Os socialistas acusan ao alcalde de intentar falsear a realidade do PXOM

03 donoO PXOM da Estrada segue na mesma situación: pendente de que o TSXG sentencie se é legal ou ilegal 

A estratexia do Alcalde  José López Campos de usar o PXOM como arma electoral foi un erro antes e segue a ser un erro agora.  Os socialistas non somos o problema para os estradenses, o problema é a espada de Damocles que o Alcalde colgou sobre todos os estradenses e que estará no aire ata que se resolvan xudicialmente as cuestións de ilegalidade do PXOM. Non se pode obviar que foi aprobado con informe en contra do Secretario Municipal titular e sen coñecemento dos veciños e veciñas posto que foi modificado polo Alcalde despois da exposición pública.

“A sentencia do Tribunal Supremo de onte, ten que ver unicamente ca suspensión cautelar do mesmo, non co fondo do asunto, o PXOM sigue no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pendente de que se emita sentencia sobre a súa legalidade ou ilegalidade”, informou o líder socialista.

Esta sentencia non modifica en nada a situación actual do PXOM da Estrada, segue exactamente como estaba: pendente de que o TSXG sentencie se é legal ou ilegal. Ademais, o Secretario titular do Concello ten denunciado a este alcalde e ó tenente alcalde, por presuntas coaccións no xulgado número 2, e este xulgado pediu o expediente do PXOM fai unhas semanas, o xuíz que o pediu saberá o motivo.

“É obvio que o alcalde está nervioso, pero non nos engañemos, non está nervioso polo Plan Xeral, nin está nervioso por defender os intereses dos estradenses, está nervioso pola proximidade das eleccións municipais e a posibilidade real de perder o sillón”, comentou José Antonio Dono. “Será mellor que se dedique a xestionar, en vez de estar continuamente falando de min”.

PSdeG PSOE de A Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Magariños cre que "o alcalde ten poucos motivos para a alegría, o fundamental do PXOM aínda queda por resolver polos tribunais"

IMG_3877Magariños pon o foco tamén sobre a ampliación da Alameda que planea o PP que hipotecará as decisións políticas do futuro goberno municipal

O BNG non comparte o entusiasmo do alcalde a respecto da sentenza do Tribunal Supremo sobre PXOM. O concelleiro nacionalista e candidato á alcaldía, Xosé Magariños, afirmou “que o Plan Xeral aínda está en perigo de suspenderse polas sentenzas que aínda están pendentes, esta que se deu a coñecer onte é a resolución dun recurso do contra a suspensión do Plan, pero non as que entran no fondo da cuestión do PXOM”.

“Polo tanto”, explicou Magariños, “o alcalde ten poucos motivos para a alegría, que non cante vitoria antes de tempo, porque o fundamental aínda queda por resolver polos tribunais”.

Pero o candidato nacionalista pon o foco tamén nas decisións políticas que tomará o PP no pleno de maña xoves. “A curto prazo”, explicou Magariños, “a execución do PXOM está en perigo pola teima do alcalde e do PP en gastar dous millóns de euros na ampliación da Alameda, deixando outras actuación de lado como pode ser a creación de solo público, aparcadoiros públicos e gratuítos en superficie ou distribuír pola vila as áreas verdes e de Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

López anuncia a sexta sentenza favorable ao concello respecto ao PXOM

02Esta semana Xosé López acompañado anunciaba o Tribunal Supremo rechazou o último recurso interposto compra o Plan de Ordenación Municipal.

O alcalde destacou que era a sexta sentencia favorable ao PXOM e que en todas elas se destacaba que «tiña que prevalecer o interés xeral por riba de intereses particulares».

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Tarde lúdica na Estrada

Debido ao mal tempo suspendeuse o Correlinguas previsto para hoxe con motivo da Feira do Libro.

Esta tarde a Praza do Concello e Xardíns Municipais acoran as actividades da Feira do Libro e xa pola noite a ACOE organizada a Noite de Compras.

Ademáis de 18:30 a 20:30 o MOME abrirá as portas coa Exposición «Tecendo Book-Arts» do CEIP O Foxo. Posteriormente ás 21:00 horas o Teatro principal acollerá a representación de Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios de Ibuprofeno Teatro.

En canto a actividade electoral o PP comezará a campaña no local social de Berres ás 21:30 e o PSOE en San Pedro de Ancorados.

Venres feira libro
cartel noite de compras 2015.cdr

Publicado en Axenda, Portada | Deja un comentario

Esta tarde con motivo da Feira do Libro a escritora Rosalía Morlán presentará o seu último libro "Canta a Lüa coas Estrelas"

CANTA 001

“Canta a lúa coas estrelas” é un libro-CD con poemas de Rosalía Morlán (algúns xa publicados nos libros “A coitada lúa”, “Estrelas de azucre” e “O Castelo da Rocha Forte”, e outros inéditos, musicados todos eles por Manoele de Felisa. Ten un prólogo de Neira Vilas e ilustracións de Isa Albela.

Prólogo de Neira Vilas: 

O acerto dun canto

Acerto dobre. O da poeta e o do músico, é dicir, de Rosalía Morlán e de Manoele de Felisa, xuntos neste bonito proxecto. Manoele musicou e canta coa súa inconfundible voz, as palabras ben canxadas de Rosalía, que exerce profesionalmente como Supervisora de enfermeiras e Profesora Asociada de Ciencias da Saúde (todo na súa Compostela de adopción e residencia), ó tempo que atende a súa vocación literaria.

Rosalía ven lendo e recitando poesía dende que era unha cativa. No comezo era para ela coma xogar amorosamente coas palabras. Pouco a pouco foi descubrindo imaxes, foi saboreando a beleza da voz convertida en signo, e un día “tomouse en serio” e decidiuse a escribir versos, de primeiras na intimidade, con certo recato. Coma todos. Enviou poemas soltos a diversos concursos, e gañou premios (“Cardo de Prata”, “Brisa Mariña”, “Esquío”, e foi finalista do “Rosa de Oro” e Mención de Honra en “Arume”). Veu a luz o seu primeiro libro, A coitada lúa, en 2010. Virían logo Estrelas de azucre (2012), O libro dos soños, (teatro, 2013) e O castelo da Rocha Forte (2014). Ata hoxe.

O presente disco-libro é coma unha antoloxía que contén textos dos tres libros de poemas, ós que engade algúns textos inéditos. Coñezo a súa obra e vexo aquí unha escolla moi axeitada, e máis porque se trata de convertir as palabras en canto. Hai neste abano poético, sobre todo, deliciosas poesías para nenos e nenas, coa natureza, as lendas,algúns animaliños, algo de historia, certa maxia, todo moi ben levado e cunha alta dose de humor e de gracia, tan necesarios sempre. Os versos de Rosalía Morlán unidos á música e á voz de Manoele de Felisa conflúen con acerto nesta fermosa entrega.

Departamento de Cultura

Publicado en Cultura, Feiras, Portada | Deja un comentario

O BNG-Asembleas Abertas da Estrada *suspende o acto público* previsto para hoxe no Souto de Vea, por mor do asasinato machista de hoxe en Ourense.

BNG crespon negroO BNG quere amosar a súa máis enérxica repulsa contra o asasinato por violencia machista dunha muller que se *recuperaba no Centro Hospitalario de Ourense* das lesións por coiteladas recibidas no seu domicilio a principios do mes de abril, presuntamente a mans da súa parella.

O BNG esixe a comparecencia urxente do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda para que explique que foi o que fallou para que unha muller ingresada no CHUO para recuperarse das lesións por coiteladas recibidas no seu domicilio no mes de abril, resulte acoitelada e asasinada pola súa parella cando existían indicios previos de violencia de xénero.

A deputada de Política de Igualdade do BNG, Carme Adán preguntará ao Vicepresidente que medidas de seguridade foron postas en marcha para garantir a seguridade desta muller que se recuperaba en planta tras permanecer varios días na UCI e  que hoxe, lamenta a deputada, aumenta a lista de mulleres asasinadas por violencia machista.

*O BNG convoca unha concentración de repulsa contra a violencia machista hoxe venres ás 8 da tarde diante do concello.*

BNG de A Estrada

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Xa se pecharon as inscripcións para o Campionato Galego de 5 Km en Rura e a Carreira Popular do Salmón

 IMG-20150506-WA00051º-Aspectos técnicos del recorrido:

Para la celebración de este evento desde el club hemos querido apostar desde un principio por un circuito atractivo, tanto desde el  punto de vista del espectador como desde el punto de vista del atleta. También queríamos un circuito rápido y propicio para la realización de buenas marcas, algo que siempre motiva a los atletas. A pesar de que a última hora hemos tenido que realizar 3 pequeños cambios en el trazado para que cumpliera con las normas para que se procediera a su homologación, estamos seguros que el trazado no ha perdido nada con respecto a la idea inicial, es más, estamos convencidos que aún se ha ganado con los mismos.

Así pues, la prueba tendrá su salida en la plaza del concello, en la entrada de los jardines municipales, un lugar perfecto para poder ubicar allí la cámara de llamadas y la zona de calentamiento de los deportistas. Tras la salida, lo atletas subirán por la Rúa Serafín Pazo, al llegar a la farola, de forma inmediata accederán a la rúa Don Nicolás, para girar a la
derecha al final de la misma y bajar por la calle san Antón a la Plaza do Campo da Feira, en ese punto los atletas tendrán que realizar un giro de 180 grados, en la propia plaza para volver a subir y girar a la izquierda para incorporarse a Rúa Irmáns José e Severino Trigo al termino de esta calle girarán a la derecha para incorporarse a Calvo Sotelo, arteria
principal del pueblo, ascenderán por Calvo Sotelo hasta la altura de la calle Justo Martínez, en donde girarán a la izquierda para incorporarse a la misma, al final de esta calle, nuevo giro a la izquierda para descender por Rúa Irida hasta la altura de Alfonso Castelao, en donde girarán a la izquierda para incorporarse a esta calle que los llevara hasta la Rúa Ulla, por la que descenderán hasta incorporarse a la Rúa Fernando Conde, una larga recta que llevara a los deportistas hasta la travesía Fernando Conde, en donde girarán a la derecha y lo volverán a hacer nuevamente al término de esta travesía para incorporarse nuevamente a la Rúa Irida para esta vez ascender hasta la altura de la Calle Alfonso Castelao, donde girarán a la izquierda  para recorrer nuevamente esta calle que los llevara hasta la Avenida Benito Vigo, este será el último giro que den a la derecha antes de
llevar a los atletas al término de la primera vuelta, para completar la prueba se darán dos vueltas iguales, teniendo la última la llegada en mismo punto que la salida.

Como podemos ver, es un circuito muy céntrico, queríamos lograr una prueba atractiva para todos aquellos que se acerquen a verla y al ser a dos vueltas pueden ver pasar los Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario