O BNG promoverá dende a Xunta a “compra verde” para oscomedores públicos co fin de diversificar a produción epotenciar froitos e artigos ecolóxicos no agro

O BNG promoverá dende a Xunta de Galicia a “compra verde” para os comedores
públicos co fin de diversificar a produción no agro e potenciar froitos e artigos
ecolóxicos. Así o manifestou o cabeza de lista do Bloque en Pontevedra para o
vindeiro 18F, Luís Bará, quen tamén defendeu na Estrada a creación dunha plataforma
público-privada para promocionar e comercializar produtos galegos tanto nos
mercados locais como ante as cadeas de distribución.
Na súa visita a ‘Flavia, horta da casa’, de produción ecolóxica, acompañado de
representantes do BNG na Estrada, Silleda e Vila de Cruces, o nacionalista destacou
que para o Bloque a política agraria e en xeral as políticas para o medio rural son
estratéxicas. Defendeu que Galiza debe ser unha potencia alimentaria polo que é
preciso desenvolver o sistema alimentario diversificando producións e potenciando as
ecolóxicas.
Para facer medrar a produción agroalimentaria -e tamén maralimentaria-, Bará
explicou que unha das liñas de actuación será o fomento da contratación e da compra
pública verde. Sinalou que o BNG vai utilizar o instrumento da contratación pública de
maneira que para subministrar os comedores da administración en residencias de
terceira idade, centros de día, ou comedores escolares ( e posteriormente nas
universidades e nos concellos), se fomentará nas licitacións a compra de produtos
locais de proximidade e produción ecolóxica.
“Esta iniciativa axudará a fixar actividade económica e poboación no rural, a loitar
contra o cambio climático polo tema do quilómetro cero, e tamén a potenciar e
promover unha alimentación máis saudable con produtos frescos e de calidade”,
sinalou, para destacar que a administración gasta moito neste tipo de contratos dos
comedores e que xa hai concellos nacionalistas que ao longo do país fixeron
licitacións con esas cláusulas e bos resultados.
Outra das propostas do BNG, apuntou Bará, é a creación dunha plataforma galega de
venda por internet con participación pública e do sector privado para que o comercio e

os produtores locais teñan unha plataforma galega a través da que comercializar
produtos de todos os ámbitos e sectores.
Trátase, dixo o cabeza de cartel, dunha maneira de colaborar co sector para a súa
introdución nos mercados, tanto locais e de proximidade como nas cadeas de
distribución. “Hoxe en día cada empresa produtora ten que negociar de maneira
individualizada, chegando a acordos con cadeas de distribución puntuais . Se se fai
como unha organización do sector por medio da Xunta pódese conseguir un mellor
posicionamento e visibilidade en toda cadea. A chave é que haxa unha plataforma
galega web para fomentar a comercialización e introducir no mercado, porque iso
tamén permite vender no ámbito galego e cara fóra”, salientou.
O número un pola provincia falou tamén da necesidade de corrixir o déficit de
produción dalgúns produtos, principalmente de horta e froiteiras, así como de cereais,
tanto para a alimentación animal como humana. Insistiu en que é preciso actuar de
xeito decidido para asegurar o maior grao posible de produción de alimentos no pais
diversificando a produción agrogandeira e apostando polos produtos de calidade e con
prácticas respectuosas co medio. Neste sentido, avogou por elaborar un novo Plan de
Agricultura Ecolóxica consensuado co sector cun horizonte temporal máis amplo que o
actual e que impulse o desenvolvemento desta produción.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Carmen de Louzao presenta o libro Soñando Esperta, o xoves na Casa das Letras

·       O acto terá lugar ás 20.00 horas e a entrada ao mesmo será libre ata completar aforo.

Este xoves, ás 20.00horas, na Casa das Letras, terá lugar a presentación do libro Soñando esperta da autoría de Carmen de Louzao de San Martiño. Carmen é mestra de Educación Primaria e coordinadora do equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Figueiroa. O libro recolle unha serie de catro contos infantís acompañados polas ilustracións do artista José Antonio Penido.

O acto, que será de entrada libre ata completar a capacidade da sala, contará coa presenza do concelleiro de Cultura, Juan Constenla, e coa participación dun grupo de cativos que darán lectura a un dos contos do libro.

Ao remate do acto, repartiranse exemplares do libro entre o público asistente asinados pola man da autora.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello iniciou os trámites para solicitar á empresa responsable da fibra óptica o restablecemento do servizo nos núcleos afectados en Santo André de Vea

·       A plataforma aestradadixital notificoulle á empresa responsable deste servizo a incidencia causada pola saída de vía dun camión, ocasionando o derrumbamento dun poste con cableado de fibra.

 

·       En base ás previsións agárdase que a reparación poida solventarse durante as vindeiras xornadas.

O Concello da Estrada xa iniciou os trámites pertinentes para a reparación das incidencias ocasionadas no subministro de fibra óptica en Santo André de Vea logo de que a saída de vía dun camión ocasionase onte o derrubamento dun dos postes que conectaba o cableado de fibra.

Desde a plataforma aestradadixital iniciáronse os contactos coa empresa responsable deste servizo para notificarlle a incidencia e, deste xeito, poder proceder á súa reparación. En base ás previsións, agárdase que os traballos para restablecer a fibra poidan ser executados ao longo das vindeiras xornadas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Éxito do modelo de carsharing con case35.000 quilómetros percorridos ao longo do ano 2023

 A iniciativa, posta en marcha en febreiro do ano pasado, sumou un
total de 454 reservas e unha distancia de 34.559 quilómetros.
 O vehículo eléctrico promedia uns 76 quilómetros por cada reserva
realizada.

O Concello da Estrada fai balance dos
datos obtidos do servizo de carsharing posto en marcha en febreiro do ano
pasado. As cifras evidencian o éxito da iniciativa, dado que desde a súa
entrada en funcionamento o vehículo eléctrico foi reservado un total de 454
veces percorrendo unha distancia total de 34.559 quilómetros.
A iniciativa, integrada no PLAN VIVE, a través do cal Hyupersa cedeu un
vehículo eléctrico, modelo Hyunday Kona, para o seu emprego por parte da
veciñanza empadroada co Concello da Estrada, reafirmou o compromiso do
goberno local pola promoción dunha maior sustentabilidade a través da
redución das emisións de gases de invernadoiro.
Deste xeito, as cifras anuais ratificaron a tendencia positiva que presentou o
balance realizado no ecuador do 2023, concretamente no mes de xuño, cando
o automóbil sumaba ao redor dos 13.000 quilómetros e 300 reservas.
Os veciños e veciñas que desexen seguir facendo emprego do servizo do
vehículo eléctrico, instalado na avenida Benito Vigo, poderán continuar
beneficiándose do mesmo aboando unha tarifa de cinco euros por hora de uso
durante as catro primeiras horas, e en adiante aplicarase unha tarifa plana
cunha contía máxima de vinte euros ao día.
As reservas poden realizarse a través da app Vive Hyundai, e a través delas os
usuarios poderán desprazarse durante un máximo de 24 horas nun radio de
170 quilómetros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PP de Pontevedra celebra a incorporaciónde novos médicos fixos nos centros de saúdeda provincia grazas á Lei de prazas sanitariasde difícil cobertura impulsada pola Xunta

 Os populares valoran a adxudicación publicada pola Consellería
de Sanidade de 12 prazas fixas en centros pontevedreses trala
resolución do concurso de méritos
 Este concurso posibilitou a cobertura con carácter fixo de dúas
prazas de medicina de familia no centro de saúde de Vilagarcía,
outras dúas no centro de saúde de Redondela e dunha praza nos
centros de saúde de Catoira, Forcarei, O Grove, Aldán (Cangas),
Arbo, Covelo, Pazos de Borbén e Ponteareas.
 O PP lamenta a postura de PSdeG e BNG, que se opuxeron á lei
que permitiu incorporar este novo persoal á sanidade dos
concellos da provincia

O Partido Popular de Pontevedra celebra a
adxudicación de 12 prazas de médico con carácter fixo nos centros sanitarios
da provincia publicada pola Consellería de Sanidade na páxina web do
Sergas trala resolución do concurso de méritos para persoal facultativo
especialista de atención primaria convocado pola Xunta de Galicia en maio
de 2023. A resolución publicarase nos vindeiros días no Diario Oficial de
Galicia, abrindo un prazo dun mes para que estes novo persoal se incorpore
ao seu novo destino.
En particular, este concurso posibilitou a cobertura con carácter fixo de dúas
prazas de medicina de familia no centro de saúde de Vilagarcía, outras dúas
no centro de saúde de Redondela e dunha praza nos centros de saúde de
Catoira, Forcarei, O Grove, Aldán (Cangas), Arbo, Covelo, Pazos de Borbén
e Ponteareas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O DELEGADO TERRITORIAL VISITA DÚAS ENTIDADES VECIÑAIS DO CONCELLO DA ESTRADA

  • Os veciños da parroquia mostraron ao delegado as melloras levadas a cabo nos seus locais sociais
  • Reguera destacou a importancia deste tipo de organizacións que manteñen “o rural vivo” e supoñen un punto de socialización para os máis maiores

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello da Estrada, onde acudiu aos locais sociais de dúas asociacións veciñais.

 

Reguera visitou primeiro a asociación de veciños de San Miguel de Cora onde coñeceu o espazo renovado onde a entidade organiza todo tipo de actividades e que sirve de lugar de reunión para a veciñanza da contorna. Neste sentido, Reguera lembrou que “conservar e coidar este tipo de estruturas é imprescindible para manter o rural vivo. Isto non é só un foco de interese para os veciños, é tamén unha oportunidade para toda esa xente maior que vive soa e que ten aquí un lugar agradable onde divertirse e relacionarse”.

 

Xa coa asociación de veciños Santa Cristina de Vea, Reguera comprobou o cambio que sufriu a fachada do seu local social que foi recentemente pintada e na que melloraron a accesibilidade da entrada.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

‘Pobres criaturas’ e ‘Cuando acecha lamaldad’, pratos fortes nesta edición dofestival de cine de terror Panic na Estrada

 As outras películas proxectadas serán ‘Arrástrame al infierno’,
‘Háblame’, ‘Terrifier 2’ e ‘Las colinas tienen ojos’
 A programación iníciase este venres coa maratón de catro películas
 As entradas son de balde ata completar o aforo das salas

O Concello da Estrada presentou, esta
mañá, a programación do festival de cine de terror Panic, que se celebrará nos
Minicines Central desde este venres, 19 de xaneiro, ata o venres día 2 de
febreiro.
Esta mañá tivo lugar a presentación oficial, na que o concelleiro de Cultura,
Juan Constenla, o programador do festival, Pedro Pérez, e o xerente de
Minicines Central, Luis Rivadulla, explicaron toda a información sobre o
programa.
Segundo declarou Constenla “o Panic é un dos eventos máis agardados polo
alumnado dos institutos e a mocidade estradense en xeral ao longo de todo o
ano, pois comparten un gusto especial pola cultura audiovisual e, en especial,
polo cine de terror”.
O concelleiro incidiu no carácter “de ocio saudable que ten esta actividade que,
ademais, achega a toda a veciñanza un interese cultural de primeira orde como
o mundo cinematográfico”.
Por último Constenla quixo “agradecer a colaboración a Pedro Pérez,
programador do festival, e a Luis Rivadulla, xerente dos Minicines Central, aos
institutos e a todas as persoas que colaboran cada ano para que este festival
siga medrando ao mesmo xeito que achegamos a cultura á mocidade da
Estrada”.
Pola súa banda, Pedro Pérez, indicou que “é unha das mellores programacións
que se poden facer hoxe en día en materia de terror. Como exemplo temos
‘Cuando acecha la maldad’, película gañadora do festival de Sitges, que se
estrea ese mesmo día en cines de toda España e podedes atopala en todos os
rankings de películas do xénero, algo que tamén lle pasa a ‘Háblame’”.
O programador quixo destacar tamén a proxección de ‘Pobres criaturas’, “da
que se está a falar agora mesmo a nivel internacional, e logo temos dous

clásicos do cine de terror como son ‘Las colinas tienen ojos’ e ‘Arrástrame al
infierno’, e por último temos Terrifier 2, que é o largometraxe transgresor e
diferente desta edición, que nos serve para incluír unha nota discordante na
programación do festival”.
Luis Rivadulla quixo destacar que “no programa hai dúas películas como
‘Pobres criaturas’ e ‘Cuando la maldad acecha’ que se estrean o mesmo fin de
semana en todos os cines do noso país, algo que non é habitual neste tipo de
eventos”.
Finalmente, subliñou que “este festival serve de canteira en materia de terror
para que despois a xente da contorna poida vir ver películas deste xénero ao
longo dos 365 días do ano”.
O concelleiro sinalou que desde o Concello comezarán mañá, martes 16 de
xaneiro, unha campaña de información nos centros de ensino do municipio,
para repartir convites ás películas. Estes poderán ser intercambiados por unha
entrada na billeteira ata 15 minutos antes de cada unha das películas. As
actividades son de balde ata completar o aforo das salas de cine.
Programación do festival
A programación do festival ábrese este venres, 19 de xaneiro, cunha maratón
de catro películas. Ás 22:30 horas ábrese a cita coa proxección de “Cuando
acecha la maldad; ao remate, ás 0:10 horas, será a quenda de “Háblame”; a
partir das 01:50 horas poderase ver “Las colinas tienen ojos” e, finalmente, a
partir das 03:35 horas, darase por rematada a noite coa longametraxe
“Arrástrame al infierno”.
A segunda xornada do festival terá lugar o 26 de xaneiro, coa proxección da
película “Terrifier 2” a partir das 22:30 horas e, por último, o día 3 de febreiro
clausurarase a cita coa película “Pobres criaturas” ás 22:30 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario