O BNG solicita por escrito a certificación de final de obra da desfeita de Barcala

BNG BarcalaMagariños “estamos ante un delito moi grave e vamos esixir responsabilidades até as últimas consecuencias”

O BNG da Estrada vén de solicitar formalmente a certificación de final de obra da desfeita da praia fluvial de Barcala. O concelleiro nacionalista, Xosé Magariños, indicou “vamos a atar en curto ao goberno do PP nesta cuestión, estamos ante unha situación moi grave e vamos esixir responsabilidades até as últimas consecuencias”.

O concelleiro do BNG explicou que “en teoría o proxecto do plan de mellora durou apenas catro días, co cal entendemos que esta xa rematou, a pesar de que o cartel que figura a pé de praia indica o contrario; por iso no BNG consideramos que é importante saber se esta obra se pagou ou non á empresa adxudicataria”. “De estar pagada esta nova chapuza do PP”, engadiu Magariños, “estaríamos ante un feito moi grave, xa que o goberno municipal
estaría pagando unha obra que non se axusta ao proxectado”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A fundación Cultural da Estrada oferta un curso de formación de "Educar en Cooperativismo"

o_52aeb87e43f264e7_001Dende a aula da rede Eusumo da Fundación Cultural da Estrada e a Concellería de Educación do Concello da Estrada,  levarase a cabo o  Curso de Formación EDUCAR EN COOPERATIVISMO, impartido por UCETAG en colaboración coa Consellería de Traballo. Consta de 20 horas de formación: 16 horas presenciais e 4 de prácticas. Terá lugar os días 12,13,19 e 20 de maio de 2015 de 16:30 a 20:30 h na aula da Fundación Cultural de A Estrada, sita na segunda planta do Edificio de Usos Múltiples (Av. Benito Vigo, 104, 2º A Estrada)

• DIRIXIDO A:

Profesionais da educación, do ensino, a educación social, o tempo libre e outros ámbitos

• OBXECTIVOS:

–          Presentar metodoloxías e recursos para transmitir os valores cooperativos a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos. Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Móvete busca manter a independencia de cara as eleccións municipais e iniciamos unha campaña de donacións

11046314_450803468401150_7297928398837813225_nMóvete renuncia aos créditos bancarios para manter a independencia de cara ás próximas eleccións municipais e iniciamos unha campaña de financiación cidadá para afrontar os días previos a estos comicios.

Pedimos a participación da cidadanía porque a nosa lealdade está coa xente e non cos bancos. Admitiremos donacións pero só de persoas físicas, non de asociación nin de empresas.

O orzamento de campaña de móvete será froito das aportacións feitas pola cidadanía de xeito individual e identificables e do que rendiremos contas públicas. Habilitaremos no blog de móvete, www.http//movetepolaestrada.blogspot.com un apartado onde especificaremos os ingresos que imos obtendo e os gastos xustificados para ver en que imos gastando o diñeiro.

Móvete ten un proxecto para A Estrada: Un Concello “democrático, xusto, transparente e sostible”. E sabemos como poñelo en práctica, por iso, o 24 de maio temos unha oportunidade histórica para gañar o Concello para todxs xs veciñxs e facer realidade a creación de postos de traballo digno no noso Concello. Só co esforzo dxs veciñxs poderemos facer unha campaña gañadora e sen deberlle nada a ningunha entidade que poida comprometer a nosa independencia. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O Café Bar Andalucía proclámase gañador da mellor tapa

12Na noite deste venres ACOE fíxolle entrega no Pazo de Xerlís dos premios aos agraciados das Santas Tapas e descubreu a tapa máis votada das 23 participantes, nesta ocasión a tapa gañadora foi a do Café Bar Andalucía.

Noraboa!!

AGRACIADOS NO CONCURSO  “SANTAS TAPAS”

  1. UNHA TABLET DE 7″ DOADA POR CONNECTA REY

Mª JOSÉ ARCA VALLADARES

  1. 5 REGALOS DOADOS POR  TIKO DOCO

– RODRIGO MONTALUISA VIVAS

– MARTÍN CAÑEDO

– CRISTINA VÁZQUEZ SOTO Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Móvete emprende unha campaña de mobilización do voto por correo

Cartaz boneco dalle VAnte a ausencia de información e difusión nos medios de comunicación por parte da administración competente na materia, dende móvete queremos dar a coñecer os prazos para solicitar o voto por correo e recordar a importancia de que todxs formemos parte da elección do próximo goberno municipal.

Somos moi conscientes da gran cantidade de mozxs, e xa non tan mozxs, que se viron obrigados a facer as maletas en busca dun traballo que non atopan aquí. É moi triste que en pleno século XXI estemos a pasar polo mesmo sufrimento que pasaron os nosos avós e que tan arraigado está na historia do noso País.

Os datos son tan alarmantes como reais, dende o 2009 hai 922 estradenses máis no extranxeiro, o cal supón un incremento do 18,3% e deixa un total de 5.946 estradenses inscritos no censo de residentes no extranxeiro.

Dende movemento veciñal estradense somos moi conscientes desta realidade, e queremos facernos eco da mesma, apuntando a que esta realidade ten que cambiar, e nós temos capacidade para facelo. É unha obriga dos representantes dos cidadáns na Institución municipal traballar xunto con eses cidadáns para construir un Concello con futuro para tódolxs veciñxs. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O Salmón traerá como pregoeira a gañadora do Mestre Mateo e estradense Marga Pazos

03-3A XLII Festa do Salmón terá este ano como pregoeira a gañadora do Mestre Mateo á Mellor Comunicadora de Televisión, Marga Pazos, unha veciña de Santo André de Vea.

Marga Pazos recibirá tamén a insignia de ouro xunto con Carmen Conde e Xesús Carbia. Carmen Conde, mestra xubilada, actuou como docente en varios centros estradenses, As Quintas de Codeseda, escola unitaria de Lagartóns e Pérez Viondi. En canto a Xesús Carbia foi o campión do concurso de pesca do salmón o pasado ano, e quedou primeiro e segundo en distintas edicións do concurso.

01-1 05-5

 

 

 

 

 

 

 

Así no lo presentaron Luis Reimóndez, presidente do CIT, o alcalde, Xosé López, e o concelleiro de Cultura, Xan Constenla.

Tamén deron a coñecer o cartel deste ano diseñado pola tamén estradense Alba Aller, veciña de San Xiao de Vea de 20 anos, unha diseñadora gráfica con moito futuro, recalcou o alcalde.

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

O PP incorpora sete caras novas nunha lista que mantén ao grupo de candidatos que gañou en 2011

caras novas pp

 Manuel Magariños Maceiras (12), José Manuel Blanco Sanmartín (13) e María del Carmen Gaspar Ayude (14) reforzan aos actuais concelleiros nos seguintes postos

 Alfonso Rueda e Rafael Louzán acompañarán mañá a José López no acto de presentación da candidatura, que terá lugar no Teatro Principal ás 12.30 horas

O Partido Popular da Estrada concorrerá ás Eleccións Municipais do vindeiro 24 de maio cunha lista encabezada polo actual alcalde, José López Campos, que manterá nos primeiros 11 postos aos candidatos que conseguiron a maioría absoluta en 2011 e que conforman o actual equipo de goberno. En total, a lista incorpora sete caras novas que aportan «ilusión e gañas de traballar para mellorar os resultados conseguidos hai catro anos», segundo explicou José López.

«En 2011 realizamos unha renovación moi importante da candidatura e agora toca darlle
continuidade a un proxecto estable, que aínda ten capacidade de mellora e que ten gañas de seguir desenvolvendo o ambicioso programa de goberno que presentamos en 2011 e que agora imos actualizar e impulsar», salienta José López.

O candidato popular invita a todos/as os/as estradenses a acudir mañá ao acto de presentación desta candidatura, que terá lugar ás 12.30 horas no Teatro Principal e que contará coa presenza do secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, e do presidente provincial do partido en Pontevedra, Rafael Louzán.

02-21.- José C. López Campos:
• 41 anos
• Alcalde da Estrada / Empregado de banca
• Veciño da Estrada

2.- Alberto Blanco Carracedo:
• 52 anos
• Avogado, farmacéutico e empresario
• Veciño da Estrada

3.- Amalia Goldar Cora:
• 48 anos
• Avogada
• Veciña da Estrada

4.- Juan Constenla Carbón:
• 50 anos
• Funcionario da Administración autonómica
• Veciño da Estrada Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario