A Asociación Cultural “Vagalumes”, no marco da semana das letras galegas, vai realizar unha presentación do libro “COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON CORRECCIÓN E FLUIDEZ”. Para o cal contaremos coa presenza do seu autor Carlos Callón o vindeiro mércores 15 de maio ás 20:00 h. Na sala de exposicións de novagaliciabanco da Estrada.
Carlos Callón é o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e o portavoz da Plataforma “Queremos Galego!”.
É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor dos libros *Unha historia que nos pertence* *(A obra poética en galego de Lorenzo Varela)* (2005) e *En castellano no hay problema* (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Sigue leyendo








































