A DELEGACIÓN DA XUNTA EN PONTEVEDRA DESEMBARCA NA ESTRADA PARA CELEBRAR UNHA NOVA COMISIÓN TERRITORIAL DE COORDINACIÓN

  • A reunión contou coa gran maioría dos directores territoriais da Delegación da Xunta en Pontevedra
  • O delegado territorial salientou, tras presidir o encontro de traballo cos directores territoriais, que estas reunións itinerantes permiten achegar aínda máis a labor da delegación aos 47 concellos da área territorial de Pontevedra
  • A comisión aproveitou para repasar algúns dos investimentos autonómicos dos que se beneficiaron os veciños e veciñas da Estrada, así como as principais partidas presentes nos orzamentos autonómicos do ano 2025 para este concello

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra celebrou esta mañá unha Comisión Territorial de Coordinación itinerante no concello da Estrada. Estas reunións que teñen como obxectivo facilitar a coordinación entre as distintas direccións territoriais e a propia delegación, percorren os distintos concellos da área territorial de Pontevedra co fin de achegar aínda máis o labor do executivo autonómico a todo o territorio e aos cidadáns.

O delegado territorial, Agustín Reguera, presidiu este encontro de traballo, de periodicidade mensual que contou coa participación dos directores territoriais das distintas consellerías.

“A política de proximidade é unha das principais bases da nosa xestión e por iso queremos continuar a achegala aos 47 concellos da delegación territorial de Pontevedra ”, explicou o delegado, tras ser recibido polo alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao.

Na Comisión Territorial, ademais de tratar os temas de actualidade de todos os concellos da área, tamén se aproveitou para facer un repaso dos investimentos recentes ou en marcha e das distintas achegas e programas do executivo autonómico no concello anfitrión.

Así, a falta de contar cos datos reais do presente 2024, xa que moitas das partidas se formalizan habitualmente a no último trimestre do ano, o delegado destacou os máis de 12 millóns de euros que a Xunta investiu no concello da Estrada durante o pasado 2023.

Neste sentido, destaca a obra de ampliación do IES Antón Losada Diéguez que contou cun orzamento de máis de 3 millóns de euros. Tamén o investimento do Fondo de Cooperación Local (un  millóns de euros) e a execución dun módulo cuberto multideporte, que tivo un custo de máis de un millón de euros.

Salientable tamén os máis de 2,2 millóns que a consellería de Política Social investiu neste concello a través de varias partidas destinadas a mellorar a a calidade de vida e oportunidades de centos de veciños e veciñas.

O delegado tamén aproveitou o emprazamento para destacar os grandes investimentos que contemplan os orzamentos da Xunta no concello da Estrada. Neste sentido, lembrou a achega de 1,75 millóns para o novo edificio xudicial, así como a reforma do CEIP Pérez Viondi, que conta cun orzamento de 1 millón de euros. Tamén a Autovía AG-59 que terá un enorme impacto neste concello e que conta cun orzamento de máis de 23 millóns de euros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O DELEGADO TERRITORIAL PARTICIPA NUN SIMULACRO DE PREPARACIÓN PARA A RESPOSTA ANTE UNHA EMERXENCIA EN EXOLUM

 

.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou, xunto ao director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, nun exercicio de preparación para a resposta ante unha emerxencia nas instalacións de EXOLUM.

O exercício, que tivo lugar na sede do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, contou coa presencia de responsables dos distintos corpos e entidades que participarían na toma de decisións e execución en caso de emerxencia.

 

O delegado territorial sinalou a importancia de contar con este tipo de reunións que permiten «ter todo preparado para poder actuar con rapidez e efectividade no improbable caso de que algún dia teñamos que facer fronte a unha emerxencia deste tipo».

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

1.400 rapaces e rapazas participan no cros zonal Xogade da Estrada

O secretario xeral para o Deporte destaca o crecemento dun programa que, na tempada pasada, chegou aos 148.000 nenos e nenas mutualizados, o 60% de todos os escolares galegos entre os 6 e os 16 anos

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá ao cros zonal da Estrada que tivo lugar na contorna das piscinas municipais. Esta competición vén ratificar o auxe que está a vivir o deporte federado e escolar en Galicia para os nenos de entre 6 e 16 anos inscritos no programa Xogade cunha participación de 1.400 rapaces e rapazas de cursos dende 2º de Educación Primaria ata 3º de ESO. Os centros educativos representados foron o CPI Aurelio Marcelino Rey García, o CEIP Plurilingüe de Oca, o CEIP Manuel Villar Paramá, o IES Manuel García Barros, o CEIP Figueroa, o CPR Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes, o CEIP Cabada Vázquez, o CEIP Pérez Viondi, o IES Avelina Valladares, o CPI Santa Lucía de Moraña, o CEIP do Foxo e o IES Antón Losada Diéguez.

Lete Lasa destacou a importancia de instaurar hábitos saudables que perduren para toda a vida nos más cativos e subliñou o gran crecemento que está a vivir o Xogade ata acadar, na fin da tempada 2023-2024 o máximo histórico de nenos e nenas mutualizados cun total de preto de 148.000 escolares, o que representa o 60% de todos os galegos e galegas escolarizados nas idades de entre 6 e 16 anos. Ademais, o secretario xeral destacou a inclusión e a igualdade dun programa que adapta todo o necesario para garantir a participación de todas as persoas incluíndo as que teñan algunha diversidade funcional e que conta, na actividade escolar, cun 48% de nenos e un 52% de nenas.

O Xogade oferta 16 modalidades na actividade deportiva escolar -atletismo en pista, bádminton, baloncesto, balonmán, cross, duatlón, encontros multideportivos, fútbol sala, multixogo 6-8, natación, orientación, patinaxe artística, tenis de mesa, voleibol, xadrez e xogando co atletismo- e conta con 39 federacións adheridas. Tamén inclúe outras propostas arredor do deporte: ‘Coñece o meu club’, para poñer en contacto a centros escolares con clubs deportivos da súa contorna; ‘Xogando coa auga e co vento’, que proporciona bautismo en deportes acuáticos como o surf, o piragüismo, o remo ou a vela; e ‘Xogos tradicionais e populares’, para fomentar o seu arraigo na poboación escolar. A Secretaría Xeral para o Deporte asume un gasto de 4 millóns de euros anuais entre o seguro deportivo escolar, contrato de transporte para os escolares que participan no Xogade, convenios coas agrupacións deportivas escolares e outros gastos organizativos. 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Rueda recoñece aos máis de 300 efectivos desprazados a Valencia como exemplo da solidariedade e alto nivel dos servizos de emerxencia da comunidade

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu hoxe o labor dos máis de 300 efectivos galegos que se desprazaron á Comunidade Valenciana para colaborar tras a dina do pasado 29 de outubro. Así, púxoos como exemplo da solidariedade e o alto nivel dos profesionais cos que conta Galicia. “Estamos por orgullosos de vós, de como se fixo o traballo. Demostrastes que temos uns servizos de emerxencias magníficos”, indicou.

Así o manifestou durante un encontro con parte do persoal que estivo coordinado polo Goberno galego que acaba de regresar, no cal estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e onde expresou o seu agradecemento e recoñecemento a todos os que se desprazaron desde distintos puntos da comunidade. 

Neste sentido, eloxiou o compromiso, “a solidariedade e eficacia” que amosaron nas localidades onde foron requiridos como Paiporta, Picanya, Massanassa e Alfafar para participar en tarefas de busca de vítimas, achique de auga en baixos e sotos, retirada de vehículos, cepillado de rúas e eliminación de barro e escombros, entre outras accións fundamentais para a recuperación das zonas afectadas.

Un gran equipo 

Rueda quixo facer unha mención especial a todos os profesionais e voluntarios que colaboraron nesta resposta de emerxencia. En concreto, aos 82 membros e voluntarios de Protección Civil; os 116 bombeiros municipais e dos consorcios provinciais, xunto cos de Navantia; os 80 efectivos de Medio Rural; preto dunha vintena de integrantes dos GES (Grupos de Emerxencia Supramunicipal); así como aos membros da Policía Autonómica, persoal do Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) e de emerxencias, e os de Casaga (Cans de Salvamento de Galicia) e da Asociación de Intervención, Axuda e Emerxencias (IAE). Así mesmo, tamén agradeceu á tripulación do helicóptero Pesca 1 que viaxou ao día seguinte da catástrofe para axudar á busca de desaparecidos desde o aire.

O presidente concluíu comprometendo o apoio da Xunta no proceso de recuperación e rehabilitación das zonas afectadas que quede agora por diante, asegurando que Galicia seguirá dispoñible para calquera nova colaboración que precise a Comunidade Valenciana. 

Publicado en Portada | Deja un comentario

BNG insta ao alcalde a denunciar en Patrimonio a situación de abandono da Torre e o Pazo de Guimarei

Xoán Reices: «A situación deste BIC é insostíbel, e como xa indicamos noutra ocasión, hai base xurídica para expropiar se a familia propietaria non tomas medidas correctoras»

O BNG da Estrada leva anos pelexando para que a Torre e o Pazo de Guimarei pasen a titularidade pública ou cando menos a familia propietaria trate ese ben como o que é, un Ben de Interese Cultural (BIC).

Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xoán Reices, «antes do verán alertamos ao alcalde no pleno indicándolle que a Torre e o Pazo estaba rodeado de millo até as súas mesmas marxes; o alcalde contestou que se reuniría cos propietarios despois do verán; pasou o verán e reiterámoslle a situación noutro pleno contestando que falara por teléfono coa familia propietaria, pero non quedaron en nada concreto.» «Resumindo: os propietarios da Torre e o Pazo de Guimarei non só se rin do alcalde, senón tamén de todos os veciños e veciñas do noso concello», afirma Reices.

«A situación da Torre e o Pazo é insostíbel», explica o concelleiro nacionalista, «non é tolerábel que mentres os propietarios deste BIC, que se deteriora cada día a día, pasen olimpicamente de todo, mentres o alcalde mira para outro lado».

«Por iso», engade Reices, «instamos ao alcalde a denunciar diante de patrimonio a situación deste Ben de Interese Cultural, e como xa indicamos noutra ocasión, hai base xurídica para expropiar a Torre e o Pazo de Guimarei». «De feito», afirma o concelleiro do BNG, «é o momento de que o alcalde presione á Xunta e en concreto ao Conselleiro de Cultura, anterior alcalde do noso concello para que este BIC estea en condicións e sexa visitábel e se é o caso pase a titularidade pública».

O concelleiro do BNG explica que o PP ten dúas varas de medir cando se trata de defender o interese público. «Unha para os poderosos, como é o caso dos propietarios da Torre eo Pazo de Guimarei, aos que non se lles molesta para nada», explica Reices, «e outra para os veciños e veciñas, sobre os que cae todo o peso da lei, sen importarlle as consecuencias e as súas circunstancias persoais».

«É hora de actuar para salvar a Torre e o Pazo de Guimarei», afirma Reices, «xa se acabou o tempo de mirar para outro lado».

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Residencia volve a estar aberta a todos os maiores Estradenses


A residencia pública da Estrada quere abrirse a todas as persoas maiores do municipio como centro de encontro e actividade sociocultural. En realidade sempre foi. Funcionou como tal ata que chegou a pandemia, pero despois a crise sanitaria obrigou a pechar por completo todas as residencias. E iso non é bo. Nin para os 31 veciños, que perden unha excelente oportunidade de interacción social na súa propia casa nin para o resto de maiores da Estrada, que perden un lugar de encontro, ocio e socialización. O alcalde estradense, Gonzalo Louzao, e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitaron onte as instalacións co obxectivo de promocionar esta faceta da residencia como centro sociocultural aberto a todos os veciños e anunciar unha estreita colaboración entre os aumentar o número de actividades ofertadas.
Publicado en Portada | Deja un comentario

Os Estradenses decidirán votando onde situar a Farola







Las tres ubicaciones posibles para ubicar la Farola; donde está (número 2), junto a la estatua de los caballos (1) y más cerca del entronque con la calle Don Nicolás (3). 


O Concello abrirá as urnas os días 8 e 9 para que os estradenses elixan entre tres posibles alternativas | Tamén se decidirá se se conserva a farola actual ou se recupera a de 1840. As tres posibles localizacións para ubicar a Farola; onde está (número 2), xunto á estatua dos cabalos (1) e máis preto do cruce coa rúa Don Nicolás (3). Os tres posibles emprazamentos para ubicar a Farola; onde está (número 2), xunto á estatua dos cabalos (1) e máis preto do cruce coa rúa Don Nicolás (3).
"Hai que escoitar o que di a rúa". As palabras do alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, xustifican a inesperada decisión que tomou o seu goberno en relación á reforma da Praza de Galicia. Esta peonalización xerou un prolongado debate, incluída unha manifestación, e todo arredor da decisión de trasladar a un novo emprazamento a Farola, un dos elementos emblemáticos da vila. "Temos dúas orellas e unha boca. Gústanos máis escoitar que falar. Por iso sabemos que o proxecto gustou, pero hai un debate sobre a localización da Farola. Por iso decidimos propoñer unha votación para iso. que os veciños poidan elixir”, afirmou.
Esta votación terá lugar o venres día 8 –de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas– e o sábado 9 –de 10.00 a 13.00 horas. Todos os empadroados no municipio maiores de 16 anos poderán acudir durante ese tempo á casa consistorial para participar nesta votación. Tras o peche das urnas, realizarase o reconto e daranse a coñecer as dúas opcións elixidas. Por unha banda, os veciños decidirán a localización que se lle dará á Farola nesta reforma. Por outra banda, decidirán que Farola queren utilizar entre dúas opcións.

Louzao explicou que os técnicos propuxeron tres locais alternativos para votar. Unha delas é a actual, a reivindicada por moitos, que implicaría manter a Farola como elemento central da praza. Outra opción é a que se propón no proxecto, que pasa por trasladalo ata onde está agora mesmo a escultura do cabalo. Por último, proponse a posibilidade de baixalo ata preto do cruce coa rúa Don Nicolás e onde está prevista unha fonte.

En la otra votación habrá dos opciones de Farola a utilizar. Una de ellas será mantener la actual, que lleva en el centro de la plaza desde hace 40 años. La otra, recuperar la histórica Farola, la de 1951, que hace décadas fue reubicada en la Praza do Mercado.

«Nos han ridiculizado diciendo que movíamos la Farola para poner ahí a la Panorama. No es cierto. Fue una decisión y una solución que dieron los técnicos. Los tres proyectos presentados proponían el traslado. Ahora serán los vecinos lo que tendrán voz en esa decisión», explicó el alcalde.

"A oposición viu a oportunidade de desgastar ao alcalde"

Na súa comparecencia ante os medios, Louzao referiuse en varias ocasións aos partidos da oposición polas críticas que fixeron nos últimos días a este proxecto e ao seu goberno. "Somos un goberno cohesionado, que prefire falar menos e escoitar máis. Houbo, porén, quen buscou facer ruído mediático, convocando manifestacións sen éxito. En ningún momento quixeron salvar unha farola, senón salvarse a si mesmos, quen non se atrevería a facer ruído mediático". ", dixo. "Viron en todo isto a oportunidade de prexudicar ao novo alcalde. Son polémicas artificiais creadas para agredirme. Non nos dedicamos a ese tipo de trucos", engadiu no mesmo sentido. Louzao avogou por que os veciños decidan, "sen que a oposición queira impoñer un emprazamento, coa recollida de sinaturas de xente doutros lugares. Os estradenses deben escoller sen facer caso das siglas".
Aprobación e financiamento do proxecto
Louzao anunciou que o proxecto de reforma da Farola será aprobado e adxudicado a Galaicontrol na xunta de goberno do vindeiro luns, aínda que a firma terá que esperar ao sábado para coñecer a decisión dos veciños sobre a localización da Farola. Deste xeito haberá tempo para ter o proxecto rematado antes do día 22, cando remate o prazo para optar ao Plan Extra da Deputación de Pontevedra. O goberno local confía en conseguir financiamento para levar a cabo a obra deste xeito. O rexedor tamén anunciou a súa intención de realizar melloras na rúa San Antón e na avenida de América.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario