El recinto ferial estradense trabaja en una nueva edición de la feria de labores, antigüedades y artesanía

img_0931• Sesenta firmas directas presentes en el certamen.

• 4.000 m2 de espacio expositivo, complementado con talleres artesanales y exposiciones.

• Celebración del tercer Encuentro de Palilleiras.

• Entrada gratuita para todos los visitantes.

Los próximos días 9 y 10 de mayo, el recinto ferial estradense, celebrará la 4ª Feria de Labores y la 47ª Feria de Antigüedades y Artesanía, segundo certamen del año, antes de la celebración de su evento estrella: XXIX Feria Internacional del Mueble de Galicia.

En esta ocasión, se darán cita en el recinto ferial, sesenta firmas directas presentes, provenientes mayoritariamente de nuestra Comunidad Autónoma.

Un amplio abanico de disciplinas tratarán de centrar el interés de nuestros visitantes: En este sentido, patchwork, encaje, bordado, costura, patronaje, diseño, ganchillo, calceta, hilado artesanal, artesanía, antigüedades, etc…, serán una muestra de los subsectores representados en la muestra. Sigue leyendo →

Publicado en Feiras, Portada | Deja un comentario

Os comerciantes da rúa Ulla opóñense a peatonalización do centro

07-7Este venres os comerciantes da rúa Ulla achegaron unha solicitude ao concello e á ACOE mostrando a súa oposición tanto a proba como a peatonalización do centro, xa que consideran que esta medida perxudicaría moi negativamente a os seus negocios e máis tendo en conta os tempos de crise nos que nos atopamos.
Publicado en Asociacións, Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

O BNG cree que un traslado escalonado de preceiros e praceiras ao Novo Mercado implicaría matar a praza de abastos

01Magariños esixe que o alcalde aparque o seu papel de axente comercial de grande superficies comerciais e mire máis polos comerciantes e vendedores da praza de abastos

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, amosouse moi crítico coa intención do goberno municipal de proceder ao traslado escalonado dos praceiros e praceiras da praza provisional á nova.

“Iso é matar a praza”, manifestou o concelleiro nacionalista “non pode ser que uns fiquen na praza provisional e outros se vaian para a nova”.

Neste sentido, o concelleiro nacionalista afirma que “coincidimos plenamente cos praceiros e praceiras que tampouco están de acordo con facer un traslado escalonado como pretende o alcalde os seus”. “O PP gastou 1.3 millóns de euros en remodelar a praza e agora quere tirar con este investimento cun traslado a conta gotas que nin os praceiros e praceiras entenden e tampouco entenderían os veciños e veciñas que van comprar a ela
todos os días”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Este sábado clausúrase a exposición Arte e Paz

IMG_6793Este sábado ás 8 da tarde clausúrase a exposición Arte e Paz que leva exposta na sala de Abanca dende o pasado sábado.

Na peche interviran alumnos dos colexios estradenses recitando poesías.

A exposición foi inaugurada o sábado 11 de abril con dúas charlas realizadas por Manuel Dios Diz, sobre Educación e Paz, e Rodrigo Montalvisa Vivas, sobre Dereitos Humanos 3ª Xeración.

Tamén interviu o cantautor Severino e Sonia que adicou o primeiro tema a Miguel Ángel Castro, excantante dos Esquios que finou hai case dous anos. Este tema encantáballe a Miguel, bo amigo do cantautor, e agora abre todas as súas actuacións con el.

Publicado en Asociacións, Cultura, Portada | Deja un comentario

O alcalde fai valoración das actuacións realizadas polo concello durante esta semana

02-2Onte o alcalde recibeunos no concello para trasladarnos as últimas novidades e actuacións que se levaron a cabo durante esta semana.

Xosé López fálanos das actuacións que se están levando nas 51 parroquias do rural, como o arranxo das pistas de índole municipal, do viveiro de empresas que se está preparando no edificio do Novo Mercado e de que xa comezaron a trasladar a biblioteca ao seu novo emprazamento na Casa das Letras. O rexedor pide disculpas se algún usuario da biblioteca se ve perxudicado nestes momentos polo traslado, pero espera que este se remate na maior brevidade posible e pechar así unha demanda histórica dos usuarios cós actuais problemas.

Por outra banda, tamén fixo alusión ao proxecto de levar a cabo o centro hípico de Guimarei, unha mostra máis do apoio de este goberno ao deporte local. O rexedor considera que os clubes locais non só aportan actividades deportivas senon tamén formativas ao mostrar valores de respeto e convivencia, polo que considera importante o seu impulso e mantemento.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG pide priorizar o polígono e as zonas para aparcar antes que a ampliación da alameda

01Na mañá de onte o grupo municipal do BNG, liderado por Xosé Magariños acompañado pola nacionalista, Susana Camba, daban a coñecer unha moción cá cal queren pedir o respaldo do pleno da corporación para que o concello pospoña o proxecto de ampliación da alameda municipal a favor doutros proxectos.

Magariños antepón a creación de estacionamentos e a ampliación pública do polígono industrial de Toedo a crear unha única zona verde, o cal considera un «despilfarro».

O líder do Bng esixe que o Concello utilice o PXOM como instrumento para impulsar a actividade ecónomica, esta formación política entende que se se pretende dinamizar A Estrada como centro comercial debe de ofrecérselle zonas para aparcar.

O Bloque Nacionalista representado polo seu portavoz e alcaldable Xosé Magariños, propón na súa moción que o Concello promoba crear estacionamento para dar servizo a Plaza do Mercado e a tan céntrica Praza de Galicia.

Xosé Magariños móstrouse partidario de que tamén a administración  municipal aposte pola adquisición do terreo lindante coa Casa das Letras, que actualmente esta en venda.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Xa se coñecen os gañadores dos premios das Santas Tapas

10Esta tarde a Asociación de Comerciantes da Estrada deu a coñecer os gañadores dos premios das Santas tapas.

A ACOE faralle entrega dos agasallos a os agraciados o vindeiro venres ás 9 da noite no Pazo de Xerlis. Para poder acceder ao premio é obrigatoria a presenza dos gañadores. No acto tamén se coñecerá a tapa gañadora.

AGRACIADOS NO CONCURSO  “SANTAS TAPAS”

1. UNHA TABLET DE 7″ DOADA POR CONNECTA REY

– Mª JOSÉ ARCA VALLADARES

2. 5 REGALOS DOADOS POR  TIKO DOCO 

– RODRIGO MONTALUISA VIVAS

– MARTÍN CAÑEDO

– CRISTINA VÁZQUEZ SOTO

– JOSE MANUEL ALVAREZ NAVAZA

– PABLO GARCÍA FERNÁNDEZ

3. UN TELÉFONO MÓVIL  DOADO POR EDELEC  Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario