O próximo venres 17 de maio, terá lugar a oitava edición da Ruta das Letras, organizada pola Asociación a Fervenza de Ouzande.
Saída/Chegada: 9:30 / 13:30 Igrexa de Ouzande
Percorrido: 16 km
A actividade é gratuíta e poden participar todas as persoas que o desexen, socias ou non socias.
Recoméndase levar calzado resistente, debido ás condicións do camiño, así como uns prismáticos.
LUGARES DE INTERESE:
– Montes do Pedroso e A Pedralba (A Somoza): posto que albergan numerosas especies autóctonas que sobreviviron as reforestacións masivas de coníferas, especialmente de piñeiros e eucaliptos. É unha zona de especial beleza pola vexetación que conserva numerosas especies autóctonas (varias carballeiras, bosque de acivros, vexetación dos cursos fluviais, salgueiros, ameneiros…). Sigue leyendo
A asociación A Fervenza de Ouzande organiza a VIII Ruta das Letras
O Rei do río xa está na rede
O alcalde, Don José López, acompañado dos concelleiros Don Juan Constenla e Don Nemesio Rey, presentaron este sábado a web oficial da Festa do Salmón. Un paso máis para dar a coñecer esta festa que acaba de ser catalogada de interese turístico autonómico.
O obxectivo da web, ademais de dar ampla información das actividades que se realizan nestes días en torno ao salmón, é que a festa non se reduza a un día, aportando máis contidos arredor deste peixe, a súa pesca e o entorno do Río Ulla.
O rexedor explícanos que coa promoción da festa trataran de conseguir que sexa considerada de interese turístico internacional, ao igual que a Rapa das Bestas, ao ser unha das celebracións máis antigas vinculadas ao salmón en España.
O edil Don Juan Constenla, móstranos os contidos da páxina que inclúen o concurso de tapas, con tódolos restaurantes participantes. A sección festa, coa historia da mesma durante estes 40 anos, os pregoeiros, os galardoados cos salmóns de outro e os carteis das distintas edicións. A seguinte sección, Gastronomía, recolle as tapas e
restaurantes que as elaboran. Por outra banda, tamén hai un apartado destinado a pesca, cos cotos salmoeiros do Ulla e o concurso de pesca de carácter internacional.
Nas últimas
seccións pódense seguir as novas entorno a festa e o programa de actividades para estes días.
Para completar a difusión tamén se puxeron en marcha sendas contas de Facebook e Twitter. Onde calquera pode colaborar con contidos ou comentarios.
Dende agora a Festa do Salmón xa no é só da Estrada, pódese seguir dende calquera punto de Galicia, España, Europa, América, África, Asia ou Oceanía, alí onde chegue a rede poderase coñecer o que o noso concello ofrece a estradenses e visitantes.
Como podedes ver, A Estrada móvese. Participa, comparte e difunde. Móvete connosco.
Web: festadosalmon.com // facebook.com/festadosalmon // Twitter: @festadosalmon
Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras
Julio Gallego gañador do XXXVII Concurso Internacional de Pesca do Salmón
O pasado fin de semana os cotos salmoeiros do Ulla, Sinde, Couso e Ximonde, acolleron a XXXVII Edición do Concurso Internacional de Pesca do Salmón. Nesta ocasión o gañador foi un cangués natural de Vigo que repite galardón, xa que xa o había gañado noutra ocasión, trátase de Don Julio Gallego Núñez, que, tras media hora de esforzo, conseguiu arrebatarlle o río Ulla ao seu paso por Ximonde un salmón de 10 quilos e 97 centímetros.
Entregáronlle a placa conmemorativa o presidente da Sociedade Deportiva Río Ulla de A Estrada que organiza o concurso, Don Miguel de la Calle, acompañado do alcalde, Don José López, e o Director Xeral de Conservación da Natureza, Don Ricardo García-Borregón. Este último destacou e agradeceu a gran labor que realizan pescadores e vixiantes para conservar os ríos.
A Sociedade Deportiva Río Ulla tamén agasallou aos compoñentes do programa de TVE “Jara y Sedal” polo seu traballo ao longo deste fin de semana nas ribeiras do Ulla cubrindo o concurso de pesca.
Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras
I Ruta cabalar Salnés – Terra de Montes
A Asociación Rapa das Bestas presentou este fin de semana a I Ruta a Cabalo que organizaron coa colaboración do Concello de A Estrada, Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas.
O rexedor, Don José López, acompañado do presidente da Asociación Rapa das Bestas, Don Pepe Paz, indícannos que na ruta participarán 105 xinetes que xa están inscritos, non poden engadir máis por problemas de aloxamento dos cabalos na noite do sábado. Nesa xornada os equinos pasaran a noite na praza de touros de Pontevedra e o aforo é limitado a 105 animais.
Os xinetes recorreran máis de 80 kms entre as xornadas do venres 17 e sábado 18 de Maio. Durante o itinerario serán recibidos polos alcaldes dos concellos polos que transcorre a ruta, que lle ofreceran produtos típicos da súa zona.
Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras
Charla formativa sobre aforro e eficiencia enerxética
O vindeiro 15 de maio celebrarase no Museo do moble e da Madeira de A Estrada ás 19:00 unha charla formativa sobre aforro e eficiencia enerxética.
Esta iniciativa formativa de carácter medioambiental terá lugar grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de A Estrada e a Asociación de consumidores e Amas de casa. A acción formativa enmárcase dentro das actividades de formación e divulgación medioambiental do proxecto RETALER II Rede Transfronteiriza de Autoridades Locais en Enerxías Renovables do cal a Deputación de Pontevedra é socio membro xunto con outras dazaseis entidades españolas e portuguesas. Sigue leyendo
Xa están a venda as entradas para o espectáculo "ROMÁNTICOS" de Mofa e Befa
Xa están a venda as entradas para o espectáculo «ROMÁNTICOS» de Mofa e Befa, que terá lugar este vindeiro xoves no Teatro Principal ás 21.30 h da noite.
Cun custe de 5,00€; as entradas poderanse adquirir de 9:00 a 14:00 horas na oficina do Departamento de Cultura ou o día representación na billeteira do Teatro dende as 20:00 horas.
DATOS OBRA:
DÍA E HORA: XOVES 16 (21.30 H)
EVENTO: “*ROMÁNTICOS*” (MOFA E BEFA)
XÉNERO e CLASIFICACIÓN: Comedia (+12)
DURACIÓN: 1 h 15 min
PREZO ENTRADA: 5,00 €
SINOPSE: O humor inconfundible de Mofa& Befa regresa aos escenarios para colocar un dos mitos contemporáneos no seu sitio: o espírito romántico. Nesta nova función, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Piti Sanz, sensibles ao que denominan auténtico espírito romántico, ironizan sobre, cómo ata o momento, este quedou reducido aos galáns de novela televisiva ou aos aniversarios de vodas, e buscan recordar as súas verdadeiras manifestacións. Ao largo da función, dirixida por Quico Cadaval, poderanse contemplar as asombrosas revelacións do psicoanalista arxentino de Rosalía de Castro, poderase ver ao conde Drácula cantando o famoso boleiro *Pasarán máis de mil anhos* e poderemos asistir a un consultorio para mellorar a nosa relación sentimental.
Departamento de Cultura






































