Couso recupera o seu Entroido tradicionalcoa vista posta en espallar o espírito doCarnaval por todo o municipio

 O Concello acolleu, esta mañá, a presentación oficial da cita, que se
levará a cabo o domingo, 11 de febreiro.

Tras a parada dos últimos anos, Couso
volverá recuperar o seu Entroido tradicional. Así se confirmou, esta mañá, na
presentación da cita, na que estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Juan
Constenla, a edil de Novas Tecnoloxías, Conectividade e Reto Demográfico,
Lucía Seoane, e os membros da Asociación dos Xenerais de Couso, Aurora
Lorenzo e Manuel Brey. O Entroido terá lugar o domingo, 11 de febreiro, e con
el, buscarase, non só rescatar esta festividade tradicional, senón tamén atraer
a xente doutras parroquias do municipio.
O Entroido levarase a cabo o 11 de febreiro, pero a súa realización estivo
precedida por un extenso traballo que incluíu, entre outras tarefas, a busca de
fotografías antigas coas que documentar, por exemplo, os traxes tradicionais
(os dos coros dos vellos e os bonitos, os dos xenerais, etc.). Deste xeito, tal e
como se indicou durante o acto de presentación, a idea da Asociación dos
Xenerais de Couso é “recuperar o traxe de bonito, os chambergos (un gorro
típico da festa), os traxes dos Xenerais, dos correos, etc.”.
Programa
O domingo, día 11, a comitiva do Entroido percorrerá todas as casas do Couso,
levando a música e o baile a cada recuncho da parroquia. De feito, un dos
elementos máis destacables desta nova edición será, precisamente, a
interpretación da Danza do Entroido de Ulla, un baile que foi recuperado, hai
uns anos, pola Asociación Cultural A Regionalista.
A cita incluirá tamén a realización dun xantar popular e o clásico Atranque dos
Xenerais. O programa do Entroido incluirá, a organización de talleres para
aprender a elaborar chambergos, colares e, por último, un obradoiro-charla
sobre a Danza do Entroido de Ulla.
Os representantes da Asociación dos Xenerais de Couso indicaron que o
obxectivo é “dar pé a outras aldeas e parroquias para que tamén recuperen os
seus Entroidos”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Big Band e o coro Carlos Barrusoencherán de ritmo o Principal baixo a batutade Joan Chamorro e Rubén Servide

 Joan Chamorro, director da Sant Andreu Jazz Band dirixirá xunto
con Rubén Servide á Big Band e ao Coro Carlos Barruso o domingo
21 de xaneiro ás 19:00 horas no Teatro Principal.
 O catalán tamén impartirá masterclasses entre os músicos
participantes no concerto.
 As entradas terán un custo de 3 euros e poderán retirarse no
departamento de Cultura do concello.

O Teatro Principal será escenario o
vindeiro 21 de xaneiro dun concerto por conta da Big Band e o coro Carlos
Barruso, dirixidos por Joan Chamorro e Rubén Servide.
A sala de xuntas do Concello acolleu, esta mañá, a presentación da actuación,
nun acto no que interviñeron o edil de Cultura, Juan Constenla, xunto con Juan
Núñez, Manuel Castedo e Rubén Servide, membros da directiva do obradoiro.
Ademais, Chamorro levará a cabo varias masterclass entre os intérpretes que
tomarán parte no concerto do sábado 21. Ditas sesións consistirán en clases
nas que o catalán compartirá os seus coñecementos e experiencia en
interpretación vocal e instrumental.
Deste xeito, a chegada de Joan Chamorro á Estrada suporá contar cunha das
figuras máis sobranceiras do jazz nacional. Da súa traxectoria sobresae o seu
cargo como director da Sant Andreu Jazz Band, posto que desenvolve desde o
ano 2006. Ás súas costas carga con máis de 100 discos gravados, moitos
deles como líder, ademais de colaborar con numerosos intérpretes de talla
internacional.
Atesoura tamén numerosos galardóns tanto pola súa faceta como músico como
polo seu labor didáctico dado que impartiu masterclasses en numerosos países
como EE.UU, México, Colombia, Suecia, Suiza, Dinamarca, Italia, Francia ou
Polonia, entre outros.
Durante a presentación, Constenla, sinalou a súa satisfacción por “poder contar
cunha eminencia do jazz internacional como Joan Chamorro para que
comparta os seus métodos de traballo e sobre todo, a súa ampla experiencia
con dúas fantásticas agrupacións como o son a Big Band e o coro Carlos
Barruso”. O responsable de Cultura tamén fixo un convite á veciñanza para que

asista “a un evento que colabora a pór en valor o talento musical que atesouran
as agrupacións estradenses”.
As persoas que desexen acudir ao concerto poderán retirar as súas entradas
no departamento de Cultura do concello por un prezo de tres euros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta destaca o selo galego innovador como grande aliado para acadar unha sociedade máis segura

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García participaron na presentación do sistema de busca de persoas desaparecidas Dronefinder.

O vicepresidente primeiro destacou o “indiscutible” selo innovador co que conta Galicia poñendo a tecnoloxía ao servizo da sociedade con solucións que melloran ámbitos como a sanidade, a educación ou a seguridade.

O proxecto foi desenvolvido pola UTE Aeromedia, Indra e o Instituto Tecnolóxico Galego para a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA). Deste xeito, trátase dun novidoso proxecto que permitirá mellorar a eficacia no proceso ao actuar no menor tempo posible mediante o uso de drons e sistemas de xeolocalización.  

Diego Calvo resaltou que o obxectivo é seguir avanzando na consecución dunha sociedade máis segura, facilitando o labor que levan a cabo os servizos públicos de emerxencias, saúde e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Así, este sistema pioneiro, que conta co financiamento da Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través de fondos FEDER, optimizará tanto a prevención como os operativos e, en especial, nos casos de persoas desaparecidas de xeito involuntario debido a diferentes patoloxías derivadas do deterioro cognitivo. 

O vicepresidente primeiro quixo destacar, así mesmo, o sólido ecosistema innovador e de coñecemento en torno aos vehículos non tripulados co que conta a comunidade grazas ao Polo Aeroespacial de Galicia, baixo o cal tamén se ampara esta nova ferramenta.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Fabiola García destaca a importancia das escolas infantís como servizos de conciliación para as fam

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do alcalde da Estrada, José López, visitou esta mañá a escola infantil pública autonómica desta localidade pontevedresa. Alí destacou a importancia destes centros como servizos fundamentais para garantir a conciliación das familias con nenos de 0 a 3 anos.

A conselleira lembrou que os máis pequenos volven á rutina logo das vacacións de Nadal. Con todo, lembrou que estas escolas infantís mantiveron a súa actividade durante estas festas para garantir a conciliación dos pais tamén durante estas datas. Neste sentido, apuntou que o Goberno galego é consciente de que cada familia presenta distintas necesidades e circunstancias polo que é necesario saber atender a cada unha delas.

Fabiola García sinalou que a etapa educativa de 0 a 3 volverá a ser unha prioridade durante este ano 2024 no que todas as escolas infantís galegas serán por segundo curso académico consecutivo gratuítas. Unha medida que facilita que todas as familias poidan levar os seus fillos a un destes centros, sen ter en conta a súa situación económica.

 

 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

Unhas 50 familias estradenses atoparon nosCampamentos de Nadal unha alternativa deconciliación

 A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, desprazouse ata
os espazos nos que se desenvolven esta iniciativa.

A edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar
desprazouse hoxe ata as instalacións de SOEI Educación e do espazo Concilia
para visitar aos nenos e nenas participantes nos campamentos de Nadal
postos en marcha desde o departamento que dirixe.
A iniciativa promoveu a conciliación entre cincuenta familias da localidade ao
longo destas datas de vacacións para os escolares. Nela os nenos e nenas
participantes puideron gozar de actividades de diversa índole como xogos e
mesmo clases de esgrima, as cales foron posibles grazas á colaboración das
escolas deportivas municipais, gozando cunha gran aceptación.
Durante o desenvolvemento destas sesións non se rexistraron ningún tipo de
incidencias e as familias valoraron positivamente esta iniciativa. A concelleira,
Amalia Goldar, sinalou a súa satisfacción pola promoción “dun servizo
fundamental para poder facilitar a conciliación nestas datas, ofrecéndolle aos
máis pequenos e pequenas unha alternativa de lecer”. Do mesmo xeito, Goldar
agradeceu “o inestimable traballo levado a cabo polos e polas profesionais
encargados do coidado da mocidade participante”.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Plan +Provincia da Deputación destina este ano máis de7,6 millóns de euros aos concellos das comarcas de Deza e Terra de Montes

Son preto dun millón de euros máis que os recursos destinados pola institución
provincial ás comarcas no 2023
O presidente Luis López remitiu unha carta aos alcaldes e alcaldesas detallando os
recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan cuxas bases
publicáronse este mércores 3 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia

Os concellos de Agolada, Dozón, A Estrada, Forcarei, Lalín, Rodeiro,
Silleda e Vila de Cruces recibirán este ano máis de 7,6 millóns de euros a través do Plan +Provincia da
Deputación, o que supón preto dun millón de euros máis que os recursos destinados pola institución
provincial a estes concellos o pasado ano, cando recibiron 6,6 millóns de euros. O presidente Luis López
remitiu este mércores 3 de xaneiro unha carta aos alcaldes e alcaldesas tanto destes como dos restantes
concellos de menos de 50.000 habitantes que se benefician do +Provincia detallando os recursos que lles
corresponden e as principais novidades do plan, cuxa convocatoria publicouse tamén este mesmo
mércores no Boletín Oficial da Provincia logo de ser aprobado no último pleno do 2023. A partir de agora,
os concellos terán tres meses para presentar solicitudes.
O plan, elaborado conforme aos principios de reforzo da capacidade inversora, maior autonomía local e
atención aos retos comúns de futuro, pretende, tal e como remarcou o presidente na carta remitida aos
concellos, “avanzar conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita
desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”. Con este obxectivo, neste 2024 o plan de obras e
servizos da Deputación incrementou a súa dotación en 4,2 millóns de euros, ata alcanzar os 48,2 millóns de
euros, que se distribuirán entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de
catro liñas. A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda,
con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para a activación do
emprego e a cuarta e novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados
coa mobilidade.
No caso das comarcas de Deza e Terra de Montes, os 7.622.660 euros que recibirán os seus concellos
permitirán destinar ata 5,4 millóns de euros a novos investimentos, 632.681 euros a gasto corrente, 1,5
millóns de euros a fomentar o emprego e 190.567 euros a proxectos transformadores relacionados coa
mobilidade. Para facilitar a xestión dos recursos, o Plan +Provincia permite flexibilizar o traspaso de crédito
entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña
2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos
establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia. Ademais, tamén se

incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a
perda de poboación nos últimos dez anos.
En concreto, Agolada recibirá 639.503 euros, 96.552 máis que o pasado ano; Dozón 477.268 euros, 91.406
máis que no 2023; A Estrada 1.770.099 euros, 210.357 máis que no ano que acaba de rematar; Forcarei
679.831 euros, 92.839 euros máis; Lalín 1.764.085 euros, 235.706 euros máis que con respecto ao ano
pasado; Rodeiro 638.090 euros, 91.686 máis que no 2023; Silleda 889.348 euros, 45.780 euros máis e Vila
de Cruces 764.438 euros, 71.152 máis que ano que acaba de rematar.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CIM da Estrada atendeu no 2023 un totalde 618 consultas presenciais de 92 mulleres

 Os servizos principais foron a asesoría xurídica, a atención
psicolóxica e a atención ás vítimas de violencia de xénero

O Centro de Información á Muller do
Concello da Estrada pechou o ano 2023 atendendo un total de 618 consultas
nas súas instalacións a unha cifra de 92 mulleres.
Entre os servizos máis demandados polas persoas usuarias, o principal foi
asesoramento xurídico, cun total de 332 consultas, ségueno as consultas por
atención a vítimas de violencia de xénero e atención psicolóxica con 156 e 133
usuarias, respectivamente. Tamén se recibiron consultas solicitando
orientación laboral e información de diferentes recursos.
En canto ao perfil das persoas que fixeron emprego do servizo, a franxa de
idade dominante foi a comprendida entre os 25 e os 54 anos, cun total de 49
usuarias, máis do 50%.
O estado civil da maioría de usuarias é de situación matrimonial, 28, seguido
persoas divorciadas, 23 e en solteiría, 20. Por outra parte, a nivel laboral, 51
atópanse en activo mentres que 20 non.
Desde o CIM celebran poder “supoñer un recurso útil para moitas persoas que
precisan de asesoramento en diferentes eidos” e remarcan a necesidade “de
trasladar problemáticas sociais como é o caso da violencia de xénero para
poder analizar cada caso e ofrecer a maior e mellor axuda posible”

Publicado en Portada | Deja un comentario