O Senado aproba a gratuidade da AP-53 seno apoio do PSOE

● José Crespo propón unha peaxe na sombra para poñer fin ao agravio con
Galicia, xa que o tramo da AP-53 entre Santiago de Compostela e o Alto de
Santo Domingo é o máis caro de España e os seus usuarios non teñen
ningunha bonificación

 

O Senado vén de aprobar a gratuidade da AP-53
sen o apoio do PSOE. O senador por Pontevedra, José Crespo, explicou que a
solución definitiva á peaxe “abusiva” da AP-53 pasar por liberalizar a peaxe no
tramo estatal, tal e como hoxe aprobouse na moción do PP que defende a
gratuidade nesta vía.
Na actualidade a AP-53 ten un dobre modelo de xestión: o tramo entre Santiago de
Compostela e Alto de Santo Domingo, de titularidade estatal e de pago; e o tramo
Alto de Santo Domingo-Ourense, que é de titularidade autonómica e que non
presenta custe para os usuarios, a través da solución de peaxe en sombra
adoptada pola Xunta de Galicia.
A moción dos populares aprobada na comisión, a pesar da abstención do PSOE,
propón a gratuidade en toda a autoestrada a través da peaxe na sombra, tal e
como ocorre co tramo que une Alto de Santo Domingo e Ourense. “Unha proposta
que mesmo apoia o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Gómez Besteiro,
e o parlamento galego por unanimidade”, sinala o senador pontevedrés.
Para Crespo a iniciativa do PP aprobada hoxe “liquidaría” o problema estrutural
das “peaxes abusivas e desproporcionadas” da AP-53. Ademais, contribuiría á
vertebración do interior de Galicia; desconxestionaríase o tráfico; melloraría a
calidade de vida dos galegos, “xa que son moitos os que usan a diario esta
autoestrada”; aumentarían os niveis de competitividade en todos estes territorios; e
constituiríase un eixo único Santiago-Ourense libre de peaxe.
Por todo iso, o senador galego subliña que a liberalización da “peaxe abusiva” da
AP-53 debe ser uns dos “obxectivos estratéxicos” do Goberno de España con
Galicia. Antes de concluír, José Crespo denunciou que o tramo de pago de
titularidade estatal entre Santiago de Compostela e Alto de Santo Domingo é o
máis caro de España e é o único que non está a aplicar ningún tipo de
bonificación, o que supón un agravio comparativo para Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada abre o luns o prazo de inscrición para o programa de ‘arteterapia’

·       A iniciativa, dirixida para persoas con discapacidade intelectual, desenvolverase desde o 19 de febreiro ata o 20 de decembro, a excepción do mes de agosto.

 

·       O prazo de solicitude estará en vigor ata o venres, día 16 de febreiro.

 

O Concello da Estrada abrirá este vindeiro luns, día 12 de febreiro, o prazo para anotarse no programa de ‘Arteterapia’, posto en marcha desde o departamento de Servizos Sociais.

A iniciativa, dirixida a persoas con discapacidade intelectual, desenvolverase desde o luns 19 de decembro ata o 20 de decembro, cun parón durante o mes de agosto. As sesións terán lugar todos os luns, mércores e venres en horario de 16.00 a 19.00 horas.

As persoas interesadas en participar na iniciativa poderán anotarse ata o 16 de febreiro, inclusive, no departamento de Servizos Sociais do concello en horario de 09.00 a 14.00 horas ou a través da sede electrónica municipal. As persoas solicitantes deberán achegar unha fotocopia do DNI do participante e outro do certificado de discapacidade, a excepción das persoas que xa participaran en edicións anteriores as cales non deberán presentar esta documentación novamente.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O concurso de disfraces da hostalaría dará mañá o pistoletazo de saída ao entroido estradense

·       A Asociación de Hostaleiros da Estrada celebra mañá desde as 21.30 horas o seu tradicional concurso de disfraces.

 

·       Sábado haberá baile de disfraces e merenda para os máis cativos, ás 17.00 no Novo Mercado, e para os maiores, na residencia da terceira idade, ás 17.30 horas.

 

·       O regreso do entroido de Couso, o domingo, pechará a primeira fin de semana de Entroido.

O Concello da Estrada ultima os preparativos para iniciar os festexos do Entroido, para os cales programou unha ampla variedade de propostas dirixidas para todos os públicos.

Deste xeito, mañá, venres 9 de febreiro, será a Asociación de Hostaleiros da Estrada a encargada de inaugurar os festexos co seu concurso de disfraces. A dinámica de participación consistirá na asistencia e consumición nos locais participantes, nos cales serán valorados tanto polo seu disfrace como pola ‘actuación’ realizada. O concurso dará comezo ás 21.30 e os premios entregaranse ás 02.30 horas.

O sábado, a segunda praza do Novo Mercado acollerá desde as 17.00 horas un baile de disfraces infantil cunha merenda incluída de balde para todas as persoas asistentes. Pola súa parte, as persoas usuarias da residencia de maiores tamén poderán gozar dun baile con merenda desde as 17.30 horas.

O tradicional Entroido de Couso, que regresa oito anos despois, clausurará a fin de semana inaugural do entroido cunha xornada que se iniciará desde as 08.45 horas baixo o repicar das campás. Media hora máis tarde haberá un almorzo popular e acto seguido a  comitiva do entroido percorrerá a parroquia ata a chegada á Praíña, onde continuarán os festexos cun xantar popular ata retomar a marcha pola tarde. Finalmente, o campo da festa parroquial acollerá o fin de festa desde as 19.30 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada reforza o seu compromiso codeporte coa acollida do Campionato Galegojunior e o torneo Concello da Estrada deJudo

 Campionato de Judo do Concello da Estrada contará con maís de
400 inscricións e terá lugar o domingo 11 de febreiro.
 Ademais, Campionato Galego Junior (Sub 21) contará coa
participación de 150 judocas de 24 clubs, e celebrarase o sábado 10
de febreiro.

O Concello da Estrada ratifica o seu
compromiso cos eventos e actividades deportivas a través da acollida de dúas
citas de referencia no judo base como son o Campionato de Judo do Concello
da Estrada e o Campionato Galego Junior Sub 21.
O Campionato Galego Junior será a primeira cita, celebrándose o sábado 10
no pavillón Manuel Coto Ferreiro. A cita terá lugar de 16:00 a 20:00 horas. A
participación para a competición será de 150 deportistas desta arte marcial,
que ademais, representarán a un total de 24 clubs.
A competición é clasificatoria para o Sector Oeste do Campionato de España
Junior Sub 21 e funcionará cunha eliminatoria directa con repesca dobre
cruzada, realizándose un combate para lograr o bronce.
Por outra banda, o día seguinte, domingo 11 de febreiro, tamén no Coto
Ferreiro, celebrarase o VII Campionato Infantil de Judo Concello da Estrada,
que terá cinco categorías: a Biberón (para nados no 2020), a Pre-Benxamín
(2018/2019), a Benxamín B (2016/2018) a Benxamín A (2014/2015) e a Alevín
(2012/2013).
A competición contará coa participación de clubs de toda a xeografía galega e
portuguesa, incluíndose o; Judo Club BASE; o Judo Club Hércules; a Escola
Judo Club, o club San Francisco – Teo; o Colexio M. Peleteiro; o Vilas
Alborada, o Terras de Santiago; o Baixo Miño, o J.C. Pontevedra, o J.C
Campolongo; o J.C. Senín; o Senra Vilagarcía; o LUGOKAN; o Juviana; e o
Juliana.
O horario Das contendas será polas mañás, de 10:30 a 12:00 horas e polas
tardes, de 16 a 17:30 horas.
Na presentación das probas, o alcalde, José López Campos, puxo en valor o
crecemento do judo como un deporte cun “arraigo cada vez maior no catálogo
deportivo estradense”, e tamén reafirmou a importancia de “dispor dunha sólida

 

 

infraestrutura deportiva coa que confirmar A Estrada como un núcleo deportivo
no ámbito autonómico, infraestrutura que moi cedo se ampliará co novo módulo
deportivo cuberto, o cal mellorará substancialmente as condicións para as
diferentes prácticas deportivas”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada acolleu un encontro informativo do Plan Provincia Comunitaria da Deputación para favorecer a implantación e melloras das entidades veciñais no territorio

O Concello da  Estrada acolleu hoxe xoves, 1 de febreiro, un encontro informativo do Plan Provincia Comunitaria da Deputación de Pontevedra, o cal está dotado dun millón de euros coa finalidade de potenciar a implantación homoxénea das entidades veciñais no territorio.

A actividade, que se celebrou ás 19.00 horas no Museo do Moble e da Madeira, consiste en facilitar información para a realización de proxectos por parte de asociacións veciñais, confederacións, federacións, unións ou asociación de mulleres rurais con domicilio fiscal na provincia.

O plan pretende que estas entidades se beneficien de contías que van desde os 6.000 euros ata os 10.000 euros para adquirir equipamentos ou executar obras de acondicionamento, reforma e ampliación de locais sociais, infraestruturas nas que desenvolven a súa actividade diaria.

O prazo para solicitar as axudas do Plan Provincia Comunitaria remata o 29 de febreiro e as obras executadas deben estar rematadas no mes de novembro.

Desde o goberno local animan a todas as asociacións veciñais, confederacións, federacións e asociacións de mulleres rurais a achegarse no día de mañá ata o Museo do Moble e da Madeira para coñecer máis detalles sobre este plan, para poder mellorar o desenvolvemento da súa actividade.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Román Rodríguez redobra o compromiso do PP coas bisbarras de Deza e Tabeirós-Montes tras investir 261 millóns de euros desde a Xunta na derradeira lexislatura

  • O conselleiro e candidato lalinense fixa o obxectivo para o mandato 2024-2028 en “superar esta cifra para seguir atendendo as necesidades e favorecendo o progreso e o desenvolvemento dos oito concellos” na presentación do programa electoral en Lalín
  • O tamén coordinador comarcal do Deza estivo acompañado polo responsable do programa popular, Valentín García; a secretaria xeral do PP Provincial, Luisa Piñeiro; o voceiro, Alberto Pazos; e os alcaldes, voceiros e representantes dos oito municipios das comarcas
  • Anuncian o compromiso coa autovía Santiago-A Estrada, a posta en funcionamento do CIS de Lalín, accións de modernización do sector agrogandeiro, a gratuidade de matrícula para os 1.400 universitarios da zona, o edificio de Medio Rural e a Casa de Don Álvaro, entre outras

O conselleiro e candidato lalinense do Partido Popular, Román Rodríguez, anunciou hoxe que o PP redobrará o seu compromiso en investimentos coas bisbarras de Deza e Tabeirós-Montes durante a vindeira lexislatura, en caso de revalidar a presidencia de Alfonso Rueda nas eleccións do 18 de febreiro, tras destinar 261.880.295 euros aos oito municipios da zona no derradeiro mandato.

 

“O Goberno galego, cun enorme grao de implicación de todas as consellerías, investíu nestes catro anos unha media superior a 65 millóns de euros por exercicio nas nosas comarcas, o que supón unha elevadísima cifra de 1.039 euros por habitante ao ano”, detallou o tamén coordinador comarcal do Deza, que engadíu que o obxectivo para o mandato 2024-2028 “é moi claro e está fixado, sen ningunha dúbida, en superar esta contía, xa de por si moi potente, para seguir atendendo as necesidades e favorecendo o progreso e o desenvolvemento de Lalín, A Estrada, Silleda, Vila de Cruces, Forcarei, Rodeiro, Agolada e Dozón”.

 

Román Rodríguez puxo en valor esta aposta da Xunta pola zona interior do norte provincial no almorzo informativo celebrado hoxe na capital dezá para presentar o programa electoral do PP, no que estivo acompañado polo responsable da súa elaboración, o estradense Valentín García; a secretaria xeral do PP Provincial, Luisa Piñeiro; o voceiro parlamentario, Alberto Pazos; e José Crespo, Juan Constenla, Ignacio Maril, Jesús Otero, Belén Cachafeiro, Cati Somoza, Carmen Seijas e Adolfo Campos, en representación dos oito municipios.

 

O número 4 da candidatura popular quixo recalcar que esta cifra de 261 millóns de euros “refírese exclusivamente a investimentos, que son moi visibles en todos os concellos da bisbarra, porque a maiores habería que engadir os moitos fondos que destinamos desde a Xunta ao funcionamento óptimo dos distintos servizos públicos, xa que, por exemplo, adicamos 44,5 millóns de euros anuais ao desenvolvemento dos cursos lectivos dos centros públicos da zona, que acollen a 5.800 estudantes, ou os máis de 10 millóns de euros para Servizos Sociais, e isto reprodúcese en maior ou menor medida desde todas as consellerías”. Neste senso, Rodríguez lembrou que Galicia destina unha media de 7.700 euros por alumno cada curso, “o que supón a terceira cifra máis alta de toda España e a primeira das comunidades co réxime xeral de financiamento”.

 

Compromisos do programa

Pola súa banda, o coordinador do programa do PPdeG, Valentín García, abordou os principais compromisos coas bisbarras para a próxima lexislatura “e que son os máis acaídos e necesarios para os 63.000 veciños desta zona e para que este territorio afronte os retos do horizonte do ano 2030”.

Ao respecto, o político estradense confirmou que o programa contempla o compromiso de rematar a autovía Santiago-A Estrada –xa en obras– no próximo mandato, “que é algo que só está garantido cun goberno de Alfonso Rueda, xa que o BNG xa amagou e ameazou en varias ocasións coa paralización desta obra”; de acadar, nos vindeiros meses, a posta en funcionamento do novo Centro Integral de Saúde (CIS) de Lalín; e de construír o Edificio de Servizos Integrados de Medio Rural na capital dezá e os novos xulgados da Estrada.

 

Así mesmo, o programa popular tamén recolle, entre moitas outras medidas para a zona, a construción de heliportos sanitarios, a organización dunha ducia de feiras de proxección nacional e internacional vencelladas a Galicia Calidade na Semana Verde, un plan de limpeza de todos os ríos, as xestións para a liberalización da peaxe da autoestrada AP-53, un plan de mobilidade con servizos de taxi en cadea e transporte público, unha aposta global polo turismo do interior con especial preponderancia para o Camiño de Santiago nas rutas da Vía da Prata e do Camiño de Inverno e unha decena de accións transversais para o apoio e a modernización do sector agrogandeiro, entre as que se inclúe a mobilización de ata 65.000 hectáreas de terreo agrario en toda a comunidade e que terá un gran peso nas bisbarras de Deza e Tabeirós.

 

Neste apartado sobre o programa, Román Rodríguez detallou, xa no eido das súas competencias como conselleiro, que o PP implantará que as primeiras matrículas de todas as materias universitarias sexan gratuítas de xeito universal a partires do vindeiro curso, “que é unha medida que beneficia directamente aos 1.400 estudantes de graos que adoitan ter cada ano estas bisbarras grazas a unha achega que pode alcanzar os 1,1 millóns de euros por exercicio”. Ademais, concretou que, tras renovar a meirande parte dos centros educativos públicos dos oito concellos nesta lexislatura, vaise continuar coa súa constante mellora e adaptación ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica ata o ano 2028 e, no ámbito cultural, acometerase a rehabilitación da Casa de Don Álvaro en Lalín.

 

 

 

 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A clausura do Panic e a inauguración do X Festival Convergencias dinamizarán a fin de semana na Estrada

·       O venres terá lugar a derradeira xornada do fetival Panic, cunha lectura de microrrelatos con Arantza Portabales, ás 20.30 na Casa das Letras, e a proxección de Pobres Criaturas, nos Minicines Central desde as 22.30 horas.

·       O sábado o Teatro Principal acollerá desde as 20.00 horas o concerto de Canto D’Aqui e a Banda de Música de A Estrada.

 

O Concello da Estrada propón para esta fin de semana inaugural de febreiro unha ampla variación de propostas culturais nas que a música e o cinema serán os grandes protagonistas.

Mañá, venres 2 de febreiro, o festival Panic pechará a súa vixente edición cunha dobre cita. Ás 20.30 horas, Arantza Portabales, levará a cabo unha lectura de microrelatos de terror na Casa das Letras e ás 22.30 horas dará comezo nos Minicines Central a proxección do filme Pobres Criaturas, autoría do cineasta grego Yorgos Lanthimos.

Pola súa parte, o sábado iniciarase a programación do X Festival Convergencias cun concerto que fusionará a música tradicional portuguesa e galega a través de Canto D’Aquí e a Banda de Música de A Estrada. A cita será no Teatro Principal ás 20.00 horas e nela incluiranse numerosos temas tradicionais baixo a reinterpretación de Filipe Cunha, autor portugués que engadiu novas sonoridades.

Publicado en Portada | Deja un comentario