FARO DO RONCUDO, CORME, A CORUÑA.

1O faro do Cabo Roncudo, en funcionamento dende 1920, é unha edificación circular moi semellante ao faro de Laxe. Recuberto de azulexos de cor branco e cunha linterna que emite luz da mesma cor, sirve para alertar os barcos que poden estar cerca da costa; escarpada e chea de acantilados, moi típica da Costa da Morte galega.

Para acceder o faro partimos dende o porto de Corme por unha carretera que vai bordeando o mar, non exenta de curvas, pero que nos regala unhas vistas da costa fastuosas. O Roncudo, denominado así debido o forte ronco que o mar fai cando bate as súas augas contra os acantilados.

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

A Fervenza de Ouzande organiza a IV Ruta de Nadal

felizrutadenadal2013 contConvidamos a todos os estradenses e persoas interesadas en xeral a pasar a mañá do día de Nadal dun xeito diferente. Disfrutaremos da paisaxe, da natureza e da conversa amigable, e aproveitaremos para alixeirar a copiosa cea de Noiteboa.

Roteiro Ouzande-Ferreiros-A Somoza

*Percorrido: 10 km

*Saída e chegada: Igrexa de Ouzande. 10:30 a 13:30.

*Dificuldade: doada.

*Recoméndase levar calzado cómodo, e ter en conta as previsións metereolóxicas.

LUGARES DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes
puntos de interese:

-Aldea de Ferreiros. Pertence ao concello de Cuntis, aínda que históricamente sempre existiu unha grande relación entre os seus habitantes e os veciños de Ouzande.
Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Deportes, Portada | Deja un comentario

Os Irmandinhos preparan o seu II Partido solidario de recollida de alimentos para cáritas

IMG_8704Este sábado 21 ás 16:30 horas terá lugar no Estadio municipal de A Baiuca na Estrada, o segundo partido benéfico do equipo de fútbol Gaélico Irmandinhos A Estrada.

Así no lo presentaron na sede de cáritas Vázquez e Lourdes, membros de cáritas, acompañados de integrantes do club Irmandinhos, Alberto e Carlos, e do copiloto estradense David Vázquez que tamén colaborará no evento.

Xogaranse dous partidos, un femenino e outro masculino. Os equipos estarán formados por membros de Irmandinhos e Irmandinhas e deportistas federados do concello, xá sexan de fútbol, de baloncesto, fútbolsala, atletismo, ciclismo, calquera disciplina é boa para a finalidade do encontró.

O partido servirá para recoletar alimentos para as familias máis necesitadas da zona. Según fixo saber Caritas A Estrada, nestes intres están atendendo a unhas 120 familias. O ano pasado os Irmandinhos A Estrada fixeron o seu primeiro benéfico xuntando 1.500 quilos de alimento i este ano esperan superar esa cantidade co apoio de tódolos veciños. O sistema Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Deportes, Portada | Deja un comentario

El Club Deportivo San Paio firma un convenio con Centro del Pie

En la jornada de hoy la directiva del club firmó un acuerdo de colaboración entre la entidad y la empresa estradense CENTRO DEL PIE por el cual los atletas del club recibirán en las próximas semanas una revisión y diagnóstico gratuito de sus pies y posteriores descuentos en tratamientos que pudieran necesitar. Desde el club estamos muy contentos de poder contar con la colaboración de Centro del Pie ya que consideramos que la salud de los pies en los atletas en un punto de vital importancia en un deporte como el atletismo y creemos que un convenio de este tipo ayudará a que nuestros deportistas gocen de una buena salud en todos los aspectos.

Redacción: CD San Paio

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O CEIP O Foxo presenta unha campaña de etiquetado en colaboración coa ACE e a ACOE

IMG_8096O CEIP O Foxo por medio da súa directora, Rosa Ferreira, acompañada de Gonzalo Figueiras e Sindo Villamayor, presidentes da asociación de empresarios e asociación de comerciantes de A Estrada, deron a coñecer unha campaña de etiquetado con etiquetas personalizadas.

Os rapaces do centro elaboraron etiquetas en galego para acompañar os agasallos que se compren nos comercios estradenses durante
estas datas. Calquera cliente que adquira algún regalo nas tendas asociadas poderá solicitar que vaia acompañado por algunha destas orixinais etiquetas.

Pódense ler lemas como “Bicos a moreas”, “Desexo que che guste moito”, “Bo Nadal”, “Grazas por facerme feliz” entre outras.

Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras / Redacción e fotografía: Iria Eiras

 

Publicado en Asociacións, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

CASTELO DE RIBADAVIA, OURENSE

003 257 copiaO castelo dos Condes Sarmiento ou Condes de Ribadavia, asentase sobre un pequeno promontorio na orilla do río Avia, en plena vila de Ribadavia, Ourense. A orixe desta vila remontase ate a época prerromana cando alí había un poblado donde hoxe está a fortaleza. Sito nun punto estratéxico para dominar a comarca tamén foi víctima de numerosos ataques polo fácil acceso a él.

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

As Lerchas comprobaron as habilidades domésticas dos veciños de Vinseiro

IMG_0621O pasado sábado o teleclub da comedia visitou as parroquias de Parada e Vinseiro. En Parada tiña lugar unha actuación máis de Manolo o do Atlético e o Mago Toño.

Seguidamente chegou o turno das Lerchas na parroquia de Vinseiro. O humorista estradense Isi foi o encargado de presentalas cun novo espectáculo de contos que encheron de risas a vella casa da escola.

Redacción, gravación e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Humor, Portada | Deja un comentario