Continúa a forte presión fiscal, os altos gastos para autopropaganda do Alcalde e baixan as inversións produtivas
O grupo municipal socialista realizou no día de hoxe unha valoración sobre os orzamentos plantexados polo goberno de López Campos para o 2014. En palabras do líder socialista José Antonio Dono, “os orzamentos do 2014 continúan na liña marcada nos 2 anos anteriores polo PP da Estrada: carga impositiva asfixiante sobre os veciños, e inversións estériles, que non son útiles para facer fronte ao desemprego nin impulsar a economía produtiva local”.
Para os socialistas, as inversións previstas para 2014 son escasas, inconcretas e sen incidencia na economía local. “O Alcalde López Campos non sabe en que proxectos investir os cartos e por iso crea caixóns xenéricos nos que poder xustificar 3 ou 4 cacicadas no rural. Incluso a intervención lle di que debe precisar os proxectos, pero iso non lle convén ao PP. O que si lle convén son os 53.000 euros que contempla para publicidade e propaganda. Cantidade que supón máis do 60 % do que se contempla para investir no casco urbano da Estrada”. Sigue leyendo












































