O BNG fará unha exposición pública das vergonzas do goberno do PP, nunha campaña que trasladará das rúas ás redes sociais

RRSS-1As cincuenta sombras de López’ nas rúas da Estrada

O BNG da Estrada leva traballando ao longo dos dous últimos meses nunha campaña que poñerá en marcha este sábado 11, ás 11 horas, na rúa Calvo Sotelo da Estrada, e que logo da presentación pública, terá o seu campo de acción as redes sociais onde ten presenza a organización nacionalista.

Segundo explicou o concelleiro do BNG e candidato á alcaldía, Xosé Magariños, “queríamos facer unha escolma do que foi a acción do PP no goberno municipal nos últimos catro anos, que se traduce en despilfarro, en pasotismo, en privatizacións, en cesións de competencias municipais e en accións de goberno chapuceiras, e aproveitamos o título dunha película que está de plena actualidade para darlle nome a esta campaña que se poñerá en marcha desde este sábado até o día 22 de maio, vésperas das eleccións
municipais”.

“Botando contas”, engadiu Magariños, “é doado adiviñar que o título da campaña levará por nome ‘As cincuenta sombras de López’, un xeito de resumir graficamente a chapuceira xestión do goberno municipal do PP nestes últimos anos, unha situación á que cómpre darlle a volta cun novo goberno que conte cun programa electoral cos pés na terra”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG denundia que un mes despois da inauguración o Novo Mercado continúe fóra de servizo

VISITA A LA PLAZA DE ABASTOS DE A ESTRADA*Hosteleiros, comerciantes e praceiros están molestos polo retraso da posta en funcionamento da nova praza*

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, afirmou hoxe que “non é de recibo que case un mes despois de inaugurada a nova praza de abastos esta aínda non estea a pleno rendemento, o que demostra” engadiu “que o que denunciou no seu día o BNG era certo, que a praza aínda non estaba lista para poñer a funcionar , visto ademais os desperfectos que se podían ver a simple vista aos poucos días da inauguración”.

“Por outra parte”, denunciou Magariños, “non son poucos os comerciantes e hosteleiros da Praza do Mercado molestos co retraso na posta en funcionamento da praza, logo de anos Sigue leyendo →

Publicado en Empresas e Comercio, Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada Pode súmase á manifestación da Organización de Produtores de Leite

IMG-20150406-WA0002Esta mañán vari@s integrantes de A Estrada PODE participaron na manifestación convocada por OPL, Organización de Produtores de Leite para sumarse ás reivindicacións d@s produtores e produtoras de leite.

Ás 12 h do mediodía, OPL convocaba os gandeiros e as gandeiras galeg@s a unha manifestación para amosar o descontento coa xesión da crisis de prezos do leite que se está a padecer.

IMG-20150406-WA0005A este respecto, A Estrada PODE quixo sumarse ás reivindicacións e visibilizar os perxuizos que seguen a padecer @s grandes daminificados en canto a política e solicitar á Xunta de Galicia que interceda en defensa do sector Lácteo toda vez que esta situación damnifica notoriamente tanto a gandeir@s coma a empresas de servizos auxiliares ó campo e a @s propi@s gandeir@s. Sigue leyendo →

Publicado en Agrogandeiros, Política, Portada | Deja un comentario

Maniféstanse contra a granxa de visóns na Praza do Concello

07Os manifestantes entoaron cánticos en contra desta industria e leron varios textos nos que denunciaban esta práctica prohibida en varios países, motivo polo cal aseguran que veñen estas granxas ao noso país.

Reivindican que os traballos que se van xerar serán mal remunerados e non xustifican as condicións nas que viven e sacrifican estes animais, nin o risco contra o noso ecosistema. Recordan que estes animais son depredadores que eliminan calquera ser vivo có que se atopen atentando contra a fauna existente e incluso os cotos salmoneiros ao adaptarse a calquera medio, e por moitas que sexan as medidas de seguridade sempre hai fugas.

Por todos estes motivos piden ao goberno local que non permita a instalación da granxa no noso concello e ao goberno autonómico que faga esta prohibición extensiva a toda a comunidade.

Publicado en Demandas, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Os cabaleiros de Socade poñen fin ao Camiño de Santiago

Foto 5-4-15 15 56 51Este Domingo sobre ás 08,30 da mañá, chegaban á recta final do camiño estos 10 cabaleiros, 5 deles incorporandose na ultima  etapa do mesmo. Despois de facer noite no Monte do Gozo, chegaban a Praza do Obradoiro, na capital de Galicia, con moi bo sabor de boca, risas e moitas anécdotas. Moi agradecidos coa colaboración do Excelentísimo Concello da Estrada, pola súa aportación duns coches de apoio.

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

A cofradía de Santa Cruz estrease nunha multitudinaria procesión de Venres Santo

01Na noite de onte despois dos oficios de Venres Santo, chegou o momento esperado polos membros da nova cofradía Santa Cruz de Semana Santa. Por fin, tras todo o traballo realizado na confección de traxes e preparación debutaron na procesión do Santo Enterro.

Os porteadores foron acompañados por moitos fieis portando candeas acesas por un recorrido máis londo do habitual por toda a vila.

Na metade do recorrido fixeron un alto para escoitar a Maria de los Angeles Ramos, Marian, que deleitou aos presentes cun canto a Virxe, «Sola con tu Soledad»

Publicado en Igrexa, Portada | Deja un comentario

Balance da primeira semana da Campaña “Móvete pola Solidariedade Alimentaria” entre veciñxs.

CARTAZ CARITAS 2 copiaO inicio da Campaña, nesta primeira semana de abril, que coincideu coas datas festivas da Semana Santa non foi impedimento para que dende Móvete recolléramos 150kgs entre froitas e verduras. A solidariedade dxs veciñxs da Estrada deixouse ver nestes primeiros días da campaña “Móvete pola Solidariedade Alimentaria” organizada por Móvete en beneficio da xente que o precisa e coa colaboración de Cáritas e das froiterias estradenses.

Debido ao bo ritmo da mesma inclúense dentro desta iniciativa diversas tendas do rural estradense: Virxinia Couto de Moreira; Supermercado Claudio do Sol; Tenda de Alimentación Regengo de Codeseda; Comercial Otero de Orazo; Super Vea; E Casa Porto de Ouzande. Dende Móvete recordamos a este tipo de establecementos do rural que queiran colaborar nesta Campaña a través do Caixón Móvete que poden contactar con nós a través do correo electrónico movetepolaestrada@gmail.com

Dende Móvete sentímonos moi satisfeitos con esta Campaña, xa que, somos moi conscientes de que no noso Concello hai veciñxs que están pasando por unha situación económica realmente dura e nós –xs veciñxs- non debemos mirar para outro lado, temos que axudar a contribuir a crear unha conciencia solidaria para axudarnos entre nós. Móvete como organización Política con vontade de gobernar na Estrada a partir dos próximos comicios electorais non considera que a caridade sexa a solución aos problemas dxs veciñxs, o que realmente necesita a xente é traballo digno e nese obxetivo traballaremos os vindeiros 4 anos. Pero isto non é incompatible, se non que é complementario ca axuda inmediata a quen está Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario