A Estrada apoia unha nova adscrición coafinalidade de reducir a saturación no IESAntón Losada e promover a formaciónprofesional no centro

 A edil de Benestar Social, Igualdade e Educación explicou hoxe os
detalles da nova adscrición do alumnado que permitirá
desconxestionar o IES Antón Losada, ofertando este estudos de
bacharelato e Formación Profesional.
 A aplicación desta medida está contemplada desde o vindeiro
curso, 2024/2025, e o alumnado que cursa actualidade estudos de
secundaria no centro poderá rematar os seus estudos no centro.
 A finalidade desta proposta e promover a Formación Profesional,
convertendo ao centro nun espazo atractivo tanto para o
estudantado local como para a mocidade da contorna.

O Concello da Estrada explicou hoxe a
través da concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación Social, Amalia
Goldar, a proposta da Xefatura Territorial da Consellería de Educación de
Pontevedra consensuada cos centros de ensino estradenses, para a adscrición
nestes, a cal ten por finalidade reducir o alumnado no IES Antón Losada a
través da supresión dos estudos de ensinanza secundaria no mesmo coa
finalidade de promover a formación profesional e equilibrar o fluxo de
estudantes nos outros institutos.
A medida, cuxa entrada en vigor está prevista para o vindeiro curso académico,
2024-2025, suporá que o alumnado de primaria do CEIP de Figueroa curse a
secundaria no IES Nº1, recinto que deste xeito aumentará o seu número de
alumnado e permitirá unha maior capacidade de subsistencia, mentres que os
nenos e nenas do CEIP do Foxo e o Cabada Vázquez serán adscritos ao IES
García Barros. Ademais, dita medida non afectará á mocidade que cursa
ensinanza secundaria no IES Antón Losada Diéguez xa que poderán rematar
ditos estudos no centro.
Dita adscrición xa conta con todos os informes favorables dos diferentes
departamentos involucrados e na actualidade restarían trámites coa
Consellería de Educación da Xunta de Galicia para a súa posta en marcha
definitiva.

A adscrición non suporá a obrigatoriedade de realizar os estudos nos centros
que correspondan en base á mesma, xa que tal e como marca a lexislación
vixente as familias terán a potestade de matricular ao alumnado no centro que
consideren, aínda que a prioridade será dos alumnos adscritos no seu
correspondente centro.
A edil, Amalia Goldar, mantivo reunións coas ANPAS dos diferentes centros
educativos para trasladarlle esta proposta, a cal non implicará modificacións nin
no servizo de transporte nin nos horarios de asistencia aos centros. Ademais,
un factor a ter en conta neste sentido é a proximidade dos mesmos, o cal
provoca que non haxa apenas modificacións nos desprazamentos.
Tal e como sinalou, a responsable de Educación, “a finalidade detrás desta
medida é aliviar o alto número de alumnado que estuda no IES Antón Losada,
ao mesmo tempo que se equilibra no do resto de centros de secundaria”.
Ademais, fai fincapé en que “desconxestionar o Antón Losada achegaranos á
materialización dun dos nosos grandes obxectivos en materia educativa;
convertelo nun centro no que se imparta unha ampla formación profesional que
lle garanta tanto ao estudantado estradense como ao de concellos da contorna
unha oferta diversa para poder formarse cerca dos seus fogares, sen
necesidade de realizar desprazamentos a outras localidades como Santiago de
Compostela ou Pontevedra”

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CIM da Estrada ofertará novamente desde este xoves o servizo de asesoramento xurídico

·       O goberno local levou hoxe a xunta de goberno a aprobación da adxudicación definitiva deste servizo.

 

·       Unha profesional ofertará este servizo desde este xoves, mediante cita previa, os luns e xoves en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O Concello da Estrada contará novamente desde este xoves, día 1 de febreiro, cun servizo de asesoramento xurídico co que complementar a oferta do Centro de Información á Muller.

O goberno local levou esta mañá a xunta de goberno a aprobación da adxudicación definitiva deste novo servizo, o cal xa fora adxudicado de forma provisional das pasadas datas. Deste xeito, o contrato establecido suporá a contratación dunha profesional deste eido durante un período de dous anos, cun máis prorrogable, e unha asignación de 23.800 euros.

Grazas ao mesmo, o CIM seguirá ofertando asesoramento xurídico, un servizo que durante o ano pasado foi demandado nun total de 332 ocasións e que agora contará coa presenza dunha profesional deste eido que ofrecerá asistencia xurídica de balde os luns e os xoves en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Na actualidade, dito servizo xa conta con numerosas citas axendadas, polo que as persoas que desexen acceder ao mesmo poderán facelo completamente de balde solicitando cita previa.

A edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar, sinala a súa satisfacción por poder contar no CIM “cun servizo imprescindible tal e como reflexa o balance de todas as consultas recibidas durante o ano pasado”. “A asesoría xurídica é unha das demandas que máis recibimos, polo que reforzar esta área supón reforzar a atención a todas as mulleres estradenses e brindarlles un acompañamento de maior calidade”, indicou Goldar.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Gonzalo Louzao califica as propostas para a mocidade do PP en Galicia como “as mellores de España” coa universidade e o transporte gratis e amplas axudas para vivenda, deporte e emprego

  • O candidato popular estradense revela que os 1.400 universitarios que adoitan ter Deza e Tabeirós beneficiaranse desde o vindeiro curso da primeira matrícula de balde en todas as materias dos graos universitarios cunha achega de ata 1,1 millóns de euros anuais
  • Un total de 3.479 mozos da zona estanse a beneficiar da gratuidade no transporte público grazas á Tarxeta Xente Nova da Xunta, pero en materia de mobilidade tamén está aberta a solicitude de axudas para a obtención de carné de conducir, dotadas con 400 euros para turismos
  • O concelleiro estradense tamén destaca, en materia de vivenda, as subvencións de alugueiro, de ata o 60%, para mozos de ata 35 anos e a liña de avais para compra dunha casa, ao tempo que pon en valor o Bono Deporte, a Cota Autónomo Cero e o Programa de Emprego Xove

O candidato popular da Estrada, Gonzalo Louzao, vén de presentar, acompañado dos demais candidatos xóvenes de Pontevedra, as propostas para a mocidade do PP de Galicia para a vindeira lexislatura e calificounas como “as mellores de España”, posto que inclúen a gratuidade da matrícula universitaria e do transporte público -que xa está vixente- e numerosas liñas de axudas para acceso á vivenda, deporte, emprego, emprendemento e lecer.

 

“A Xunta, con Alfonso Rueda ao fronte, demostrou todos estes anos a súa decidida aposta pola mocidade con numerosas políticas moi acaídas para o noso colectivo, pero ademais o Partido Popular segue implementando, mellorando, ampliando e innovando máis accións para converter a Galicia, sen dúbida, no mellor lugar de España para que os xóvenes desenvolvamos o noso proxecto de vida”, manifestou o integrante da lista pola provincia de Pontevedra.

 

Gonzalo Louzao detallou todas estas medidas e os seus beneficios para os mozos das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, sinalando que os 1.400 universitarios que adoitan ter estas bisbarras vanse beneficiar desde o vindeiro curso, se Alfonso Rueda revalida a presidencia da Xunta o 18 de febreiro, da primeira matrícula de balde en todas as materias dos graos, o que supón unha achega de ata 1,1 millóns de euros anuais.

 

O tamén concelleiro estradense salientou outras vantaxes da política xuvenil da Xunta, como os 3.479 mozos de Deza e Tabeirós que se benefician da gratuidade no transporte público grazas á Tarxeta Xente Nova. En concreto, está a ser empregada na actualidade por 1.542 xóvenes de ata 21 anos da Estrada, 1.002 de Lalín, 411 de Silleda, 227 de Vila de Cruces, 101 de Forcarei, 97 de Rodeiro, 78 de Agolada e 21 de Dozón.

 

No eido da mobilidade, recalcou tamén que o PP, desde a Xunta, ofrece a posibilidade de colaborar economicamente cos mozos desempregados de ata 30 anos para a obtención do carné de conducir con axudas de 400 euros para o permiso de turismos e ata 1.300 no caso de camións. Dita subvención ten aberto o prazo de solicitude ata o 30 de setembro e conta cunha partida de 800.000 euros.

 

Así mesmo, Louzao lembrou as novas medidas en materia de vivenda, como as axudas para o alugueiro, que poden alcanzar ata o 60% da renda para persoas de ata 35 anos con ingresos de ata 25.200 euros, ou os avais para a compra dunha casa, cunha cifra máxima de 48.000 euros, que se estreou o pasado ano con 1,4 millóns de euros e que anunciou que vai ter unha nova convocatoria no presente 2024.

 

O candidato popular debullou as medidas do PP en materia laboral e de emprendemento xuvenil, entre as que figuran os Programas de Emprego para Persoas Mozas, que se están a despregar por 26 localidades do territorio, ou a Cota Autónomo Cero, que se vai estrear no presente ano coa asunción por parte da Xunta das cotizacións dos primeiros doce meses, “que é algo que beneficia enormemente aos moitos xóvenes de Deza e Tabeirós-Montes que queren emprender, xa que outorga moita tranquilidade para iniciar un proxecto”, grazas a unha partida de 9,6 millóns de euros que beneficiará a unhas 10.000 persoas en toda Galicia, moitas delas menores de 35 anos.

 

Ademais, as achegas para os autónomos poden alcanzar ata 8.600 euros anuais coas liñas abertas para sufragar os gastos de primeira actividade, “o que demostra que, grazas ao PP, Galicia é unha terra de oportunidades, que cada vez son máis amplas e que serven de trampolín a moitos mozos e mozas destes oito concellos do norte provincial, ao tempo que favorecen o retorno de moitos emigrantes ou dos seus descendentes, nunha contorna que ten moita xente no exterior, tamén no rango de idade xuvenil”.

 

Nesta materia, Louzao engadíu que, xa no ramo de sectores máis especializados, a Xunta conta desde hai anos co Programa de Incorporación de Mozos ao Sector Agrogandeiro, dotado con 19 millóns para o presente 2024 e que supón unha gran inxección económica cada ano en Deza e Tabeirós, e recalcou que cada ano vaise dotando de máis cartos “para favorecer que as novas xeracións vaian atopando o seu traballo nun sector estratéxico desde o punto de vista económico e identitario”.

 

Tamén se referíu á conciliación e ás aportacións autonómicas para a conformación dunha familia, “que son fundamentais para que os xóvenes destas comarcas deamos o paso con certo respaldo nun momento no que, paralelamente, comezamos a nosa vida laboral”. Ao respecto, destacou sobre todo a Tarxeta Benvida ou o Bono Concilia Familia, entre moitas outras.

 

Ademais, o programa xuvenil do PP galego para a vindeira lexislatura tamén inclúe un plan específico de promoción da saúde mental e de prevención do suicidio entre a poboación moza co obxectivo de atender unha das principais cuestións para este colectivo en materia sanitaria.

 

Finalmente, entre as 20 grandes iniciativas do PP de Galicia en materia xuvenil tamén figuran outras vencelladas co lecer e os hábitos saudables, entre as que destacou o recén posto en marcha Bono Deporte, que suporá unha achega de 120 euros para compra de material ou clases para todos os cativos de 6 a 16 anos que estean federados ou adheridos ao programa Xogade da Xunta.

 

Nesta área, o candidato estradense tamén destacou as vantaxes para a mocidade dos bonos Cultura e Turismo, as moitas actividades lúdicas da Dirección Xeral de Xuventude que se espallan ao longo de todo o ano, os Puntos de Información Xuvenil, a ampliación de servizos do Carné Xove -que agora se envía automaticamente aos beneficiarios- ou a histórica e crecente oferta de campamentos, campos de traballo e accións de voluntariado.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Deputación promociona en Fitur a Ruta de IgnacioTaverneiro como vía alternativa pola provincia parachegar a Compostela

A deputada de Turismo, Nava Castro, presentou os puntos fortes deste percorrido xunto
ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, quen
interveu en representación dos concellos da provincia polos que transcorre a ruta
Nava Castro: “Aquí estamos seis concellos da provincia, moi diferentes, incluso de
distinto signo político, que temos sabido traballar xuntos, arredor da cultura e do
patrimonio, cun obxectivo común: impulsar e promocionar a Ruta de Ignacio Taverneiro”

 Deputación de Pontevedra continúa a súa axenda de actos e
presentacións en Fitur coa Ruta de Ignacio Taverneiro, a vía cara Compostela que transcorre pola provincia
atravesando Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Pazos de Borbén, Pontecaldelas, Ponteareas e Salvaterrra. A
deputada de Turismo, Nava Castro, foi a encargada de presentar os puntos fortes deste percorrido xunto ao
alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial Jorge Cubela, quen interveu en representación
dos seis concellos da provincia polos que transcorre a ruta.
“Aquí estamos seis concellos da provincia, moi diferentes, incluso de distinto signo político, que temos
sabido traballar xuntos, tendendo pontes arredor da cultura e do patrimonio, cun obxectivo común:
impulsar e promocionar a Ruta de Ignacio Taverneiro”, remarcou a deputada provincial. Nava Castro
afirmou que “somos moi conscientes da proxección turística que supón contar xa con esta nova ruta cara
Compostela” e amosouse convencida de que “esta vía alternativa cara Santiago dará moito de que falar.
Estou segura de que, se a facedes, deixará en vós unha pegada inesquecible e será unha vivencia que
xamais esqueceredes”.
A deputada provincial afirmou que existen numerosas variantes para peregrinar cara Compostela que
atravesan a provincia e, sobre a Ruta de Ignacio Taverneiro, remarcou o feito de que o seu percorrido sexa
froito dun rigoroso traballo de investigación no que se implicaron Luis Ferro e Carlos da Barreira. Tamén
subliñou que abrangue 130 quilómetros a través de cinco etapas por concellos do interior de Pontevedra
nun percorrido suave, con desniveis menores que outros percorridos que cruzan a provincia cara Santiago
tamén polo seu interior. Ademais, como punto forte, transcorre a carón de 30 igrexas – tres delas con
Santiago Apóstolo como patrón-, 14 petos de ánimas, numerosos cruceiros e unha ampla lista de lugares de
interese cultural como pontes medievais ou contornas naturais como as que conforman o río Oitavén ou o
Verdugo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada oferta un venres de medo nosMinicines Central con ‘Terrifier 2’

● A décima edición do Festival ‘Panic’ pretende achegar aos
rapaces e rapazas dos institutos estradenses a actividades
culturais e ao ocio saudable.
● O filme ‘Terrifier 2’ comezará ás 22:30 horas e terá entrada de
balde ata completar aforo.

O Festival de Cinema de Terror ‘Panic’
continúa esta fin de semana nos Minicines Central co filme ‘Terrifier 2’, unha
actividade dirixida principalmente aos rapaces e rapazas dos IES estradenses.
O venres, 26 de xaneiro, desde as 22:30 ata as 0:45 horas nos Minicines Central,
continuará a programación da X edición do Festival de Cine de Terror ‘Panic’,
organizado polo Concello da Estrada. O filme ofertado para esta fin de semana é
Terrifier 2 (Damien Leone, 2023) secuela do filme homónimo, Terrifier, e relata o
regreso do paiaso “Art”.
As entradas para asistir á sesión son de balde, e daranse ata completar o aforo das
salas.
Esta edición busca poñer sobre a mesa opcións de ocio saudable para a xente
nova, permitindo actividades fóra do horario escolar atractivas e de actualidade, que
ademais poidan practicarse en espazos cubertos nos meses do inverno.
Ademais dos filmes, o programa está complementado coa exposición pictórica ‘26
seres vivos’, de Manuel Fragoso, así como unha sesión de lectura de microrrelatos
da escritora Arantza Portabales.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Luis López contrapón a aposta do PP polosServizos Sociais en Deza e Tabeirós, con 10,4millóns de euros anuais transferidos polaXunta, fronte á “pobreza social” de PSOE e BNG

● O presidente provincial centra na área social o seu encontro co alcalde
José López, a voceira Belén Cachafeiro e os 18 concelleiros de
Tabeirós-Terra de Montes e anuncia que o PP seguirá incrementando
estes investimentos nos oito concellos das dúas bisbarras
● López destaca o aumento da Xunta nas partidas do SAF, a gratuidade
das escolas infantís, a atención temperá e a inclusión social e alerta do
risco dunha maior precariedade social na atención a maiores e
dependentes se nacionalistas e socialistas están no Goberno galego
● Revela que 745 veciños das comarcas xa se benefician das axudas
autonómicas dos novos bonos Coidado no Fogar e de Residencia
grazas a un investimento anual da Xunta de 3,2 millóns de euros

O presidente do PP Provincial e da
Deputación de Pontevedra, Luis López, contrapuxo, nun encontro cos
representantes populares da bisbarra de Tabeirós-Montes, a “forte aposta” do
Partido Popular polos Servizos Sociais desde a Xunta de Galicia, cunha achega
anual de 10,4 millóns de euros para estas atencións nesta bisbarra e a do Deza,
fronte á “pobreza social” na atención a maiores, dependentes e familias dos
modelos que implantan PSOE e BNG nas administracións.
O tamén presidente da Deputación de Pontevedra centrou no contido social,
ademais doutras cuestións de campaña, a súa reunión de traballo co alcalde
estradense, José López, a voceira forcaricense Belén Cachafeiro, o candidato
Gonzalo Louzao e os 18 concelleiros do PP nesta bisbarra.
“Os cidadáns teñen que saber que o 18 de febreiro teñen que elixir entre dous
modelos de atención social, o que desprega o PP consolidando e ampliando
servizos e orzamentos, e o dunha maior precariedade e pobreza social, que
desenvolve o BNG, como se pode ver no Concello de Pontevedra, cos
investimentos máis baixos de Galicia nesta materia, e tamén os socialistas nos
seus concellos e desde o Goberno de España, cun claro incumprimento financeiro


da Lei de Dependencia”, explicou Luis López, que alertou de que esta diminución
no eido social pódese estender a toda Galicia se nacionalistas e socialistas están
no Goberno galego “polo habitual desleixo e abandono que amosan con estes
colectivos”.
O presidente provincial do PP, que anunciou que os populares seguirán
incrementando estes investimentos sociais nos oito concellos de Deza e Tabeirós
se Alfonso Rueda revalida a presidencia da Xunta de Galicia xa que sostén que “é
necesario dado que son as comarcas con maior índice de envellecemento da
provincia”, presentou un cadro informativo coas distintas partidas das liñas desta
materia das que se benefician os municipios desta bisbarras.
Liña Social Agolada A Estrada Dozón Forcarei
SAF 353.088 € 740.788 € – 213.840 €
Bonos 216.200 € 976.800 € 71.200 € 146.400 €
Gratuidade garderías 20.252 € 758.106 € 24.200 € 100.968 €
Atención Temperá Udiaf Deza 153.457 € Udiaf Deza –
Inclusión Social – – – –
Plan Concertado 34.105 € 147.626 € 16.815 € 16.815 €
TOTAL 711.645 € 2.776.437 € 112.215 € 478.023 €
Liña Social Lalín Rodeiro Silleda Cruces
SAF 889.200 € 217.728 € 625.536 € 358.560 €
Bonos 868.000 € 341.200 € 271.200 € 292.800 €
Gratuidade garderías 887.180 € 24.954 € 556.628 € 307.128 €
Atención Temperá 183.981 € Udiaf Deza Udiaf Deza Udiaf Deza
Inclusión Social 64.165 € – – –
Plan Concertado 183.369 € 40.422 € 50.445 € 25.774 €
TOTAL 3.250.730 € 624.304 € 1.503.809 € 984.262 €
Luis López detallou tamén que os novos Bonos Coidado, o de Fogar -cunha
achega anual de 5.000 euros para persoas dependentes- e o de complemento de
Residencia -cifrado en 1.200 euros-, xa están a beneficiar desde este mes de
xaneiro a 745 veciños de Deza e Tabeirós, dos que 225 son da Estrada, 223 de
Lalín, 93 de Silleda, 73 de Vila de Cruces, 46 de Forcarei, 25 de Rodeiro, 44 de
Agolada e 16 de Dozón . Ademais, a gratuidade nas 14 escolas infantís e puntos
infantís das dúas bisbarras permite financiar un total de 680 prazas neste territorio.
Así, o presidente provincial puxo en valor que as políticas sociais e os fortes
investimentos nesta materia impulsados polo PP desde a Xunta “permiten atender


do mellor xeito e coa máxima calidade a case 1.900 veciños das comarcas, aos
que habería que engadir moitos que non reciben estas axudas pero que se
benefician de prazas públicas ou concertadas en residencias, Casas do Maior,
puntos de encontró familiar ou doutras prestacións e axudas, algo que é de xustiza
para mellorar a súa calidade de vida”.
“O 18 de febreiro temos que elixir entre dous modelos claros, porque o que é
medible non é opinable, un de apoio decidido aos maiores, dependentes, cativos
familias e persoas en risco de exclusión sostido polo PP grazas ás políticas
lideradas por Alfonso Rueda e un de abandono e pobreza social protagonizado por
PSOE e BNG”, concluíu López, no seu encontro cos representantes públicos de
Tabeirós-Terra de Montes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Luis López resalta as fortalezas e o potencial do destinoturístico Rías Baixas nunha recepción aos profesionais dosector na Casa de Galicia de Madrid

O presidente da Deputación agradeceu o traballo conxunto coas empresas turísticas para
consolidar á provincia de Pontevedra como un destino referente en sustentabilidade
“Para nós a auga é unha vantaxe: a súa abundancia nos distingue; os seus froitos fannos
únicos”, afirmou o mandatario provincial no seu discurso de benvida

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou as
fortalezas, o crecemento e o potencial da provincia de Pontevedra como un destino turístico referente en
calidade e sustentabilidade nunha recepción con representantes do sector turístico que tivo lugar esta
tarde na Casa de Galicia de Madrid e no que participaron tamén outros membros do goberno provincial. O
mandatario provincial puxo en valor o esforzo dos profesionais para contribuír ao crecemento do destino
turístico Rías Baixas ao mesmo tempo que agradeceu o compromiso do sector para seguir apostando e
traballando de xeito conxunto para facer da provincia de Pontevedra “un destino adaptado aos tempos da
intelixencia artificial, un destino ambicioso cunha estratexia clara para seguir medrando de xeito controlado
e un destino sustentable no que o deporte e a cultura son os complementos ideais”.
O mandatario provincial ofreceu unhas palabras de benvida aos representantes das empresas do sector
turístico ao comezo do acto. “O turismo fai que a nosa provincia sexa un fogar para tantos madrileños, hoxe
Madrid acóllenos na casa de todos os galegos”, comezou López, quen recoñeceu que existen “poucos
escenarios mellores que a Casa de Galicia, pouco público máis especializado e poucas datas mellores que a
de Fitur” para falar das Rías Baixas e da súa riqueza. Un discurso no que amosou a súa satisfacción polo
feito de que a Deputación e as empresas “compartimos esa paixón e vocación por dar a coñecer o noso
paraíso das Rías Baixas”.
Neste sentido, o presidente da Deputación recordoulles que a presentación da campaña 100 % Rías Baixas,
presentada na mañá deste mércores en Fitur, supuxo un triplo paso adiante. “Un paso adiante nese desexo
irrefrenable que temos por dicirlle ao mundo que Pontevedra é desfrutar, un paso adiante para remarcar
que o noso é un destino sustentable e un paso de xigante para descubrir que as nosas Rías Baixas son o
destino ideal para viaxar en calquera época do ano”.
O crecemento e consolidación que as Rías Baixas experimentaron nos últimos anos son froito do traballo e
cooperación conxunto entre a administración provincial e o sector turístico. Unha alianza que levou ás Rías
Baixas a “acaparar titulares de prensa, ocupar os postos máis altos das listas de destinos turísticos de moda
e a competir sen complexos con outros lugares exóticos”, afirmou López, quen recalcou que non é
necesario ser Hawái para ofrecer experiencias de surf, nin o Caribe para bucear, nin Escocia para ver
castelos, nin a Toscana ou Burdeos para presumir de viñedos e viños. “Non somos ningún deses destinos,
nin queremos selo, nin falta que fai. Porque somos 100 % Rías Baixas”, reivindicou o dirixente. O da

provincia é un modelo de destino turístico de excelencia moldeado pola auga, eixo central da campaña,
porque “mentres noutros lugares é un reto, para nós a auga é unha vantaxe: a súa abundancia nos
distingue; os seus froitos fannos únicos”, asegurou.
Tampouco faltou o recoñecemento polos resultados obtidos no pasado ano no ámbito do turismo. “O voso
labor ten unha alta cota de responsabilidade no éxito que están a ter as Rías Baixas. A vosa
profesionalidade, a vosa determinación co turismo de calidade e o voso compromiso coa sustentabilidade
dixeron que o ano 2023 fose histórico para o turismo na nosa provincia. Pero lonxe de conformarvos, vexo
un sector enfocado e confiado en facer do 2024 un ano aínda mellor”, valorou Luis López, convencido de
que, “e sei que estades de acordo comigo, o turismo na provincia de Pontevedra non tocou teito”.
Con todo, deixou clara a única liña vermella que existe neste camiño de crecemento, “o único camiño
posible é o da sustentabilidade”, subliñou. “As Rías Baixas son e deben seguir sendo sinónimo de espazos
naturais de alta calidade ambiental, de experiencias saudables e respectuosas co medio ambiente e de
produtos sans, ecolóxicos e de proximidade”, insistiu o presidente da Deputación.
Rematou Luis López o seu discurso de benvida cunha mensaxe de ánimo para aproveitar a presencia das
Rías Baixas nunha feira como Fitur. “Os ollos do turismo mundial miran cara Madrid. Temos unha
oportunidade única para dicirlle ao mundo o que somos. Somos calidade e sustentabilidade, somos apoio
ao sector e consideración hacia un motor económico, e somos unha oferta infinita de experiencias e
recordos imborrables. Somos 100 % Rías Baixas, agora que o saiba todo o mundo”, concluíu

Publicado en Portada | Deja un comentario