A Estrada únese ao loito polas vítimas do accidente ferroviario de Santiago

IMG_1289

Ao mediodía de onte representantes dos partidos políticos estradenses acompañados de funcionarios e veciños acudiron á concentración silenciosa convocada en todos os concellos polas vítimas do accidente ferroviario de Santiago de Compostela.

Todos os presentes gardaron 5 minutos de silencio na Praza da Constitución, diante da Casa Consistorial coas bandeiras a media hasta, en sinal de duelo polos falecidos.

 

Previamente o alcalde, Don Xosé López, facía lectura do seguinte comunicado:

IMG_1277Reunidos no Concello da Estrada representantes dos grupos políticos con representación na Corporación Municipal, toman a decisión por unanimidade de sumarse hoxe ás distintas iniciativas que percorren Galicia en relación ao tráxico accidente de tren ocorrido antonte en Santiago de Compostela. 

En primeiro lugar queremos trasladar, o noso máis sentido pésame aos familiares das persoas falecidas, e desexarlles aos máis de cen feridos unha pronta recuperación. 

Así mesmo, queremos anunciar que como decretou onte o Consello Extraordinario da Xunta de Galicia, a vila gardará sete días de loito oficial durante os que as bandeiras do consistorio ondearán a media hasta. 

IMG_1269

Esta corporación municipal tamén quere ter unha sentida lembranza para todos os efectivos dos equipos de emerxencia, Protección Civil, bombeiros, corpos e forzas de seguridade do estado, asi coma persoal sanitario; e para todos aqueles veciños e veciñas que con risco das súas propias vidas acudiron a botar unha man aos feridos, e agradecer o bo papel levado a cabo polo servizo de emerxencias e protección civil do noso concello. 

Por último, como mostra de dó e en recordo dos falecidos, gardaremos cinco minutos de silencio.

Redacción, Gravación e Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

"A lúa da colleita" gaña a XXV Edición do Premio de Novela Manuel García Barros

la foto 1

A pasada semana tivo lugar a apertura da plica correspondente á novela gañadora do «Premio Novela Manuel García Barros (Ken Keirades)» na súa XXV Edición.
Neste ano foron presentadas 21 obras orixinais cualificadas por un xurado composto por:

Dª Inma Otero Varela,
D. Armando Requeixo Cuba
D. Luis Alonso Girgado,
D. Carlos González de Lema Malvar
Don Carlos Loureiro Rodríguez, (secretario)

la foto 2A apertura da plica elixida polo xurado, levouse a cabo en acto público no Salón de Plenos do Concello da Estrada, presidido polo Tenente Alcalde do Concello da Estrada D. Juan Constenla Carbón acompañado dos membros do xurado.

A novela gañadora foi “A lúa da colleita”, obra presentada baixo o lema “Neve de abril sobre o río Anakawa”, que aberta a plica resultou ser da autoría de Dna María dos Anxos Sumay García, que recibirá un premio de 9.000 euros e a publicación da obra por parte da Editorial Galaxia.

En opinión do xurado, é unha novela na que destaca o elaborado traballo de caracterización dos personaxes, nunha historia onde o cuestionamento da identidade e a alteridade se vencella coa memoria e o pasar do tempo. A trama propón fortes doses de intriga, simbolismo e unha arquitectura perfecta, de linguaxe moi visual, que arrastra os personaxes a finais inesperados, pero de implacable lóxica. Todo este mundo, moi cambiante, e recreado a través dunha prosa límpida, da depuración extrema que flúe limpa
e imparablemente.

Redacción e Fotografía: Departamento de Cultura do Concello de A Estrada

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Un anaquiño de A Estrada en Lanzarote a través da exposición "La voz del río"

DSC_0229Nos pasados días a fotógrafa estradense Aroa Martínez levou a súa exposición fotográfica «La voz del río, la mirada del río» a illa de Lanzarote.

A exposición con textos de Xaquín L. Muíños relata en imaxes o arte da pesca do salmón no concurso celebrado nos cotos de A Estrada.

A mostra de carácter itinerante prepara xa un novo destino.

Redacción: Iria Eiras

Fotografía: Aroa Martínez

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Presentan á Estrada como nova sede da Galicia F-7 Cup

F7 CupA Estrada será este ano unha das 4 sedes que acollerán a Galicia F-7 Cup, torneo de fútbol 7 amateur para maiores de 18 anos. A competición con tres anos de antigüidade víñase desenrolando en Vigo e A Coruña. Este ano preséntanse como novas sedes A Estrada e Viveiro.

O torneo dispútase entre os meses de outubro e xuño en formatos de competición de Liga (Apertura e clausura) e Copa.

A competición terá lugar en campos de herba sintética, no caso de A Estrada os partidos serán entre semana na zona deportiva. Os equipos poden estar compostos de ata 18 xogadores. Para que a sede se manteña terase que completar a inscrición de a lo menos 8 equipos.

Para máis información e inscricións podedes visitar a páxina oficial do torneo: http://www.galiciaf7cup.com/

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Xunta de Galicia dalle largas á autovía ata A Estrada e evita comprometerse

PSOEO goberno galego responde con evasivas ás preguntas dos socialistas no Parlamento de Galicia en relación coa continuación e execución da Autovía de Santiago ata A Estrada.

O pasado mes de maio o grupo parlamentario socialista instaba ao goberno galego a aclarar no Parlamento se mantén o compromiso adquirido por parte da Xunta de Galicia co alcalde de A Estrada de que este vial estaría rematado antes do 2015. Ademais reclamaban os socialistas un compromiso da Xunta de Galicia, cos cidadáns sobre un calendario e unha consignación orzamentaria crible e executable.

O treito da Ramallosa- A Estrada, concebido como unha segunda etapa da Autovía Santiago – A Estrada, de 13,5 km e unha inversión de 76 millóns de euros, inicialmente, tiña unha pevisión de remate para o ano 2013 na súa totalidade. Se ben se veñen sucedendo por parte de responsables da Xunta de Galicia, así como por responsables locais do PP, numerosas promesas de novas datas sucedidas de numerosos aprazamentos. A finais do ano 2009 esta autovía é incluída no Plan Move da Xunta de Galicia, así como a conexión deste vial coa N-541, cunha previsión de remate que se traslada ao ano 2015.

Petición de debate en comisión parlamentaria e necesidade de compromiso con calendario e consignación orzamentaria crible Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A parroquia de Matalobos homenaxea a Xosé Antonio Ortigueira polas súas Vodas de Prata Sacerdotais

Homenaxe e Agasallo Ortigueira da parroquia de MatalobosSe o domingo pasado a parroquia de San Paio lle facía un afectuoso homenaxe ao seu párroco Xosé Antonio Ortigueira, nesta ocasión os seus feligreses e veciños de Matalobos tamén lle quixeron achegar o seu cariño cun agasallo, un Copón de Sargadelos.

Fotografía: Veciños de Matalobos

Redacción: Iria Eiras

 

Publicado en Igrexa, Portada | Deja un comentario

Tequexetéldere fixo de antesala da primeira Rapa

IMG_6903A agrupación folclórica estradense Tequexetéldere foi este ano a encargada de amenizar e deleitar ao público do primeiro curro celebrado este ano en Sabucedo.

Fotografías: Mariana Dono e Iria Eiras

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario