A Estrada solicita as Letras Galegas para García Barros no 25º aniversario do seu premio de novela na Cidade da Cultura

IMG_0849Xesús Vázquez destaca o compromiso do Concello e o apoio da familia para prorrogar o certame con éxito no tempo

José López cualifica de “débeda histórica” o feito de que “Ken Keirades”  aínda non fora protagonista dun 17 de maio

A exitosa celebración do 25º aniversario do Premio de Novela Manuel García Barros, que reuníu a preto de 150 persoas na Cidade da Cultura, foi aproveitada polo Concello da Estrada, na persoa do seu alcalde, José López, para solicitar que o escritor estradense sexa protagonista nun futuro do Día das Letras Galegas. A petición contou co apoio do director de editorial Galaxia, Víctor Freixanes, que sinalou que o autor de Berres conta con “méritos de sobra” para que se lle adique un 17 de maio. O acto foi respaldado por unha ducia de escritores gañadores do premio e a mensaxe de apoio dos que non puideron asistir por cuestións de axenda ou profesionais.

 

Baixo a presentación da xornalista Mireia García e a música de Javier Otero ao piano, o acto comezou cun vídeo musical e literario que fixo un percorrido polas obras gañadoras dende 1989. O protagonismo deste traballo recaeu nos estudantes de Literatura Galega de segundo de Bacharelato do IES Manuel García Barros e do seu profesor Carlos Loureiro, que contaron cun peso especial no evento. Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

PRAIA DAS CATEDRAIS, RIBADEO, LUGO

005 298 copiaAinda que o seu nome é PRAIA DE AUGAS SANTAS, turísticamente é máis coñecida coma PRAIA DAS CATEDRAIS. A erosión caprichosa do auga e do vento formou covas mariñas con forma de arco que nos lembran a forma dos arbotantes das catedrais. A  Praia das Catedrais ofrecenos duas visións distintas da mesma Praia nas horas de marea alta ou marea baixa. . Se a visitamos con marea alta gozaremos das vistas da Praia dende os acantilados colindantes, sempre con moita precaución, pois no camiño aparecen profundos buracos que nos poden dar un bo susto.   Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

A semana do San Martiño rematou o domingo coa Feira cabalar en Guimarei

IMG_1095Feira cabalar de San Martiño que se celebrou este ano en Guimarei tiña como novidade a realización dun raid hípico de carácter social, sen necesidade de estar federados os participantes, en posteriores edicións Socade tratará de darlle un nivel maior tentando incluílo no programa da Federación.

O raid disputouse nun circuito de 20 km a través de Lagartóns, Liñares, Moreira, Berres e Callobre, o que había que dar dúas voltas completando 40 km de recorrido, partindo e IMG_1257chegando ao recindo de Guimarei, onde os cabalos pasaron controis veterinarios e se refrescaron ao remate do circuito.

O gañador desta edición foi Iván Lois Recuna, xinete de Vilagarcía, coa súa besta Princesa de Alaba. En segundo lugar chegou Diego Cuñarro Rozas, de Lalín, a cabado de Kaliak LB. O terceiro posto foi para Andrés Miniño, de Vigo, con AM Pascua. Este último tamén levou o trofeo á mellor condición física.

Ademais da competición, como todos os anos, moitos amantes dos cabales achegáronse ata o recinto feiral de Guimarei a cabalo.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Fotografía xinetes pola vila cedidas por catrogatos

 

Publicado en Feiras, Portada | Deja un comentario

Gala de entrega dos Premios San Martiño

IMG_0131A pasada semana o teatro Principal acolleu a XXIII Edición dos Premios San Martiño de normalización lingüística que otorga a Asociación Cultural o Brado.

Nesta ocasión os galardoados nas tres modalidades do premio foron:

– D. Carlos Loureiro Rodríguez có Premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós Terra de Montes, do cal fixo entrega o presidente do Padroado, Don Xosé López Vilariño.

– Asociación PuntoGal có Premio á normalización no ámbito galego, entregado polo alcalde, Don Xosé López Campos.

– D. Benito Montero Prego có Premio á normalización lingüística, entregado polo Fiscal Superior de Galicia, Don Carlos Varela García.

Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

A ACOE firma un convenio có clube Vasán-Cubik A Estrada Futsal

IMG_1338Onte pola mañá o presidente da ACOE, Sindo Villamayor, firmaba un convenio co clube deportivo Vasán-Cubik A Estrada Futsal, representada polo seu presidente, Xosé Manuel Reboredo acompañado de Alejandro García.

Mediante este acordo, o clube de fútbol sala promocionará a asociación de comerciantes a través da súa web, situando o logo de ACOE, e nunha valla publicitaria no Coto Ferreiro sita detrás dunha das porterias. Pola súa banda, a asociación estradense proporcionará un vale de compra de 20€ para sortear en cada partido que xoguen como locais e encargarase da impresión dos dípticos informativos do clube.

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Isabel Saez consegue o primeiro podium para Atletismo A Estrada fora da nosa comunidade

fotoA pesar de muchas bajas de última hora de atletas que estaban inscritos (David Otero, Paco Mosquera, Pablo García, Xosé Magariños o Manuel Requeijo en categoría absoluta y Lía Pérez y Antía Paz en las categorías escolares) nos juntamos en Ourense con un total de 17 atletas.

Destacamos sobre la San Martiño de Ourense la representación por parte de la atleta Isabel Saez en el X Cross Internacional de Atapuerta que se disputó el mismo día en Burgos, bajo un día muy frío y adornado con nieve nuestra atleta veterana consiguió completar los 5 km de los que constaba su prueba en 20 minutos y 42 segundos para así conseguir llegar a la meta como 5ta de la general y subirse al podium como 3ra en la categoría de Veterana. Podium con el que inauguramos las victorias del Atletismo A Estrada fuera del panorama Gallego.isa

Ya en Ourense, y con alrededor de 11.000 corredores por las calles de la ciudad de As Burgas entre todas las categorías con las que se contó, nos alzamos con la victoria en la categoría Benjamín Femenina, victoria una vez más lograda por Sonia Rivadulla con un crono de 5 minutos y 34 segundos en los 1,4 km de los que constaba la numerosa prueba escolar. En la prueba de los 4,7 km magnífico papel el realizado también por nuestras niñas: 6to puesto Infantil para Clara Rivadulla con un tiempo de 20 minutos y 2 segundos mientras que 13er puesto en el debut de Xana Gómez como juvenil esta temporada con un tiempo de 21 minutos y 40 segundos para nuestra velocista. Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Xa están á venda as entradas para os concertos de Leilía e Vaamonde, Lamas e Romero

LEILIA 2011 - Carlos Abal 2Xa están á venda as entradas para os concertos de LEILÍA do venres 29 de novembro, e o de VAAMONDE, LAMAS E ROMERO do día 5 de decembro, ambos no Teatro Principal.

As entradas poden mercarse no Departamento de Cultura do Concello da Estrada en horario de oficina, ou na tenda De Cotío, en horario comercial, (Santiago de Compostela) ao prezo de 10,00 € (Leilía) e 5,00€ (Vaamonde, Lamas e Romero).

O Tambor de Prata 2Deixámosvos aquí uns enlaces onde podedes ver un pequeno anticipo destes dous grandes grupos:

Leilía – consentimento

Vaamonde, Lamas e Romero – O Tambor de Prata

Podedes obter máis información sobre os grupos en www.merlobranco.com

Comentarvos tamén que a partir deste mércores poranse á venda as entradas para o concerto de La Habitación Roja que terá lugar o día 7 de decembro no Teatro Principal da Estrada. As entradas terán un prezo de 10,00€ e despacharanse nos mesmos puntos de venda citados anteriormente.

Redacción: Departamento de Cultura

Imaxes cedidas por Merlo Branco Produccións

Publicado en Cultura, Música, Portada | Deja un comentario