A Pastelería Mimela, o programaDígocho Eu e o obradoiro de gaitasGarcía de Riobó son os vencedores dos XXXII Premios San Martiño

 

 

O Concello da Estrada recoñece na
trixésimo segunda edición dos premios San Martiño de Normalización
Lingüística á panadería Mimela, ao programa Dígocho Eu e ao obradoiro de
gaitas García de Riobó.
O padroado, constituído polo edil de Cultura, Juan Constenla, Iván Sanmartín
Eirín, María Sanmartín Ruzo, José Parada Caramés, Henrique Vázquez Pernas
e Xosé Lueiro Lemos acordou por unanimidade a concesión destes galardóns á
promoción da lingua, en tres modalidades distintas.
O premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós- Terra de Montes
foi outorgado á Pastelería Mimela pola súa defensa do idioma na Estrada e
comarca, o negocio xestionado por Antonio Sanmartín Chao, é unha empresa
comprometida, dende que abriu as súas portas no ano 1985, co uso do galego,
tanto na súa proxección publicitaria coma na normalización da terminoloxía
pasteleira. Paralelamente, é unha empresa significada no uso de produtos
naturais , cun proceso de produción artesanal e ecoloxicamente sostible.
Un compromiso que se proxecta cara á compra de produtos locais e de materia
prima cultivada en países respectuosos co medio ambiente e cos dereitos
laborais das persoas que interveñen na cadea de subministro.
Pola súa parte, o programa da TVG Dígocho Eu, comandado por Esther
Estévez e o seu equipo, recibiu o galardón á normalización no ámbito
galego por achegarlle á mocidade as pautas normativas do galego, e por
facelo dun xeito dinámico e entretido, converténdose nun estímulo para a
participación lingüística da xente nova e de toda a comunidade educativa
galega.

Un traballo que realizan a través das novas tecnoloxías e as redes sociais,
rachando con moitos dos prexuízos que en materia lingüística e cultural se lle
teñen imputado á nosa lingua e que vén sementando na mocidade, desde que
se inaugurou no ano 2020.
Finalmente, o premio á normalización a toda unha vida recae no obradoiro
de gaitas García de Riobó, o cal recoñece o traballo dunha estirpe de
artesáns da gaita que remonta a súa orixe a finais do século XVIII cando
Joaquín García Rey o puxo en marcha. Despois de 50 anos promovendo a
lingua e amúsica tradicional galega, coa xubilación de Joaquín Espiño, o
obradoiro García de Riobó pecha as portas para sempre.
Moitos dos instrumentos saídos deste taller chegaron a mans dos principais
gaiteiros do país e espalláronse pola Galicia emigrante, convertendo esta
marca artesá nunha grande transmisora de cultura e de saber musical galego.
O acto de entrega de premios terá lugar o hoxe 15 de novembro a partir
das 20:30 horas no Teatro Principal da Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Deputación achega 45.000€ a medio centenarde clubs deportivos de Deza e Terra de Montesque compiten en ámbito inferior a estatal

Entidades de Lalín, Agolada, Dozón, Rodeiro, A Estrada, Silleda, Cerdedo-Cotobade e Vila
de Cruces recibirán estas axudas, que oscilan entre os 335 e os 2.499 euros

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar de xeito definitivo as achegas por case 45.000
euros para un total de 47 clubs deportivos das comarcas do Deza e Terra de Montes que compiten en
ámbito inferior a estatal e que están radicados en Lalín, A Estrada, Agolada, Silleda, Dozón, Rodeiro,
Cerdedo-Cotobade e Vila de Cruces. Con estas axudas, que van desde os 335 e os 2.499 euros, estas
entidades, que abranguen deportes como o fútbol, ciclismo, hípica, balonmán ou atletismo entre outros,
poden facer fronte a gastos federativos, de desprazamento, de persoal, sanitarios ou de material para
participar nestas competicións.
No concello de Lalín son 16 os clubs que recibirán estas achegas que suman un total de 15.356 euros: Club
Escudería Lalín Deza; Clube Sobre Rodas; Club de Tenis de Mesa de Lalín; Móvete na Moto; Vilatuxe Fútbol
Club; Club Deportivo Lalín; Club Deportivo Lalín; Club de Petanca Lalín; Club Balonmán Loriga; Club Ciclista
Montes de Deza-Candán-Faro-Testeiro; Escola de Xadrez Lalín; Club Roteiros de Lalín; Club Hípico Juan
Oliveira; GTR Galaico Trail Run; Asociación Club Deportivo Kung Tai; Club de Rugby Lalín e a Escola de
Fútbol Lalín.
Por outra banda, na Estrada son 14 as entidades beneficiadas polas axudas, cun investimento de 13.904€.
Trátase do Club de Tenis de Mesa RC A Estrada; Club de Atletismo Independente da Estrada; Escudería
Carracedo Competición; Escudería Estradense; Sincro Burbullas da Estrada; Club de Natación e Salvamento
da Estrada; Figueroa Estrada Pádel; Estrada Fútbol Sala Feminino; Club Ciclista Estradense; Club de Xadrez
A. C.; Club de Tenis Recreo Cultural; Club Ximnasia A Estrada; Club Bádminton e Club de Atletismo A
Estrada.
Cinco clubs de Vila de Cruces, en concreto a Sociedade de Caza Fontao, Sociedade de Cazadores Vila de
Cruces, Keltoi Cruces, Asociación Deportiva Kung Fu Zen e a Sociedade Deportiva Cruces tamén recibirán
achegas, que suman 5.535€. Outros catro clubs beneficiados están en Silleda e son o BTT Trasdeza; o Club
Petanca Bandeira; o Club de Fútbol Lamela e a SD Bandeira Club de Fútbol, que en total beneficiaranse de
3.992€.
Así mesmo, en Cerdedo-Cotobade hai tres clubs que recibirán achegas, que en conxunto suman 2.261€, o
Club Ciclista Cerdedo-Cotobade, o Tenorio Fútbol Sala e a Sociedade de Caza Deportiva O Coirego. En
Rodeiro, a Sociedade Caza e Pesca e o Balonmán Rodeiro suman 2.130€ en axudas e, no concello de
Agolada, son dúas as entidades beneficiadas cun total de 1.551€, a Sociedade de Caza Bertaña e a
Sociedade Deportiva Agolada. Por último, a Sociedade Caza e Pesca de Dozón recibirá 782€.
En total, son 620.000 euros os recursos mobilizados pola Deputación de Pontevedra para seguir a impulsar
o tecido deportivo da provincia. Desta contía, 575.000 euros diríxese a 480 clubs de 54 concellos da

provincia que participan en competicións de ámbito inferior ao estatal en deportes como fútbol, balonmán
ou baloncesto, ata ciclismo ou motociclismo, pesca deportiva, esgrima, bádminton, rugby, xadrez, ximnasia
rítmica, atletismo, tenis e tenis de mesa, natación, hípica, patinaxe, baile deportivo, padel, squash,
montañismo, karate, kung fu, loita, judo, taekwondo, caza, bolos, petanca, halterofilia, boxeo, hóckey,
pesca submarina ou esquí náutico. Pola súa banda 43.000 euros van dirixidos a 9 clubs de fútbol de 6
concellos que compiten no grupo Sur da liga Preferente de Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A nova canle de difusión cultural porWhatsapp suma máis de 900 seguidores nasúa primeira semana en funcionamento

● Un total de 941 usuarios xa fan emprego desta nova vía para estar
ao día de todas as novidades de índole cultural do Concello da
Estrada.

A nova canle de difusión cultural por
whatsapp, posta en marcha pola área de Cultura do Concello da Estrada, suma
na súa primeira semana un total de 941 seguidores.
Esta nova vía comunicativa, que complementa á lista de difusión municipal, ten
por finalidade achegarlle á veciñanza, e a todas as persoas que desexen facer
emprego da mesma, as principais novidades en materia cultural, así como os
eventos lúdicos e festivos que teñan lugar no municipio.
Na actualidade, o Concello ten en marcha a súa programación cultural de
outono, con espectáculos semanais de diversa índole para todos os públicos.
Ademais, co gallo da conmemoración o vindeiro 25 de novembro do Día
Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller, o goberno local puxo en
marcha un ciclo integrado por numerosas actividades para visibilizar a
igualdade e a figura da muller na sociedade.
Desde a área de Cultura celebran “os fantásticos datos de participación da
cidadanía” e agardan que esta nova canle poida reforzar a difusión “da ampla
variedade de propostas coas que conta o Concello da Estrada”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Máis de 200 persoas da provincia participanesta semana no programa “Depotermal” daDeputación

Este domingo parten 200 participantes no programa na modalidade de pernoita,
mentres que o luns 38 persoas inician as saídas diúrnas

Un total de 238 persoas maiores de 50 anos de 27 concellos da provincia gozarán entre este
domingo día 5 e o 10 de novembro do programa “Depotermal” da Deputación de Pontevedra, con estadías
no Gran Talaso Hotel Sanxenxo, no Hotel Novo Astur de Vilalonga, no Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo, nas
Termas de Cuntis e no Hotel Bienestar Moaña, sendo os dous últimos os fixados para a estadía diúrna.
Durante a súa estancia poderán desfrutar de actividades de animación sociocultural e de tratamentos
gratuítos como sesións monitorizadas de activación muscular e articular, tratamentos dixestivos con augas
medicinais, piscina terapéutica, actividades para mellorar a mobilidade e a circulación, combater a dor e a
inflamación e reducir o estrés, entre outros moitos.
Deste xeito, este domingo comezan as estadías con pernoita de tres grupos, que estarán aloxados nos
establecementos hoteleiros ata o venres 17 de novembro. A primeira destas expedicións, que conta con 67
persoas inscritas dos concellos da Estrada, Bueu, Meis, Oia, Sanxenxo, Tomiño e Vigo, partirá rumbo ao
Gran Talaso Hotel Sanxenxo. O segundo grupo, que irá ao Hotel Novo Astur de Vilalonga, está composto
por 36 persoas da Estrada, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Lalín, Marín, Moraña, O Rosal, Redondela,
Soutomaior, Tomiño, Valga e Vigo. Por último, 97 persoas dos concellos da Cañiza, A Estrada, Bueu, Cangas,
Crecente, Marín, Mondariz, Pontevedra, Redondela, Tomiño, Vigo e Vilagarcía desfrutarán dunha estadía
no Hotel Carlos I de Silgar, en Sanxenxo.
No que atinxe ás saídas diúrnas, serán 20 as persoas dos concellos da Illa de Arousa, Catoira, Valga,
Vilagarcía de Arousa e Vilanova que desfrutarán dos tratamentos termais das Termas de Cuntis dende o
luns 13 de novembro ata o venres 17. Por outra banda, 18 persoas de Covelo, Moaña, Redondela e Vigo
farán o propio no Hotel Bienestar Moaña.
O programa de termalismo e saúde da Deputación de Pontevedra, dirixido ás persoas maiores de 50 anos,
xubiladas, pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65% ou
que teñan acreditado un respiro familiar, ten como finalidade facilitarlles aos veciños da provincia o acceso
a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros. Ademais, ao
mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e
o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade ao
desestacionalizar a demanda.
“Depotermal” conta con dúas modalidades: unha diúrna, mediante a que as persoas beneficiarias asisten
aos establecementos termais durante cinco días consecutivos, e outra con pernoita, a través da que se
ofrece unha estancia de seis días e cinco noites. En total, son 2.447 as persoas beneficiarias, das que 664
aproveitarán a asistencia diúrna e 1.783 persoas a asistencia con aloxamento.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada aproba subvencionar con103.000 euros a clubs e deportistas locais

 A corporación aprobou na xunta de goberno local, a concesión dos
importes aos beneficiarios de 100.000 euros a 22 clubs deportivos
da localidade e de 3.000 euros a seis deportistas federados na
Estrada.

O Concello da Estrada aprobou na
xunta de goberno celebrada esta mañá, a concesión a clubs deportivos sen
ánimo de lucro e deportistas federados e federadas no Concello dos importes
da partida de 103.000 euros correspondentes á convocatoria de subvencións
do ano 2023.
As subvencións deportivas encádranse dentro dos programas deportivos do
departamento de deportes, como axuda para o desenvolvemento da actividade
e promoción do deporte no municipio.
Deste xeito, un total de 22 clubs locais, 4 menos que o ano pasado,
beneficiaranse dun importe de 100.000 euros, mentres que seis deportistas
individuais federados no municipio, mesma cantidade que no 2022, recibirán
unha cantidade total de 3.000 euros.
Na presente edición, todas as solicitudes presentadas en tempo e forma foron
admitidas a trámite das disciplinas deportivas e deportistas que teñen a súa
actividade por tempada, 2022-2023, e por ano natural, 2023.

ADXUNTAMOS DESGLOSE DE CLUBS E DEPORTISTAS BENEFICIADOS
DAS AXUDAS

Nº CLUB 2023
1 SPORT TEAM ESTRADA 2.060,00
2 ESTRADA FUTSAL 9.530,00
3 CNS A ESTRADA 5.040,00
4 FIGUEROA ESTRADA PADEL 4.230,00
5 ATLETISMO A ESTRADA 5.910,00
6 ADC VETERANOS BERRES 500,00
7 CLUB CICLISTA ESTRADENSE 4.120,00
8 CARRACEDO COMPETICION 720,00
9 ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE 15.220,00
10 PEÑA CICLISTA BIKESTRADA 3.310,00

 

11 CAI A ESTRADA 790,00
12 UD A ESTRADA FUTBOL SALA 3.830,00
13 CD BERRES 1.670,00
14 VEA CF 1.950,00
15 CLUB TENIS DE MESA TOP SPIN 1.750,00
16 CLUB PATIN A ESTRADA 3.580,00
17 EDM BALONCESTO ESTRADENSE 10.220,00
18 CLUB XIMNASIA ESTRADA 4.220,00
19 CLUB DE TENIS RC 4.540,00
20 CLUB TENIS DE MESA RC 1.430,00
21 BADMINTON A ESTRADA 10.440,00
22 JUDO CLUB BASE 4.940,00
100.000,00 €

Nº DEPORTISTA INDIVIDUAL 2023
1 AINOA CARRACEDO FLORES 276,60€
2 ALBERTO REBOREDO DURÁN 116,70€
3 NATALIA RIVAS IGLESIAS 584,10€
4 IRIA RIVAS IGLESIAS 393,30€
5 MEDHI EL NABAOUI 823,80€
6 CARMEN ESCARIZ MELLA 805,50€
3.000,00 €

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada, o concello con máis de 20.000 habitantes máis seguro de Galicia

  • Os datos do Ministerio do Interior indican que no primeiro semestre deste ano rexistráronse 135 casos de criminalidade convencional, mantendo unha liña continuista en relación aos datos do mesmo período durante o ano pasado, no que se rexistraron 129.

 

  • O concello estradense rexistra soamente 6,71 delitos por cada 1.000 habitantes

 

.  A Estrada revalida un ano máis a súa posición como o concello con máis de 20.000 habitantes máis seguro de Galicia.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asiste ao acto de recepción aos novos alumnos do curso académico de Policia. Academia Galega de Seguridade Pública, A Estrada, 22/03/23.

Así o reflicten os últimos datos publicados polo Ministerio de Interior correspondentes ao primeiro semestre de 2023 amosan que  rexistraron un total de 135 penais, o que se traduce en 6,71 delitos por cada 1.000 habitantes, un índice que mantén as cifras recadadas durante o mesmo período do ano anterior no que se produciron 129, ou o que é o mesmo, 6,41 faltas por habitante.

A nivel provincial, os rexistros da Estrada reflicten un total de 36 delitos menos que os de Marín, o segundo municipio con menor criminalidade, e 46 con respecto a Lalín, no terceiro posto. No referente á comparativa con municipios doutras provincias, A Estrada distánciase en máis de sete puntos de Cambre, o municipio con mellores datos de seguridade da Coruña (14,4 delitos por cada mil habitantes). Pola súa parte, nas provincias de Lugo e Ourense soamente os municipios capitalinos computan neste  ránking, presentando ambas localidades un censo notablemente superior ao estradense.

O alcalde, José López Campos, fai fincapé en que detrás destes datos atópase “o incesable traballo que desenvolven os axentes de seguridade no seu día a día, traballo que hoxe se materializa nuns datos que non fan máis que evidenciar que para este goberno, a seguridade cidadá é unha prioridade e, por iso, é un orgullo saber que esta aposta está véndose reflectida no feito de que A Estrada se manteña como o municipio máis seguro de toda Galicia”.

Ademais tamén sinalou que estes datos reforzan á Estrada como unha referencia da seguridade no ámbito autonómico, destacando que o municipio é a sede da Academia Galega de Seguridade Pública, o centro formativo dos axentes da Policía Local, Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil que traballan en Galicia.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O pavillón municipal acolleu hoxe a 2ª edición da xornada inclusiva ‘Los Juegos del Mundo’

Ao redor de 250 persoas déronse cita esta mañá no pavillón municipal de Cabana de Bergantiños para participar na segunda edición da xornada inclusiva ‘Os xogos do mundo’.

A iniciativa, promovida pola Asociación Íntegro, reuniu a integrantes de  Adisbismur, A Creba, Amarai, Misela e Avante, ademais do alumnado de 6º de primaria do CPI As Revoltas.

Publicado en Portada | Deja un comentario