O Estradense de Veteranos celebra o II Memorial Alfonso Varela

IMG_2107

Na xornada de hoxe o Estradense Veteranos quixo recordar un ano máis a figura do que durante a época dorada do CD Estradense fora o seu presidente.

Durante o mediodía de hoxe realizaron un partido no estadio da Baiuca no que se mediron ao CD Estradense, despois de realizar un sentido minuto de silencio polos compañeiros xa falecidos.

Esta noite pechan os actos de homenaxe con un espectáculo de máxia do Mago Luis Boyano no Teatro Principal ás 20:30 horas. A recadación de dito espectáculo repartirase entre cáritas e para sufragar gastos do club Estradense Veteranos.

Gravación: Adrián Eiras / Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Veciños e amigos de José Antonio e Dina, xerentes do Mesón A Fandiña, fanlle unha homenaxe pola súa xubilación

IMG_0344Veciños da parroquia estradense de Cora, a onde pertence o Mesón A Fandiña, e amigos dos ata fai uns meses xerentes do local, Dina e José Antonio, fixéronlle unha comida para festexar a súa xubilación.

Na cea non faltaron os agasallos para os homenaxeados e unha boa queimada a cargo do crego, Don Ramón Campos.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Empresas e Comercio, Galería de imaxes, Portada | Deja un comentario

Os socialistas acusan ao alcalde de culpar ós voluntarios de Protección Civil de politizar a asociación

IMG_5575Denota unha falta de respecto polo traballo desenvolvido por estes, dando a entender coa fiscalización que na asociación non se fan as cousas adaptándose a legalidade.

Tras coñecer nos últimos días que López Campos aprecia “política” na protesta levada o pleno polos voluntarios de Protección Civil, dende o PSdG-PSOE o que apreciamos e desprezo do alcalde pola Agrupación de Voluntarios, que prestan un servicio de xeito altruísta e desinteresado.

O alcalde méntelle os estradenses. Escúdase dicindo que a Asociación de Voluntarios de Protección Civil esta financiada o 100×100 polo concello, cando todos sabemos que existen outras aportacións tanto públicas como privadas. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Este domingo pasarrúas solidario "Unha canción unha ilusión"

IMG_2035Este domingo as rúas de A Estrada estarán musicalmente amenizadas por distintas agrupacións estradenses. O obxetivo desta iniciativa, presentada por Gonzalo González e Juan Ruibal en colaboración co concello de A Estrada, é conseguir fondos para comprar xoguetes para os nenos das familias de Cáritas e Cruz Vermella na Estrada.

Os grupos Tamparrantán, Antaruxa, Banda de Gaitas de Barbude, Retrouso de Ouzande, Os Lóstregos, Lume na Lareira, entre outros, distribuiranse polas rúas da vila a partir das 12 horas e terán caixas para recoller os donativos, que poden ser tanto diñeiro como xoguetes.

O pasarrúas conta tamén coa colaboración de José Manuel González que se situará con un piano na praza do concello para acompañar a calquer cantante ou solista que queira facer a súa aportación musical.

O punto de encontro para todos os músicos é a praza do concello ás 11 horas. Para anotarse, sobre todo as agrupacións ás que é preciso buscarlle un emprazamento, poden facelo nos teléfonos 600324406 e 638031719.

Gravación: Adrián Eiras / Redacción e Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Alumnos do IES Antón Losada colaboraron nas actividades de Nadal do CEIP de Figueroa

IMG_2221O Ceip de Figueiroa contou para as actividades propias do Nadal cun  grupo de teatro AS AVELAÍÑAS do IES  A. Losada Diéguez que representou a obra «O BOSQUE DA POESÍA». Tamén se achegou ata o centro o seu club de lectura «OS RETELLADORES DO GALIÑEIRO» que leron contos africáns para o segundo ciclo de E. Primaria.

Resaltar que tanto no grupo de teatro como no club de lectura participaron antiguos alumnos e alumnas do centro escolar de Figueroa.

Redacción, gravación e fotografía: Iria Eiras

 

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

A Estrada Futsal fai balance do ano 2013

IMG_2534Tan só levamos 5 meses a cargo do A Estrada Futsal e parece que levemos toda a vida… A pesar dos esforzos necesarios que conleva sacar a diante un proxector deportivo, cun «pedir» constante, estamos contentos e agradecidos pola resposta que estamos palpando cara o traballo que desenvolvemos por parte dos afecionados e empresas colaboradoras.

Este 2013 foi o ano do nacemento deste proxecto, que dende o principio foi un reto, comezando pola configuración da plantilla e seguindo por conseguir competir nunha categoría nacional e de prestixio como é a terceira división.

No que se refire á plantilla, conseguimos manter unha base de xogadores da Estrada, moi compremetidos co proxecto, e que foron o xérmolo para comezar a pensar nun novo equipo de fútbol sala neste pobo. Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Papá Noel reparte ilusión entre os nenos estradenses

A pasada tarde de noiteboa, Papá Noel, achegouse a visitar a vila da Estrada e aínda que non pudo realizar a súa tradicional cabalgata por mor do mal tempo, recibiu aos máis cativos na residencia de anciáns, onde escoitou as súas peticións e lle entregou caramelos.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Portada | Deja un comentario