Estrada é un chapuceiro sen remedio”, afirmou o concelleiro nacionalista, “non é a primeira vez que denunciamos algunha das obras feitas polo concello, de feito na nosa web temos toda unha sección coas chapuzas do PP <https://bngdaestrada.wordpress.com/?s=chapuza&submit=Procura>, o que demostra a falta de interese do PP, o desleixo e o abandono, que denota un grupo de goberno sen ideas, sen criterio e sobrepasado polas circunstancias, que como neste caso teñen un elevado custe persoal.”

O concelleiro do BNG reitera “a urxencia de arranxar ese pequeno tramo de beirarrúa á altura da Lennon, non vaiamos ter que lamentarnos de máis desgrazas, que nos poden saír moi caras se os veciños e vicñas que as sufren denuncian ao concello no xulgado”.

BNG de A Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario