O BNG denuncia que a concelleira Anxos Pais utiliza a maquinaria do concello para limpar as cunetas das fincas da súa propiedade

IMG_4910A limpeza caprichosa das cunetas do lugar de Vilacriste, contrasta co abandono xeral de todo o rural.

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, denunciou hoxe en rolda de prensa a utilización da maquinaria do concello para uso exclusivamente persoal que está a facer a concelleira de desenvolvemento rural, Anxos Pais.

O concelleiro nacionalista, que se desprazou até o lugar onde reside a concelleira, puido comprobar in situ, “a limpeza selectiva das cunetas que se levou a cabo no lugar de Vilacriste, parroquia de Cora, onde vive a concelleira”.

Segundo explicou o concelleiro nacionalista, “foron os propios veciños do lugar os que puxeron en coñecemento do BNG a utilización da maquinaria do concello para limpar as cunetas da fincas da concelleira, deixando intacto o resto do lugar e da parroquia”. “Así”, engadiu o concelleiro nacionalista, “puiden observar como hai unha limpeza intermitente e
selectiva, feita a capricho da concelleira, utilizando maquinaria do concello”.


Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

I Gincana Fotográfica "A Estrada, Di Patata"

Aroa03Como di o slogan turístico do noso concello “A Estrada, cada momento conta, naturalmente”, pois diso se trata esta nova iniciativa da revista dixital Catrogatos, captar momentos.

Aroa02Este concurso vai dirixido a todos os aficionados a fotografía que posteriormente poderán ver as súas instantáneas expostas en locais hostaleiros da vila. Ademais o autor ou autora da fotografía máis valorada polo xurado do evento recibirá unha tarxeta de regalo de ACOE por valor de 50€ e un trofeo.

Todos os que queirades participar podédesvos inscribir no bar 20 berzas (Zona dos viños, Travesía de Ulla, nº 9), facendo efectiva a cota de inscrición de tan só 2€, antes do venres 21 ou de completar as prazas limitadas a 50 participantes. O concurso terá lugar durante a xornada do 26 de Xuño.

Podedes consultar premendo aquí todas as bases do concurso.

Así no lo presentaron a directora da revista dixital catrogatos, Aroa Martínez, acompañada de Reyes Cabero, colaboradora da mesma revista organizadora, e a edil Amalia Goldar.

Fotografías, Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Festas, FESTAS SAN PAIO, Portada | Deja un comentario

San Xurxo de Vea celebrou o sábado a súa tradicional churrascada de San Antonio

Fotografías: Iria Eiras

Publicado en Festas, Galería de imaxes, Portada | Deja un comentario

O principal acolleu o sábado o Concerto de Primavera

_MG_3482O pasado sábado o Teatro Principal de A Estrada acolleu o Concerto de Primavera, que organizou a Coral Polifónica de Berres en colaboración con Concello de A Estrada.

Nesta ocasión a Coral de Berres estivo acompañada da Coral Polifónica “O Chopo” de Pontevedra e do Coro Polifónico “A Traiña” de Cariño. Cada agrupación deleitou o público que se achegou ao principal con 5 pezas.

A Coral Polifónica “O Chopo”, dirixida por D. Manuel Rey Otero, interpretou a serenata “Oh Luna”, a foliada galega “Terra Meiga”, a habanera “Dicen que se muere el mar”, a peza “Nouturnio” e “Adelita”, canción popular mexicana.

_MG_3549O Coro Polifónico “A Traiña”, dirixido por D. Pedro V. Pina Requena, cantaron “Hanacpachap Cussicuinin”, “Esta Tierra”, “Compañeira”, “Cantares” e “La llamada”

A Coral Polifónica de Berres, dirixida por D. Diego Neira Sinde, interpretou unha peza popular andaluza, “Zorongo”, a popular portuguesa, “Cançao Alentejana”, outra popular galega “A Roliña”, a habanera “Linda Flor” e pecharon o acto coa peza “Maite”.

Fotografía e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Cea fin dos cursos de manualidades, encaixe de palillos e bordados da Asociación de Mulleres Rurais de San Xurxo de Vea

_MG_3033

Fotografías: Iria Eiras

Publicado en Asociacións, Galería de imaxes, Portada | Deja un comentario

O colexio do Foxo organiza o domingo a XVII Festa dos Pereiriños

IMG_9900Nos pasados días a directora do CEIP do Foxo, Rosa Ferreira, acompañada da presidenta da ANPA, Eladía Gañete, e da concelleira de Educación, Amalia Goldar, presentaban o programa da próxima edición da Festa dos Pereiriños que terá lugar este domingo en Curantes, na carballeira de Pousada.

Rosa Ferreira relátanos os orixes da festa a comezos do século XX na que se reunían os rapaces das cinco escolas unitarias da zona, Partemarín, Lamas, Rubín, Olives e Curantes. Fai uns anos foi recuperada por Marisé García, Olimpio Arca e Valentín García e actualmente encargase da organización o CEIP do Foxo en colaboración co concello de A Estrada, a ANPA Alecrín, a agrupación folclórica Abrente e a Fundación Cultural.

O programa desta edición é o seguinte:

11:30 horas: Bombas de palenque, actuación da agrupación Folclórica Abrente, inauguración de exposicións e xogos tradicionais organizados pola ANPA Alecrín.

13:00 horas: Presentación a cargo de Xosé Neira Vilas de “A ra que perdeu o charco” de Anisia Miranda (Edicións Fervenza)

13:15 horas: Pregón a cargo de Gonzalo Valcárcel

14:30 horas: Xantar de Confraternidade

16:30 horas: Actuacións escolares:

– Conto escenificado “Quen pasou por aquí?” (3 a 4 anos)

– Conto escenificado “A tartaruga que quería durmir” (5 anos)

– Recitado de poemas de Rosalía Morlán (1º e 2º)

– Representación da peza teatral “Gallaecia” (3º e 4ª)

– Mimo (5º)

– Son unha pun (6º)

– O autobús (6º)

Fotografía: Mariana Dono

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Festas, Portada | Deja un comentario

Este sábado A Estrada converterase na capital galega da sidra

2013-06-01 11.44.10Degustación de sidra, tapas, menús sidreiros nos restaurantes, descontos do 10% nas casas de turismos rurais, Grolo de Ouro a mellor sidra,…

Así nos presentaron fai uns días a Segunda Edición da Feira da Sidra na Estrada o primeiro tenente de alcalde, Juan Constenla, a presidenta da asociación de Turismo Rural Mar de Compostela, Ana Villamayor, e os directivos da Asociación Maceira e Sidra, Jesús Armenteros, José Antonio López e Daniel Peroja.

A Feira que terá lugar na carpa sita na praza do concello a partir das 11 da mañá do sábado, contará coa participación de sete lagares profesionais que aportarán 1500 botellas de sidra para degustar. Ademais haberá postos de tapas para consumir coa sidra. O prezo do vaso de como o das tapas será de 4€.

600239_445579675538818_141522059_nA Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela ademais de ter un stand na carpa ofertarán un 10% de desconto nas súas tarifas para animar aos visitantes a visitar e coñecer máis atractivos do noso concello.

Mediante votación popular dos participantes na Feira a partir das 6 da tarde entregarase o premio Grolo de Ouro a mellor sidra.

Por outra banda e como novidade os hostaleiros locais ofertaran menús sidreiros.

Fotografía, Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Feiras, Portada | Deja un comentario