Móvete recibeu á Marea Atlántica de A Coruña para conversar e intercambiar ideas sobre diversos aspectos relacionados coas xa próximas eleccións municipais de maio

MOVETE WEBO encontro tivo lugar na tarde de hoxe entre a Marea Atlántica e Movemento Veciñal Estradense-Móvete para conversar sobre diversos aspectos relacionados co vindeiro proceso electoral.

Tratamos aspectos como:

  • A necesidade da creación de espazos abertos á confluencia cidadá máis alá das siglas dos partidos.
  • Deseño do escenario electoral e postelectoral dende unha perspectiva que responda á intención compartida de poñer fin á actual situación de alienación cidadá, de xuntar esforzos e ilusión para promover uns Concellos abertos e solidarios, uns Concellos para todxs.
  • Principios básicos: Garantir unha vida digna para todas as persoas; Unha economía baseada na xusticia social e na sustentabilidade; Democracia e participación cidadá; Compromiso ético.
  • Importancia de manter ambas plataformas abertas, tanto agora como despois das eleccións, dentro das cales os partidos que a as apoien renuncien as siglas. Sigue leyendo →
Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A Feira de Pascua acolle os Concursos Morfolóxicos Nacionais de pura raza árabe e española

01Durante este fin de semana o recinto feiral de Guimarei acolle a tradicional Feira Cabalar de Pascua, que organiza a Sociedade Cabalar de A Estrada, SOCADE, e o concello.

Na xornada do sábado tivo lugar o Concurso Morfolóxico Nacional AECCA, no que competiron guías con cabalos de pura raza árabe. No concurso valorábase, ademais da morfoloxía dos equinos, os movementos e sintonía cós guías.

A Asociación contou un ano máis como xuíz do concurso con Teresa de Borbón e Borbón.

07-7Durante esta xornada dominical tócalle o turno aos cabalos de pura raza española, ademais de outras actividades comerciais, relacionadas con este belo animal, e de ocio, como actuacións musicais e postos de comida.

Esta mañá un grupo de xinetes achegábase ata a vila nunha pequena ruta a cabalo dende Guimarei.

Música ambiente: Grupo de Acordeóns Os Lóstregos

Publicado en Agrogandeiros, Asociacións, Portada | Deja un comentario

E o PP presenta ás "50 luces de López"

A resposta por parte do goberno local non tardou en chegar presentando a través das redes sociais un cartel coas «50 luces de López»

50 luces lopez

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O BNG pon a clareo as "50 sombras de López"

1Grande expectación na exposición pública das 50 sombras de López

Hoxe empezamos na rede

Centos de veciños e veciñas da Estrada achegáronse hoxe á exposición organizada polo BNG da Estrada coas 50 sombras de López, unha escolma de imaxes coa que os nacionalistas queren resumir o que foi os catro anos de López e do PP na Estrada, unha política de despilfarro dos cartos de todas e todos e de chapuza permanente.

Como xa anunciaron os representantes do BNG, non será a última vez que se poida ver esta exposición das 50 sombras de López, xa que estudarán novas datas e novas ubicacións. Por outra parte, esta campaña dará comezo hoxe tamén nas redes sociais onde o BNG ten presenza e non rematará até o 22 de maio.

Os nacionalistas a repartiron un folleto explicativo, que reproducimos a continuación.

AS CINCUENTA SOMBRAS DE LÓPEZAS CINCUENTA VERGONZAS DO PP Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Móvete aproba o segundo bloque do seu programa "Economía e Medio Rural"

11046314_450803468401150_7297928398837813225_nNa xuntanza de móvete do día 11 de abril aprobamos a segunda parte do noso programa de goberno que será o noso compromiso cxs veciñxs da Estrada para os vindeiros catro anos, e que se fixo coma o resto do programa, facendo partícipes na súa elaboración aos diferentes sectores existentes no noso concello. Con todo, o programa segue aberto a incorporación de novas propostas que axuden a acadar o noso obxectivo de crear un Concello ao servizo de todxs e onde todxs teñamos o dereito a ter un traballo digno.

Este segundo bloque inclúe os piares para acadar un desenvolvemento sustentable do concello e xerar postos de traballo que garantan unha vida digna ás persoas no noso Concello, aproveitando para elo o potencial da nosa terra en termos agrogandeiros, modernizando e optimizando o proceso produtivo en todas as súas fases:  producción, transformación e comercialización.

Pensamos que isto poderíase acadar:

 -Por unha banda impulsando dende o concello a creación dunha cooperativa de producción agropecuaria que aglutine aos produtores locais e deste xeito aproveitar as sinerxias e as vantaxes da unión na busqueda de novos mercados.

 -Apostar por dar saída aos produtos primarios e xerar a industria precisa para a transformación destes produtos en todos os seus posibles derivados, creando deste xeito unha cadea de diferentes postos de traballo. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada entre os 7 concellos de Deza e Tabeirós que se suman ó Plan Actívate da Deputación de Pontevedra

plan activate2.000 mozos da provincia poderán completar a súa formación nas máis de  30 especialidades que se van impartir.  A través deste plan, a Deputación de Pontevedra pon en marcha un total de 71 cursos en 57 concellos da provincia. 

Segundo  o acordo aprobado esta mañá en xunta de goberno, a Deputación de Pontevedra impartirá 71 cursos de formación no marco do Plan Actívate 2015. Un programa dirixido a mozos e mozas de 16 a 35 anos de idade e ó que solicitaron adherirse 57 concellos da provincia.

9 cursos na comarca de Deza

7 concellos da comarca de Deza e Tabeirós sumáronse á nova convocatoria do Plan dirixido a mozos e mozas de 16 a 35 anos de idade.   Nos concellos de Agolada, Cerdedo, Forcarei, Silleda e Vila de Cruces ofertarase un único curso por municipio, mentras que  A Estrada e  Lalín, solicitaron poder ofertar dúas destas actividades formativas.

CONCELLO OBRADOIRO 1 OBRADOIRO 2
AGOLADA INTERNET E CORREO ELECTRÓNICO  
CERDEDO INICIACIÓN Á INFORMÁTICA  
ESTRADA, A INICIACIÓN ÁS REDES SOCIAIS FOTOGRAFÍA: NIVEL AVANZADO Sigue leyendo →
Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

Dono denuncia "deixadez das súas funcións" por parte do alcalde

PSOE Dono“Eu persoalmente considero que hai una enquina do alcalde có centro de saúde da Estrada”, así comezaba o líder da oposición, Xosé Antonio Dono, a comparecencia que facía ante os medios esta mañá para facer balance dos últimos acontecementos da actualidade local. Non se antes lamentar o sucedido no pleno de onte.

Dono lamenta que non se aprobara a moción socialista para arranxar os problemas do centro de saúde. Moción que tiveron que presentar fora da orde do día ao non incluíla o goberno, aínda que fora presentada con tempo suficiente para habela levado a comisión e posteriormente a pleno. Agora solicítalle ao alcalde que xa non a leve a comisión e que destine os cartos que custa a mesma a solucionar algún destes problemas do centro médico, “catro ou cinco obras necesarias e de custe reducido”, algunha das cales custa menos que a comisión, engade.

AmbulatorioO líder socialista cre que ao alcalde solo lle gustan as “grandes inversións, obras faraónicas”, pero que xa dixo a conselleira nunha visita que o centro de saúde novo da Estrada non se ía a facer, como deixaba claro nunha visita ao centro na cal indicaba que “sería enganar aos cidadáns dicir que imos facer un centro de saúde na Estrada”, recorda Dono.

Tamén quixo recordar una rolda de prensa do líder popular de hai 4 ou 5 anos prometendo un coche para o traslado de enfermería e que considera que debe estar “no mesmo lugar Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario