Móvete presentará a súa candidatura o próximo domingo no Teatro Principal

INVITACIÓN PRESENTACIÓN new2brancoroxo copiaMóvete-movemento veciñal estradense presenta a candidatura coa que vai concurrir ás próximas eleccións municipais este domingo, día 26 de abril, ás 12;30h no Teatro Principal.

No acto de presentación de candidatura a parte dunha serie de intervencións aproveitaremos tamén para presentar en directo o tema “móvete” composto por Jorge Rodriguez Álvarez e interpretado por Esquios.

Dende móvete convidamos a tódolxs veciñxs do Concello de A Estrada a acompañarnos neste acto.

Móvete A Estrada

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Apróbanse os presupostos no pleno extraordinario do luns

24Xa no pleno ademais da aprobación definitiva dos presupostos o alcalde adiantou que preben levar ao próximo pleno ordinario do mes de maio a aprobación da relación de postos de traballo (RPT) e incorporar unha partida destinada ás expropiacións dos terreos para a ampliación da alameda.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

López defende a ampliación da alameda como incluían no seu programa electoral

09Na mañá do luns o alcalde explicou os motivos da sesión plenaria extraordinaria que se ía celebrar esa noite para aprobar definitivamente os presupostos municipais despois de rexeitar os recursos presentados polos grupos da oposición.

López tamén defendeu o proxecto do goberno local para ampliación da alameda que recorda «ía claramente definido no noso programa electoral».

O rexedor desminte as acusacións da oposición de destinar todos os fondos a unha sola zona verde e recorda que este goberno xa realizou outras actuacións neste ámbito, como o parque infantil de Figueroa e o acondicionamento da alameda, gracias ao obradoiro de emprego, e a realización do parque nas inmediacións do novo campo de fútbol. Sin esquecer a nova zona verde que vai integrada no porxecto do Mercadona.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada e Silleda participan en Goza do Ulla cun roteiro intermunicipal con Cira e San Miguel de Castro como protagonistas

Vista Ullán.jpgO percorrido, de 10 kilómetros, transcorre paralelo ao cauce que centra esta exitosa iniciativa, e está previsto que se celebre o 12 de setembro

Os Concellos de A Estrada e Silleda están a ultimar o roteiro conxunto co que participarán este ano no programa Goza do Ulla. Este roteiro intermunicipal terá como protagonistas dúas parroquias limítrofes que pertencen a cadanseu municipio: a localidade silledense de Cira e a parroquia estradense de San Miguel de Castro.

Baixo o nome Roteiro Intermunicipal Natural Ullán, propónse un percorrido de aproximadamente 10 kilómetros, con unha duración estimada de unhas tres horas e con dificultade media. A data de celebración será o vindeiro 12 de setembro.

Tratase dun roteiro lineal que partirá da praia fluvial de Cira e rematará no Couto do Castro, en San Miguel. Discorrerá pola contorna do Castelo de Cira, invernadoiros desta última localidade e continuará paralelo entre o bosque de ribeira do Ulla, xa por terras estradenses, para rematar no miradoiro do Castro de San Miguel, onde os participantes poderán disfrutar de unha impresionante vista ao meandro do Ulla, sobre Gundián Ponte Ulla e como fondo co Pico Sacro.

castelo Cira.jpgO regreso está previsto que se faga en autobús ata o punto de partida.

O programa Goza do Ulla é unha  iniciativa conxunta  que xurdiu  hai 4 anos, sumando xa 19 concellos nun programa que, sen apenas custes, serve para por en valor o territorio vinculando municipios e comarcas.

Os municipios que forman parte do programa, pertencentes ás provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra,  son  Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, A Estrada, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón , Pontecesures, Palas de Reis, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vila de Cruces e Vedra.

Concellería de Turismo

Publicado en Portada, Turismo | Deja un comentario

Xosé Antonio Dono, candidato á alcaldía da Estrada, sostén que "a prioridade serán os veciños e vivir no rural unha oportunidade, non unha discriminación

IMG_9521“Das necesidades que ten o municipio, a Xunta de Feijóo, co silencio cómplice do alcalde do PP, desentendeuse totalmente”, afirma Besteiro na presentación da candidatura 

José Antonio Dono, candidato do PSdeG á alcaldía da Estrada, presentou esta noite nun ateigado Teatro Principal a lista coa que se presentará ás eleccións municipais do 24 de maio. “Desde a sensatez, é necesario apostar polo noso Concello, devolverlle plena capacidade de decisión; está en xogo que nos vindeiros catro anos se fagan políticas para atender aos veciños”, afirmou.

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, estivo no acto de presentación da candidatura e criticou que “das necesidades que ten o municipio, a Xunta de Feijóo, co silencio cómplice do alcalde do Partido Popular, desentendeuse totalmente”. 

“A ausencia de compromiso real da Xunta coa Estrada é evidente, o alcalde fai moitos titulares de prensa e fotos con conselleiros anunciando obras, pero cero euros nos Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada Pode presenta a súa candidatura para as eleccións municipais

A Estrada Pode1.Ofelia LEMA VILLAR
2.Orlando VILLAMAYOR TORRES
3.Désirée CABANAS TORRES
4.Alejandro BREY PAZOS
5.María del Carmen Lourdes VIEITES CONDE
6.Miguel VÁZQUEZ SILVA
7.María Teresa PUENTE RIBADAVIA
8.Marcos Antonio MAGAN TABOADA
9.Natalia Catalina LEMOS GEDDO
10.Antonio DURAN SANCHEZ
11.Nathalie REY FERNANDEZ
12.José Antonio CHACON VILLAR
13.Mirian PEREZ BOLAÑO
14.Miguel BETES FIGUEIRAS
15.María del Pilar TORRADO RIVAS
16.Luis SILVA PORTO
17.Sara GONZALEZ SANCHEZ
18.Manuel SANGIAO CAMOIRA
19.Sandra UZAL TERCEIRO
20.Héctor FANDIÑO REY
21.Prudencia SANTASMARINAS RAPOSO

SUPLENTES:
1.Manoel Anxo ESCARIZ FERRIN Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Liñas básicas da 3ª parte do programa de Móvete sobre “Políticas Sociais”

11046314_450803468401150_7297928398837813225_nNa xuntanza celebrada na tarde de onte, venres 18 de abril, móvete aprobou a terceira parte do seu programa que recolle as medidas que desenvolveremos dende o Concello nos próximos catro anos sobre as “Políticas Sociais”.

Para móvete é prioritario que dende o Concello se atendan as demandas que se engloban dentro da área social e que abarcan aos maiores, á infancia, ás persoas con discapacidade, ás persoas que se atopan atravesando por unha  situación de dificultade económica, ou de diversa índole.

As propostas que dende móvete levaremos a cabo na próxima lexislatura nesta área de goberno están encamiñadas a garantizar a igualdade e a integración social de todxs os veciñxs de A Estrada.

Principais medidas que desenvolvemos no noso programa na área de “Políticas Sociais”

  • Impulsar a creación dunha cooperativa que xestione os servizos sociais como o servizo de axuda no fogar, que atenda as diversas demandas dos usuarios: apoio á hixiene, acompañamento fora do fogar, limpeza, enfermería, estimulación sensorial cognitiva.
  • Emprender as medidas necesarias para a creación dun centro de día na “Casa das Colonias”. Sigue leyendo →
Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario