El Club Deportivo San Paio participó en una jornada de actividades con los niños y niñas del Campus Deportivo de Verano

11817262_1021454637865099_3880171535126854012_nEn la mañana del jueves, directivos y técnicos del club participaron en una jornada programada por el Campus Deportivo de Verano que organiza el Concello de A Estrada.

Diferentes grupos de chicos y chicas probaron a ejecutar algunos ejercicios relacionados con la práctica atlética pero que perfectamente les van a ayudar en otros deportes. A pesar de que el tiempo del que disponíamos por cada grupo era escaso, pudimos crear unas clases dinámicas que entre juegos y actividades valieron para el aprendizaje de diferentes técnicas.

11800405_1021457994531430_4415462176835389602_n - copiaDesde el club queremos agradecer al Campus deportivo y al Concello de A Estrada su invitación.

Gracias también a Miguel Otero, aprovechando que su técnico era uno de los encargados de impartir las clases, el  Estradense del Real Club Celta Atletismo, cuarto en los pasados campeonatos de España de pista cubierta Junior en la prueba de los 800 metros y bronce en el gallego absoluto en esta misma prueba esta temporada, probablemente el mejor atleta local, que estuvo presente para mostrar la ejecución de determinados ejercicios.

Un auténtico placer poder mostrar un poco de lo mucho que puede ofrecer el Atletismo.

Club Deportivo San Paio

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

As Nosas Músicas presentouse este mércores en Santiago

IMG_1025A Asociación A Xesteira presentóu esta mañá do mércores no emblemático local
compostelan A Casa das Crechas, a vixesima edición de As Nosas Musicas, dentro do ciclo de presentacións que realizarán ata o día 14 de agosto. En esta rolda de prensa membros da asociación deron detalles desta cita obrigada para o panorama da música tradicional galega.

Esa mesma noite, foi presentado o festival no mesmo local a través da súa tradicional foliada dos mercores por membros da Banda das Crechas, grupo que amenizará a noite do 14 de agosto.

Por outra banda recordar que as duas próximas presentacións teran lugar no cafe A Senra, na que estará presente Carlos Blanco o martes 4 de agosto; e a segunda e ultima no Mesón A Vila o mercores 5. As duas citas serán as 20h. Nesta última do Mesón a Vila estarán presentes membros do grupo Alvariza, na que xente de Couso montara unha pequeña foliada e na que están todos convidados.

Asociación A Xesteira de Couso

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

O PSOE solicita unha reunión para analizar a mellora da accesibilidade ao Centro de Saúde

psoe 06Os técnicos indican que a rampla de acceso si é posible, como sempre defendemos os socialistas 

O grupo municipal socialista solicitou unha reunión co concelleiro delegado e os técnicos municipais para analizar as obras necesarias para a mellora da accesibilidade ao centro de saúde.

Dende que os socialistas rexistramos no mes de marzo unha moción pedindo diversas reformas para mellorar a accesibilidade no Centro de Saúde da Estrada, tales como a creación dunha rampla de acceso para camillas e para persoas con mobilidade reducida ou a adaptación do espazo diante do centro para que as ambulancias non se vexan na obriga de parar na carretera, o PP do alcalde López Campos modificou en distintas ocasións a súa postura ao respecto.

“Primeiro dixeron que non era posible facer a rampla de acceso solicitada polos socialistas e despois colocaron uns pivotes para impedir o acceso de vehículos ao espazo que existe diante do ambulatorio. Como xa denunciamos nin é certo que non se poida facer a rampla nin a solución para facilitar o traballo das ambulancias e o acceso das familias con pacientes pasa por atrancar con pivotes a entrada. Todo o que fixeron ata o de agora queda claro que nada máis foi unha improvisación de cara á galería para salvar a súa imaxe ante os votantes, pois non foi ata mediados xullo cando elaboraron o anteproxecto de melloras, Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Política, Portada | Deja un comentario

Davila reclama a correos que reforce o personal da oficina postal de A Estrada

logo bngA deputada do BNG critica a redución de plantilla nesa oficina e que “por riba non cubran siquera as ausencias estivais”

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para demandar ao Ministerio de Facenda, de quen depende a Sociedade Estatal de Correos, que reforce a plantilla de traballadores da oficina postal de A Estrada.

Explica Davila que o BNG “denunciou en moitas ocasións o deterioro do servizo de Correos, en particular en localidades e áreas rurais. A redución de personal, a falla de reposición por xubilacións, enfermidades e outras razóns está a levar ao límite á plantill de traballadores do servizo postal”, caso de A Estrada.

*O deterioro dun servizo universal*

A deputada nacionalista sinala que “recentemente o personal de Correos da oficina estradense viuse obrigado a concentrarse diante do consistorio e a movilizarse para demandar algo tan simple como a cobertura das ausencias estivais por vacacións, que deixan ao personal con catro traballadores menos”.

“Chove sobre mollado, porque hai xa un mes que Correos reduciu a plantilla en tres persoas, prescindindo de dos postos nos servizos rurais e doutra praza no servizo urbano de reparto a pé”. Así que, enfatiza, “imaxínese o Ministerio en que condicións de sobrecarga de traballo deixa á plantilla. É evidente que baixo esta situación resulta Sigue leyendo →

Publicado en Empresas e Comercio, Política, Portada | Deja un comentario

López visitou o trazado Riobó – Oca cos veciños afectados pola mellora

IMG_2352Onte o alcalde, José López, visitou o trazado pendente de mellora entre Riobó e Oca onde se reuneu con veciños que se verán afectados polas obras.

O rexedor comprometeuse cos veciños a recolocar todo o que se vexa afectado pola obra como muros, viñedos…

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O capitán de A Estrada Futsal, Rafita, ficha polo Estradense

FUTSALNa noite do luns a directiva do equipo de fútbol sala estradense, A Estrada Fútsal, comparecían ante os medios para mostrar o seu estupor ao coñecer o fichase do seu capitán, Rafa Vázquez Ares, polo Estradense C. F.

Dende a directiva mostran o seu pesar polo seu abandono do club non solo no ámbito profesional senón tamén no emocional ao tratarse dun dos impulsores do equipo de fútbol sala A Estrada Futsal e un referente das categorías inferiores.

Dende o equipo Futsal cren que a decisión de aceptar a oferta do Estradense, contra a que eles non poden competir, tamén puido axudar o feito de que fai uns días o equipo de fútbol local tamén anunciara a fichaxe do irmán de Rafita, Javicho.

O equipo de fútbol sala vese agora obrigado a recompoñer o plantel a escasos días do comezo da pretemporada.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Este mércores As Nosas Músicas presentaráse en Santiago

cartaz-anm-2015Este mércores 29 de Xullo a Asociación A Xesteira de Couso realiza unha nova presentación do vixésimo aniversario do festival As Nosas Músicas.

Nesta ocasión a presentación terá lugar en terras compostelanas en dobre sesión:

– As 12:00 horas realizarán unha presentación para os medios de comunicación.

-Xa pola noite, as 22:00 horas, faran outra presentación pública na Foliada do mércores que celebran na Casa das Crechas, a cargo da Banda das Crechas, un dos grupos que estará no festival de Couso deste ano.

Ambos actos terán lugar na Casa das Crechas en Santiago de Compostela.

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario