Deixámosvos aquí uns enlaces da edición do ano pasado para que vaiades abrindo boca.
Xa está todo preparado para unha nova edición da festa dos callos de Matalobos
O CASTRO DE BAROÑA, PORTO DO SON, A CORUÑA
Situado na parroquia de Baroña, no Porto do Son, A Coruña, o castro de Baroña está construido nunha pequena península. Ocupado dende o século I a.c. ate o século I d.c., o castro consta de dúas murallas de protección e viviendas circulares ou ovaladas.
Para acceder ao interior do castro, hai una rampa que dá directamente có que sería a zona habitada. Dividida en catro áreas, atopamos os restos do que foron dúas forxas e outras construccións de planta oval con vestíbulo. No percorrido, e subindo as escaleiras accedemos o denominado «barrio de casas» e a plaza.
Inaugurase unha nova web da comarca Tabeirós Terra de Montes
Desde as asociacións culturais Vagalumes da Estrada e Verbo Xido de Terra de Montes queremos facer público o proxecto de elaboración dun portal cultural que sirva para inventariar os recursos que desde o punto de vista do noso patrimonio material e inmaterial teñen interese na nosa comarca.
www.tabeirosmontes.com <http://www.tabeirosmontes.com/>
Dar a coñecer o activismo e creación cultural, aos artistas e creadores, e ao mesmo tempo ofrecer un repositorio no que albergar as publicacións, vídeos, imaxes, etc… que poñemos a disposición gratuíta de todos e todas.
A filosofía do proxecto descansa en tres pés. É aberto, colaborativo e non lucrativo. Isto é, calquera pode contribuír coas súas achegas a construción deste portal web en cada un dos seus ámbitos de recollida e difusión. É colaborativo porque non contamos con ningún tipo de axuda institucional e, xa que logo, descansamos no traballo gratuíto e nas achegas de todos e todas, quen desinteresadamente coincida co noso ideario de socializar e poñer en valor a nosa cultura e o noso entorno natural. Non se poñerá publicidade nin se buscará subvencións ou axudas que poñan en perigo a independencia do proxecto, non obtendo ningún beneficio económico ningún dos que interveñen na posta en marcha desta iniciativa.
Desde o punto de vista técnico a páxina aloxará arquivos de imaxe, vídeos, documentos, audio, etc… que poderán ser consultados en calquera dos dispositivos actuais (pc, tablet, móbil, etc…) Sigue leyendo
A noite do sábado Guimarei celebraba o seu magosto
Na noite do sábado veciños e amigos xuntáronse no local social do Outeiro en Guimarei para celebrar o tradicional magosto.
Ás 21.00 horas comezaron coa cea con empanada, mexillóns, bica e como non podía ser doutro xeito nesta época do ano, o prato estrela, castañas asadas.
Fotografías cedidas pola Asociación de Veciños Santa Apolonia
O Val do Vea acollía este sábado os monólogos de Cándido Pazó e Pablo Chichas
O Val do Vea acollía na noite deste sábado os mónologos de Cándido Pazó na parroquia de Couso, que tiña todo preparado para a súa Festa do Outono, e de Pablo Chichas en Santa María de Frades, enmarcados na xira do teleclub da comedia organizado polo Departamento de Cultura do Concello de A Estrada.
Redacción e fotografía: Iria Eiras
O Ralli fotográfico "A Estrada no teu obxectivo" transcorreu este sábado coa participación de 18 fotógrafos
Durante a xornada do sábado discorreu o Ralli fotográfico «A Estrada no teu obxectivo». Os participantes reunironse no MOME ás 10 da mañá para recoller as acreditacións, presentándose un total de 18 fotógrafos.
Os participantes tiñan toda a xornada e a noite do sábado para o domingo para realizar as fotos necesarias para o concurso, das cales 6 serán de temática fixa podendo presentar 4 máis de outros motivos de A Estrada que desexen.
As fotos que teñen que presentar obligatoriamente son do Arenal de Berres, Pazo de Oca, O Camiño de Santiago ao seu paso por San Miguel de Castro, paisaxes naturais, dinamismo nas rúas da vila de A Estrada e motivos de artesanía local: coiro, madeira, cerámica…
Ás 7 da tarde tiñan como punto de encontro o lagar de sidra de Jesús Armenteros en Ribela, onde lles amosaron o lagar e probaron sidra e zumo de mazá acompañado de castañas asadas. Alí recibiron a visita do concelleiro de Turismo, Óscar Rancaño, e realizaron unha foto de grupo.
Redacción: Iria Eiras
Fotografía cedidas por catrogatos
David Amor enche o Principal co seu espectáculo "Fora de Sitio"
Na noite do sábado o público asistente ao teatro principal puido desfrutar do show de David Amor «Fora de Sitio», unha parodia da súa traxectoria profesional.











































