A Volta Ciclista España a través de A Estrada

_DSC0094

IMG_5987

Deixámosvos aquí unha galería coas imaxes da volta ciclista España ao seu paso polo noso concello.

Se tedes fotos da volta e queredes que volas publiquemos podedes enviárnolas a web@aestradanarede.net indicando o nome do autor ou autora das mesmas.

Fotografías: Mariana Dono, Yaisa Picallo e Iria Eiras

Gravación: Adrián Eiras, Jesús Bustelo e Iria Eiras

 

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Chega o día grande da Romería a Virxe dos Milagres de Requián

IMG_5713

Publicado en Festas, Igrexa, Portada | Deja un comentario

Este martes a volta ciclista España recorrerá o noso concello

IMG_5690

Un ano máis a volta ciclista España atravesa o noso concello, nesta ocasión o recorrido e horarios (orientativos) será o seguinte:

RECORRIDO CARAVANA PELOTÓN
Oca 12:04 13:27
Moreira 12:19 13:40
Liñares 12:24 13:45
Lagartóns 12:26 13:47
A Estrada (Av Benito Vigo e Av de Pontevedra) 12:28 13:49
Cruce Portela dirección Val do Vea 12:37 13:59
Souto de Vea 12:48 14:09

IMG_5744
Con motivo do evento deportivo, 4ª Etapa da volta ciclista a España entre Lalín e Fisterra, que pasará polo noso Concello o martes dia 27 de agosto, infórmase que todas aquelas rúas que conflúan á Avenida Benito Vigo e á Avenida de Pontevedra, rúas polas cales pasará a caravana ciclista, estarán pechadas ao tráfico dende as 12:30 horas ata as 14:00 horas.

Redacción: Iria Eiras

Fotos Volta 2012: Iria Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Inauguran o acondicionamento da estrada Portela-Souto de Vea e prevén mellorar a circunvalación entre os institutos e a Avd. de Pontevedra e a estrada Liñares-Valboa

_DSC0180O pasado luns o alcalde Xosé López recibiu en A Estrada ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e ao Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís. Acompañados de membros da corporación municipal e da construtora que está realizando o novo campo de fútbol comprobaron o estado das obras do estadio que pretenden inaugurar a comezos de outubro.

López e Louzán falaron sobre a necesidade de mellorar as estradas da Avenida de Pontevedra e a Rúa da Cultura como circunvalación do pobo, sobre todo transitada polo tráfico pesado, en nun futuro proporcionarlle un mellor acceso ao novo estadio.

IMG_2750Posteriormente desprazáronse ata a parroquia de Santo André de Vea onde inauguraron o acondicionamento da estrada que une Portela con Souto de Vea, unha obra demanda dende hai anos polos veciños e usuarios da vía debido a gran cantidade de tráfico que transita por ela e ao mal estado do firme.

O rexedor estradense agradeceu a colaboración veciñal durante as obras e as facilidades que deu a empresa que realizou a mellora da estrada para dar o mellor servizo aos veciños. Pola súa parte o presidente da Deputación secundou os agradecementos e anunciou que agora teñen previsto acometer en colaboración co concello a mellora da estrada entre Liñares e Valboa.

Na parroquia de Santo André de Vea tamén se realizaron beirarrúas para maior seguridade dos viandantes. Ao acto tamén asistiron o alcalde de Cuntis e veciños da zona.

Redacción: Iria Eiras

Gravación: Adrián Eiras

Fotografías: Mariana Dono e Iria Eiras

 

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Chega unha edición máis do Festival As Nosas Músicas de Couso

image

Este mércores 14 a parroquia estradense de Couso volverá a converterse un ano máis no centro do Folk Galego. Nesta ocasión a verbena comezará a partir das 23:00 horas coa actuación dos grupos:

– Retrouso ( A Estrada )

– Vai de Roda ( Rianxo )

– Ghusto do Boi ( Boqueixón )

– Quempallou ( Do Incio ao Morrazo )

– Zurrumalla ( Vigo )

Ademais da verbena durante a tarde terán lugar obradoiros e actividades. Os obradoiros están limitados a 15 prazas cada un a un custo de 12€. Os interesados poden inscribirse na web da organización http://asnosasmusicas.org

OBRADOIROS
16:30-19:00  INTERPRETACIÓN DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA: CANTO E PERCUSION (con Davide Salvado)
 18:30-21:00  PERCUSIÓN MIÚDA: TARRAÑOLAS, CULLERES, CUNCHAS … (con Chuco Estévez)

ACTIVIDADES (acceso libre e gratuíto)
17:30  DE TROULA EN TROULA (xogos tradicionais para todas as idades, con XANDOBELA)
19:30  PASEO, PUNTO, VOLTA (iniciación ao baile tradicional, con Marcos Botana)
20:45  RUADIÑA HAINA HAINA (con Trébede e pandereteiras de Mondariz e Pazos de Borbén)

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Linho do Cuco colleitou un grande éxito no festival máis importante de Música Celta

Linho do cuco, despois de 3400kms vén de aterrizar da viaxe ao Festival Interceltique de Lorient onde fixo dous concertos venres 2 (Espace Bretagne) e luns 5  (Palais du congrés) ante un numeroso público local e internacional. Este grupo saído das aulas de aCentral Folque conságrase no escenario máis importante para este tipo de músicas atlánticas, un
festival de máis de 40 anos de historia e unha recoñecida traxectoria.

Deleite, asombro e moito baile do público, que ateigou os recintos nesta edición dun festival que conmemoraba a Asturias foron a tónica.

Linho do cuco é un grupo lalinense de música contundente. Música tribal galega mesturada coa sonoridade dunha orquestina paneuropea. Bombo, tambor, pandeiretas, gaita, acordeón, zanfona, oboe, frauta… que presentan neste ano o seu terceiro disco As Alegrias.

Web do grupo:
http://artistas.folque.org/linho-do-cuco/

Web do Festival:
http://www.festivaldelorient.es

Redacción: aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular

 

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Memorial Coto Ferreiro. Homenaxe a Alex Neira

Memorial Coto Ferreiro

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario