Guimarei vistese de entroido o 3 de Marzo


A parroquia estradense de Guimarei celebra o vindeiro luns día 3 o seu clásico baile de disfraces O acto comezará ás 23:00 horas e estará amenizado polas orquestras Olympus e Marbella. Como en edicións anteriores, prescindirase do concurso de disfraces. Para xestionar os desprazamentos haberá autobuses con servizo de ida e volta ata as 6 da mañá. Tamén haberá aparcamento gratuíto para vehículos particulares. Xa se pode gozar da festa pola mañá coa celebración da misa cantada na honra de Santa Apolonia, seguida dunha sesión vermú co grupo Os Pereiriños.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta asina 62 convenios con asociacións de pesca continental e salienta o seu papel vital na conservación e coidado dos espazos fluviais galegos

Ángeles Vázquez destaca que estas colaboracións permiten preservar o patrimonio natural da comunidade mediante o desenvolvemento de, entre outras, accións en defensa da fauna silvestre e de erradicación de especies exóticas invasoras

O Executivo galego enviará de oficio nos vindeiros días a renovación das licencias de pesca continental a máis de 20.400 afeccionados que superan ou están a punto de cumprir os 65 anos, ao tempo que ese permisos pasan a ter carácter indefinido

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asinou hoxe dous dos 62 convenios de colaboración que a Xunta firma este ano con entidades de pesca fluvial co de fin promover labores de conservación e limpeza dos ríos da súa área de influencia e fomentar esta práctica deportiva entre a xente nova, para impulsar a remuda xeracional.

A responsable autonómica salientou que este tipo de acordos -neste caso coa Sociedade Deportiva Río Ulla e coa Sociedade de Pesca Río Vea- son cruciais para velar polo coidado das contornas fluviais e garantir o bo estado duns espazos naturais ricos en biodiversidade. Neste sentido, aclarou que dos 62 acordos deste ano, dez corresponden á provincia de Pontevedra.

Ángeles Vázquez explicou ademais que os convenios, que terán vixencia ata decembro de 2028, prevén a realización de actividades como traballos de mantemento e limpeza das marxes dos ríos antes, durante e despois da tempada de pesca, labores de vixilancia nos coutos da súa área de influencia, a sinalización de tramos de pesca, o coidado de sendas, accesos e postos de pesca ou a realización de actividades como concursos ou actividades coas que promover esta práctica entre a cidadanía.

Este tipo de protocolos tamén adoitan incluír, entre outras actuacións, a celebración de xornadas para a erradicación de especies exóticas invasoras, actividades para potenciar a protección da fauna ictícola e do medio natural e accións como a colaboración na elaboración de mostraxes e inventarios.

A conselleira agradeceu a ambas sociedades de pesca, e ao conxunto das existentes en Galicia, o labor que realizan a prol da protección e coidado do patrimonio natural da comunidade. O seu traballo, incidiu, é fundamental para manter en bo estado os ríos e gozar deles con actividades como a pesca continental -a tempada comezará nas vindeiras semanas- ou paseos pola súa contorna desfrutando da paisaxe.

Remisión licenzas

A responsable autonómica tamén anunciou que a Xunta vai enviar de oficio este ano a renovación das licenzas de pesca continental a todas as persoas titulares que superen ou estean a punto de cumprir os 65 anos ao tempo que declara o carácter indefinido destes permisos, polo que non será necesario renovalos no futuro.

A remisión destes documentos, que comezará nos próximos días mediante correo postal e que se manterá nos vindeiros anos para aquelas persoas que vaian cumprindo esa idade, beneficia este ano a máis de 20.400 titulares de licencias de pesca continental.

Esta medida enmárcase no Plan de mellora dos servizos públicos do Executivo galego para simplificar e axilizar algúns dos trámites administrativos máis demandados pola cidadanía, anticipándose ás súas necesidades ou reducindo a documentación que é preciso aportar para acceder a certos servizos.

Nesta liña, Ángeles Vázquez puxo en valor que os afeccionados á pesca fluvial teñen en Galicia un lugar privilexiado pois cada tempada de pesca adoita incluír arredor de 14.000 quilómetros de río, uns 150 coutos e a posibilidade de practicar a pesca en distintas modalidades, con morte ou sen morte, e dirixida a diferentes especies como poder ser a troita, o salmón ou o reo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA LEVA A PLENO O PLAN DE ACCIÓN INTEGRADO (PAI) CUNINVESTIMENTO ESTIMADO DE 10 MILLÓNS DE EUROS

• A estratexia do Concello para a nova convocatoria de fondos europeos
bautízase como “A Estrada do rural e dos servizos públicos”
• O rural condensa o 60%, cunha acción presupostada en 6 millóns de
euros que chegará ás 51 parroquias e á metade dos núcleos nesta
primeira fase
• Un novo Centro de Servizos Sociais propio do século XXI e a reforma
integral da Casa da Música, os outros dous vectores de intervención
• O plan sométese o vindeiro mércores, 26 de febreiro, a pleno
extraordinario para acadar a súa senda financeira

“A Estrada do rural e dos servizos públicos” é
o nome escollido polo goberno que encabeza Gonzalo Louzao Dono para bau�zar o Plan
de Acción Integrado (PAI), o documento que rexerá a estratexia coa que o Concello da
Estrada aspira á nova convocatoria de fondos europeos correspondentes co período
2021-2027. Este plan elevarase a pleno para a súa aprobación o vindeiro mércores, 26
de febreiro, cumprindo coa esixencia de que as estratexias estean presentadas perante
o Ministerio antes do remate deste mes. Os tres eixos sobre os que se sustenta o
proxecto estradense condensan un inves�mento de 10 millóns de euros.
O rexedor estradense puxo o acento hoxe en que o 60% deste inves�mento se des�nará
-tal e como el mesmo avanzou nos úl�mos meses- ao medio rural, dándolle ás parroquias
a oportunidade de tomar o relevo despois de que o casco urbano atraese a meirande
parte dos fondos procedentes da Unión Europea na anterior convocatoria.
Gonzalo Louzao aproveitou a ocasión para lembrar que as actuacións propostas emanan
da propia Axenda Urbana, aliñándose coas posibilidades orzamentarias, a capacidade
técnica e as leccións aprendidas coa execución da EDUSI. Es�mou que os tres eixos

Páxina 2 | 3
escollidos �an unha actuación estratéxica en materia de infraestruturas, servizos sociais,
conec�vidade e dinamización económica. “Son tres actuacións de gran calado que
aspiran a percorrer unha ambiciosa senda financeira e que redundarán na mellora dos
servizos que se prestan aos cidadáns e nun rural mellor conectado e máis seguro”,
sinalou o xefe do execu�vo local.
O Plan de Acción Integrado que se aprobará o próximo mércores artéllase en base a tres
vectores estratéxicos: A Estrada Avanza (social), A Estrada Impulsa (cultural e educa�vo)
e A Estrada Conecta (integración entre os ámbitos rural e urbano). Cada un deles
contempla unha actuación específica.
A Estrada Avanza
Deste xeito, “A Estrada Avanza” lígase á creación dun “centro de servizos sociais do
século XXI” na parcela ata o de agora ocupada polo edificio do an�go INEM, no número
52 da Avenida Benito Vigo. O solar foi xa adquirido polo Concello, que asumirá a
demolición do edificio actual para a construción dun inmoble integramente des�nado á
área de Servizos Sociais.
Trátase de centralizar neste emprazamento único todos os servizos desta natureza
prestados no Concello da Estrada, dende as propias dependencias administra�vas do
departamento municipal ata as correspondentes á Unidade de Atención Temperá, o
Centro de Información á Muller (CIM) ou o banco de alimentos. Para facer posible este
centro, as es�macións económicas �xanse en 2,5 millóns de euros.
A Estrada Impulsa
Baixo a denominación “A Estrada Impulsa”, o PAI proxecta a rehabilitación do actual
edificio da Casa da Música, sede do Conservatorio Municipal de Música da Estrada,
localizado na Avenida Benito Vigo. Esta en�dade convive dende hai anos no inmoble,
que se construíu no seu día como ins�tuto, cos servizos de Aestradadixital, Radio Estrada
e Aulas CEMIT, amais de seren empregado pola Banda Municipal da Estrada.
O uso intensivo do edificio, unido ás súas limitacións estruturais, problemas de eficiencia
enerxé�ca e deficiencias acumuladas ao longo dos anos, fai que o espazo non reúna
actualmente as condicións para cumprir coas necesidades do profesorado, alumnado e
usuarios en xeral, con carencias que afectan tanto á seguridade como ao confort e ao
funcionamento. A actuación persigue rehabilitar o edificio para adaptalo ás necesidades
actuais e transformalo nun espazo funcional, seguro, accesible e que fomente o
desenvolvemento musical e cultural. Neste caso, o inves�mento programado ascende a
1,5 millóns de euros.
A Estrada Conecta
A terceira actuación está exclusivamente orientada ao ámbito rural, coa vista posta en
mellorar as infraestruturas rurais para a conexión co caso urbano. “A Estrada conecta”

Páxina 3 | 3
afectará ás 51 parroquias do municipio e, polo menos, á metade dos seus 470 núcleos
de poboación. “Concibímola como unha primeira fase”, aclarou Louzao Dono, sinalando
a vocación de con�nuidade coa que se impulsa este proxecto.
Este plan busca contribuír á mellora das infraestruturas rurais, en concreto aquelas
relacionadas coa mobilidade, seguridade e accesibilidade, ao tempo que se mellora a
rede de evacuación de pluviais. En liñas xerais, efectuarase unha reconfiguración do
sistema viario dos núcleos rurais, ao obxecto de adaptalo a unha sección �po composta
de sendas peonís a ámbolos dous lados da zona de tránsito de vehículos. Para isto,
canalizaranse augas pluviais de drenaxe da vía nos puntos onde se considere preciso e
construiranse sendas peonís en subs�tución das actuais cunetas. Os espazo gañado á vía
pública des�narase integramente ao tránsito de peóns. Con isto mellorarase a
seguridade e a mobilidade. A actuación proposta acadará un orzamento de 6 millóns de
euros.
Na convocatoria dos coñecidos como Fondos ETI (Estratexias Territoriais Integradas), o
Concello da Estrada encádrase entre os municipios que poden optar a unha senda
financieira de entre 5 e 15 millóns de euros. Cómpre lembrar que, da can�dade
aprobada, o 60% será reintegrado, tendo o Concello que asumir con recursos propios o
40% restante.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xa temos aquí a programación completa o Entroido 2025 na Estrada

 Sábado 22 de febreiro:
Ás 17:00 h Entroido infantil en Guimarei, no local social con merenda para todos.

 Xoves 27 de febreiro
Ás 20:00 h Presentación do libro VIVA!, sobre os Xenerais da Ulla, na Casa das Letras.

 Sábado 1 de marzo
Ás 17:00 h. baile de disfraces infantil, con xogos e merenda no mercado.
Ás 17:30 h baile de disfraces para os maiores, na residencia.

  Domingo 2 de marzo
 ENTROIDO TRADICIONAL DE COUSO (todo o día).
 Encontro de Mini Xenerais no Souto de Vea ás 17.00 h.
 Atranques dos Xenerais de Couso ás 19.00 h no Campo da Festa.

 Luns 3 de marzo
 Ás 17:00 h Concurso de Disfraces do Concello da Estrada presentado por Isi, na Praza da Feira e con desfile polas rúas da Estrada.
23:30h BAILE DE DISFRACES DE GUIMAREI (Campo da Festa).

  Martes 4 de marzo
 Ás 16:30 h ENTROIDO TRADICIONAL NA ESTRADA con desfile de comparsas parroquiais e dos XENERAIS DA ULLA,  presentado por PABLO CHICHAS e bendicido polo PADRE XIAO (saída da Rúa Antón Losada e remate na Praza da Feira).
Ás 18:30 h encontros e vivas dos Xenerais da Ulla de Couso na Praza da Feira.

  Venres 7 de marzo
Sorteo Entroido a partir das 23:30 h na Praza do Concello con Will e Pablo Chichas.

  Sábado 8 de marzo
 ENTROIDO TRADICIONAL DE ARNOIS.
Pasarrúas do entroido pola aldea ás 10.00 h.
Encontros dos Xenerais ás 18.00 h no Campo da Festa das Neves.

Ás 19:00 h Enterro do Salmón na Estrada.
 Dende ás 21:30h concurso de disfraces da hostelería.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta prevé formar máis de 12.000 efectivos dos corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias ata xuño a través da Academia Galega de Seguridade Pública

 

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe o Consello Reitor da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) no que se aprobaron os plans de formación destinados a membros dos corpos e forzas de seguridade, por unha banda, e a persoal dos servizos de emerxencias, por outra. O conxunto das accións formativas previstas para o primeiro semestre de 2025 suma medio milleiro, con 250 no eido da seguridade pública e outras tantas no das emerxencias.

Segundo o plan presentado no eido da seguridade pública, neste exercicio os axentes de Policía Autonómica, Policía Nacional, Policía Local e Garda Civil dispoñen de case 5.000 prazas para recibir preto de 8.000 horas lectivas en 163 cursos programados en diferentes edicións que suman 250 accións formativas.

A Policía Local acapara a meirande parte do programa formativo, con 92 cursos e 2.922 prazas. Neste exercicio renóvase en máis do 80% o plan de formación continua para adaptalo ás demandas específicas e á realidade social. Deste xeito, amplíase a oferta formativa en liña na parte teórica e refórzase o horario das sesións prácticas, presenciais. En canto aos contidos, incídese na parte psicolóxica e na formación relacionada con colectivos vulnerables, como menores, vítimas de violencia de xénero e persoas maiores.

Pola súa banda, a Unidade de Policía Adscrita de Galicia (UPA) é a destinataria de 40 accións formativas que suman máis dun milleiro de prazas. As sesións van dirixidas ás súas unidades específicas, como o Equipo de Resposta Policial (Erpol) con formación sobre o patrimonio arqueolóxico somerxido, o uso do scooter subacuático ou actualización en materia de furtivismo, entre outros. Desenvolverase tamén unha formación extensa en materia de violencia de xénero, menores e persoas vulnerables.

A Policia Nacional centrará a súa formación na práctica do tiro, na habilitación no uso do Desfibrilador Semiautomático (DESA) e na xestión de conflitos para os seus mandos, coa realización de 60 horas lectivas e 256 prazas, mentres que a Garda Civil a través de 27 cursos con 645 prazas, vaise formar en violencia de xénero, falar en público ante medios de comunicación, condución, tiro, mobilidade vertical ou piloto de aeronaves non tripuladas entre outra formación.

Neste primeiro semestre continúa tamén o curso selectivo da 17ª promoción de policía local, con mais de 4.000 horas lectivas, ademais de desenvolverse os curso selectivos de promoción interna as categorías de oficial, inspector e inspector principal dos corpos da policía local. A programación en seguridade complétase con varias xornadas de interese xeral no ámbito do tráfico e seguridade viaria, violencia de xénero, habilidades sociais e novas tecnoloxías entre outros.

Preto de 7.500 prazas para formación en emerxencias

Pola súa banda, o persoal dos servizos de emerxencias dispón neste primeiro semestre de case 7.500 prazas para realizar preto de 9.000 horas lectivas nas 250 accións formativas programadas para voluntarios de Protección Civil e efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), así como axentes forestais e ambientais. Inclúese tamén aquí a formación en materia de socorrismo impartida para a inscrición no Rexistro Profesional de persoal socorrista.

O voluntariado de Protección Civil  contará con case 3.000 prazas para 121 cursos nos que se inclúe formación básica obrigatoria, actividades de loxística, manexo de equipos e apoio en intervencións. Aos profesionais dos servizos de emerxencias ofrécenselles máis de medio cento de cursos con 1.423 prazas e centrados na formación transversal en rescate e intervención, en operacións de axudas técnicas, en dirección e xestión das intervencións.

Para a formación en socorrismo resérvanse 34 accións formativas con máis dun milleiro de prazas e para o persoal dos GES, dous con 50 prazas. Canto á programación enmarcada no convenio de formación coa Consellería do Medio Rural, prevense 38 cursos con 1.741 prazas para abordar o manexo de maquinaria pesada na loita contra os incendios, primeiros auxilios, seguridade, investigación de lumes ou xestión de grandes incendios, entre outras cuestións. Completan o programa de formación na área das emerxencias catro cursos de condución de vehículos todoterreo con 80 prazas para formación de axentes a través do acordo coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

No eido das emerxencias, destaca a aposta pola descentralización xeográfica e a formación en liña co obxectivo de chegar a máis persoas interesadas na formación. De feito, con respecto ao voluntariado de Protección Civil, séguense convocando todos os cursos básicos precisos para cubrir a demanda de acceso a estes colectivos, ademais de seguir cubrindo a demanda formativa do conxunto dos profesionais de emerxencias e de reforzar as accións dirixidas a profesionais do socorrismo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BERRES CELEBRA O «DÍA DE ROSALÍA» CON POESÍA E O TRADICIONAL CALDO DE GLORIA

caldo de gloria (3)

O vindeiro 23 de xaneiro, o adro da igrexa de Berres converterase nun punto de encontro para celebrar o «Día de Rosalía», unha xornada especial dedicada á figura e legado de Rosalía de Castro. O evento, organizado pola Asociación «O Recuncho da Lingua» e ASOCAC (Asociación Comarcal Audiovisual e de Comunicación), contará cun programa cheo de emoción, cultura e tradición.

A xornada dará comezo ás 12:30 horas coa presentación a cargo de Pablo García, representante de ASOCAC, e Pilar Bernárdez, da Asociación O Recuncho da Lingua. A continuación, intervirá o alcalde do Concello da Estrada, Gonzalo Louzao, para destacar a importancia de Rosalía de Castro no patrimonio cultural galego.

Os máis pequenos tamén terán un papel protagonista no evento, xa que os nenos e nenas do CEIP O Foxo, xunto cos seus profesores, darán voz aos versos de Rosalía a través dunha lectura de poemas. Ademais, os veciños e veciñas de Berres unirán as súas voces para compartir a obra da autora, nun acto de homenaxe e reivindicación da lingua galega.

A celebración contará tamén co reparto do Caldo de Gloria. Esta receita, inmortalizada no poema «Miña casiña, meu lar», simboliza a dignidade e a resistencia do pobo galego, valores que Rosalía soubo transmitir con mestría na súa obra.

A organización conta coa colaboración do Restaurante “Río Liñares”, engardo da elaboración do CALDO DE GLORIA, a Panadería “A Casa do Pan”, o Super Couto de Berres, o Concello da Estrada e a Casa de Rosalía, cuxo apoio fai posible este evento.

Desde a Asociación «O Recuncho da Lingua» e ASOCAC animamos a toda a veciñanza e amantes da cultura galega a participar nesta homenaxe, unha oportunidade única para celebrar e reivindicar a nosa lingua e tradicións a través da figura de Rosalía de Castro.

Non podedes faltar!.

Publicado en Portada | Deja un comentario

 A celebración da Festa do Maior será o 8 de Marzo de 2025 en A Estrada

 
A celebración da Festa do Maior deste 2025.
 Será o 8 de marzo no Pavillón anexo ao Coto Ferreiro
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e a edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar, presentaron hoxe o cartel para unha xornada de convivencia na que se mesturarán gastronomía, música e humor. «É unha homenaxe a unha xeración que o dou todo polas persoas coas que conviviron», sinalou o rexedor.
O martes, 18 de febreiro, ábrese o prazo de inscrición. O evento está aberto a empadroados de 65 ou máis anos, que poderán asistir con acompañante. Poden anotarse na Alcaldía, departamento de Servizos Sociais ou Tesorería.
A apertura de portas será ás 13.30 e o xantar servirase dende as 14.00.
A xornada estará amenizada polo dúo cómico As Lerchas e a música de Os Satélites.
Publicado en Portada | Deja un comentario