A zona deportiva acollerá a VI Copa Galicia Internacional de Trampolín

IMG_9288

A zona deportiva de A Estrada acollerá os días 24, 25 e 26 de abril a VI Copa Galicia Internacional de Trampolín, así no lo presentaron Manuel Estévez, presidente da Federación Galega de Ximnasia, Sofía Mosteiro, mestra de ximnasia no noso concello e Pablo Clemente, presidente do Clube de Ximnasia acrobática, acompañados do alcalde, Xosé López, e o edil de deportes, Ismael Pena.

No campionato competiran nas modalidades de tumbling, cama elástica e dobre minitramp. A entrada será gratuita.

IMG_9303Se chegara o material uns días antes do comezo do torneo, a organización ofrece a posibilidade aos colexos da zona de que os alumnos poidan probar as camas elásticas e trampolíns.

Á presentación tamén asistiron unha ampla representación de ximnastas estradenses acompañados dos seus proxenitores. Destes últimos alabou López a súa implicación cós rapaces para que lles sexa posible a práctica deste deporte, ao requerir moitos desprazamentos para entrenamentos (en Pontevedra, ao non contar A Estrada con instalacións e material axeitado) e asistencia a competicións.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Martínez Otero entrega 2.200 litros de leche a cáritas completando los 5.000 litros que se había comprometido

20150414_115552En el día de hoy, la Empresa Martinez Otero, tal y como teniamos convenido, hizo entrega en el Local de Caritas de 2.200 litros de leche, correspondientes al compromiso de los 5.000, ya que la vez anterior, fueron entregados 2.800.

Esta forma de entrega, es debido a que la leche tiene una vida útil de tres meses y fraccionando la entrega, conseguimos que la misma nos pueda llegar para la mayor parte del año.

Por todo lo expuesto, desde Caritas, queremos agradecer a la  Dirección de la Empresa MARTINEZ OTERO y a todos los obreros este gesto de solaridad y apoyo a Caritas en esta esta batalla que día a día estamos librando para ayudar a combatir los daños de la crisis que nos asola.

20150414_120430También, queremos agradecer a la Empresa VIDRIOMOSS de A Estrada, la segunda entrega de este año de alimentos necesarios para la alimentación de los niños. Esta segunda entrega, consistió igual que la anterior en unos 150 kilogramos de alimentos.

También tenemos que agradecer el detalle de Pascua de la CONFITERIA LA MILAGROSA ubicada en la calle Ulla, que estos días de Pascua, nos hizo entrega de 30 roscas de un kilogramo, así como de gran cantidad de pasteles, para que las familias de Cáritas pudiesen disfrutar de la Pascua sin echar de menos la rosca.

Cáritas A Estrada

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Promoción Económica programa unha visita ao Viveiro de Empresas para potenciais emprendedores interesados

Oscar Duran O concelleiro Óscar Durán ensinaralles as instalacións e o equipamento e explicará o proceso para a adxudicación dos postos de traballo 

 Adianta que «o viveiro funcionará como un área de co-working, cun espazo aberto semellante ao xa existente na Cidade da Cultura»

O concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, anunciou hoxe a posta en marcha do proceso para a concesión dos 10 espazos de traballo existentes no Viveiro de Empresas situado no primeiro andar do Novo Mercado. Segundo indicou, o primeiro paso do proceso consistirá en realizar unha visita ás propias instalacións do Viveiro de Empresas o vindeiro venres ás 11.00 horas cos emprendedores que poidan estar potencialmente interesados en instalarse no viveiro.

«Trátase dunha visita preliminar de carácter informativo, que non compromete a nada, senón que unicamente ten como finalidade amosarlle as instalacións, os equipamentos e os servizos que prestará o Viveiro de Empresas a todos aqueles emprendedores que poidan estar interesados en optar a un espazo de traballo», explicou Óscar Durán. Neste senso, lembrou que o Viveiro de Empresas está orientado a persoas físicas ou xurídicas con proxectos de creación dun negocio ou que estean xa en funcionamento e teñan unha antigüidade inferior aos 3 anos a contar dende o comezo da actividade. Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

Fin de semana de ruta con Bikestrada

Ruta infantil sabado 11O pasado fin de semana celebráronse na Estrada as primeiras rutas infantís e populares deste ano organizadas polo Clube Ciclista Bikestrada e o Concello da Estrada. O tempo acompañou unhas grandes xornadas de deporte e diversión nas que os participantes puideron disfrutar de fermosas paisaxes polos montes estradenses.

O sábado celebrouse a primeira ruta infantil dirixida a animar aos rapaces de 6 a 12 anos a participar do deporte da bicicleta de montaña. Ás cinco da tarde saian da praza do concello case 70 participantes entre rapaces, acompañantes e membros do clube Bikestrada que se encargaron da organización e loxística da ruta. Dende a praza do Concello dirixíronse cara Aguións, Toedo, Santeles e volta para A Estrada cunha pequena parada no camiño para repoñer forzas, percorrendo ao final en torno aos 10 kilometros. Os mais cativos demostraron unha gran enerxía sobre a bicicleta deixando nalgúns caso aos mais maiores rezagados.

Ruta popular domingo 12O domingo ás dez da mañá saian tamén dende a praza do concello os participantes da primeira ruta popular dirixida a tódolos públicos. Case medio centenar de ciclistas fixeron case 20 kilometros percorrendo unha parte da Ruta do Salmón que organiza o clube tódolos anos, baixando por Liñares e dirixíndose despois cara Callobre para voltar á Estrada de novo por Guimarei. O fantástico día que estivo animou a moitos participantes a anotarse xa para a seguinte ruta.

O vindeiro fin de semana celebrarase a segunda edición das rutas. O sábado 18 de novo ás Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O BNG cre que a obra de “mellora” do carreiro da praia fluvial de Barcala non se axusta ao proxectado e ao aprobado polo goberno do PP

BNG Barcala2   – *Magariños: “O proxecto fala de desbroces manuais, pero alí entrouse cunha máquina escavadora”.*

   – *Magariños: “Se o que se fixo en Barcala é un plan de mellora, daquela temos un alcalde con poucas luces”.*

   -*Os nacionalistas denuncian que estamos ante un grave delito ecolóxico nunha zona da Rede Natura e instan á Consellaría de Medio Ambiente a actuar contra o concello *

“O proxecto de mellora do carreiro natural da praia fluvial de Barcala non ten nada que ver coa desfeita realizada polo concello da Estrada” afirmou hoxe aos medios de comunicación
local o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, logo de analizar o citado proxecto de obra, reiteradamente demandado polos nacionalistas despois da denuncia realizada nos días pasados.

“No proxecto”, explicou Magariños, “indica que dentro do plan de mellora tiña que facerse un desbroce manual selectivo da vexetación e que as melloras do carreiro non podían producir modificacións no trazado nin na lonxitude deste”. “Os feitos”, engadiu Magariños, “que calquera veciño ou veciña da Estrada pode ver in situ, reflicten que o goberno municipal do PP entrou na praia fluvial de Barcala como un elefante nunha cacharrería levando por diante todo o que atopaba ao seu paso e saĺtándose o proxecto
aprobado polo goberno municipal”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

36 grupos de toda Galicia inscribíronse no 10º Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere

Cartel XI Concurso 2015O Concurso terá lugar o vindeiro domingo 19 de abril no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada en horario de mañá e tarde. O horario de mañá comezará ás 11 hs e participaran as categorías A e a Categoría C onde están inscritos 7 e 12 grupos respectivamente. En horario de tarde participarán os grupos das categorías B e a categoría D, onde están inscritos 4 e 13 grupos respectivamente.

Estableceranse catro categorías para participar:

-Categoría A: Ata os 10 anos.
-Categoría B: de 10 a 12 anos.
-Categoría C: de 12 a 16 anos.
-Categoría D: máis de 16 anos

A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo, ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

Os premios serán os seguintes:

Categorías A e B:
-Primeiro premio (150 €)
-Segundo premio (120 €)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría C:
-Primeiro premio (180 €)
-Segundo premio (150 €)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría D:
-Primeiro premio (240 €)
-Segundo premio (180 €)
-Terceiro premio (Trofeo)

Existirán accesits ó mellor acompañamento e mellor vestiario (Trofeo).

Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursando neste evento.

Tequexetéldere

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O BNG-Asembleas Abertas aproba a candidatura completa

BNG 2015

É unha candidatura implicada socialmente, que quere que na corporación municipal haxa unha organización claramente galega, asentada no país e sen ataduras a Madrid

O BNG-Asembleas Abertas vén de aprobar a candidatura completa ás eleccións municipais do 24 de maio. A candidatura, que se aprobou por unanimidade na asemblea convocada a pasada semana, tamén foi ratificada o pasado sábado polo Consello Nacional do BNG, máximo órgano de dirección da organización nacionalista entre asembleas.

O cabeza de lista, Xosé Magariños destaca “que é unha candidatura con ampla experiencia no traballo social, cultural e no sindicalismo nacionalista no noso concello; en resumo, unha candidatura implicada coa Estrada e co pobo galego ”.

“Responde ao mandato da primeira asemblea aberta celebrada no mes de outubro do ano pasado”, engadiu Magariños, “onde puxemos o énfase en incorporar persoas non militantes do BNG -cousa que sempre fixemos-, pero con persoas cun perfil nacionalista e de persoas que queren que na corporación municipal haxa unha organización galega, asentada no país, sen ataduras a Madrid, que teña como prioridade defensa da nosa cultura, da nosa lingua e do noso patrimonio, así como a creación de emprego e mellorar
o benestar social das veciñas e veciños da Estrada”.

IMG_3897 “Por outra parte”, afirmou Magariños, “presentamos unha lista parcialmente renovada; das 24 persoas, 13 non foran na última candidatura de 2011 e 8 preséntanse por primeira vez nunha lista do BNG o que demostra que no campo do nacionalismo hai banquillo abondo e hai renovación”.

A seguir detallamos os nomes e apelidos das persoas que compoñen a lista do BNG-Asembleas Abertas:

1.  *Xosé Magariños Maceiras*, natural da Estrada, actual concelleiro do BNG, profesor de procesos e produtos da madeira no Antón Losada da Estrada. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario