Móvete recibe á Marea Atlántica para conversar e intercambiar ideas sobre diversos aspectos relacionados coas xa próximas eleccións municipais de maio

11046314_450803468401150_7297928398837813225_nEste domingo 12 de abril ás 17:00h no bar Búhos (rúa Capitán Bernal nº 9 A Estrada) terá lugar o encontro entre a Marea Atlántica e Movemento Veciñal Estradense-Móvete para conversar sobre diversos aspectos relacionados co vindeiro proceso electoral.

Trataremos aspectos como:

  • A necesidade da creación de espazos abertos á confluencia cidadá máis alá das siglas dos partidos.
  • Deseño do escenario electoral e postelectoral dende unha perspectiva que responda á intención compartida de poñer fin á actual situación de alienación cidadá, de xuntar esforzos e ilusión para promover uns Concellos abertos e solidarios, uns Concellos para todxs.
  • Principios básicos: Garantir unha vida digna para todas as persoas; Unha economía baseada na xusticia social e na sustentabilidade; Democracia e participación cidadá; Compromiso ético;

Dende Móvete animamos a todas as persoas do noso Concello a participar nesta conversa na que todxs aprenderemos cousas interesantes e poderemos aportar ideas  para avanzar cara outra forma de facer política: unha que defina a acción institucional como un compromiso de servizo público sobre a base dos desexos compartidos.

Móvete A Estrada

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Galerías de imaxes dos Irmandinhos e Irmandinhas disputando a fase final do Torneo Ibérico de Fútbol Gaélico

Aquí vos deixámos unhas amplas galerías dos equipos estradenses na fase final do Torneo Ibérico de fútbol gaélico celebrado en A Estrada.

As Irmandinhas proclamáronse campionas do torneo feminino.

Os Irmandinhos quedaron subcampeóns do torneo masculino.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Estrada Pode presentaralle o seu proxecto electoral aos empresarios e autónomos o próximo luns

A Estrada PodeA Estrada PODE, como plataforma política que aglutina a varias asociacións e partidos políticos estradenses coa finalidade de ser alternativa de goberno nas vindeiras eleccións municipais que se van a celebrar o día 24 de maio, atópase inmersa nun protocolo de encontros e reunións cos sectores máis representativos da actividade estradense co fin de incorporar ó seu programa político as propostas arroxadas por os verdadeiros e as verdadeiras entendidos e entendidas na materia.

Por medio da presente, queremos convocar e convidar a todos e todas os asociados e asociadas da Asociación Comarcal de Empresarios, sita na avenida de Santiago nº 11, o día 13 ás 20 horas, á presentación do proxecto A Estrada PODE. Do mesmo xeito, queremos facer extensible esta invitación a todas aquelas persoas pertencentes ó ámbito empresarial e autónomo. Nesta xuntanza explicaremos polo miudo as características que nos diferencian como partido político e nos fan converxer na alternativa de goberno neste ano de cambio.

Estos encontros buscan escoitar todas aquelas propostas e inquietudes que se manifesten na xuntanza para poder facer un estudo pormenorizado das situacións que se plantexen, recollendo suxerencias dos e das concurrentes sobre as verdadeiras necesidades para os autónomos e as autónomas, así como as empresas da vila.

Dende A Estrada PODE queremos agradecer de antemán a atención que nos poida ser dispensada e a asistencia a dita xuntanza.

A Estrada Pode

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O venres 17 de abril terá lugar a presentación pública da candidatura de José Antonio Dono

Dono PSOEA Agrupación Socialista da Estrada informa que o venres 17 de abril, terá lugar a presentación pública da candidatura de José Antonio Dono para as vindeiras eleccións municipais de maio. O acto de presentación, ao que se convida a todas e todos os estradenses, realizarase no Teatro Principal ás 21.30 h.

“Con esta presentación pública, eu e o meu equipo, abrimos as portas do noso proxecto á cidadanía para que todos os veciños e veciñas, así como as asociacións e colectivos, interesados en colaborar no proceso participativo de elaboración do programa o poidan facer. Quedando dende ese mesmo momento a disposición dos estradenses para compartir e debater as propostas que os socialistas executaremos dende o goberno municipal na vindeira lexislatura electoral”, afirmou o candidato José Antonio Dono.

psoe eleccionsA candidatura socialista, aprobada a mediados do mes de marzo, por unanimidade polos militantes estradenses incorpora  ao proxecto local xente nova, conxugando experiencia e renovación, persoas con ampla formación e experiencia laboral. Está configurada dando igual representación a mulleres e homes e concedendo representación aos veciños do casco urbano e das parroquias. “Trátase dun equipo con ilusión e ganas de traballar para ofrecer aos veciños e veciñas da Estrada outra forma de entender as necesidades locais”, recoñeceu Dono ante a Asemblea dos socialistas locais o día que se ratificou por unanimidade a candidatura encabezada polo líder socialista.

PSdeG PSOE de A Estrada 

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Juan Constenla coordinará a campaña do PP e Amalia Goldar a elaboración do programa

IMG_3697O Teatro Principal acollerá o vindeiro sábado 18 a presentación da candidatura popular

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Estrada, José López Campos, informa que Juan Constenla Carbón será o encargado da coordinación xeral da campaña electoral para os comicios municipais do vindeiro 24 de maio e que Amalia Goldar foi designada responsable da coordinación do equipo que se encarga da elaboración do programa electoral.

A menos de 50 días da celebración das eleccións, José López destaca que o Partido Popular estradense está «preparado para afrontar con ilusión e ambición unha campaña en positivo» que estará baseada en explicar «o prolífico balance» da acción de goberno nestes catro anos e en presentarlle aos veciños «as novas propostas que darán continuidade ao proxecto iniciado en 2011 e que está a transformar A Estrada positivamente».

«Hai catro anos concorremos ás eleccións cun programa de goberno moi ambicioso que se foi materializando nunha porcentaxe significativa e que xa dixemos no seu día que tiña un horizonte de execución superior aos catro anos. Agora chegou o momento de darlle Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O edificio de Usos Múltiples acollerá no vindeiro mes un curso de monitor de fútbol base

IMG_6432No medio día de onte membros das escolas deportivas estradenses acompañados da concelleira de educación, Amalia Goldar, e do director da escola de entrenadores de Galiza, Manuel Mosquera, presentaron unha nova convocatoria para un curso de monitor de fútbol base en A Estrada.

Terá lugar entre o 4 de Maio e o 21 de Xuño no edificio de Usos Múltiples, este curso será obrigatorio a partir do vindeiro ano para entrenar calquer equipo de fútbol federado.

O ano pasado xa se tivera lugar este curso no noso concello ao que asistiron 30 alumnos, nesta nova convocatoria para que o curso teña lugar será necesario un mínimo de 15 alumnos inscritos e un máximo de 35.

O prezo de matrícula é de 150€ e poden anotarse na federación ou no concello.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Xa está aberto o prazo de inscrición para a primeira edición da carreira AEstradaVertical

IV CROSS RIO LIN~ARESO Concello da Estrada, organiza o vindeiro domingo día 26 de abril a partir das 11 horas, a I AEstradaVertical, carreira puntuable para o III Circuito Corre A Estrada Corre (Clasificación actual do circuíto).

A proba terá a sua saída diante da igrexa da parroquia de Aguións e a sua meta estará no campo da feira da Estrada. O seu percorrido será todo sobre asfalto e cunha distancia de 2.000 metros.

A proba celebrarase nun circuito pechado e valado. O percorrido estará indicado, controlado e sinalizado. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.

Esta proba so contará para a clasificación xeral feminina e xeral masculina do “III
Circuito de Carreiras Corre A Estrada Corre”. 1. CATEGORÍAS:

Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:

 XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 1998 e 1999.
 JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1996 e 1997.
 PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1993, 1994 e 1995.
 SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1992 e 1980.
 VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1979 e 1970.
 VETERÁN/A B: Atletas nados/as no ano 1969 e anteriores. Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario