A Estrada Futsal presenta os seus equipos senior

_MG_4630

A Estrada Futsal presentou este martes os seus equipos senior masculino e feminino e comezaron os adestramentos de cara a nova tempada.

Marcos Sesar e Manuti serán os adestradores dos equipos masculino e feminino, _MG_4643respectivamente.

O presidente José Manuel Reboredo dirixeuse aos xogadores e xogadoras para mostrar a predisposición do club a formar unha gran familia entre todos os equipos de A Estrada Futsal, onde todos celebren os éxitos de cada unha das categorías.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O EDM A Estrada presenta nova directiva e anuncia a renovación do entrenador

_MG_4654A nova directiva continuará baixo a presidencia de Alfonso Sanmartín que nesta campaña estará acompañado ao cargo do club de Andrés Fernández, Adolfo Picáns, José Manuel Ribeira, Amara Casais, Rubén Fernández, Rosa Carracedo, Álex Torres, Jaime Pazos, Manuel Antonio Constenla, Fran Sande, Delio Vidal e Juan Catedo.

Tamén cabe destacar o anuncio da renovación do entrenador David González.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O BNG alerta do deterioro do mobiliario urbano e exixe a súa reparación inmediata

IMG-20150816-WA0008O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, exíxelle ao alcalde da Estrada a reparación inmediata dos numerosos bancos públicos rotos ou en mal estado distribuídos polo casco urbano. “Algúns,” explicou o concelleiro nacionalista, “están tan deteriorados que poden mancar a algún veciño ou veciña”.

“Para evitar males maiores cómpre que o Goberno municipal do PP ordene o arranxo inmediato deste mobiliario”, afirmou Magariños, “mais tamén para non dar unha mala imaxe da vila da Estrada”.

O concelleiro nacionalista amosouse preocupado porque “logo de que o goberno municipal do PP se incrementara os seus salarios, agardaríamos unha maior preocupación polos problemas dos veciños e veciñas”, explicou, “mais seguen instalados no mesmo pasotismo que o anterior goberno municipal, iso si, cobrando máis”.

BNG de A Estrada

Publicado en Educación e Sociedade, Política, Portada | Deja un comentario

O PSOE demanda que "o goberno local non entrega as actas das xuntas de goberno local dende o 29 de Xuño

PSOE eduardo dono belenA lexislación establece un prazo de 10 días para achegar aos concelleiros que non forman parte da XGL 

A transparencia e a participación non son do agrado do Alcalde da Estrada e dos seus concelleiros. Saltándose á torera o estipulado pola lexislación vixente o goberno local leva dende o 29 de xuño sen dar acceso aos concelleiros da oposición ás actas dos acordos que unilateralmente adopta nas Xuntas de Goberno local dos luns.

No Concello da Estrada celébrase reunión da Xunta de Goberno local (XGL) todos os luns do ano de xeito ordinario e en convocatoria extraordinaria cando así o dicide o alcalde. A lexislación outorga un prazo de 10 días para que as actas nas que se recollen os asuntos aprobados sexan entregadas aos concelleiros dos partidos que non forman parte do goberno, e así poidan realizar de xeito adecuado a labor de fiscalización do goberno.

“Non entregando as actas impide que os concelleiros da oposición poidamos realizar a Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O grupo de Tequexetéldere leva o folclore estradense ata Bélxica

FormatFactoryteque concelloA agrupación estradense Tequexetéldere atopase nun festival en Bélxica dende onde nos narran o seu día a día nunha estancia, ata o de agora, moi enriquecedora.

O primeiro día cando chegamos levaronnos ata o seu local, para que recolleramos a nosa roupa, xa que a enviaramos antes por transporte. De alí presentaronnos as nosas familias e xa nos marchamos con elas, cada un para as nosas casas.

FormatFactoryteque prazasO segundo día, estivemos de excursión pola Cidade de Hasselt, onde coñecimos parte dos seus lugares máis importanes así como algunhas curiosidades da Vila. Xa pola tarde tivemos un desfile polas rúas da cidade con actuacións nalgunhas prazas e finalmente unha recepción no concello onde fumos recibidos polo governo da cidade e a organización, xa pola noite tivemos a nosa primeira actuación na carpa do festival.

O terceiro día convidaronnos a participar cunha peza cantada nunha misa, e así o fixemos, Sigue leyendo →

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

O BNG exixe o precintado das instalacións de Monpasa en Agar

BNG Mompasa AgarO BNG exixe o precintado das instalacións de Monpasa en Agar así como o seu desmantelamentoAs instalacións están abandonadas desde hai anos e non hai nada que advirta do perigo que supón unhas construcións neste estado

A formigoneira fora denunciada polos veciños e veciñas de Agar, así como polo BNG, hai máis de 10 anos por non contar cos permisos e licenzas legalmente exixíbeis

O BNG emitiu na mañá de hoxe un comunicado de prensa no que insta ao concello da Estrada a “precintar as antigas instalacións da empresa Monpasa na parroquia de Agar”.

BNG Mompasa AgarSegundo explicou Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG, “estas instalacións, completamente desmanteladas e abandonadas, non teñen ningún sinal que advirta da súa perigosidade e tampouco ningún obstáculo que impida acceso ás mesmas, situadas a apenas 500 metros da estrada N-640 no Foxo”.

“Tal e como se pode observar nas fotografías que achegamos co comunicado de prensa”, explicou Magariños, “hai fosos e pozos con auga de dubidosa salubridade, construcións de Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Política, Portada | Deja un comentario

Fin de semana de moita actividade para Atletismo A Estrada con 8 podiums

alicanteMucha actividad por parte del club y en muchos rincones durante este fin de semana, destacando en cada uno de esos lugares los atletas estradenses que allí se presentaron.

Hasta Alicante han llegado los colores y el nombre de A Estrada en la mañana del sábado 15 de agosto, y es que aprovechando su estancia en la provincia de la Comunidad Valenciana, han disputado el «Cross del Amanecer» Sara y Rodrigo Sanjurjo. Sara Sanjurjo se ha proclamado vencedora en la categoría de Pitufos, mientras que Rodrigo Sanjurjo logró el segundo puesto en la categoría alevín.

corrubedoMás cerca de nuestro ayuntamiento, más concretamente en Corrubedo, compitieron también dicho día festivo Antía y Sergio Prieto en la II Carreira Popular de Corrubedo. Sergio Prieto venció en la categoría alevín sobre una distancia de 1.200 mtos y Antía Prieto hizo lo propio en la categoría infantil en algo más de 2.000.

cambre3ro fue el puesto logrado por Sonia Rivadulla en Cambre, por detrás de Carolina Santos de la SGP y de Luna De la Fuente del Atlético Oroel – Huesca, en la categoría alevín femenina de la carrera popular de dicho municipio.

Ya en domingo fue el turno de los absolutos, que hicieron un gran papel en la «Carrera de El Pirata», San Vicente do Mar (O Grove). Carrera de aproximadamente 6 km en los que se impuso en la Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario