Esta noite nova cita solidaria no colexio Nosa Señora de Lourdes

IMG_8240Ás 20:30 horas comezará a cuarta edición do concerto solidario que organiza o colexio Nosa Señora de Lourdes no seu centro de Matalobos.

O recital de piano no que participa o pianista local Javier Otero Neira, recollerá donativos dos asistentes a favor de cáritas.

José Manuel Vázquez, director de cáritas, espera que se iguale ou se supere a cifra do ano IMG_8262pasado, 800€, e destacou a gran xenerosidade do pobo estradense nestes tempos de crise.

Juan Constenla agradeceu a Javier o seu compromiso con este concerto ao longo destes anos, así como con calquera actividade desenrolada no concello, e o incalculable traballo realizado por cáritas.

Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Asociacións, Música, Portada | Deja un comentario

Esta noite celebrarase a VIII Festa da Poesía e farase entrega do Premio Avelina Valladares

IMG_6739Hoxe, ás 20:30 horas, terá lugar a VIII Festa da Poesía no Teatro Principal. Como todos os anos lectores de todas as idades participarán na lectura de poemas.

Durante o acto o alcalde, Xosé López, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, farán entrega do Premio de Poesía Avelina Valladares a  Elvira Riveiro.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Gravación: Adrián Eiras

 

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

ILLAS SISARGAS, MALPICA, A CORUÑA

1As illas Sisargas, son un pequeno archipiélago composto por tres illas; Grande, Chica e Malente e por varios islotes coma o Charleu ou o Xoceiro.

Este archipiélago está a un  quilómetro do cabo de Santo Hadrián, en Malpica de Bergantiños.

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

Hoxe péchase a venda de tickets para a Festa dos Callos

Cartel MatalobosEsta noite péchase o prazo para adquirir os tickets para a VIII Festa dos Callos de Matalobos que terá lugar este domingo.

Os tickets pódense adquirir ata o 12 de Decembro no Asador de Leo, Taberna Aurora, Carnicería Coto de Liñares, Café de Xulia, Eureka, Paradero, A Caldesiña e A Esmorga.

Ás 13:30 horas terá lugar a misa cantada pola Coral San Paio onde se entregará o ramo aos novos cofrades. Unha vez rematada a celebración litúrxica, os actos festivos trasladaranse a carpa sita no campo da festa, carpa pechada e ambientada con canóns de calor. Alí amenizará os momentos previos ao xantar o grupo folclórico Tequexetéldere.

A comida está prevista a partir das 14:30 horas, onde se poderá comer callos a fartar polo módico prezo de 10€, os menores de 12 anos, 5 €, e os menores de 5 anos de balde. O menú ademais do prato do día, inclúe pan, viño, postre, café e a cazoa de barro de agasallo. ademais tamén se poderán adquirir racións para levar a 5€.

Para pechar a festa a partir das 17:30 horas comezará unha gran verbena coas orquetras Filadelfia e Aché.

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

A ACOE inicia a campaña de Nadal

IMG_6511A Asociación de comerciantes de A Estrada ven de anunciar o comezo da campaña de Nadal con reparto de 60.000 rascas entre os seus asociados. Así os comerciantes agasallarán aos clientes con ata 4000€ en premios conformados por vales de compra de 5€ e 10€, vales de desconto de 10% e 20% ou premios directos.

Segundo nos contan Raquel López e Sindo Villamayor o reparto dos rascas e calendarios para os comerciantes virá acompañado de outras actividades xa frecuentes nestas datas. Como todos os anos Papá Noel recorrerá as rúas da vila agasallando con globos e caramelos aos máis cativos, realizarase o concurso de escaparates, un desfile coa colaboración do ximnasio Absolute, haberá sesións de cine infantil nos Minicines Central e os rapaces poderán fotografarse cos Reis Magos presentando un tícket de compra dun comercio asociado, ademais de levar a foto de recordo os que o desexen poderán entregarlle a carta aos Magos de Oriente entrando nun sorteo no que a carta gañadora recibirá como premio o agasallo que desexe o neno.

Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

EIRA DA HERMIDA, CERDEDO, PONTEVEDRA

008 264 copiaOs horreos son uns dos elementos constructivos máis representativos de Galicia. Xeralmente usanse coma lugar de almacenaxe e secado de gran. Distribúense por toda a comunidade galega, aínda que fora de Galicia tamén existen, sendo de distinto tipo de construcción, dependendo do gremio de canteiros ou carpinteiros da zona e os seus estilos constructivos; así temos horreos de planta cadrada, rectangular  ou redonda, ou cabaceiros de madeira ou pedra.

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

O BNG presenta emendas aos presupostos da Xunta solicitando 7 millóns máis para a comarca de Tabeirós Terra de Montes

IMG_6663O Deputado Provincial Daniel Rodas acompañado dos edís do BNG Xosé Magariños e Anabel Gulías, esta última do BNG de Forcarei, anunciaron a pasada semana que presentaran emendas aos presupostos da Xunta reclamando 7 millóns máis de inversión na comarca.

En concreto para o concello da Estrada, Xosé Magariños, reclama o proxecto da Cidade do Moble, a parcelaria da parroquia de Souto e o paso peatonal xunto o centro médico de Souto de Vea.

Redacción, gravación e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario